Despois do baño do Sábado, ben documentado por Dani no seu blog(http://surfinglifebydani.blogspot.com/2007/07/nemia-micro-waves.html) Volvín a Nemiña pola mañá, cos amigos de Coruña (Dani, Alex, Rops...e compañía) que pasaban por aquí de surfari galego.
Cando chegamos, vimos que estaba moi moi pequeno. Parecer parecía que había 3 cuartas de ola. Eles tiraron para Soesto (non sei como lles iría) pero Samu, Salvia e eu quedamos porque tíñamos comilona en casa e era demasiado tute ir a soesto para un bañiño de unha hora.
Ó principio entrei coas aletas de body e coa cámara, para sacar unhas fotiñas e "facer o arroás" (surfear a ola por debaixo da superficie)
Aquí cacei a Salviña esperando a tan querida e odiada "a de atrás!".
Eu intentaba sacarlle fotos a algún tubiño pero con estas olas tan pequeniñas érame dificil
Canto pagaríades por ir nesta parede se tivese dous metriños e medio?
Preséntovos a Salvia. Jefaza mundial. Con 22 aniños recién cumpridos e xa é funcionaria!!! Sacou praza de profe de infantil, o seu soño. Nada más y nada menos que un 9,3 nas oposicións! Necesario para sacar plaza sen puntos de interino
(No meu caso, xa fixen as contas, e alégrome de non ter estudiado demasiado, xa que inda que sacara o 10 non tiña plaza..pss que inxustiza)
e ó meu cuñado, Samu. Un crack. en 5 días xa se poñía de pe na ola antes de que rompera en barra con tamaño de 3 cuartos de porta ou máis.
Despois de estar coa cámara, collín o tablón e fomos eu e Samu ata o medio da praia, que saía unha esquerdiña moi xeitosa de 80 cm que abría sempre. E algunha era rápida! pero desto non teño fotos... jeje
Un abrazo!
1 comentario:
Eiii! que morriña temos xa! un biquiño e a ver si subes fotos da feira medieval!!
Publicar un comentario