Boas!
A partir de pasado mañá xa me poño a currar ó 100%; teño o último exame da oposición e xa quedo liberado.
Volvo a copiar unha parte da primeira entrada que fixen no blog pero con algunha modificación.
Este verán na praia de carnota estaremos dando cursos de surf e kitesurf. É unha escola creada por Abel Lago, coñecido por ser un dos mellores kitesurfers do mundo.
Estaremos na parte máis ó sur da praia de carnota, onde teremos unha barraca para gardar o material, un chiringuito, e boa música para asegurar o mellor ambiente. Ademais, é onde se soen quedar as autocaravanas, polo que se asegura un moi bo rollo durante o día e a noite.
No que respecta ó Surf, que é a "miña sección" :) ofreceremos todo o material necesario para a súa práctica: taboas de tódalas medidas para adaptarnos a tódolos pesos e idades(dende tablóns 9,2 ata táboas 6,8 para perfeccionamento ou para os máis pequenos), inventos, parafina e traxes de neopreno.
Os monitores serán surfistas e profesores de educación física, para transmitir da mellor maneira posible todo o que rodea a este marabilloso mundo do surf. Serán cursos de 8 horas, (prorrogables no caso de baixos resultados) por só 80 €. (preguntar no concello de Muros e Carnota porque é posible que financien a metade do curso, polo que costarían só 40 €)
Os cursos en principio son en Carnota, pero se non houbera olas, poderíamos movernos ata as praias onde as condicións sexan as mellores posibles.
Os horarios son completamente flexibles. ainda que, por experiencia, sei que debido ó mono que produce este deporte, acabaremos flexibilizándonos ós horarios da natureza (mareas, oleaxe...)
Bueno, isto é todo. Para máis información ou para propoñer algo chamade ó 655 578 544 ou enviade un correo a carpediemsempre@hotmail.com ou a info@lagocompany.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario