lunes, 2 de julio de 2007

Festa de San Pedro!

A xente normalmente utiliza como elemento de referencia temporal, os nomes dos meses, días festivos, estacións do ano... en Corcubión non.
En Corcubión o tempo mídese así "3 meses antes de San Pedro", "O prestige foi fai 5 sampedros" "Cantos anos tes? teño 22 sampedros" "Que tal o exame das oposicións? non fun, coincidíame con san pedro"...etc (para que vos fagades unha idea)

A festa en cuestión, consiste en preparar un sitio para as tendas, outro para facer o lume, banquiños arredor...e pasar 2 días de acampada e festa rachada.

Poderíavos escribir 400 follas sobre a festa, e teño dous cds cheos de fotos (1,2 gb) así que tamé é dificil facer unha boa selección. Póñovos unhas ó chou.

Nesta inda estamos todos moi limpiños e está todo moi ben colocado, foi feita ó principio de todo
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Estas son as camisetas que levábamos os da panda
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

e a este punto soe chegar todo mundo
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
jajaja (por certo, na camiseta por diante pon "probaste la coca? save ijual ca pepsi" , que ninguén pense mal. Somos antidroga todos)
un saúdo a todos!

1 comentario:

tito dijo...

MECAGÜEN TOOO LO Q SE MENEA.COMO SE TE OCURRE PONER ESAS FOTOS.q estoy en donde estoy y al verlas me pongo malo.Mira q lo tuyo es malda.bueno tio ya queda menos para un san pedro d mentira y para el prosimo d verda.VIVA CORCUBION (VIVA SAN PEDRO)