lunes, 16 de julio de 2007

Bañazo con tablaza

Moi boas a todos

Este finde pegámonos unha escapadiña a miña casa, xa que chegou miña irmá de Sevilla co seu marido (diola, aínda non me acostumo a esta palabra macho, jeje) e pasamos un finde en familia. Ademáis puidemos disfrutar dunha pedazo obra de teatro na que actuaban os meus pais (entre outros amigos/as).

Non fora coa intención de ir ó mar, nin mirara windguru nin nada, pero unha chamada de Aitor...("Rostro bonito bonito, cero de viento y buen tamaño") fixo que, como din na miña casa, parecese un león engaiolado (dando voltas dun lado para o outro pola casa, dudando, se ir ó mar, ou cumprir co compromiso familiar que eu mesmo me propuxen, mirando ó reloxo...calculando o tempo...) Nada, decidido. Collín o coche e larguei para rostro pitando.

Collín a táboa corta (unha 6`3") e máis unha nova adquisición, un "tablón" 8`2" con moito volumen e un pouco máis de rocker que un longboard convencional. É unha tabla moi curiosa; a min encántame porque me fai a función de longboard (máis ou menos o 85% de comportamento similar) e ó mesmo tempo, se a ola se pon algo máis oca, non se me clava tanto a punta, e é algo máis manexable (un 20% máis manexable que un long pura raza). Compreillo a Suso, que llo comprou a Dani de Coruña, que á súa vez llo comprou a sabedios, o mismo sabedios que comprou esta táboa de 4ª man, jeje. Non sei cales foron tódolos seus donos, pero estaría curioso sabelo. Por todo isto, e máis por que foi partida á metade (arreglada por Tito) foi unha adquisición bastante barata.

Cando chego a Rostro, chegoume con mirar segundo e medio ó mar. Xa fun correndo a cambiarme, e, inda que as olas valían perfectamente para táboa corta, tiña curiosidade por comprobar como funcionaba o bicho este con olas de máis de unha porta. Polo tanto, coa taboa corta nun brazo e o "bicho" (hala, xa está bautizado o "long")noutro brazo, corro ata a area e clavo a pequena na area.


Aitor xa estaba na auga, e recibeume co mellor saludo que se pode dar "¡están cojonudaass!" jeje. Ataco á primeira ola e sorprendinme moi gratamente cando, con un par de brazadas, xa iba a toda velocidade. Levántome, e comecei a coller un montón de velocidade. Como corren estes bichos!! Sabía que corrían máis que as normais, pero non tanto! solo os probara en oliñas "pequenas" onde é evidente que non se afunden como unha short, e planean con maior velocidade; ou mellor dito, planean.
E o mellor de todo, colocándose ben atrás na táboa, xira bastante.

Gracias ó bicho pillei bastantes olas; Nos primeiros 40 minutos non se esperaba no pico máis de 1 minuto para coller a seguinte ola. Unha gozada. E claro, na auga, Aitor e eu solos; e ós 20 minutos de entrar eu, chegou Mesi... mellor aínda (Risas garantizadas).
Houbo moitas olas (ó principio con Aitor e despois con Mesi) que eran en plan:
"- cal queres a dereita ou a esquerda?"
"- Yo la izquierda mismo"
"- vale, pois eu a dereita!"
Picos perfectos abrindo para os dous lados coa textura do mar completamente lisa. Foron baixando de tamaño a medida que pasaba o tempo.
Había tempo que non pillaba un baño así. Bastante tempo.

O vendaval é o que ten. Os "surfeiros de mentira" non van á praia porque chove, e ademáis non teñen quen os vexa nin quen lles saque fotos, e o resto dos surfistas quedan na súa zona porque o que máis e o que menos temos cerca un par de praias que funcionen con sur. Traba parece ser que tamén estivo ben.

Esta é unha foto que saquei co mobil ó sair, polo que o tamaño xa tiña baixado algo e non se ve nada. De feito, xuraría que cando a saquei estaba ou mesi ou aitor diante da ola e non se ve.

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

e nesta cacei a Mesi ó final da ola.
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Veña Mesi, que te recuperes pronto... vaia agujetas que tes que ter... non tódolos días se está na auga 3 horas e media ehh jajja

Un saludo a todos!

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Boas compañeiro, alejrome de verte na praia cun bo baño, ajora tes para tres meses mais jejeje. como sempre, colleste as peoriñas, tres esquerdas fofas e un par de dereitas ainda peores, creo que estiben escoitando eso da ultima, a ultima, un bo cacho, e claro tamen se me pejou ata tres horas e media despois.
o domingo o mesmo tamaño e mais ordenado se cabe, toda a tropa de surf, ata o noso compañeiro o Benancio deisouxe caer por ali despois de recorrer media costa da morte, segue coma sempre un tio genial dos de verdade.
O domingo pillamos dous baños un de hora e media subindo igual que o sabado, e outra horiña baixando xa algo peor.
Xa queda menos Koko, e xa prodras disfrutar ti tamen, que non todo vai ser como o menu do dia primer PLATO e segundo PLATO.
Un abrazo compañeiros e bos tombos.
Ruben, cabronaso pillaste as mellores!!!!
Mesi

Rubén dijo...

sii, jeje a verdade sexa dita, coas olas que collín xa me daba cun canto nos dentes para tres meses de sequía. Pero gracias a dios... mañá é o último día de estudio. Por fiiiiiiiiiinnn!!! e o mércores, comida familiar, e xa tiro para casa. A mover publicidade da escola e a surfear como un cosaco, ata que me saian branquias detrás das orellas.. mimaaaaa... a ver quen me quita da auga.

Foi unha pena non estar o domingo con todos vos, pero en fin, a verdade, xa quedei contento do sábado. Por certo, as fotos non son fieis á calidade que houbo eh! verdade mesi?!

Un abrazo a todos!

Anónimo dijo...

Boas jaiteiro, amo de casa surfeiro!!!?? boa denominacion de vividor, sejuro que che quedaria moi ben o delantal.
Tes razon en canto as fotos, sairon con mais calidade do que en realidade habia jijiii.
Creo que temos para unha boa temporada sen olas, tendrei que sacarlle as telarañas a pirajua
Espero verte pola feira do gando este finde.
ata pasado loooo!!!
Mesi

vitor dijo...

Grandes olas nas fotos!! Já aí estive por 3 vezes mas não surfei nenhuma assim.
E a costa é também muito bonita. Já passei bons tempos por aí.

Rubén dijo...

Jejeje, o delantal vaime a kedar xenial.
Inda que eu saquei un 6,7 ó final! igual me chaman para algunha sustitución (plaza non sacaba nin que sacara a nota de salvia). Agora hai que ver a ver como quedo nas listas.

Vitor! as olas aquí tampouco se collen así tódolos días eh! jeje
Había tempo que non me pegaba un baño como ese, e frecuéntoa bastante.

Un saludo a todos!