sábado, 29 de agosto de 2009

VIII Trofeo SAR Infanta Elena

Onte, hoxe e mañá, en Coruña me atopo, atopei e atoparei participando como tripulante do barco Hansa...
hansa Pictures, Images and Photos
Photobucket
...na clase Open desta competición de vela.

Photobucket(foto de sacada de masmar.net)

Onte tivemos unhas condicións divertidísimas. Rachas de vento de 32 nudos e ondas de 3 metros. Os pantocazos que pegaba o barco non eran normais. Por momentos penso que tiñamos medio barco no aire (e medio barco son 10 metros).

Houbo olas que nos pasaron literalmente por encima da proa cando ceñíamos, e en rumbos de popa ou largo surfeábamos as olas unha ou dúas esloras.

Con tanto vento, tanta ola, tanto pantocazo, tanto caos, tanta inclinación lateral, tanta molladura, tanto chan esbaradizo e tanta auga que nos pasaba por riba... facía de intentar desprazarse polo barco, ou "tirar por unha corda" unha tarefa case que imposible. É algo así como un toro mecánico de 20 metros e 24 toneladas. Mollado e esbaradizo.

Foi un estrago en xeral, xa que moitos barcos romperon velas, mastros, backstay e incluso houbo un home que rompeu un brazo.

Recorte de noticia:"El Telefónica de Pedro Campos es el líder indiscutible de la clasificación del mundial ORC 670 (6.99 puntos) tras la tercera jornada disputada ayer en A Coruña. En la Regata SAR Infanta Elena-Trofeo Caixa Galicia los llamados a ocupar el provisional primer puesto son: Corsario VII (ORC 570), Mirfack (Open 1) Rai Grass (Open 2) y Big Boy Náutica (J80), después de una primera jornada en la que predominó el viento (20 nudos y nordeste) y el oleaje en la ensenada herculina. B>Regata SAR Infanta ElenaUna manga completaron los Open 1 y los Open 2. Completan la clasificación el Pleissman Servicios, de Eduardo Mosquera, y el Marina Coruña, de García-Lago.. Dos heridos y varias retiradas, en las regatas Infanta Elena y en el mundial de 670"

Onte, con esas condicións, tivemos sorte xa que ninguén se mancou. Só que despois dunha saída "regular", cando estábamos achegándonos ós dous barcos que ían en cabeza... rompimos unha driza de génova (que estrenábamos). Houbo que baixar o génova, cambiala driza e volver a izalo. Con esa tontería, perdimos uns 150 metros. Cando recuperamos esa distancia perdida e volvíamos a loitar polo primeiro posto, rompeu o xénova (a vela de adiante). Un rachón de 1 m que amenazaba con seguir abríndose. Houbo que arriala, desgarruchala do stay, quitar escotas e driza, metela no tambucho, sacar outro génova máis pequeno, engarruchalo no stay, facer ás de guías en escotas, enganchar driza no puño de driza e izalo. Todo iso con olas de 3 metros pantacazos que nos mandaban polo aire, nun chan mollado cunha inclinación de 40º no que é imposible manterse de pe se non estás agarrado a algo. Anque pareza un inferno...para min son os momentos máis divertidos. Cando despois dese "caos" te das conta de que a maniobra saíu ben dentro do posible...da un gustirrinín... :)

Hoxe a regata foi bastante ben. Quedamos de primeiros con 8 minutos de diferencia con respecto ó segundo. Tempo insuficiente para manter un primeiro posto en tempos compensados. (Compensan favorablemente ós barcos que teñen menos superficie vélica entre outras cousas). Polo que quedaremos finalmente no segundo posto.
Non houbo nin tanto vento nin tanto mar coma onte, anque o pronóstico dicía o contrario. Foi menos "emocionante" pero compensouse coa satisfacción de ver que tódalas maniobras ían saíndo como tiñan que sair, e o funcionamento de equipo facía que o barco funcionase ás mil marabillas. Mantendo por exemplo velocidades de 14 nudos con ventos de 15, ou un bordo no que fumos a 11 nudos con vento de 11 nudos.

jueves, 27 de agosto de 2009

Paraísos galegos

Photobucket

Photobucket


Fervenzas, covas, augas, pedras e momentos vividos en lugares tan especiais... fan que un saque á luz a ese ser egoísta que todos temos dentro, e nos alegremos de que sitios así sexan tan inaccesibles...

Photobucket

miércoles, 26 de agosto de 2009

Bañazo de hoxe no quinto pino

Porr fiinn!

Un baño con olas "de verdade"!

Xa tiña ganas de coller algunha oliña que polo menos superase a miña altura. Necesitaba volver a sentir esas baixadas nas que tes que esperar un par de segundos baixando en linea recta para facer un bo botom mentres oes como a táboa zumba sobre a superficie desa auga tan lisa...

Photobucket

O surf de olas medianas ou grandes...para min é outro deporte distinto. Disfruto enormemente cando as olas son pequenas e as risas e os xogos nas ondas están á orde do día. Pero remar unha ola "decente", ver a baixada que che espera, poñerte de pe case polo aire e sentir en cuestión de décimas de segundo unha aceleración tan grande que te lanza a toda velocidade a disfrutar de unha "pista de auga" vertical...buff.. eso non ten nome. Non ten nome.

Por fin... xa tiña ganas de un baño como o de hoxe

lunes, 24 de agosto de 2009

Frases de Les Luthiers

Les Luthiers, grupo de "músicos cómicos" dos que son forofos na casa dende que eu non era eu. Se algunha vez tedes oportunidade de velos... ide.

1-El amor eterno dura aproximadamente 3 meses.

2-No te metas en el mundo de las drogas... Ya somos muchos y hay poca.

3-Todo tiempo pasado fue anterior.

4-Tener la conciencia limpia es sintoma de mala memoria.

5-El que nace pobre y feo tiene grandes posibilidades de que al crecer, desarrolle ambas condiciones.

6-Los honestos son inadaptados sociales.

7-El que quiere celeste, que mezcle azul y blanco.

8-Pez que lucha contra la corriente, muere electrocutado
9-La esclavitud no se abolio, se cambio a 8 horas diarias.

10-Si la montaña viene hacia ti, Corre!!! Es un derrumbe!!!

11-Lo importante no es ganar, sino hacer perder al otro.

12-No soy un completo inutil... Por lo menos sirvo de mal ejemplo.

13-La droga te buelbe vruto.

14-Si no eres parte de la solucion, eres parte del problema.

15-Errar es humano... pero echarle la culpa a otro es mas humano todavia.

16-El que nace pa'tamal, nunca 'ta bien.

17-Lo importante no es saber, es tener el telefono del que sabe.

19-Yo no sufro de locura... la disfruto a cada minuto.

20-Es bueno dejar el trago, lo malo es no acordarse donde.

21-El dinero no hace la felicidad.... La compra hecha!!!

22-Una mujer me arrastro a la bebida... Y nunca tuve la cortesia de darle las gracias.

23-Si tu novia perjudica tu estudio, deja el estudio y perjudica a tu novia.

24-La inteligencia me persigue... pero yo soy mas rapido.

25-Huye de las tentaciones... despacio, para que puedan alcanzarte.

26-La verdad absoluta no existe; y esto es absolutamente cierto.

27-Hay un mundo mejor pero es carisimo!!

28-Ningun tonto se queja de serlo. No les debe ir tan mal.

29-Estudiar es desconfiar de la intelegencia del compañero de al lado.

30-La mujer que no tiene suerte con los hombres, no sabe la suerte que tiene.

31-No hay mujer fea, sino belleza rara.

32-La pereza es la madre de todos los vicios. Y como madre... hay que respetarla.

33-Si un pajarito te dice algo... debes estar loco pues los pajaros no hablan.

34-En cada madre hay una suegra en potencia.

35-Lo importante es el dinero, la salud va y viene.

36-Trabajar nunca mato a nadie... Pero?? Para que arriesgarse???

37-No te tomes la vida en serio, al fin y al cabo no saldras vivo de ella.

38-Felices los que nada esperan, porque nunca seran defraudados.

39-El alcohol mata lentamente... No importa, no tengo prisa.

40-La confusion esta clarisima.

41-Matate estudiando y seras un cadaver culto.

42-Lo triste no es ir al cementerio, sino quedarse.

43-Hay dos palabras que te abriran muchas puertas: "Tire" y "Empuje".

44-Para que tomar y manejar si puedes fumar y volar??

45-Dios mio, dame paciancia... pero damela YAAAA!!

46-De cada 10 personas que miran television, cinco son la mitad.

viernes, 21 de agosto de 2009

Guarrobaño en Nemiña

Cando porfín, despois de tanto platazo, entran algunhas olas...as furgos parecen gañar cabalos de potencia e parece que a todos nos ferve un pouco cu.

Todos os da zona comezamos a frotarnos as mans cando vimos que entraban dous metriños e vento nordés. Estas últimas cinco palabras resúmense en unha: Nemiña

Peeeeero....
Gran decepción a nosa cando se confirma a sospeita de que os fondos xa non son o que eran. A dereita de enfrente do aparcamento desapareceu, e a esquerdiña que a sustituíu... tamén.

Un barrote de lado a lado foi o que nos encontramos. Pero as ganas de mollalo traxe e de sentir anque fose unha baixadiña... fixo que nos metésemos.

As seguintes, son "fotos-engaño" sacadas dun video... onde parece que abren e todo.. pero non era así. As surfeadas consistían en baixar, avanzar uns metros e saír ou tirarse a algo.

Brais
Photobucket

Photobucket

e eu
Photobucket

Photobucket

Gracias a Dani por estar grabando. A ver se me pasan algunha foto máis dos 15 que estábamos alí surfeando e as colgo

APERTAS PARA TODO O MUNDO!

miércoles, 19 de agosto de 2009

pozas

Photobucket
Nuria
Photobucket
Salva

Polo camiño encontrámonos a Deivis, que estaba currando nun descenso un pouco desquiciado con un grupo dos lentiños.
Photobucket

vaia par de semanas máis chulas que nos pasamos. Para recordar
Mañá colgarei máis fotos e contarei un pouco todo o que fixemos e os sitios que visitamos. Un, as pozas, converteuse no meu sitio favorito para estar e para sacar fotos...


proximamente en sus pantallas :)
Apertas!

martes, 18 de agosto de 2009

foto do meu 1º día de surf!

Photobucket

Que alegría ó atoparme esta foto!
De cando íbamos tódolos corcheiros en tropa a encher picos vacíos...
Épocas de pandilla, cando o único importante era xuntarse e pasalo ben. Pero co paso dos anos xa sabedes como son estas cousas... traballos... emigracións... formación de parellas...van rompendo un pouquiño estas grandes pandillas ata quedarte con 2 ou 3 amigos de verdade. Penso que pasou ata nas mellores familias nonsi? :)
Anécdotas que se recordan unha ou dúas veces ó ano cando se xuntan todos nalgunha festa patronal :)

Ese día un amigo prestárame a táboa dun amigo... probei o surf... e zás! Enganchado de por vida.
Pódese dicir que ese día cambiou un "pouco bastante" a miña vida. O surf converteuse nunha pasión, nun deporte, forma de vida, traballo... que me permitiu coñecer moitos sitios e sobretodo moita xente da que vale pena coñecer

Por certo, ese día, acompañáronnos os delfíns. Acórdaste Nacho? que aínda levamos un susto o ver como saltou un a poucos metros de nós?

lunes, 10 de agosto de 2009

Moito vento...

...e poucas olas

Photobucket
Para que vos fagades unha idea: onte, no alto da pena da Moa, cada vez que abría a boca para pegarlle un bocado ó plátano, o vento facía ruídos usando a miña boca como caixa de resonancia.
En canto me din conta, coloquei a boca en forma de O e o vento silvaba en min como cando se sopla nunha botella de cocacola

sábado, 8 de agosto de 2009

Estupendísimos montañeros...(manda carallo)

Querido montañero:

Te voy a decir un par de trucos para averiguar si algo está bien o mal hecho. Consisten en preguntarse lo siguiente:

- ¿Me gustaría que me hicieran "esto"? ¿Le molestará "esto" a alguien?

- ¿Y si todo el mundo hiciera lo mismo que yo? ¿mejoraría el mundo?

No me puedo explicar qué es lo que os lleva a hacer este tipo de "obras de arte", pero lo único que sé es que no os hicisteis ninguna de las preguntas anteriores.

Photobucket
Photobucket

Tu amas la montaña? Como te gusta más? antes o después de que tú pasaras por ella?
A mi me gusta la montaña, por eso no la toco. La respeto
Me gusta mirar a mi alrededor y pensar que 1000 años antes, todo estaba igual.
Me gusta la naturaleza. Lo natural! y no lo artificial.

Que quieres demostrar? que llegaste a ese pico? Llegaste tú y 10.000 personas más. Pero las otras 9.999 no la tocaron. Tú sí.

Y si todos los grupos de montaña, asociaciones o personas hiciesen lo mismo que tú? Ahora mismo estaría completamente llena de algo que NO forma parte de la montaña.

miércoles, 5 de agosto de 2009

Os nenos do cable

Tito, o meu corresponsal, (o que antes estaba en Exipto) envíame dende América este video. As imaxes xa falan por si solas. Vale a pena velo.

domingo, 2 de agosto de 2009

Comezando a semana con ritmo

Se eres dos que, coma min, traballa cando o resto está de vacacións...non te preocupes. Podía ser peor. Podías non ter traballo, podías estar de baixa, podías estar con menos cartos dos que tes, podías traballar pero en peores condicións...
Como din os nosos maiores, o importante é ter "salú"!

Sexa cal sexa a túa situación, para comezar o día con boa onda, recoméndoche que te poñas uns cascos ou acendas os altofalantes e escoites esta canción tan bonita.

sábado, 1 de agosto de 2009

Novos murais para Torrente automociones...

O dono do taller no que comecei a facer murais (Grupo Torrente Automociones) quere que lle faga outros murais para preparar unha exposición da marca Arctic Cat. A marca que ten no seu catálogo un dos quads máis "bicho" do mercado, 1000 cm cúbicos con catro rodas de monte. Vaia animalada.

Bueno, comecei a facer unha montaxe das miñas para que se vaia facendo unha idea de como pode quedar.
Antes
Photobucket
Despois (esperemos)
Photobucket

(o tigre vai de regalo) e que me apetece facer algo que non sexa inerte! E como o tigre é un dos animais que máis me gusta estéticamente, e a marca está relacionada cos felinos... pois aproveito.

Acabo de facer un pequeno cambio. Como o tigre e a moto de neve poderían estar na mesma paisaxe, invertín a foto da moto para que lles coincidira a luz dende o mesmo lado. Ó facelo, o tigre queda no medio, e gústame máis. A ti que che parece?
Photobucket


E este sería o barato. A ver cal escolle...
Photobucket

Apertas!
Que pases un moi bo finde

Borrador 9 de "bajo la piel"

Como di a propia definición do autor do video: ESTA PIEZA ES UN PREMONTAJE DRAMÁTICO SIN AUDIO, PLANTILLA PROVISIONAL PARA LOS DOBLAJES Y ENSAYO DE COLORIMETRÍA Y RITMO: Zeibia editing & Color filtering Zeibe...
Pos eso, cousas que van saíndo

A música é horrorosa así que recomendo apagar e desenchufar os altavoces (por se acaso) A serie está pensada para un público infantil :)

O que destacaría destas rodaxes? pois que o pasamos como enanos, e que me extraña que se puidese sacar algo de proveito porque no 97% das tomas acabábamos ou comezábamos cun ataque de risa. Ó non haber audio, podíamos dicir o que quixésemos, entonces dábamos rienda solta á nosa imaxinación e as cousas que saían pola nosa boca tiñan de todo menos sentido. Algo que complicaba o tema de intentar interpretar con seriedade. De feito, hai un momento na pelea que me da a risa; é facil atopalo.

Por certo, ese muro que rodea a piscina na que nos tiramos é o que vou pintar en canto remate cos cursos de surf.