miércoles, 30 de julio de 2008

Busco dono!

Se tes unha casiña e ganas de un bo compañeiro... ponte en contancto comigo! maikabf@hotmail.com. Se non me atopan dono esparome o peor...

Photobucket
Photobucket

martes, 29 de julio de 2008

Luses... camaras... aisión

Nova de ultima hora!

Estes dias estase a celebrar en Ribadeo un festival de curtametraxes que se chama On Off, producido por Mr Misto films. Faise "a toda mecha", o primeiro dia castin, o segundo xuntanse os diferentes grupos e directores que van a facer as curtas, o terceiro e o cuarto gravase, o quinto montase, e o sexto faise a proxeccion das curtas e a entrega de premios, posta en escea...

Eu animeime e aqui estou, en Ribadeo. Colleronme, e estou contento porque ademais tocoume actuar nun corto con Ruben Rios que e un dos protagonistas da pelicula galega mais vista da historia "pradolongo" (ainda que creo que tampouco houbo moitas jeje)



Viñeron grupos de productores/directores de todos lados, hainos de Letonia, Bulgaria, Inglaterra, Portugal... e estamos TODOS vivindo nun colexio habilitado onde almorzamos, comemos, ceamos e durmimos en familia.
Hai guitarras, acordeons, flautas e cantantes que animan o ambiente a base de bien...aproveitamos calquer esquina do cole pa montar unha boa jeje. Xa vos colgarei un video dunha rapaza que tocou un par de cancions de Amelie co acordeon.. pacagarsepolapatabajo...

O que pasa e que todos falan un ingles cojonudo! non se fala outra cousa! eu algo defendome pero todos teñen mais soltura ca min. E sorprenderiadesvos do nivel que teñen os portugueses. Parece ser que e porque, en Portugal, hai moitas series, peliculas e debuxos animados que se emiten en ingles, e vaiselles quedando dende pequechos.

Bueno, decir que aproveitei para pegarme algunha escapada a praia (cerquiña de aqui, que non esta a gasolina como para tirar millas). Hoxe pola maña fun a Tapia de Casariegos, que esta a 5 minutos de aqui. Unha praia preciosa
Photobucket
(foto sacada de panoramio)
Pillamos oliñas xeitosas, de metro e medio (real), algunhas con bastante velocidade a pesar de que o vento non viña na mellor direccion (pero era moi frouxiño). Coñecin a Mike, un australiano co que charlei todo o baño e que me deu algun consello para cando faga un bo surftrip a Australia

Bueno, acercase a hora da cea. Marcho!
Un abrazo a todooooossss

PD: tranquila ma, non me funcionan os tiles neste ordenador, e na entrada anterior tampouco, tiven que facer numeritos para poñer os que puxen

Decisións difíciles

Ás veces tes moi claro que camiño queres escoller, pero cando xa levas recorridos uns kilómetros, e comezan as dudas de si te equivocarias de ruta...non hai mais solución que cambiar de sentido, cambiar de camiño, ainda que teñas que ir en dirección contraria, ou atravesar espido un denso monte de silvas e toxos.

Se resulta que o camiño percorrido era o correcto, só asi se poden disipar as dudas que che joden a viaxe.

Porque hai alguns camiños... que só se poden e deben facer cando un esta seguro do que fai. Polo ben de todos.

domingo, 27 de julio de 2008

Unha das blogueiras máis vella

María Amelia, unha muller de Muxía, comezou ós seus 95 anos a escribir un blog. Fíxose famosa no mundo enteiro e saiu en un montón de televisións...
Un día deume por escribirlle e preguntarlle unha serie de cousas. Que si coñece o deporte do surf, que si as praias estaban tan sucias fai case cen anos, que que opina sobre que teñamos que ser os surfistas os que as limpemos... e bastantes cousas máis. Pero ela, coa súa labia, contestou a unha pregunta e despois falou case media hora sobre outras cousas. A min encántame escoitala. Sempre me chamou moito a atención a xente tan maior, saber o que pensa, poñerme no seu lugar...

Son curiosas moitas cousas que di, como por exemplo o que conta sobre a grasa de balea que chegaba á ría de Corcubion dende Caneliñas cada vez que sopraba o vendabal

http://amis95.blogspot.com/2008/07/mar.html

jueves, 24 de julio de 2008

Faro de Lariño "in action"

Pasoume Brais esta foto, quería compartila con você

faro de lariño

É do domingo no faro. Pero como sempre digo, as fotos engañan moito. Esta seica foi a mellor ola do día. O resto non se lle parecían moito. É máis, comentan que o baño estivo bastante revoltillo, e que so houbo un momento no que saíron unha poucas boas.

Bueno, eu marcho, a ver si se apaña algo por Rostro

apertaaaasss

Meria fedieval de corcubión

Foi unha pifia de non sei que amigo, e desde aquela a "feira medieval de corcubion" pasou a ser historia. Acabo de acordarme doutra pifia neste mismo contexto: un amigo falou dun "tendedor de venderetes" no lugar de "o vendedor do tenderete".

Pois nada, que o venres, sábado e domingo, foi a feira medieval de Corcubión, xa non sei cantas van, pero cada vez parece que van mellorando. As fachadas das casas e case todo o casco vello se disfraza de medieval. O chan pasa a ter palla, os carteis fórranse de telas de saco, uns gaiteiros e percusionistas amenizan a feira sen descanso...

encóntraste con infinidade de espectáculos de todo tipo (malabares, lume, equilibristas, teatro...), a maior parte da xente que acude tamén se disfraza...que non che sorprenda que che digan: "ei, coidado co dromedario" xa que tamén circulan por ahí paseando ós nenos...

como a miña cámara ten estropeado o flash (ou pega un fogonazo que te deixa cego e sale a foto sobreexposta, ou sale un miniflash que deixa unha foto completamente oscura) solo puiden apañar esta duns cristais porosos de cores que se embadurnaban cun aceite e dan un olor que ambienta a casa e aporta unha serie de beneficios (seica)

Photobucket

E aquí, unha foto que nos sacou Trun. Estamos Deivis e eu (postos a disfrazarse de medieval, fumos de medievalAs, xunto con Tei :)jeje)
feira medieval corcubion

Se queres ver máis fotos...hainas neste video. É moi largo pero ten moitas fotos jeje


Un saúdo a todossss

miércoles, 23 de julio de 2008

Repaso bloguero

Supoño que si estás lendo isto, é porque estou na túa lista de blogs ou páxinas a visitar no día. Ben, eu tiña a costume de ir de blog en blog mirando novas actualizacións, pero a verdade é que se perde bastante tempo. Sobretodo se a conexión non é das máis rápidas.

Por iso, fixen a lista de blogs coa aplicación que nos ofrece "blogger", na que podemos ver os blogs ordenados de máis recentemente actualizados, a menos.
Así que, se a ti tamén che resulta máis cómodo, dime que blogs soes visitar máis a miúdo para poñelos na lista e facilitarche a ti o "repaso".

Un saúdo!

martes, 22 de julio de 2008

kite nos muíños

Hoxe tocou facer kite na praia dos Muíños. Ó principio, ventarrón.Demasiado para a miña cometa de 12 metros. Habería uns 24-25 nudos. Zoilo prestoume cometa latitude de 8 m. Máis adiante o vento comezou a estar algo máis racheado.
Por certo, falando de Zoilo... visitade a súa nova web furacan, é alusinante

que ben me despreso aquesí?

domingo, 20 de julio de 2008

Novo curro (reeditado)

gasolinero

jiji

bueno, en realidade foi o uniforme que tiven que poñer un día para unha das bromas gastadas no curro, para "arredemo".

ingleses mallorquíns en Carnota

Esta entrada vai dedicada a Hugo e Óliver.
Uns rapaces ingleses que viven en Mallorca e que veranean en Carnota :)

Decidiron facer un curso de surf, e acertaron coa decisión porque parece que naceron para o surf. É verdade que as condicións eran favorables, dous rapaces mellizos de 17 anos, con boa forma física, lixeiros, con actitude, e nadadores dende pequeniños. Este zumo de características fixeron que o primeiro día se puxeran de pe na táboa en menos do que canta un galo, e cunha boa técnica. Un pop-up de un golpe e super limpo.
O segundo día xa me andaban preguntando para coller as paredes!jeje

hugo

agora, eles enséñanme a min inglés, xa que cando chateamos pedinlles que me falen inglés a ver si aprendo un pouco jeje (aínda teñen paciencia)

Pois nada, un saúdo para estos máquinas e que sigan arrasando!

martes, 15 de julio de 2008

LIBREEEEEE!!!

Pooorr fiiiinnn libreeee!!!



todo un curso esperando este momento!
Acabo de facer a última proba das oposiciónss! eu penso que me saiu ben pero eso téñeno que dicir eles, os do tribunal :)

agora xa esta a sorte botada! xa podo surfear sin parar, seguir intentando tocala guitarra, probar o arnés de kite dunha vez, dar algún que outro curso de surf, gravar algunha que outra bromiña, debuxar o que me apeteza e cando me apeteza, sacar fotos a diestro siniestro, facer algún "surf trip", dar voltios en bici, ir ó ximnasio cando me apeteza, quedarme co ordenata ata as tantas, xogar co meu sobriñiño antes de comelo a bicos... dioooooosss que gustooooo!

Ah! por certo, mañá os da "escola de teatro de cee" estrenamos obra! así que estades invitados. Titúlase "máis humores e amores varios". Son unhas 8 obras pequeniñas (sketchs, ou como se diga) polo que se fai bastante ameno. Será no concello e sobre as 10 supoño!(que vergonza, aínda non sei a hora, jeje)

Hala! un abraso pa todoooss

jueves, 10 de julio de 2008

Muxía is diferent

Mira que me fixo gracia esto que vin en Muxía
Photobucket

Ó principio pensei que se confundiran e colgaran o cartel do revés.
Despois pensei que igual os taxis quedaban para o outro lado, e lle deron a volta para que a flecha coincidira...

pero despois, unha vez na casa, fixeime na foto, e supoño que o máis seguro é que rompese o tornillo da parte de arriba e o cartel se dese a volta...

... pero xa sabes, as veces un quere pensar que as cousas son como non son, porque así gusta máis, ou fai máis gracia...trátase de mirar de reollo á realidade, cousa que non sei si está ben ou non. Como di un que me sei eu, a sinceridade absoluta non existe...

martes, 8 de julio de 2008

Un menos!!

Acabo de facer a defensa da miña programación!!
A segunda proba do proceso de oposición. Consiste en defender oralmente, un traballo de 60 páxinas que elaboramos e entregamos ó principio do proceso. É dicir, falar durante 20 minutos sin parar diante do tribunal que esta formado por 5 personas. Os cinco mirando para ti, un pensando no que dis, outro pensando no sono que ten, e outros pensando en que farán de comer :)

Solo me queda a exposición da unidade (similar, pero de 30 minutos) para estar totalmente liberado

A ver si desta me chaman para sustituir polo menos. Se eres mestre de educación física contacta comigo para pedir unha baixa cando cho pida! ofrezo cursos de surf gratuítos jajaja (é broma ehh, a ver si me van a denunciar pola coña)

un abrazo a todos!
Deséxolle moita sorte ó resto dos opositores (pero, aos de educación física de primaria de Galicia menos que a min, claro está, sincerida por delante jaja)

martes, 1 de julio de 2008

Fotos mentireiras!

Din que máis vale unha imaxe que mil palabras....pero no tocante ás imaxes de surf, eu penso que son necesarias moitas imaxes e mil palabras (como o título do blog de Willy, una imagen y mil palabras) para poder describir "decentemente" o que foi un baño.

Isto ben a que o outro día fomos ata Nemiña pensando que iba a haber bañazo... e ó final estivemos horas mirando as olas, pero sen saber en que parte da praia botarnos, xa que non había un solo pico no que rompesen dúas olas seguidas e "iguais". Pero mentres nos pasábamos horas mirando o mar esperando a que subira a marea coa esperanza de que se adecentara o baño... puiden sacar algunha foto que non é fiel ás olas que había, pero podería enganar a calquera

nemiña engaña

Este tipo de foto, así, sen ningún tipo de explicación pode provocar envidia a máis de un, pero a realidade é ben distinta. De vez en cando salía unha ola de este tipo, pero en lugares distintos de forma aleatoria e rompendo de formas distintias (a maior parte eran barras)
Polo tanto temos unha realidae por un lado, e unha foto que nos transmite outra ben distinta.
A realidade dese momento era: baño desordenado, sen pico definido, onde a maior parte das olas eran barras, algunhas machaconas que levantaban area, e outras demasiado tendidas. Peeero cada unhas cuantas series, podía salir algunha ola que abrise durante uns segundos, e se cazas ese momento... tes unha foto "resultona".

Nesta foto, en cambio, xa se intúe a forma coa que vai a romper a ola
Photobucket
Rompe unha barra tremenda de un lado a outro e deixa un codiño sen forza enriba dun "canal" por chamarlle algo.
Esta foto xa ensina un pouco mellor como estaban sendo as olas nesa zona e nese punto da marea.

Para que vos fagades unha idea, estivemos mirando as olas dende as 4 da tarde ata as 9.
Cando xa marchabamos, xa coa marea chea, parei no medio da pista que pasa por enriba de Nemiña para mirar a última serie. Docal, que viña detrás, fixo o mesmo.
Vimos romper un par de olas e finalmente deixamonos enganar por un par de fotos "mentais"...
Photobucket
Photobucket
Photobucket
...e tirámonos á auga.
Ó final, collimos algunha oliña, pero ningunha parecida ás das fotos...
todo hai que dicilo, había un factor que me facía ter máis ganas de botarme: había que estrenalo traxe! jeje (gracias ás garantías e a Dani Raz)
Photobucket


Vamos, que non te tires dos pelos cando vexas noutros lugares fotos de olazas que te perdiches...porque seguramente o baño non foi como parece. Réstalle sempre un par de puntiños :)

Moraleja: eu sempre digo que do que escoites, nada; e do que vexas, a metade.