lunes, 31 de diciembre de 2007

¿que é isto?

Moi boas...
colgo o video de un "bicho" que atopou o pai dunha amiga (Rosi) nunha praia de fisterra.

Eu nunca vin tal cousa. Se alguén sabe o que é, que avise, e si non ... ó mellor estamos ante unha especie aterior ós dinosaurios! jeje.
Unha aperta e feliz ano a todoss!

¿que é isto?

viernes, 28 de diciembre de 2007

confianza irresponsable?

Moi boas!
Sinto non actualizar tanto como me gustaría... pero xa sabedes como son estas datas, que non hai tempo para moitas cousas. De feito, polo que me contan as estadísticas de visitas, parece que non son o único que paro pouco no ordenador :) Pasamos de ter a semana pasada días de casi 100 visitantes e 170 paxinas vistas á case a metade nesta semana. Que por certo... nunca imaxinei que fora a ter tantas visitas! (aínda que para moitos sexan moi pouquiñas) e menos escribindo en galego! Aproveito para agradecer dende aquí enooormemente a todos os que me visitades con frecuencia..

Bueno, pois estos días pegámonos algún que outro baño decente e os últimos días en dique seco, pero moi agusto. Coa famila, moza, amigos... de "turismo rural"...etc.
Hoxe botámonos en Nemiña Rueda, Mesi, Coco, Pablo, Bruno, Felipe, David e eu. Estaba a mítica dereita/dereitón que ou cae en barra, ou é rapidísima ou abre ben (dúas de cada 10)as máis grandes 2 metros pasadiños (reais). E o anterior baño foi o Domingo ás 9 da mañá en Rostro (na parte da dereita)... algunha saía pero tampouco estaba moi alá.

Aproveito para solidarizarme dende aquí con Mesi, que xa rompeu non sei cantas táboas... e a última que comprou, un longboard Pukas acojonante de máis de 700 euros...duroulle nada máis e nada menos que 3 baños. No terceiro, quedou en dous cachiños por culpa dunha ola de 3 metriños pasados (reais). É o que se di, unha auténtica putada. Menos mal que na súa casa caeron bastantes euros da lotería para consolarse un pouquiño (non digo cifras non? jeje)

Bueno, xa para despedirme, para non deixar tan "seco" este post, e para darlle algo de sentido ó titulo da entrada... colgo un video que acabo de ver que me alucinou.
(parade a música e dádelle voz ó video para escoitar as carcajadas do cativo)

A min persoalmente, enternéceme; Porque teño un crio en casa, porque teño unha cadeliña (http://surfcostadamorte.blogspot.com/2007/06/rula.html), e coñezo os vínculos afectivos que se poden establecer con un ser tan "humano" como un can. Ás veces case se palpan as emocións que van de un a outro, e a confianza que se pode chegar a ter nun animal así, é tremenda... só o saben os que tiveron un bo can/cana. Pero tamén recoñezo que as imaxes poden estremecer, polo tamaño do can... pola posición...e porque é casi imposible pensar "e si o can tolea? ala vai o cativo!". Pero tamén........¿E si vas no coche co cativo e se che cruza un cabalo tolo, ou unha vaca tola, ou un humano tolo con coche, ou se durme un camionero, etc, etc....

sábado, 22 de diciembre de 2007

Debuxos da miña irmansiña

Creo que algunha vez vos comentei que miña irmá debuxaba moi moi ben... Pois ben, recordaba que había unha páxina na que colgara debuxos seus e atopeina.


Primeiro colgo estes debuxos, que formaron parte dun traballo que realizou que consistía en ilustrar o libro de "El Perfume". Fíxoos uns cuantos anos antes de que saíra a película, así que os que leeron o libro poden decir se o que se imaxinaban mentres lían se asemellaba á ilustración.

Por se non queda claro, esta escena é na que a nai do protagonista pare no medio da pescadería, na feira, nun ambiente, nunhas condicións, entre tanta suciedade, sangue porquería e cheiros asquerosos.....que difícilmente pasarían unha inspección de sanidade

J.B.Grenouille's mother by ~Raquelinha on deviantART

Aquí a primeira víctima de J.B.Grenouille

Grenouille's first victim by ~Raquelinha on deviantART


Pero como poderedes comprobar, é unha "debuxanta" que abarca case tódolos estilos...



Marela the cow by ~Raquelinha on deviantART

Este forma parte dun libro de poesías.A ver se consigo o poema co que se corresponde, sería interesante.

Pensamento by ~Raquelinha on deviantART

Este é un dos meus favoritos... Acaso pensábades que os destellos da auga eran o reflexo da lúa? estábades equivocados.


A Flor da Auga by ~Raquelinha on deviantART

O final dunha tarde de verán

Paseo by ~Raquelinha on deviantART

Este é outro dos meus favoritos.

Odin by ~Raquelinha on deviantART



E, para min, outro punto ó seu favor é a orixinalidade das ideas. Aquí dándolle a volta á tortilla

Duggium by ~Raquelinha on deviantART

E por se alguén quere ilustrar un libro infantil..."hai pa tós"

Vacaciones by ~Raquelinha on deviantART

Estes non son os seus mellores debuxos nin nada polo estilo. Penso que os mellores, ou os regalou ou están colgados por casa...pero para que vos fagades unha idea do poderío que ten co lápis, cando tódolos mortais garabateamos espirais, cubos ou calquer cousa mentres falamos por teléfono... ela fai estas cousas

Boceto by ~Raquelinha on deviantART

miércoles, 19 de diciembre de 2007

O tamaño das olas

Moi boas!

A ver se debatimos algo sobre unha cuestión: A forma de medir o tamaño das olas.

Ós profanos na materia parecerálles algo absurdo atopar debate neste tema, pero é que, para os surfistas, os metros, son como os mocos, cada un ten os seus.

A enquisa que teño posta na marxe esquerda tamén fai referencia a este tema, e por se a alguén lle fai gracia ou lle sona raro o da porta, ten a súa explicación.

Todos falamos algunha vez por telefono con algun compañeiro de mar intentando describir como eran as olas de un baño ou como están as de unha praia nese mesmo instante. Se os falantes xa se coñecen non hai problema, pero se non é o caso... podemos explicar perfectamente o estado da superficie da auga, colores, vento, mareas, nivel de ordenado, definición do pico.... e atopamos trabas ó explicar algo tan básico como o tamaño das olas. Tal é así que penso que todos recurrimos algunha vez a comparar o tamaño dunha ola con algo máis "tanxible", común, e de tamaño máis estandarizado como é unha porta ou algo semellante (que para ó que na enquisa respondeu "depende da porta" contéstolle que falamos de portas normais, de 2 metros aproximadamente)

Por iso pregunto: ¿cantos metros dirias que mide unha ola que ten a mesma altura que unha porta?

Eu penso que xa escoitei de todo:

-que si as olas se miden por atrás: a estes dígolles que non están sendo fieis á realidade, porque unha ola pode ter un metro por detrás e 7 por diante como teahupoo

-que si se miden en metros reais desde a parte vertical da ola: hai olas que teñen 5 metros de alto e non teñen ningunha parte da ola totalmente vertical, as tendidas.

- que si se miden dende o nivel do mar (que non é igual á base da ola) á cresta,

-e, posiblemente, a medida máis difundida (á que lle chamo "metro surfeiro") na que o primeiro metro ten o tamaño dunha persoa de pé, e a partir da cabeza se mide en metros reais... ¿por que?

Pois atopámonos coa situación de que o METRO, unha medida internacional, algo OBXECTIVO, relacionado coas matemáticas que É o idioma universal, que ata Zapatero e Rajoi estarían de acordo en que un metro son 100 centímetroosss..... pois non. No mundo do surf o metro é algo subxectivo e cada un ten o seu.
e aquí o demostro cos primeiros 33 votos da enquisa
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

non mo explico!
si xa ós surfeiros nos pintan en algun que outro anuncio de televisión de tontos, vividores, fumaporros, atontaos....(recordades o anuncio de rufles...tres tipos rastas esperando olas e dicindo uuuuaaaaaaaaauuuuuuu) ¿imaxinades como reforzaríamos esa imaxe se nos ven a dous surfistas intentando poñernos de acordo sobre o tamaño que ten unha ola de metro e medio???!

Eu sei que moitos de vos estades acostumados a medir con "metros surfeiros" pero non estades de acordo conmigo en que deberíamos de medir en metros reais dende a base da ola? É dicir, se ti mides 2 metros, estás de pe na base da ola, e a ola ten a mesma altura que ti, a ola ten 2 metros.

Sei que hai guías de surf como a de Jose Pellon na que explican as equivalencias dos metros "surfeiros" ós reais. Un metro igual a 2 metros reales, 2 metros igual a tantos.... pero paréceme innecesario!

Eu recurro á ciencia e escribo "ola" no wikipedia. E sáeme entre outras cousas o seguinte dibuxo
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
No que se explica que H é a altura da ola e vai dende o valle ata a cresta!
Eu véxoo bastante claro! vos non?

Sei que é dificil cambiar un convencionalismo tan extendido... pero tamén antes as mulleres non podían levar pantalóns.

Non credes que poderíamos chegar a un acordo?

domingo, 16 de diciembre de 2007

Pescando surfeiros

O título do post parece de coña pero a verdade é que o asunto, gracia, o que se di gracia non ten moita.

Falo dunha modalidade de pesca que pode facer que algún día nos vexamos nun bo apuro. Trátase dos palangres que se empregan nas praias ... Para os que non os coñezan, son unhas táboas que están enterradas na area, das que sae unha goma que ten unha línea con un par de anzuelos.

Pois ben, disto xa tiña constancia de que se facía nalgunha que outra praia, pero como o máis cómodo é pensar "bue, malo será que nun revolcón teña a mala sorte de ir ata o fondo e engancharme nun chisme destos"...pois o final pasamos de todo.

Pero o que vimos en Nemiña fai uns 4 días David, Rueda e eu... xa é o colmo. Para aumentar as posibilidades de pesca, colocaron unha línea de uns 4 metros de largo con moitas ramificacións, todas elas cheas de anzuelos e o peor de todo....unha pequena boia no extremo. Algo así:
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

O que fixemos foi acercarnos con moito coidado entre ola e ola e romper o enganche da línea á boia para que os anzuelos se vaian cara on fondo.

Imáxinádevos o petate: cóllete unha ola e tes pouco aire, pápate a seguinte e xa che costa aguantar a respiración debaixo da auga... e cando estás desexando zamparte unha bocanada de aire, resulta que non chegas á superficie porque tes un anzuelo enganchado en calquer parte do corpo... no neopreno ou na pel! Eu, como penso que é prácticamente imposible desengancharte debaixo na auga (sin ver e con "estrés") penso que a mellor solución en tal caso é calmarse, armarse de valor e pegar un tirón para desgarrar o neopreno ou o cacho de pel que esté enganchado. A fin de contas, a ferida que te podes provocar non é nada, comparado co que che pode pasar se te pos nervioso e non atopas a solución. Outra opción é levar un puñal de buceador no tobillo para cortar a tanza.


Así que, amigos...xa sabedes. Se vedes unha boia, alonxádevos dela, sobretodo se vedes que se afunde cando debería de subir coa ola (sinal de que está "anclada" ó fondo). Denunciádeo se o vedes polas vosas praias (xa que a técnica do palangre só se permite en pesca de altura), tede coidadiño e tede ben claro o que facer en diferentes situacións de perigo.

Unha aperta e boas ondas!

sábado, 15 de diciembre de 2007

Bañiño en Mar de fora (REEDITADO)

Hoxe saíu algunha ola en Mar de Fóra, pero a medida que se ía enchendo a marea, ían aumentando os rebotes e non se podía facer nada nela.

Pero o dito, algunha saía chula... como esta esquerda que colleu David

Que rápido aprende o condenado... aí onde o vedes so leva uns mesiños... e eso que o seu deporte "principal" é o kite, e o complementario é o surf (ó reves ca min) pero a ver por canto tempo jejejeje
Este son eu... Ó acabar a ola vin a area tan cerca que para evitar o zapatazo pensei que igual indo directo á area e saindo correndo safaría.... pero pensei mal, jajaja... había máis profundidade da que pensaba e non me daban as pernas para escapar da ola...

a ver como se queda este finde...

viernes, 14 de diciembre de 2007

Branco e negro ou con toque de cor?

Dani (de surfinglifebydani)cando veu por casa díxome que porque non lle daba un toque de cor ós dibuxos. Propúxome acuarela, pero ademáis de ser unha técnica moi complicada por non poder rectificar etc...eu sonche moi vago e solo o engorro de ter que coller pinceis, auga, pintura, misturas de cor...buff.. que va que va. A min gústame coller un lápis, un cacho de papel (usado a poder ser) e intentar un bocetiño. Si sae, ben; e si non sae, atalogo.

Cando fixen este bocetiño, tiña unhas ceras de cor cerca así que probei. Nunca fun de pintar os debuxos, ó mellor é porque nunca se me deu moi ben. Ou por pereza, non sei :)
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
O dibuxiño non é moi alá porque so foi para probar... aínda por encima de que é foto de dibuxo feita co móbil, o tamaño do debuxo é mínimo. Para que vos fagades unha idea o tablón ten o tamaño de unha tarxeta microSD.
Para facelo dibuxo inspireime nunha ola que lle vin coller antes de antonte a Aitor en Rostro (moi bo baño)

Bueno, pois eso, que me gustaría que me dérades a vosa opinión. A partir de agora, os debuxiños, en branco e negro ou con un pequeno toque de cor?

jueves, 13 de diciembre de 2007

Marabilla de prediccións!

Mimadriña!

Supoño que todos estaredes ó tanto da predicción de olas para estos días, pero a verdade é que é digna de mencionar eh!
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Ver isto é como si ves que fuches o premiado con unha viaxe a Cancún! que Cancún? eu non me vou a ningún lado con estas previsións jajaja

A pregunta é... ¿que praia non vai a estar ben?
Penso que ó 80 % das praias de Galicia lles vai ben este vento, a unhas mellor e a outras peor, pero ó igual que o Oeste é un dos ventos máis odiados por ser o destrozaolas por excelencia...o Este debe de ser un dos máis queridos. E ademáis entra mar, e faino dende o noroeste

Penso que o que máis e o que menos ten unha praíña cerca de casa que rompa ben con estas condicións... Agora molaría ter unha webcam en cada praia para ver cal é a que ten os mellores fondos! jeje que avariciosos somos :) Canto máis temos máis queremos.

Un saúdo!

martes, 11 de diciembre de 2007

Cousiña linda

Sempre dixen que os nenos recén nacidos ou de poucos meses eran, máis ben, tirando a feíños. Pero algo fixo que cambiase de opinión: O MEU SOBRIÑO DIEGO!
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Pero que cousiña máis linda!! :) (e non é amor de tio eeh ejeje)

Este pequeno individuo naceu en Setembro, e a súa nai é a miña irmá favorita ;) Raquel. Non sei qué me impresiona máis... que miña irmá coa que "antonte" estaba xogando a zapatillazos sexa hoxe mamá, que eu sexa o tio de este crío ou que ese crío sexa o neto dos meus pais :)
Sei que é unha "tontería" que me impresione tanto tal acontecemento xa que o nacemento dun crío é algo normal e común. De feito incluso me atrevería a afirmar que hai moita xente que naceu da súa nai; é máis, penso que no mundo debeu de haber miles! de nacementos de humanos...xD

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Nótase que é fillo da súa nai, muller coa que é dificil estar máis de un minuto sin escoitar un dos seus ataques de risa xD para, a continuación, vela abanicándose coa man e secándose as lágrimas :)

E aquí tedes a batman disfrazado de papa noel pequeno
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
jajaja parece que está pensando: "mecajuntal, estas navidades non vai ter regalo NI DIOS!" jajaja
Como me tarda velo "in person" e telo no colo

Perdoade un segundo, vou a por un pano, que estou mollando o teclado :)

Nemiña hoxe

Hoxe, tras unha chamada de Marcos informándome de que en Estorde estaba bastante pequeno, tirei directo para Nemiña.

Desde a pista de terra víase que estaba grande. 3 metros pasados lle calculaba. No video parece bastante máis pequeno do que era, pero bueno. Póñoo para que vos fagades unha idea de como rompía (fatal)

Metímonos Manuel, Fran, Rueda e eu. Costaba algo chegar ó pico se non se entraba polo canal, á dereita de todo, cerca do Saburil.
Unha vez ben adentro, entraron un par de serie que impresionaban.... Dende a base da ola (un bo cacho antes de que rompera), senteime na táboa e contei 7 segundos ata chegar á cresta. Había tempo que non pensaba: "non sei que pasará si me colle esa ola, pero prefiro non probar jeje"

Houbo un olón que me rompeu xusto diante de min, no que pasei de intentar o pato porque sabía que iba a caer o labio uns 4 metros diante de min e tería que facer un "cormorán" para safar a ola. Soltei a táboa e púxenme a bucear. Pensei que safaría porque vin pasar o espumote por encima de min, pero a ola que cazou a táboa, empezoume a tirar polo invento e fun facendo esquí subacuático ata que me acabou cazando de vez :) lavado con 4 funcións, centrifugado zannusi... e "parriba". Collín bastante aire e estaba relaxado polo que o revolcón non foi dos sufridos :)
Non sei que tamaño terían as olas, pero MaRcos díxome: "no se tio, pero se te veía muy pequeñito jajaja".

O saír, saquei estas dúas fotos co móbil. (teño mono de cámara)
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
O pincho co que entrou Rueda.

Unha aperta!

lunes, 10 de diciembre de 2007

Vento e oliñas...

Moi boas amigos!

Onte, parecía que ía a ser desos días nos que fas unha manada de kilómetros para acabar botado nalgunha praia ó lado de casa, ou para acabar co depósito en reserva e o pelo seco, ou que acabas collendo unha birria de olas para que non se diga que foi unha viaxe en balde.
Pois ben, predicindo isto, xa tiña máis que masticada a idea de ir á lagoa de Carnota a facer kite, xa que windguru marcaba uns apetitosos 20 nudos de vento. Dito e feito.
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Na auga estábamos David, , Zoilo, Chakal, 4 ou 5 máis que non coñezo, eu e Sara, a irmá pequena de David que, con só 15 anos está dando moita caña, é a Gisela Pulido galega por excelencia...
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

E hoxe.... xa tiña preparada a táboa de tow-in para o maretón.... pero nada. O mar non foi o suficiente para que rompera o pico que desexábamos que rompera. Se a dirección do mar fose oeste ou suroeste no lugar de noroeste....outro galo cantaría.
Así que ó final acabamos botándonos "Os Tombos" e mais eu nunha praia de aquí. Contábamos con que estivera máis grande pero ó final tivemos que conformarnos con oliñas de metriño e medio/ dous, que de vez en cando rompían ben. A ver se consigo algunha foto que habelas hailas... pero non no meu poder :)

Un abrazo a todos!

viernes, 7 de diciembre de 2007

Olas e táboas

Moi boas!

Estos días tivemos baños...uns mellores que outros, pero hóuboos.

Antonte metímonos David e eu nunha pequena cala de difícil acceso. Trátase dunha dereita que sae cando todo está desfasado, sobre fondo de pedra; ou máis ben sobre unha "praia de bolos". Parecía un baño tirando a mediocre pero sorprendéronnos algunhas oliñas de 2 metros que abrían moi ben. E tivemos a sorte de que estábamos abrigados do "mal vento". Foi todo a pedir de boca exceptuando un tortazo que se levou David de regalo para casa ó saír polas pedras..jeje.. que se mellore esa muñeca!
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Este é o sitio pero a foto non é do día que nos metimos.

Antonte metímonos en Estorde pero non sei para que...pf... barrotes, todo revolto , vento de mar, algas, caca de vaca... nada, saímos da auga ós 25 minutos de entrar, despois de mirarnos e preguntarnos coa mirada....¿que facemos aquí?. David dixo: Penso que poderíamos estar facendo algo máis productivo. Jajaja, collimos o seguinte espumote e saímos.

Hoxe recibín unha chamada de Rops (lavidaporelnorte.blogspot) decindo que estaban el,Kiyo Alex e Stefano (amigos de Coruña) de camiño para Nemiña.
O primeiro que pensei foi: -oh! pero se non hai condicións!??
Dáballes igual, eles tiraron para aquí e punto :)
Con 4 metros e medio de ola segundo windguru, supuxen que Nemiña estaría desfasado, así que unha vez que eles o comprobaran, espereinos en Cee e tiramos para Estorde :) Pero nada, demasiado pequeniño. O vento norte que se empezou a levantar animounos a tirar para Nemiña.

Víase que de tamaño estaba ben, pero estaba algo revolto. Non había un pico definido pero de vez en cando saía algunha ola boa.
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

E como vir ata aquí "paná" é tontería, pois metímonos sen pensalo moito. Ó final só nos metimos Rops, Alex e eu
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
e Stéfano e Killo quedaron sacando estas fotos. Despois de ver un seriote que caeu en barra arrasándoo todo, un dos que quedaban en terra díxolle a Alex cando se dirixía cara a auga "que aproveche!" jejeje... eu tamén pensaba que íbamos a comer bastante...
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
pero ó final non foi para tanto.(nesta foto se vos fixades vese remando a algún de nos polo medio da parede)

Saían dereitas...
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Dereitóns...
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
(posiblemente a ola máis grande surfeada e fotografiada de Rops)

E algunha esquerda, como esta que me abriu dende o pico ata a orilla
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Graciñas polas fotos Rops!

Despois do baño pasei por casa a ver si secara ben unha quilla que fixen de madeira e que laminei para reforzala.
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Lamineina como me pareceu ver nalgunha foto, pero unha vez recortado o sobrante
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Fixeime en que polos bordes, por algún lado, non estaba unida a fibra dun lado co do outro. Aínda teño que recortar máis, lixar e botarlle outra capiña de resina... a ver como queda (acéptanse consellos!)
E teño que poñerme xa a amañar/facer táboas.
Esta 8,2...
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
que se parece ó "yellow single fin" porque pasou por moitos donos, saíulle, separouselle toda a fibra do foam. Deslaminei todo o despegado e púxena a secar. Disto xa fai uns meses, así que teño que poñerme a laminar ese cacho XA (ou cando me chegue a resina que pida con Chusma)

E aquí teño dous foams mortos de risa
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
A do medio vai a ser (se todo vai ben) unha short pero para os meus ochentaitantoscasinoventa quilos, vamos, algo máis gordiña e grande do normal, posiblemente unha 6,7. Co da dereita intentarei facer un retro fish e a da esquerda....é unha táboa da prehistoria do kite, que me regalou un amigo por non tirala á basura. A ver se a reciclo e aproveito que ten tres almas para intentar facer unha de surf para kite. Desta si que pode saír unha chapuza digna dun museo jajaja

E esta táboa...
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
foi a que comprara para iniciarme no kite (ó final botaríame uns 4 días con ela), pero que xa foi o triple de veces detrás dunha lancha que detrás dunha cometa.
Agora, coa intención de preparala para facer tow-in, quiteille os dous footstraps de adiante para poñerlle un central e quiteille tódalas quillas exptuando dúas bastante grandes que ten atrás. A ver como funciona. A cola esa tan rara fastidia á hora de xirar, pero supoño que significará agarre na parede da ola. A ver se a probamos o domingo que marca windguru 9,9 metros jejeje.

Mimá, vaia tostón de entrada!. Premio para o que chegara ata o final jajaja

Un abrazo a todos!

miércoles, 5 de diciembre de 2007

Inten tow-in

Boas!

Onte non sabía que facer co maretón eu só, así que chamei a Carlos de Camelle para ver que poderíamos facer das nosas vidas... e xusto estaba a punto de chamarme el a amin. O plan era baixar a súa moto de auga, e ir a facer tow-in a unha ola grande que rompe no medio e medio entre a ría de Camariñas e Muxía. Eu, obviamente, aceptei encantado :)

Levei a miña táboa de kite, unha 6,8 e o tablón 9,2, por se o olón era tendido.
A moto en cuestión é esta
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
É unha burra de nada máis e nada menos que 170 cabalos... case nada. Ten unha potencia que tira pa`atrás (literalmente).

Fomos ata a ola pero o vento non lle pegaba ben. Había moitos botes e a tabla de kite que levei non era a adecuada (demasiado pequena), pero houbo un par de seriotes que os surfeamos coa moto. Unha pasada
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Me parece que me quedei corto co tamaño.
Despois fumos todo pola costa vendo e surfeando coa moto tódolos tombos, tronchos, olotes (como queirades) que rompían preto das rochas e no medio do mar. (tranki ma, levábamos móbil:)

A ruta que fixemos foi esta (máis ou menos)
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

O "garabato" que vedes dentro da ría de Camariñas, foi que aproveitamos que aí a superficie da auga estaba completamente lisa para facer wake coa tabla de kite, e máis para pegar unhas carreiriñas coa moto. Como anda a condenada! eu peso cerca dos 90 e Carlos andará cerca dos 80, e cos dous encima, a moto acadou as 62 millas... que si multiplicades por 1,842 tedes os kilómetros/hora. Cunha persoa sola colle as 70 millas. Pero quizaves o que máis me chama a atención destas máquinas é a aceleración. Cando a levaba eu, e Carlos me dicía: "dalle caña!!!" eu apretaba o gatillo a fondo e tiña que agarrarme realmente forte ó manillar para que a moto non me deixara atrás.

Aproveitamos a ocasión e pasoume unhas fotos dunha sesión que lles fotografiei unha vez en Traba. Estábamos todos na auga pillando olas bastante boas, ata que eu notei que a miña táboa (unha 7,5) ía algo descontrolada. Rompérame unha quilla.
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Saín da auga e aproveitei para coller a cámara de Carlos e sacar algunha fotiña.

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Carlos e Mesi: Vas? -Vou!

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Carlos apurando

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

A ver se amaño a táboa que dende aquela está sen quilla, que vergonza, xa pasou máis de un ano seguro. Ademáis esa táboa é ideal para olas grandes, que ultimamente me están encantando...
Hoxe collimos Rostro Rueda e eu. Revoltijo, pero algunha saía, e algún sifón tamén :)

E xa para despedirme...
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Mundaka? non... Costa da Morte :)

Unha aperta!

lunes, 3 de diciembre de 2007

Bo finde (Reeditado)

Este fin de semana estivo completiño a verdade...
O Venres estrenei o traxe de neopreno con dous baños, mañá e tarde; o sábado baño pola tarde e hoxe kite en Estorde.

O venres volvín con Carlos á ola de pedra da que vos falei o xoves 22. Desta vez acompañoume David. Estaba algo máis grande que ese día.
Esta é a ola. Por fin teño foto :)
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
e video! pero é de outro día distinto

David, que colleu o body, fíxose un tubo moi bonito. Iba contemplándoo todo, jeje, mirando arriba, ós lados...
Ó igual que o outro día, marchamos da onda cando, sentados na táboa, nos tocaban os pes nas pedras... marea demasiado baixa.

E pola tarde... o mellor de todo: Pegámonos un baño en Rostro de película. As olas terían uns 3 metros pasadiños (metros reales). O baño non lle convencía a todo o mundo, pero Rueda, David e eu fumos para a auga. Teríamos que comer algunha serie, pero as que abrían merecían a pena.

O pico non estaba moi definido, pero de vez en cando saía algún dereitón... buf. Eu collín unha na que disfrutei coma un enano. Había tempo e tempo que non collera unha ola así. Ó final da ola levantouseme unha sección, na que me arrimei algo a parede (non o suficiente) e me agachei unha cuarta, suficiente para permitir que o labio me rodeara. Un dos fallos que cometín foi confiar no tamaño da ola e do tubo, e non arrimarme máis á parede, xa que cando ía por dentro (non fun máis de 2 segundos eh) o labio íame caendo no hombro ata que me acabou tirando. E David tamén se colleu co body un tubo espectacular. (sobre isto teño que facer algún dibuxiño cando teña un rato)

O sábado había o suficiente mar como para que se desfasaran as praias "normais" pero non o suficiente como para que funcionaran as praias onde non se soe surfear. polo que nos tivemos que conformar con un metriño que caía en Estorde, pero divertido.

E hoxe... había un maretón tremendo. Fomos a tiro fixo a un sitio todos confiados, pensando que habería 2 metriños.... JA! 6 metros impracticables que caían con unha bestialidade tremenda. Hoxe ó final acabamos facendo kite David e eu en Estorde. Nunca navegara con kite nesta praia e pareceume moi divertida. As olas dan bastante xogo. Eso si, se chega a haber 4 nudos máis de vento... iríamos perfectos.

Para rematar, aquí vos deixo un enlace cun traductor de galego-castelán. Poñerei algo ó respecto ó inicio da páxina.

Unha aperta!!

viernes, 30 de noviembre de 2007

Un día na Coruña

Hoxe tivemos que pasar o día en Coruña, así que aproveitamos para mercar un traxe de neopreno e facer esas cousas que fan os turistas cando chegan a esta cidade, e que nos nunca facemos porque estamos "cansados de ir A Coruña". Salvia e eu fumos a comer de bocata a uns bancos preto da Torre de Hércules, despois vímola por dentro (cousa que nunca fixera) e case para rematar o día visitamos o Museo do home.

Mentres comíamos, alucinei cando pensei que vira unha balea tremenda polo rabillo do ollo, pero era un submarino! impresionante. Nunca vira un
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
quedáronme ganas de ir ó porto para ver se nos podíamos acercar a velo... pero ó final pasamos.

Subimos á Torre...


e baixamos
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Despois visitamos o Domus. Xa fora de pequeno, de excursión co colexo, pero neses casos vas máis atento a tocalo todo e rirte cos compañeiros que a reflexionar sobre o que poñen "os montonciños de letras"

Aínda así pegámonos unhas risas vendo como nos quedarían uns quiliños de máis
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

e algún de menos
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

e vendo como quedaría a súa cara co meu nariz e a miña fronte :)
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Despois disto decidín non ter fillos por se acaso jejeje

De noite, despois de tomar un chocolate con churros, tiven quedarme un rato no coche escoitando música, e antes de quedarme durmido púxenme a garabatear nun bloc de notas que atopei. Por practicar. Despois de uns garabatos fallidos e non saber que dibuxar, mirei arredor para ver se algunha idea me entraba pola vista ata que me atopei no retrovisor. Empecei polo ollo e despois emocioneime e seguín, aínda que a boca me quedou algo rara, e non tiña sitio para acabalo todo. Igual un día si me da a venada intento autorretratarme en serio.
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
O que me coñeza xa me dirá si se me recoñece ou non... eu penso que aínda hai que pulir bastante :)

Ó chegar a casa non puiden evitar volver a probarme o traxe novo (penso que todos o fixemos algunha vez non? jej) e recordar a ..^¨erd^"-... de traxe co que me estaba botando ultimamente. Estreneino a finais do inverno e mirade xa como estaba. É certo que durante o verán co tema dos cursos (houbo semanas que estiven 6 horas diarias na auga)o traxe levou bastante tralla, pero penso que a pesar disto se deteriorou demasiado, non credes?
mirade o pescozo
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
e o agrietado que está
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

e este é o novo que comprei na tenda de Dani en Raz.
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Nunca tiven un oneill, a ver como me vai. Parece ser que é un dos poucos ou o único que ten termosellado por dentro e por fora ó mesmo tempo... ten uns detalliños moi chulos, a ver con que olas o estreno mañá :)

Con que sexan como estas xa me conformo
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Unha aperta a todos