miércoles, 31 de marzo de 2010

Crónica festival Ondalonga

Todo o bo se fai de rogar, e o primeiro festival Ondalonga non ía ser menos. Tras varias semanas de espera, chegou o día. Chega o maretón que nos da a posibilidade de probar esa onda que algúns coñecían pero poucos surfearon. Vía facebook, blogs, webs e emails comézase a convocar a todo o mundo o sábado 27 de Marzo para disfrutar dunha festa surfeira especial.

11:00 am - A música xa está soando baixo a Ponte. Unha carpa, bandeiras, coches, furgos, autocaravanas e un bule bule de surfeiros poñendo a punto os seus longboards era un indicio máis que evidente de que algo gordo se estaba cocendo. Comezan as presentacións de moitos que non se coñecían, outros que sí pero só de internet, e reencontros de vellos amigos que ves poucas veces ao ano. Cada un foise poñendo a súa camiseta distintiva para recoñecernos na auga (superman, marinerito, floreadas, cada cual máis simpática), xa que as votacións dos 8 premios serían realizadas polos mesmos participantes e sería imposible recordar tódolos nomes.

Baixo o ritmo de Jack Johnson, colocámonos para que Julian Foto Surf nos faga "O fotón", a fotona de Salinas versión galega, xa era hora!
Photobucket
Iago e Román explican unhas nocións básicas sobre a onda e por onde remontar de forma organizada sen matarnos uns aos outros, e dan unha premisa que foi fundamental para matar de raíz calquer tipo de malentendidos: "Está permitido saltar ondas!". Penso que a todos se nos iluminou a cara.

11:40 am - Guiados por Dani Alvite comezamos a remontada. Bueno, máis que remontada...habería que inventar un nova palabra para aquilo que vivimos. Inventamos o "senderismo acuático" 100 metros camiñando pola area, 100 coa auga polos nocellos, uns 300 coa auga polos xeonllos e despois xa só quedaba aproximadamente medio kilómetro remando...vamos, o normal :) Mirado polo lado positivo, serviu para ir coñecéndonos entre nós, poñernos ao día, ir quentando motores, fortalecer cuádriceps, xemelgos... Vamos que se se lle ocorre a idea do senderismo acuático a algún balneario/spa seguro que nos cobrarían unha pasta.

No último tramo da remontada, un xa se podía entreter mirando para os primeiros que chegaban ao pico cazando as primeiras ondas da sesión. Houbo dende talegazos...
Photobucket
...ondas collidas co longueirón do revés para acabar con xiro de 180º
Photobucket
e algún que tiña unha nova forma de ver o mundo...
Photobucket


Unha vez todos no pico, comezou a romería

Cada serie que chegaba era recibida por unha manada de case 50 "longueiros" que boureábamos como famentos recibindo unha mariscada. Animándonos uns aos outros mentres non parábamos de remar para ir na onda cantos máis, mellor.

Moitos asegurabamos que nos estabamos pegando as máis longas e duradeiras surfeadas da nosa vida. Incluso Kike Manero mirou o reloxo antes de coller a onda e despois e contabilizou máis de dous minutos e medio.
Outro compañeiro de onda decíanos aos que íamos surfeando con el: "bueno yo me bajo eh, yo me bajo!" como se de un bus urbano se tratase e non quixese ir moi lonxe do pico.

Todos, absolutamente todos, lucían na faciana un sorriso de orella a orella. Daba gusto mirarse ás caras para ver e ulir que todo o mundo estaba alí para o mesmo. Para encherse de boas vibracións con cada bocanada de aire, cargarse de enerxía positiva, animarse uns aos outros, rirse e coller ondas sen parar, a poder ser, compartidas...En definitiva, encherse de surf. Porque non debemos esquecer que a esencia desta forma de vida nace da diversión. Nace dun sentimento que, se non é a felicidade en estado puro, paréceselle moitísimo.

15:00 Despois de un par de horas (algúns botaron na auga ata 5!) íamos saíndo a terra firme. Era hora de comer algo, descansar ao son da música, siestiña aproveitando o sol que saía por momentos, charlas na carpa da organización comentando as xogadas... para máis tarde preparar un chocolate quentiño que faría a delicia dos máis glotóns.

21:00 Unha vez dixerido o chocolate (non no caso dos cuatripitidores...ejem...) dirixímonos ao restaurante Dantón II que nos esperaba cunhas cañasa ben frescas a poucos metros de onde estábamos. Fala que te fala ata a hora de cear. Logo de repoñer forzas cunha rica e abundante cea chega a hora na que Iago e Román (considerados Santos a partir deste festival) din quen son os gañadores dos premios. Non recordo quenes foron os gañadores porque, grazas a deus, no ambiente distendido e de cachondeo que se respiraba, primaba a actitude que se debe ter ante a vida, na que non hai nada que importe moito.

00:30 O nivel de cachondeo acada as cotas máis altas da noite. Algunha que outra botelliña de viño comezaba a facer algún tipo de efecto secundario no personal (cousa rara xa que, obviamente, rapaces sans que somos os surfeiros, era viño sen alcohol ¬_¬). O apoxeo chegou coa estelar actuación do grupo Alfeizar, que conseguiu que bailásemos e cantásemos entre carcajadas as súas pegadizas cancións como "la guarida del amor" ou a súa única canción en inglés, que di algo así como: "tsatuatse mi noombgue, en la frueennte, con luses de coloouesss entue la hente" (tatúate mi nombre en la frente con luces de colores entre la gente)

Alfeizar deu un concerto pola noite despois da cea. Foto: Alvaro Pastor

03:00 Algúns resistíanse a que rematase este día tan especial, pero pouquiño a pouco o cansancio ía levándose aos seus longueiróns para as súas respectivas casas, autocaravanas, furgos, coches... Cansados pero felices, coa sensación de que parecía incrible que todo saíse tan PERFECTO nesta primeira edición do festival. Pensando xa no próximo Ondalonga, que, de seguro, gañará cada ano máis adeptos.

05:00 Durmimos e soñamos..... Soñamos e agradecemos que haxa persoas que dediquen o seu tempo e traballo a levar a cabo un evento deste tipo.

Agotados pero agradecidos. O músculo máis agotado? o músculo do BO ROLLO


A entrada de hoxe está colgada en SurfGZ con máis fotos de Julián. Pódela ler AQUÍ


E aquí un pedazo video que editou susoben & company do blog "surf e fotos na costa verdescente"

Onda Longa 1 from suso ben on Vimeo.


Graciñas a Iago, Román, Dani... e a todos os que botaron un cable para que este festival se puidese levar a cabo. Exito rotundo o deste primeiro festival de longboard galego.


Boas ondas!

sábado, 27 de marzo de 2010

Recuncho asturiano

O finde pasado pegueime unha escapadiña pola nosa terra veciña. En busca de recunchos chegamos ata Cantabria. Pero de tódolos que visitei, quédome con esta cova.
Photobucket
Entrabas por un furadiño no medio dun prado para recorrer un bo anaco ás apalpadas, completamente ás escuras. Gracias á luz dos nosos móbiles avanzamos pola oscuridade, contorsionándonos nos estreitamentos, guiándonos polo son das ondas que comezaba a rebotar nas estalactitas e paredes húmedas. Máis adiante, comezámos a ver a luz ao final da cova, que desembocaba no mar permitindo que as ondas penetrasen na cova saltando algunhas pedras.

jueves, 18 de marzo de 2010

Que a túa vida é unha...?

BIRTHRIGHT from Sean Mullens on Vimeo.


Se a palabra "merda" foi a primeira que se che veu á cabeza despois de ler o título da entrada, significa que moito temos que aprender de persoas como esta.

miércoles, 17 de marzo de 2010

5040 segundos

Escoita


A terra xira e non para. Os días pasan e non volven. Os meses corren, os anos corren. Os segundos...
Non permitas que os segundos, escurridizos, humedos, líquidos, suaves, finos, fugaces se che escurran entre os dedos.
Péchaos, chúpaos, agárraos, arrúgaos, saboréaos, lauréaos, úleos, ámaos, sínteos, escóitaos...
E se os deixas ir, míraos ben porque eles non te ven. Eles pasan. Pasan. Pasan. Pasan. Con ritmo. Sen pausa. Con ritmo. Sen pausa...

5040 segundos


Choiva de estrelas sobre Monte Louro. Choiva de segundos

martes, 16 de marzo de 2010

Espellos de Bali en venta

Mira o que che traio hoxe.
O meu amigo Salva vende estes espellos que trouxo de Indonesia. Él atópase en Madrid pero fai envíos a contrarrembolso a toda españa.

Son espellos de terracota e vidrio, feitos artesanalmente en Ubud, Bali.

Ten distintos modelos. Aquí vos mostro algúns deles. Teñen 30 cm de diámetro
Os precios varían en función da cantidade:
1 espello 15€
2 espellos 24 €
3 espellos 30 €
+ 4 euros de gastos de envío.



Para mercar algún ou facer algunha consulta contactade con salvasanchez@pluscycling.com

Unha aperta e bo luns!

Garabateando en 3D

Experimentando co lapis

No seguinte video vese como tiven que facer o debuxo para que pareza que as pezas están sobre o folio.


Fixádevos neste home que se pinta a si mesmo converténdose no home invisible

Podedes ver máis traballos seus Aquí

E agora alucina con Julian Beever (se non o fixeches aínda)


Moi posiblemente embarque nun proxecto de murais "3D" nun concello. Mantereivos informados porque pode saír algo interesante de aí.

Unha aperta e que teñas bo martes!

viernes, 12 de marzo de 2010

Desculpa o retraso!

10 días sen actualizar, mimadriña. Perdona! E non é por falta de cousas que contar, senon todo o contrario. Non tiven tempo para nada. Para que te fagas unha idea, a semana pasada fixen 1000 km sen saír de Galicia. En fin.
Aquí vai unha entrada longa a modo de pupurri.

En canto ao relacionado coa interpretación, fixen un par de castings (Vigo e Coruña), unha curtametraxe (A Estrada) e un anuncio para Estrella Galicia (Pastoriza, Lugo).

A curta chámase "Estadea" e é a segunda curtametraxe do director Pablo Cacheda. Co que fixen o de "momentos captados dunha realidade xa inexistente" (título pequeno)
Ata agora só colgara o trailer, pero aquí tes a curta completa.

Momentos captados dunha realidade xa inexistente (SUB ESP) from Pablo Cacheda de Paz on Vimeo.


Esta curta foi feita sen apenas presuposto, pero mercoulla a tvg para emitir en ondacurta e co que lle pagaron costeouse gran parte do segundo corto.

En canto acabou a rodaxe, fun a por Marta a Santiago...

e tiramos para Pastoriza, onde grabariamos o día seguinte o anuncio para estrella galicia con Luis Moya.

E parecía pequeno o home. Di miña nai: diola, sempre se ve aí encollidiño no coche...
É un home simpático a rabiar. A alegría da rodaxe. Humilde, amable e con coñas todo o rato.
Este galego fíxose moi coñecido por frases como "trata de arrancarlo por dios, carlos trata de arrancarlo!!" ou "ojoderechalarga rasanteiquierda arrás!" (que non é arrás, senon ras) pero en realidade, para quen non o sepa este home leva ás súas costas dous mundiales, 4 subcampeonatos do mundo e 5 terceiros postos entre outras cousas como unha travesía a nado cruzando o estreito de Xibraltar con fins benéficos.

A raíz da súa curiosa e rápida forma de falar, surxiron moitos imitadores. Destacar esta broma dun que se fai pasar por Luis pedindo un taxi. Non ten desperdicio


Neste video podemos ver a animalada de información que teñen que procesar os dous (piloto e copiloto) durante un tramo.

A pesar dos logros de Carlos Sainz e Luis Moya, por todos é sabido que tiveron moi mala sorte, sen a cal terían gañando máis mundiais. No final do anterior video, por exemplo, vese como atropellan unha ovella 185 km por hora, o que os deixou sen potencia no coche e sen frenos. Aínda así seguiron para diante acabando o tramo pero perdendo a victoria.

E neste, vemos como se lles estropea o coche a 700 metros de gañar un mundial. Onde se fixo famosa a frase de "trata de arrancarlo". A verdade é que se vedes o video completo chégase a sentir tal impotencia que che deixa mal o corpo. Tamén me chama atención Carlos, que parece que ten orchata correndo polas venas, mimadriña que temple.


Despois hai outros pilotos que atropellan cabalos e só perden 26 segundos de tramo. Espectacular
="always" allowfullscreen="true" width="640" height="505">

Jolín, perdoa por abusar de tanto video, pero un empeza a rebuscar por youtube e atopanse cousas moi curiosas! mirade que coche!


Bueno, (volvendo ao tema da rodaxe do anuncio) decía Fernando Fernán Gomez: a los actores nos pagan por esperar. E certo é que das 12 horas que debimos pasar alí, fixemos falta 3. Nese tempo de espera collín a cámara pero non parecía un sitio moi apropiado para as fotos, xa que pouco máis que asfalto, rodas e coches abarcaban o campo visual. Nada mellor que iso para intentar buscar algunha posibilidade.


Esta foi sacada coa cámara do revés, cazando a Marta a través do reflexo dunha mesa onde estaban pegadas esas letras en vinilo branco.


Esta escapando dos camións do fondo, asfalto, cables...

Por certo. A ver se adiviñades con que cámara se grabou o anuncio...

A de video que vedes foi a que empregaban para o making off, e coa de fotos (unha canon D7) foi coa que grabaron todo o que sairá na tv. Acabaremos facendo películas cos móbiles. Isto é incrible.


Aquí vese todo o despliegue de sticos para facer rebotar a luz solar e iluminar o interior do coche. Falando de iluminación, cando estábamos grabando en interiores, escoitouse unha explosión e foi que rebentou unha bombilla e a lente dun foco de 12.000 watios que se usa para simular a luz do sol que entra polas ventás. Rápidamente adiviñamos quen era o dono do aparato porque foi o que máis rápido empalideceu. De alí a un rato, cando comezaba a saír do shock, non podía parar de decir: no puede ser, no puede ser, no puede ser... E é que , só a lente do foco costou 9000 euros. As cifras en euros neste mundillo do audiovisual son para caer sentado coa risa.

Bueno, e para rematar con esta entrada pupurri, gustaríame que lle pegárades un vistazo a este video producido e dirixido por FRAN ZEIBE (O amigo que me fixo o videobook). Agredecerá que comentedes as imaxes que menos e máis vos gustan e digades que opinión vos merece. Non tardará en estrear a curta da que proveñen todas estas imaxes.

Espero que vos guste.

Unha aperta a todos e que pasedes un moi bo finde!!



martes, 2 de marzo de 2010

Apañando restos da cicloxénese explosiva

Non vos da a sensación de que a xente está de mala leche porque o temporal non destrozou Galicia de cabo a rabo?
E que os comentarios que se oen son:
-home home nomejo**, tanto temporal tanta merd* e ao final unha brisa de nada
-si oh, boh, tanta alerta tanta tontería tanta con** da virjen, si foran tomar polo **

Basta que non avisaran e que caese unha soa árbore no tellado dunha casa para que xa estiveran reclamando responsabilidades, cartos aos seguros, botandolle a culpa a todo mundo:
-¡joendiolaaa!! Sapatero tiroume un arbol ensima e ahora non me quer pajar unha casa novaa!! pero el si que ten casa non?? aahh carallo...

En fin, demos gracias, que puido ter sido moito peor do que foi. Tivemos moita sorte. E seguramente non pasou nada máis porque todos estivemos en casiña encerradiños, que se fixésemos vida normal seguro que había algún que outro accidente máis.

Este domingo, despois do relaxado paso do Xynthia por Galicia, achegueime ata a praia de Rostro.
Na auga xa estaba Brais, disfrutando dalgunha que outra baixadiña

A pesar de estar a marea increíblemente alta, as ondas tocaban fondo para o noso disfrute. Cambiámonos de pico, e comezaron a sair unhas esquerdiñas que gañaban forza a medida que se achegaban á orilla. Pasámolo bastante ben. E un domingo estar ti e un amigo na auga, con olas de "eu vou pa dereita!-vale eu pa esquerda!" non ten prezo

Unha aperta e que teñades bo martes!