martes, 28 de octubre de 2008

Bodyboard antes que surf?

Moitos pais me soen preguntar si non é mellor que o seu rapaz empece facendo body antes de empezar directamente co surf. (normalmente son as nais, preocupadas pola dureza da táboa e os posibles golpes)

Moitos surfistas, ante esta pregunta, responden casi sobresaltados con un NON rotundo, como si o body fose causar algún tipo de alerxia crónica nos rapaces.

Eu sempre respondo que non é necesario facer body como paso previo a iniciarse no surf.

Peeeero, ninguén pode negar que un bodyboard (máis pequeno e blando que unha táboa de surf) e un par de aletas (nádase mellor en caso de perdela táboa) da moita máis seguridade e confianza na auga. Sobretodo cando alguén está empezando. De feito, cando expertos bodyboarders se pasan ó surf, e durante ese proceso de cambio leva no coche as dúas táboas...cando as olas están grandes ou son moi fortes, collen o body. Porqué? entre outras cousas porque da máis confianza, menos medo.

Por isto, cando a alguén lle gustaría facer surf pero unha das barreiras que llo impide é o medo, eu recomendo empezar co body. Hai que ter en conta que o medo é unha sensación irracional, e en moitas ocasións, por moito que argumentes, non serás capaz de convencer á persoa de que o surf non é tan perigoso como se pensa.

Sempre poño o mesmo exemplo cando falo de coñecer o mar e dominar o "método de transporte" co que te moves por el:

Nunha cidade, hai cousas que deben de aprenderse: unhas sinales nas que fixarse, semáforos, liñas no chan, normas de circulación, saber que hai conductores que van coma tolos, rúas sen saída, stops, direccións prohibidas, etc...

e si se intenta aprender iso ó mesmo tempo que aprendes a conducir (Quita freno de man, pisa embrague, pon marcha, solta embrague e acelera, frena, reduce...) pódese alcanzar un grado de estrés importante :)

O mellor é aprender a dominalo coche nun descampado, e despois meterse co coche na cidade (na primeira sesión, familiarizarse coa táboa no mar, pero sen olas)

OU/E!

Coñecer como funciona o tráfico nunha cidade como peatón, de forma segura, e unha vez que se sabe á perfección como funciona a circulación nunha cidade, meterte co coche. (Coñecelo mar e as olas cun bodyboard, que aporta máis confianza, para que cando un se meta no mar coa táboa de surf, estea máis tranquilo e nun medio coñecido)

Isto obviamente é o que opino eu. Supoño que non todos estaredes de acordo.

Martín é un rapaz que empezou a facer surf o verán pasado, nas clases que din en Carnota.
Photobucket

Xa facía un pouquiño de body, polo que o mar e as olas non era un medio novedoso para el.
Onte envioume unha foto na que podemos ver o que evolucionou

Photobucket

Obviamente non estou dicindo que evolucionase así de rápido por ter feito body con anterioridade. O rapaz ten cualidades, actitude e o máis importante: GANAS

martes, 21 de octubre de 2008

Dous bañazos no "quinto pino"

Onte acerqueime ata a praia para ver o que se cocía por alí, e xusto ó baixar do coche vin un dereitón moi bonito e abrindo perfecto. Avisei a David "deivis", que en dous minutos se plantou na praia e fumos para a auga.

Na auga habería 8 persoas, case todos amigos da zona.
As olas tiñan un tamaño moi bonito e nalgunha que outra sección enroscaba o suficiente como para escupir pequenos sifóns.

Non é o caso das olas nas que me cazou a nai de Brais coa súa videocámara. Pero non estaban nada mal...firmaba ahora mismo por ter olas así tódolos días! Polo menos podería practicar un pouco máis a miúdo, que boa falta me fai!
(acórdate de parala música do blog)


E esta outra, máis cortiña.

Agradécese moito ter algunha gravación surfeando, porque te das conta de mil fallos, posturas incorrectas, o que se podería ter feito e non se fixo, e sobretodo, é unha boa forma para automedicarse cunha boa dosis de realidade. Daste conta de que non se corresponde totalmente o que pensas que foi co que realmente foi. Eu penso que é efecto da adrenalina e endorfinas que deben de correr polo corpo a caudales, fan que transformes algo a realidade, como si fósemos todos drogados na ola jeje.

Sei que igual é tontería poñer música en videos tan cortos, pero foi a modo de experimento, xa que youtube dábame a opción de cambiar o sonido do video por un tema musical unha vez subido o video. É unha ferramenta útil.



E HOXE....

Cheguei a praia e estaba alí Andrés na súa furgo (edition hanover). Máis tarde chegou Dani e estivemos un par de horas charlando, sacando fotos, ríndonos por tonterías, tocando a guitarra, xogando ó national geographic analizando as formigas e súa organización...e mirando as olas ata que decidimos botarnos.


o baño foi, para min, moi bo.
Estaba máis pequeno que onte, pero máis ordenado, máis glassy, máis sol, auga máis verde cristalina, boísima, e na auga....un solitario señor guiri moi amable. Non hai fotos das olas, pero das que atopei por internet, a que máis se me pareceu foi esta.
Photobucket
(sin o surfista claro)
(a foto saqueina do flickr, da galería de dave hunt)
Eu creo que se houbese alguén na orilla durante todo o baño, na mellor sección dalgunha das mellores olas, igual sacaba unha foto parecida a esta.

Entramos á auga Dani, Andrés e eu. As olas saían como churros, casi todas dereitas.
Pillamos olas ata cansarnos, ata chegar o punto no que nos "regalábamos" as olas. En plan: - veñaa, esta para ti, dalle!
- no, dale tú, va buena!
- Bueno... gracias! jeje

a pesar de ter sobre 2 m reais, tiñan bastante forza, e sobretodo nalgunha sección en concreto na que ahuecaba ("ahuecar" en galego?). De feito, varias veces intentei meterme no tubiño...maiormente acababa caendo espatarrao, ou tragando o labio enteiro... Pero bueno, non me queixo, que conseguin saír en dúas ocasións. Xa me quedou un sorriso tatuado na cara para o resto da semana. Alguén que controle seguramente sairía da ola medio enfadao por ir coa mala postura que fun ou por non facelo máis profundo, ou non ter frenado máis, pero eu, para o que sei, e para as poucas veces que vin o que vin, quedei contento a jodelo jeje

Nos dous tiven que facer volver un pouco hacia a espuma, frenar un pouco coa táboa e outro pouco coa man pola parede...e tapadiña.
Nun deses tubos, o arco que fixo o labio ó rodearme foi bastante amplio. Tamén dicir que so foi unha fracción de segundo o tempo que estiven dentro, e tampouco foi profundo; Mais que nada foi unha tapadiña porque vin o labio caer polo meu lado esquerdo, pero debía de estar entrando en contacto coa auga á altura da metade da táboa. Pero o labio pasou o suficientemente lonxe de min como para que nin me caera unha gota de auga. Ademáis o sol tíñao casi alineado coa parede, e o reflexo do sol subía pola parede e fixo que o labio estivese tragando toda a luz, acadando un brillo casi lastimoso pero ó mesmo tempo celestial :) Quen fora poeta ou pintor para "imprimir" a foto mental que teño grabada no cerebro.

Dani tamén pillou moitas e moi boas olas. E o condenado de Andrés colleu para saír unha das mellores do baño. Eso é triunfar jeje
Ó saír, ás 4:30 ou así, fun a por unha empanada e comina con eles dous na praia. Semguimos charlando de mil cousas ata que se nos escapou o día e houbo que marchar

Sen dúbida ningunha, foi un dos 5 mellores baños que me din nesta praia.
Agora xa toca ir para cama que estou cansadiño

VENDO CORPO POR NON TER ANSIA PARA MOVELO!

lunes, 20 de octubre de 2008

Bañazo laaargo

O Mércores, estaba na Coruña sen saber que facer, así que empecei a mirar as previsións, fixen algunha chamada e púxenme en órbita.

Ós 20 minutos estaba Dani nos rosales para recollerme e poñernos rumbo á praia.
Cando chegamos, ó ver as olas, comimos rápidamente uns bocatas, saquei unha foto e tirámonos a auga en menos do que canta un galo.

Photobucket

Había dous picos, os dous rompendo de dereitas e esquerdas. Un estaba bastante saturado, habería unhas 18 persoas, e neste da foto seríamos de media uns 6 ó longo da tarde. Farteime a coller dereitas, anque unha das olas que máis me gustaron do baño foi unha esquerda.
As series que caeron ó longo da tarde, eran algo máis grandes que a da foto. A verdade é que foi un baño bastante bo. A xente remaba cun sorriso de orella a orella e había olas para todos (polo menos no pico no que estiven). Sempre me sorpendeu esta praia polo bo ambiente que se respira na auga. Moi bo rollo. Nada de localismo...esperemos que dure.

Saímos da auga Dani e eu cando xa non se distinguían as series do horizonte. Unha pola oscuridade que empezaba a tragalo día, e outra porque o mar estaba tan glassy e gris, que se confundía co ceo.

De camiño para casa, a sensación de placer de ter disfrutado dun bo baño, viuse multiplicada polos asientos calefactables da vito de Dani, que lle ían dando vida a eses riñonciños nosos que estiveron a remollo toda a tarde jeje. Que gozada de furgo!!

abrazoss!

PD: Entrada de Dani deste mesmo día aquí

abrazos!

lunes, 13 de octubre de 2008

Retrato de Isa

Moi boas!

Pidoche disculpas si eres dos que visitalo blog con frecuencia e non atopas nada novo.
Non é que non teña nada que contar... é que non paro de facer cousas que me gustaría contar pero non teño tempo de escribilas, e cando se me xuntan 4 ou 5 días sin actualizar e con un montón de cousas e fotos que compartir...satúrome, xa non sei que poñer, e ó final non poño nada jeje. Resultado? un blog casi parado. Sorry

Bueno, como mañá é o cumple de Isa (unha amiga de Fisterra), fíxenlle este retrato para regalarlle (cando hai crisis hai que buscar cousas baratas jeje, folio, lapis dos de toda a vida e veña...)

Photobucket
Aquí o debuxo aínda está sen acabar. Despois da foto aínda lle retoquei a boca, e profundicei sombras; sobre todo no pelo...é incrible o que melloran ás veces con cambiarlle unha merdiña. Pero o difícil é saber velas. É moi bo para iso pedir opinións de outros que non estean saturados de velo dibuxo.
Debín de escanealo, para que non quedara todo tan "blancuzco" pero...andaba escaso de medios nese momento :)

Fíxeno desta foto.
Photobucket

Despois Rosi comproulle un marquiño, e listo. Xa o ten colgado no salón. Polo menos cando imos a visitala jeje

Xa ando de novo por Coruña despois de disfrutar de un San Froilán....increíble. Xa che contarei...

Un abrazo!!

sábado, 4 de octubre de 2008

Arrugadiño coma unha pasa

Así me quedei hoxe despois de 6 horas e media de baño.
Pola mañá de 11.30 a 15.30 nunha praia "externa" e pola tarde un baño normal no "quinto pino" con bastante xente para ser esta zona. Unhas 10 persoas.

Esta foto non é de hoxe pero si da mesma praia fai un par de semanas. (Ferdy, cuando vosotros estábais en Razo)
Photobucket

a foto sacouma Xigui. Un fotógrafo e empresario de Rianxo que se dedica a isto e ten unha empresa de informática. A súa web de fotografía é www.tufotografia.es

Despois do baño nada mellor que compartir unha preciosa posta de sol dende o cumio do monte de fisterra bebendo unha cerveza e comendo donuts, patacadas e máis guarradas con Jaime de louro, Tere (a muller), e dúas surfeiras alemanas Ana e Elena que están de visita pola costa da morte.

Poñerei fotos desta posta de sol en breves (Jaime mándamas! jeje)

PD y despues de la publicidad...post con fotóns de indonesia traídas por Xose de Viveiro (véase rana voladora despues de tubazo en machacona)
Todo un fora de serie

Un abrazo amigo!

jueves, 2 de octubre de 2008

De paseo por Coruña

Hoxe pegueime unha boa camiñata por Coruña. Dende a casa de Tei, nos Rosales, ata o Museo de belas artes.

Estamos tan acostumados a collelo coche para todo que ás veces olvídome do que me gusta camiñar, escoitando boa música e mirándoo todo e a todos. Ó camiñar dache tempo a pensar. Polo menos a saudarte a ti mesmo, cousa que xa case non facemos por culpa desta ritmo de vida que nos impón a sociedade que non nos deixa tempo para nós.

E dirás ti... e como che deu por ir ó museo ese se habiá olas?! Pois resulta que hoxe comecei un curso de interpretación, producción, guión e dirección de cortometraxes. É subvencionado pola xunta, polo que sae completamente gratis, e ademais venme moi ben para levar adiante un pequeno proxecto que teño entre mans.É dous días á semana, polo que nos meses de outubro e novembro estarei bastante por Coruña.

Hoxe ó rematalo curso, e despois de tomarme unha clara con alumnos e mestres do curso, volvín cara os Rosales, non sen antes intentar sacar algunha foto co efecto "seda" nas olas. Cousa difícil de conseguir cunha cámara compacta na que non che deixa regular a velocidade de obturación... pero bueno, fixen o que puiden. Ó final non coseguín o efecto desexado, simplemente as olas saíron un pouco movidas en comparación co estático dos outros elementos da foto, incluído o elemento de melenas que son eu. A foto está feita na parte da praia máis próxima ó pirulí.

Photobucket

Para hoxe recomendo buscar a canción Galicia Livre de Carlos Nuñez. Atopei este video na que a toca nun concerto, pero para o meu gusto non sona igual de ben que no disco de "almas de fisterra"



Un saúdo!