miércoles 11 de noviembre de 2009

Noctambuleando por Rostro

Hoxe escapeime do traballo, (pintando máis palmeriñas, esta vez nun interior), para ver se había baño en Rostro. Para a miña sorpresa, había pouco mar. Non sei se vos pasa pero, dame a sensación de que canto máis surfeo, menos coñezo o mar.

Así que, collín a cámara e dispúxenme a sacarlle partido a esa gasolina queimada ata a praia.

Cando estaba chegando ó extremo do cabo onde tería unha boa visión da praia para facer unha panorámica, púxenme todo nervioso quitando cámara, obxectivo, trípode... porque por un momento a praia estaba sendo iluminada cunha luz moi alaranxada. Pero nesto, tal e como se notases unha presencia, deume o pálpito e dinme a volta. Unha raiola de luz saía do monte, e comecei a correr coma un tolo para chegar o alto do cabo e poder ver a nube de onde nacía o raio
Photobucket
Puxenme a disparar coma un tolo, con zoom, sen zoom, con pedra e sen zoom, con pedra e con zoom, con gaivota por medio... antes de que se fose o raio. Cando me da por mirar para a pantalla da cámara...."sin tarjeta cf" -AAAAHH! saíume un berrido como si me sentase nun mato de toxos. jajaja.. deume a risa, puxen rápido a tarxeta e saquei a foto que vistes. Que non ten nada, pero paréceme curiosa.

Non tiven que esperar moito para que a luz se comezase a ir permetíndome facer exposicións largas.

Baixei por unha zona pola que nunca me metera, que por certo é preciosa, e saquei esta panorámica
Photobucket
En realidade a panorámica "orixinal" segue pola esquerda ata atoparse de novo cos cantís, pero finalmente non a incluín porque non estaban ben enfocadas as pedras. Non sei como facer para enfocar ben algunhas zonas cando non hai luz suficiente nin para que o enfoco automático funcione nin para que eu poida mirar polo visor e enfocar a man. Se alguén que o sepa ten algún truco, agradeceríallo. Eu en ocasións así mandaba a alguén poñerse cunha linterna ou un mobil mesmo na zona escura para que o AF o collese, pero estando solo, e tendo as pedras entre as olas.... complicado.

Aproveitando a técnica de unir fotos, acordeime dun procesado dunha foto que fixera Dani, e púxenme a elo. Dúas tomas con exposicións distintas. Unha máis larga para a auga, e outra máis corta para as luces. Xuntámolas e non quedan nin as luces queimadas nin a auga escura. Non me gusta moito o encuadre da foto, pero chovía por momentos, facía moito vento, tiña que apretar o trípode contra o chan para que o vento non mo movese... vamos.. que non era momento para crear/buscar nada apropiado (con escusitas, que mal que mal jeje).Isto é máis ben unha proba.
Photobucket


Que teñas moi bo día!

martes 10 de noviembre de 2009

Sesión en Montalvo

Gracias ó feisbuk, onde ás veces informo da miña situación "espacio-temporal", avisoume Dani (tamañero do Oeste) que ía a haber sesión en Montalvo. Ofreceume táboa e traxe por se me quería pegar un baño, pero as olas non é que abriran moito, eran o suficientemente fortes como para romper unha táboa (non me gusta arriscar a integridade das táboas alleas), e ó romper as olas tan cerca da orilla...case que aseguraba a posibilidade de sacar algunha foto interesante.
Así que, collín a cámara e púxenme a disparar. (Teño que mercar un tele 400, que o 200 quédaseme corto)
Dani estrenando a táboa como se merece
Photobucket
Photobucket

Un rapaciño que dominaba moi ben o body a pesar de ter 15 anos e ter empezado ós 14 Photobucket

As fotos máis curiosas e abundantes foron as dos wipe outs, xa que as olas caían con forza e só abría unha de cada 10.
Surfista anónimo amerizando en augas pontevedresas
Photobucket

A este rapaz, que andaba moi ben, cazouno esta ola de pleno. Vin como o labio lle caía na espalda e o espatarraba literalmente contra a táboa. Ata me deu a impresión de que rebotou e todo. Non puiden evitar alegrarme cando vin que na foto, cazara xusto o momento no que o labio entraba en contacto coas súas costas.
Photobucket

Abrían poucas,...
Photobucket pero as que o facían, eran espectaculares
Photobucket

Onda branca
Photobucket

Este é o típico "wipe out, que me quiten lo bailaut"
Photobucket

Algunha dereita tamén saía
Photobucket

Unha aperta!

sábado 7 de noviembre de 2009

Pintando mural cunha escoba e sin mirar

Bueno, aquí vai o último video do mural que fixen esta semana.
Este pinteino cunha escoba, un estropajo e un caldeiro de auga ;)

Para variar, non podo deixar de facelo pinzo jeje.
A verdade é que cada vez me gusta máis este traballo.

Seguramente lle caia algún retoque máis, pero como de costume, douno por finalizado para seguir avanzando.
Toda difusión será agradecida! ;)
Apertas!

E falades de masificación nos picos?

E logo a isto como se lle chama? jajaja

jueves 5 de noviembre de 2009

Aéreo a cámara superlenta


Vin este video no blog de Niegá e apeteceume compartilo.
Fixádevos no segundo 39 como flexa a tabla.

Que teñas moi bo día!

miércoles 4 de noviembre de 2009

traballo de onte

Estou en Sanxenxo continuando co mural. Onte fixen esta parte.
Photobucket
Máis ben... refíxena. Estaba acabada pero non me gustaba e volvín a facela. Seguramente lle caia algún retoque.. pero polo de agora douna por finalizada, que ahora toca pintar o cobertizo.
Photobucket
Pensei en facer algo parecido a esto
Photobucket
A ver se me sale. Aínda que estou buscando unha foto dunha fervenza que teña algo máis de luz.
Mentres cargaba as fotos para subilas aquí, atopei esta
Photobucket
É máis bonita que a primeira verdade?
Quedaría algo así
Photobucket
(Bendito Photochó!)
Saúdos e que teñades bo día!

(vaia olas me debo estar perdendo dios mio... non quero pensalo)

sábado 31 de octubre de 2009

Regálate minutos...

puesta de sol,sunset
Esta posta de sol presenciámola Nacho e eu, dende os cantís de Rostro, sentados nunhas pedras con forma de sofá, acompañados de Rula e comendo pipas. Son momentos tan bonitos que parece mentira que non sexan exclusivos de millonarios. E tamén parece mentira que algo tan sinxelo coma iso o fagamos tan poucas veces. Botámoslle a culpa a esta sociedade que non nos deixa respirar, que non nos da tempo, pero a culpa é só nosa.

cee,ruben,ruben prieto,prieto,pastor aleman,relleno
vagabundos
Photobucket
Morriña

Regálate minutos

jueves 29 de octubre de 2009

O mar dende o monte parece unha fonte: Rostro XL

Chegando á praia comecei a comprobar que as miñas sospeitas eran acertadas. Marcando windguru máis de 4 metros... era difícil que Rostro aguantase o tamaño de forma ordenada e "razonable".
Photobucket
(primeira panorámica, dúas tomas)

A pesar diso, aproveitando que estaba completamente só na praia e escoitando boa música, regaleime uns minutos, collín a cámara e prepareime por si viña algunha ola digna de fotografiar. E tanto que veu.

rostro xl

Rompeu máis de un dereitón de película, pero o precio que había que pagar para disfrutalo, parecíame demasiado. Moi caro remontar atravesando barrotes grandes, ocos, arenosos, con pouco fondo e corrientada cara o norte, cara o mar de espumóns debido á orientación oeste do mar de fondo.

Pero canto máis esperaba, e máis olas vía, máis ganas tiña de pegarme un bo baixadón. A música non facía absolutamente nada por intentar frenarme. Xa disfrutei varias veces da sensación de estar completamente só, ninguén na auga nin en terra, rodeado de olas "rompebarcos". Incha o peito, parece que os pulmóns se che duplican de tamaño. A forza e a resistencia á dor aumentan. E cando me papa unha ola (non vos riades, probádeo) penso para min que son un superhome, que non me vai a pasar nada nin de coña, e xa está.

Imaxínome dende fora, un puntiño negro nun mar branco. Imaxino a unha gacela toreando a unha manada de leonas famentas, ríndose delas. Así me sinto por momentos. Anque son consciente de que un zarpazo en mal sitio, e podes quedar ferido. Ferido entre leonas, mal sitio.

x

Decidín entrar. Anque fose para probar, ver os olóns de cerca, e sair. Penso que os límites de cada un deben de romperse así, pouquiño a pouco. Primeiro unha toma de contacto, despois unha especie de familiarización con sesións dese tipo, e finalmente, a disfrutar.

Tomei un par de precaucións. Antes de entrar, mandeille un sms a Deivis, bo amigo, informando de que si en un par de horas non lle facía unha perdida ó mobil, que se pasase pola praia por se acaso (pagaría por que miña nai non lese esto).

Sempre penso que na auga, ao fin e ao cabo, un sempre está solo. Se o estivese pasando mal, papando olas sin parar, e sin poder saír.. o último que querería é que alguén estivese intentando chegar á mesma situación na que estou eu. O mellor é unha chamada a salvamento marítimo e xa está. E para iso non che fai falta ninguén na auga. Precisas a alguén en terra. E si vas a estar pendiente de sair e entrar á auga cada vez qeu hai ou non hai xente en terra, é ridículo. Hai deportes e situacións nas que hai un factor risco, e punto pelota. Igualiño que coller o coche tódolos días.

Outra precaución que tomei, que nunca vira en ningún lado pero ocorréuseme e pareceume boa idea, foi usar un invento adicional. Arrinqueille o cordón a un bañador, dobleino en seis e puxen por primeira vez o meu segundo invento :)
leash


O único que frenaba o ritmo no encerado da táboa, preparación de inventos etc, eran uns barrotes que caían de vez en cando arrasándoo todo. Houbo sifonazos que nin en pipeline :)
Photobucket
E sospeitaba (acertadamente) que a corriente e o vento tirarían cara esa zona.

Corrín ata a orilla e entrei á auga. Pronto comecei a atoparme espumóns que me arrincaban a táboa en cada pato. Vía o pico tan lonxe que por momento me parecía imposible atravesar a liña de barrotes que rompían con tubos nos que cabían coches e sobre pouquiño fondo.
Vin romper a uns 20 m de min uns pedazo tronchos con unha forza e uns tubos tan grandes (na metade da remontada aínda) que estiven a piques de abandonar. Pero xusto despois houbo unha pequena encalmada e remei a dolor para intentar chegar ó pico antes de que chegase a serie. Tiven que controlar o ritmo da remada porque a situación invitábate a deixarte os pulmóns, pero non era boa idea tendo en conta qeu non sabías con certeza se te ía a papar algunha ola da serie. Máis vale que te pape unha serie estando "descansado". Nadaba por un deserto de auga á espera de uns monstruos descoñecidos mentres escoitaba a banda sonora da miña respiración.

Cheguei ó pico e funme mar adentro uns 50m máis atrás para descansar e ver como funcionaban as series... pero a primeira que veu xa me sorprendeu. Comezou a romper máis atrás de onde estaba eu. Sorprendeume o tamaño, era algo novo para min. Dudei si soltar a tabla e bucear coma un cosaco, ou remar hacia a parede coma un tolo para intentar safar. Fixen un rápido procesado mental, que nin un pentium 8, e remei coma un cosaco. Pasoume o labio xusto por encima. Fixen o pato dentro do tubo. Había moitísmo espacio e moito ruído.

As seguintes non me colleron, esquivei ás leonas (non sabedes a seguridade que aporta o doble invento). Esperei un par de series, e sen darme conta, o mar xa me desplazara cara a zona de impacto. Evidentemente dinme conta cando chegou unha serie grande. Remei cara o sur para intentar safala, pero dinme de conta de que ía a pasar moi moi preto do punto perfecto para o take off, así que dinme media volta e remeina. Cando remas a ola e esta te levanta un par de metros, ou 3 sobre a zona plana da ola xa solemos pegar un pequeno "uuuhh!!" en falsete, medio gay, antes do baixada... Bueno, pois a min a partir dese punto seguiume levantando outro tanto. Ía remando pero xa a unha velocidade bastante grande, coa tabla case en vertical xa. Se intentase rajarme (que non foi o caso) penso que me tería papado a ola de igual forma por non dar frenado. Levanteime e comecei a baixar. O primeiro que se me pasou pola cabeza foi á altura dende a que me levantei. Estaba bastante alto. Desto que si saltas dende un trampolín desa altura abaixo, como coloques mal os brazos ou as pernas levas un planchazo de moito cuidao. O segundo que máis me sorprendeu foi a velocidade...
o ruído da tabla sobre a superficie....
o vento na cara...
Foi o meu momento de gloria, euforia, adrenalina, ego satisfeito, meta conseguida, concentración, diversión, sensacións puras, equilibrio, loita co mar gañada...
En situacións así parece que escolles os sentidos que queres que funcionen. Parece que para intentar non caer se apagasen as funcións corporais innecesarias para ese momento. Porque derrepente un ruído atronador comeza a sonar a pouquiños metros de min. O ruído de un tubo que crea a súa propia caixa de resonancia. O máis parecido a un trono.
Xusto despois do botom, no que case caio polos rebotes da taboa e a amplitude de xiro que acada a táboa a esas velocidades, despois de subir pola parede caín ó intentar xirar cara abaixo de novo. Eu inclineime e intentei cantear pero é como se tivese que terme inclinado menos porque a tabla non obedecía. Supoño que ou estaba moi adiantado na táboa ou que coa velocidade que levaba os radios de xiro son moito máis amplios e me inclinei máis do que a táboa podía xirar e caín.

Caín a rolos pola superficie da ola como se fose de auga sólida. Debín de dar como unhas 2 ou 3 voltas sobre min mesmo pola superficie (xa sin poder respirar) intentando sumerxirme dunha vez... ata que me papou a ola. Notei a sensación de caída libre, dentro da auga 2 veces. Foi un centrifugado forte, intenso, e bastante largo.

Cando saín a superficie xa tiña a seguinte cerca, expulsei todo o aire que tiña, deume tempo a inspirar e espirar un par de veces para osixenar un pouco o corpo, collín aire de novo e buceei, pero non me papou tanto.
En nada, xa estaba demasiado ó norte do pico, lonxe da dereita que abría. Xa toda esta semana era difícil remontar pola dereita do pico, así que, como xa "probei" a ola tanto encima como debaixo, decidín que xa estaba servido e era hora de saír.

Para chegar a terra, intentei coller algún espumón dos que me estaban caendo encima, pero era literalmente imposible. Viñan tan rápido que simplemente te engulían no lugar de empuxarte. Tiña que ser simpático visto dende fora: un tipiño remando, ven un espumón, non hai tipiño :)

A corriente seguíame levando cara o centro da praia, cara o mar de espumóns tubos e area, así que pensei que a solución sería intentar remar un deses barrotes, baixar a ola facendo un recto intentando que non me cazara o labio (caía moi lonxe da parede, mínimo uns 3m)e coa inercia seguir na espuma ata a beira.
Dito e feito, un barrote viña rompendo dende os dous lados deixando unha pedazo de rampa vertical que sería a última parte da ola en romper. Xusto aí, non sei porque, as olas collen unha forza sobrenatural pero decidín facelo porque non me quedaba outra. Dinme a volta, remei, e non me deu tempo a nada. Cando me din conta xa estaba voando incrustado no labio. Teño a foto mental de ver a caída dende a cúpula, dende a metade do labio. Collín aire e atalogo.
5 mangueiras de bombeiros na cara, no peito, as pernas que collen vida propia e fan o que queren. Golpes de auga violentos durante moito tempo, sensación de caída libre no medio puñetazos acuáticos... toquei fondo pero non me golpeei.Non sei canto estiven debaixo. Estiven bastante. Deume tempo a pensar que podería ser a última onda, pero iso non é nada grave, non te asustes mama, que tamén o penso cada vez que me subo ó coche. E aí si que o penso sempre. Posiblemente foi un dos peores centrifugados que vivín, pero curiosamente, non foi para nada a vez que o peor o pasei. Aguantei a respiración bastante ben. Outras veces, en olas moito máis pequenas cheguei a ter as típicas convulsións diafragmáticas; teño vivido momentos nos que o corpo despois de pedirme aire de tódalas formas posibles, literalmente me abreu a boca para respirar auga pero impendinllo cerrando o paso coa linga. E neste revolcón nin convulsions tiven. Igual que o centrifugado de mundaka, foi dos peores pero para nada descubrín ningún límite novo no aguante de respiración.

Cando saín á superficie, recorrera tanta distancia debaixo da onda que xa non faltaba moito para chegar á orilla. As olas xa estaban debilitadas e puiden coller un espumón para chegar a terra.

Cando volvía camiñando cara o coche... mirando o mar... sentía por un lado unha grande satisfacción por terme enfrontado así ó mar e saír airoso, sen cámaras, sen amigos, sen nada que demostrar a ninguén. Só eu e o mar. Recordando o baixadón e os momentos de "son un superhome" mentres recibía un bo centrifugado.
Pero por outro lado, coñecer o mar así, é unha dosis de humildade tan grande como a de adrenalina. O mar é forte. Baños así recórdanche que el manda e ás veces hai que baixar un pouquiño as orellas

Photobucket
Apertas!

miércoles 28 de octubre de 2009

Outro video simpático

Por certo, o anterior pasoumo Peter P. de Mille, e este Maika Boquete.
Estas entradas son vosas! graciñas!

martes 27 de octubre de 2009

Mulleres e homes...

Está simpático :)

Análise sobre a mente masculina e a feminina

domingo 25 de octubre de 2009

Bañazo

Ti, e un amigo...aquí
Photobucket
sós

Non é un conto chino. Eu xa estou gañando uns euriños :)

Contacta comigo carpediemsempre@hotmail.com e explícocho se queres. Que disfrutes do blog!