martes, 16 de febrero de 2010

Disfraz de Avatar: Resultado

Bueno amigos, pois aquí está o resultado. Son un pedazo friki baquesí?

Hoxe intentarei mellorar a maquillaxe da cara dibuxando tamén os ollos, a ver si me sae.
É unha auténtica "guayada" o tema dos zancos. Moito máis fácil do que me esperaba, en serio. É como camiñar normal! só hai que ter un pouco de coidado coas escaleiras e punto. Pola noite incluso podía entrar nos locais aínda que estiveran cheos de xente sin medo a caer. Por certo, falando de pubs! gañei un concurso de disfraces individuais organizado polos locais de cee! :)

Alucinoume a participación da xente. Tanto en Fisterra como en Cee, máis do 90% das persoas estaban disfrazadas. E TODOS facían o mesmo comentario: "Dioss..que fríoo!" (cando saín de casa marcaba o coche -1Cº) porque poucos disfraces esceptuando os de viquingo e de vello serven para ir ben abrigadiño. Así que, partindo desta demanda de calor por parte de todos, ocorréuseme organizar unha festa de disfraces no verán. Nalgunha praia, con música, churrascada, bebida, posiblemente algún concerto e caloorrrr! Para iso creei un grupo en facebook que se chama: "Eu tamén quero unha festa de disfraces no verán! O CARNAVRÁN" Buscádeo e unídevos se vos gusta a idea.

Bueno, espero que o pasedes moi ben nestas festas, comades moitas filloas (mmmm...) e orellas

Apertas!

5 comentarios:

Fran dijo...

Ostias Ruben!!!..., eres ti?, non che coñecia meu, jajaja... A verdade e que o disfraz esta moi logrado. A idea de carnaval no vran pareceme cojonuda. No tema do feisbuk, e que tio eu me perdo, din co sitio pero non son capaz de anotarme. De todas formas procurarei estar o tanto do tema. Saudos

paideleo dijo...

Que pasada de disfraz !. Seguro que eras o máis altoen todas partes !.

Isabel Tomé dijo...

Fran, estou contigo. Non sabes o que me consola saber que non son a única que se perde no feis de los.... j...nes! Cada vez que entro, vou coa idea de mirar algo e acabo en casadios e xa logo non sei volver. Eu, se soubera, inventaría algo máis sinxelo. Meteume meu fillo, pero vou pedirlle que me borre, ou me dea de baixa ou algo... porque non dou feito. Pero tamén me apunto ó de disfrazarse en verán.

Rubén Prieto dijo...

jeje.. Fran non fuches o único, estiven con amigos dos de sempre que tardaron un cacho en darse conta de que era eu :)

O do feisbuk é facil, fas click no nome do grupo neste blog, e xa che leva directo ao grupo de feisbuk, aí (xa no feisbuk), xusto á dereita do nome aparece un botón que é "join" ou "unirse". Daslle e xa está :) (tes que ter unha conta en facebook claro)

Paideleo! e tanto que era o máis alto jeje... tiña que agacharme para entrar polas portas.. e as cabezas da xente dábanme pola cintura. Unhas risas.

Ma, non contes mentiras que no fondo estache gustando o tema jeje, que te cachei onte chateando cunha amiga ;)

E o da festa de disfraces do verán vai tirando! é o terceiro día dende que fixen o grupo e hai 165 persoas anotadas xa!

Unha aperta a todos e graciñas!

Varo dijo...

jajajaja como mola el disfraz! a saber cuanto tardaste en confeccinarlo, lo mejor los tubos para proteger los gemelos!

destacabas sobre todo el mundo y fijo que too el mudn ose quedba mirandote!

lo dicho enhorabuena por el disfraz!