lunes, 31 de mayo de 2010

Cinco rubias desnudas mirándome

Moi bos días!

Espertate con isto! Que viva a música de bo rollo!


Estou almorzando. E dirás... e a min que me importa xD É que son consciente de que actualizo pouco e un dos motivos é porque cando me dou conta perdo 2 horas con cada actualización que si escollendo fotos que si arreglándoas... ná, fuera. Hoxe toca ENTRADA EXPRESSS! Como me contestou antonio na entrada anterior que prefería varias entradas cortas que poucas largas...aquí vai esta. A toda mecha.

Propúxenma facela mentres almorzo. Agora estase quentando o leite no microondas e as fotos subíndose ao photobucket....

...

CLIIIN!! Leite listo e fotos subidas

Obviamente non vou nin tocar as fotos, valas ver así tal cual saídas do forno. Máis que nada porque senon si que se me enfría o colacao.

Aquí tedes a cinco rubias espidas mirándome con desexo. Cantas veces esperei este momento...
Photobucket

Rayito. Estas fotos do mesmo día que a entrada anterior
Photobucket

Suso
Photobucket

A esquerda que provoca esta conversación: -Non pinta mal...
-bah, pero seguro que imos "atalá" e se queda tendida coa marea...
(Panda de vagos)
Photobucket

O home que perdeu a cabeza por ver o tubo. Un tronco con 3 extremidades... algo raro
Photobucket

Xiro desfasado
Photobucket

Ala!! xa teño pouquiño leite na taza. Momento de coller varias galletas, estrujalas e facer unhas papas.
Déixovos que remato de almorzar!

Unha aperta a todos e que teñas MOI BO DÍA!!

jueves, 27 de mayo de 2010

Fotos de Nemiña

Moi bos días!!
Antes de nada...
ponte a disfrutar do bo rollo que transmite esta cancionaza de k'naan

(Creo que xa teño canción para o stop-motion do próximo mural) :)

Onte e hoxe non houbo practicamente ningunha onda, polo que houbo que buscarse alternativas!
kaiak
Nova adquisición!
Non pensei que se lle fora a sacar tanto partido. É a alternativa perfecta á falta de ondas ou a ondas malas/tendidas babosas. Cando a táboa/tablón xa non funcionan...é hora de saír, collelo kaiak, e botarse unhas risas cun bo amigo

suso e eu no kaiak bla balblablalbal
Foto de Álvaro Rodriguez. Aproveito para presentarvos o seu novo blog: alcerocinco.blogspot.com

Pois como non hai fotos de acción... colgo unhas duns baños deste mes en Nemiña. Se non me equivoco son do día 2. Marcos, van por ti! jeje (que sempre me di que o blog non é fiel ao dominio, con toda a razón do mundo)

Suso co seu estilazo característico
suso r

Descoñecido chimpando
aereo

Moncho de Laxe disfrutando das boas vistas que regala esta esquerdiña. Sae de vez en cando neste fondos tan cambiantes que sufrimos/disfrutamos.
moncho tubo r

Alguén sabe quen é o que está reentrando?
reentry




Agora que o penso, esquecinme de presentarvos a miña nova táboa!
botom
Estreneina en Louro, xusto despois de recollela no taller de CHUSMA.

Estou moi contento con ela. É anchiña na popa polo que aguanta ben dos meus 85 kg, e manten o planeo moi ben en olas con pouca forza. Ao ter 4 quillas fáiseme moi maniobrable, volume na punta que da unha boa remada... contento.

E ademais, encantoume o feito de que puidera colaborar na parte "artística" da táboa. Pintei o deck con pintura acrílica e esponxas, e a parte de abaixo, no proceso de laminado, escollín as cores e chorreei a resina tintada que me preparou chus ao meu gusto e maneira... despois encargouse el da parte técnica, de esparcila e facer un laminado como dios manda...pulido etc. Un crack.


Pasou unha cousa curiosa ese día. Vin a un rapaz que se andaba tumbando polo chan e adoptando posturas de contorsionista ao máis puro estilo "eu" sacando fotos cunha reflex dixital, e, aproveitando que non lle ía a ter que explicar en que botón se disparaba na miña cámara...pedinlle que me sacase unha foto coa táboa antes de "manchala" de parafina. O fotógrafo en cuestión resultou ser JUAN FERNANDEZ, prestixioso fotógrafo da surfer rule.

deck

Ben, pois hoxe chégame un mms do meu amijo CARLOS cunha foto da surfer rule na que aparezo eu camiñando coa miña recén estrenada táboa. Que ilusión! amijiñoos! sonvos famoso! Debo de ser o único personaje que apareceu na 360 (nunha reportaxe de dani almeida) e na Surfer Rule e en ningunha das dúas aparezo surfeando!! A verdade é que me está dando que pensar xD

E para despedirme, unha foto de hoxe, que fun ata Rostro co veciño Rober a pasear cos cans e sacar unhas fotos.

Pescando estrelas
pescando soles

Tiña outra na que o sol non estaba queimado, pero... gústame máis esta. Ademais, se o sol non se queima conxelaríamonos todos non?

Unha aperta e que teñas moi bo xoves!!


pd. Prefires moitas entradas curtas ou poucas longas?

jueves, 20 de mayo de 2010

Un día en Nemiña

Antonte, en canto acabei de facer uns recadiños pola mañá, un foguete no cu comezaba a botar chispas para coller material de bocata e tirar para Nemiña.

O día anterior, a pesar de haber olas para os "clics" de playmobil (ti tamén lle chamabas clics ou era eu só?), entre o sol, a temperatura, a compañía de Carlos e Belén, o bo rollo na auga, e algunha que outra esquerda pequena pero xeitosiña... a sensación coa que un se ía para casa era de "bañazo". Así que, o martes, coa subidiña de mar que había prometía bastante.

Unha vez en Nemiña, as ondas non estaban mal de todo. Foi entrar na auga e comezar a saír unhas esquerdas como churros. Durante aproximadamente unha hora, nun punto de marea moi concreto, viñan series seguidas para suministrarnos de ondas aos 15 ou 20 que en 5 minutos nos xuntamos na auga. As máis grandes poderían ter unha porta (2m reais)e teño "fotos mentais" moi boas como unha parede de Marcos en Drop knee cos brazos abertos cun tubo detrás no que cabería perfectamente.

Gozando como estábamos, o que menos apetecía era saír a sacar fotos así que... vas a ter que crerme jeje.

A única pega que temos agora con Nemiña é que se formou unha barreira de area ao máis puro estilo "mar de fora", que fai que en marea alta se convirta nunha piscina con rebotes.
Photobucket

Xa coa marea alta, despois dun merecido bocata/xelado/clara/charlas ao sol, volveron uns cuantos a auga aproveitando unha orillera que saía. Eu decidín quedarme na orilla sacando algunha foto. (Ao final tiven que acabar subido a unha pedra...tíñadesme que ver correr cando unha ola orillera intentaba cazarme atrapándome entre a laguniña e o mar)

Photobucket

Aquí abaixo temos a Moncho de Laxe
Photobucket

Este é Manuel. Estaba lesionado por iso non ía a facer ningunha maniobra... ¬_¬
Photobucket

Photobucket

Floater queimando a onda
Photobucket

Os rebotes que se formaban dábanlle un punto divertido ao baño
Photobucket

sobretodo para min que era o que vía en primeira fila os castañazos, jeje

Nesta, Suso pasou uns 10 metros de sección e cando chegou á parede... sorpresa! :) Encántame a expresión que se lle ve a Suso na foto. Póñolle un globito co texto ou xa llo poñedes vos? claramente está dicindo: "-cachis en la mar..."
Photobucket
Aquí disfrutando dunha oliña que duplicaba o seu tamaño por momentos
Photobucket

Despois fixemos un lume, parrilla, chourizos criollo, salchichas, lomo, cervezas, calorciño, ceo estrelado, charlas... ata as dúas da mañá. E para casa que mañá é outro día :)
Photobucket
Unha aperta para todos!

lunes, 17 de mayo de 2010

Estamos en Facebook!!



E digo "estamos", en plural, porque en facebook estamos todos (ou a gran maioría). E dende hoxe tamén o está este humilde blog. Desta forma vós tamén poderedes participar dunha forma máis activa subindo fotos, colgando enlaces, videos... e comentando máis facilmente sen ter que poñer en cada comentario un usuario, contrasinal e interpretar unha palabra dunha imaxe.

Seguro que te preguntaches (e se non cóntocho igual) porque tardei tanto en incluir este blog na rede social. Moi fácil, parecerache unha tontería, pero, a forma que había antes de unirse a unha páxina era dándolle a un botón que poñía "hazte fan" ou "faite seareiro" e ese detalliño non che me gustaba nada de nada. Non quero suxerirlle á xente que se faga fan! non me salía da gana.

Agora cambiou. Agora hai que darlle a un botonciño que pon "me gusta" ou "gústame", así que, si che gusta este blog, e queres que te avisen das actualizacións e ver máis cousas con máis frecuencia... únete ;)

Pulsa AQUÍ

Apertas!!

viernes, 14 de mayo de 2010

De paseo por windows

A semana pasada andiven por Madrid, e á volta, paseime por Windows!

en windows

Xa viña todo o camiño pensando en sacar algunha foto únicamente polo ceo que había.. pero cando vin eses campos verdes e lomas redondeadas propias do mesmísimo fondo de escritorio de windows... non o dudei. Peguei o volantazo na seguinte saída que me atopei e a correr polos prados cual Heidi correndo tralas ovelliñas.


Sei que ando algo ausente últimamente, tes que perdoar.
A semana pasada grabei dúas curtas por Vigo, fun a Madrid a un casting e a visitar uns amigos, houbo que pasar por Santiago (que un pouco de festa tampouco vai mal) e un montón de cousas máis que fan que che dea a sensación de que non pasaron dúas semanas senon dous meses.

Tantas cousas que contar e fotos que ensinar que cando me sento frente ao cacharro embótome e penso "ui, para esto póñome noutro momento que teña máis tempo" e como o tempo desaparece entre os dedos... nunca atopo o momento.
A ver se fago os deberes ultimamente e che ensino entre outras cousas unhas fotiñas de Nemiña de fai uns días.

Unha aperta e un saúdo especial a Juan de Maniños que me cargou as pilas para darlle caña ao blog ;) Encantado de coñecerte!

sábado, 8 de mayo de 2010

Alex Fidalgo alias Shorty Dacosta

"Cinco trabajos autoeditados. Su último cd Vendetta Mixtape fue seleccionado como una de las mejores maquetas de 2008 por la revista Hiphop Nation. Es autor del tema 'Rapestadio', cierre de las emisiones deportivas de la cadena de radio nacional Onda Cero. Hasta la fecha ha sido entrevistado por Radio Nordés Cadena SER, Loca FM, Radio Villalba (Madrid), La Voz de Galicia y Talento Novaxove."

"Rapeiro" de Corcubión entrecomillado.

Photobucket

Photobucket

Entrecomillado porque esa palabra trae ás nosas mentes un estereotipo que, ao meu modo de ver, non o define.

Humildade agochada só por momentos e letras. Sinceridade rotunda.
Un periodista, co seu máster...que no seu tempo libre escribe e rapea.
Vello amigo.

Fai máis de 10 anos (teríamos 14 daquela) era un deses "raros" que andaban cos pantalóns anchos e gorras de medio lado.

Photobucket
(As fotos que aparecen nesta entrada fíxenllas fai cousa de un mes en Cee, con Corcubión ao fondo, o seu pobo natal. A falta do flash externo que necesitaba para facer estas fotos que tiña na cabeza.... intelectus apretatus discurren que rabean... así que acabamos nunha especie de pequeno porto onde puiden poñer o meu coche coas largas postas a unha distancia prudencial para non queimarlle a cara. Agora as imaxes aparecen con un pouco de ruído pero foi cousa da compresión das fotos.. a ver se averiguo que pasa con ese problemiña.)

As súas letras contan historias...



e non se limitan a dicir "eu son o xefe e ti es un merda" aínda que ten algunha canción con un toque "sobrado" misturado con simpatía que fai máis que evidente que son construccións de personaxe.



Photobucket

Acaba de presentar o seu primeiro videoclip


Última entrevista por novaxove AQUÍ (para a que lle fixen as fotos)

Entrevista nunha radio AQUÍ

Podes descargar o seu último disco AQUÍ

Alex! que teñas toda a sorte do mundo!

sábado, 1 de mayo de 2010

Stop motion do mural de Coruña

A semana pasada, como xa vos comentei, paseina en Coruña pintando un mural preto da praza de Pontevedra. Na tenda de roupa e complementos "kiero +" que se inaugurará este 3 de Maio.

Como de costume, a medida que pintaba a ritmo de Morgan Heritage, fun sacando fotos durante o proceso para poder editar este video :)

Espero que vos guste ;)

Apertas!!