Moi boas!
Hoxe comecei cos cursos de surf!
Teño a un rapaz moi riquiño de 10 anos (Chámase Nuno, bonito nome) e o luns súmanseme outros dous, un de 10 e outro de 12. Ademáis, me parece que xa teño convencido ó pai e ó irmá de Nuno para que comecen o Luns tamén jeje.
Hoxe, ademáis de Nuno, tamén estivo conmigo na auga o meu cuñado, Samu, que non o fixo nada mal. Só foi un día a surfear o verán pasado, e este é o segundo. Consigueu levantarse unhas 15 veces!
O pequeno, tal e como me advertiu o pai, é moi habilidoso. En "cero coma" xa manexaba o tablón 9,2. Dábao xirado bastante rápido para coller as olas, cousa que parece simple, pero non o é tanto cando o corpo que move o tablón pesa 35 quiliños.
Consigueu levantarse o primeiro día!
E aquí temos ó meu cuñao!
Con 35 quilos de peso, un tablón 9,2, e micro olas (perfectas para o primeiro día) esta é outra alternativa ó "take of":
Esperar levantado...
E arrancar! jajaj, aprendeu a cantear e todo!
Ou moi bo é el, ou moi bo son eu! jajaja , é broma!
Veña, un saludo a todos e a animárseme, que ata teño convencido ó meu pai para empezar a aprender. Xa me preguntou.. e un traxe deses costa moito? jejeje, xa lle picou o gusanillo do surf, xa ten "hopupu"!
Unha aperta!
PD. Ah! por certo! nas oposicións saquei un 6,7!
No hay comentarios:
Publicar un comentario