jueves, 26 de noviembre de 2009

Marcho!!

Rapaces, a partir de mañá esto vai a quedar parado por uns 12 días.
Motivo? Surfari a Marrocos.
Mañá estarei cos preparativos, pedirei as sudaderas para telas á volta, o venres grabo un anuncio para a consellería de pesca, e a madrugada do sábado...hacia rutas salvaxes.

De ruta por África cara o Sáhara en busca de olas e praias perdidas.
Area, dunas, calor, sol, olas, auga morna, surf, bocatas, tendas de campaña, risas, polis corruptos, bañador, camellos, durmir, estrelas, ceo, macarróns, paseos, fotos, rutas, amigos, furgón, salitre, menceres, atardeceres, charlas, deserto, area fina, silencio, ceo, silencio, estrelas, silencio...

Retratos por Santiago

O día 24, facendo tempo por Santiago, agazapeime para cazar humanos...As presas máis ricas... os máis débiles. Vellos e nenos.

Bella
Photobucket

Este en canto veu a cámara empezouse a descojonar de risa :)
Photobucket


Photobucket

Agarrando forte, medo a perder, cariño, dependencia, fráxil
Photobucket

E por último un autorretrato no reflexo dun escaparate
Photobucket

Máis fotos dese día AQUÍ

miércoles, 25 de noviembre de 2009

escolle prenda!

Bueno... Mañá vou a facer o primeiro pedido. Así que esta última entrada para ultimar detalles.
O deseño escollido para a sudadera é este
Photobucket

As súas características técnicas son:
Photobucket
As tallas hai as que vedes. E a min dame a sensación de que tallan pequeno, é dicir, a min faime falta unha XL. A "L" sírveme perfectamente pero algo xusta nas mangas. E como este tipo de prenda penso qeu é mellor que qeude grande que pequena.. non vos cortedes.

O o prezo é de 20 €
Había sudaderas co mesmo formato de capucha e bolsillo máis baratas, pero de peor calidade. Así que preferín este modelo, xa que coñezo a moitos que levan tempo con esta mesma sudadera e nin fai bolitas, nin encolle nin nada. É boa.

As cores a escoller poden ser estas
Photobucket
A os que non viran esta entrada antes da tarde do xoves e non especificaran color collereina negra, como a da foto inicial. Ou gris.. non sei.. como me dea a venada :)

Se algunha quere unha camiseta co mesmo deseño pode escoller entre estes modelos
Photobucket
Photobucket

E se alguén quere unha camiseta normal de tio, co deseño minimalista, que avise tamén.

Anque mañá faga un pedido podédesvos seguir anotando nesta entrada para os seguintes que se fagan. Paso para aquí a lista. Vou a deixar un comentario cos nomes dos que están anotados (non escribo aquí para que non aparezan os vosos nomes nos resultados de búsqueda de google).

lunes, 23 de noviembre de 2009

A táboa máis bonita do mundo...

...pode ser a túa.
Cal foi a táboa máis bonita que viches na túa vida?

O recoñecido shaper Chus, de chusmasurfboards e máis eu decidimos xuntarnos para ofrecer un servicio conxunto que consiste no seguinte:

Renovar por completo a túa táboa (short, fish, evolutiva, longboard...)
Chus dalle un prelixado a táboa, eu píntoa cun deseño orixinal ou copiado dunha foto que o dono escolla, e Chus volve a darlle unha capa de resina de acabado para protexer o debuxo e a táboa, coa posibilidade de darlle un acabado en brillo para que quede coma un cristal.

Photobucket

Photobucket

Photobucket

Photobucket
(Descoñezo a fonte destas fotos porque foron collidas de páxinas tipo "photobucket" ou "imageshak", así que pido disculpas ós donos das mesmas e se están lendo isto que mo fagan saber na dirección que hai ó final da entrada)

Esta cutremontaxe é miña:
Photobucket

Podes renovar a túa táboa dende 80 € (pintada e con capa de resina que protexe o debuxo e a táboa sen incremento de peso)

Se o deseño é moi complexo, o precio incrementaríase.
E se a táboa ten toques, golpes ou aboiaduras grandes, será totalmente arreglada e restaurada tamén por un pequeno incremento no prezo.

Se queres surfear na táboa máis bonita do mundo contacta conmigo a través do correo electrónico e falamos: carpediemsempre@hotmail.com

Pide sen compromiso o teu presuposto adxuntando unha foto co deseño que queres e describindo estado no que tes a táboa

Apertas!!

viernes, 20 de noviembre de 2009

10 Deseños de camisetas

Aquí vai unha rolada de ideas para as camisetas e/ou sudaderas. Xa me diredes cal vos mola máis para ir descartando :)

Fai moitos anos, (bueno non tantos), no instituto, de cháchara con deivis, bocetando na parte de atrás da libreta, recordo que me saíra un monigote que me gustara, e comentáramos que era algo sinxelo e molón para unhas camisetas ou pegatinas. Pois ben, 7 anos despois véxome cun blog e coa oportunidade de retomar e convertir en realidade eses pensamentos de adolescente.... de "algún día molaría... de maiores..." :)
Photobucket

Photobucket

Photobucket

Photobucket

Photobucket

Photobucket

Photobucket

Photobucket

Photobucket

Photobucket
A hora de escoller algún deseño para enviar á imprenta, arreglarei as letras, que non se leen moi ben.

Intentei reflexar situacións cotiás, que nos puidesen ter pasado algunha vez, coas que nos poidamos identificar...
Que vos parece o monigote raiado como "imaxe corporativa de surfcostadamorte"? jaja
O monigote que máis me gusta é o da foto dos carteis de Nemiña e Rostro

Apertas e que teñades bo día!

Can surfeiro

skate, skimboard e surf, este can dalle a todo! :)

Tillman Sports from Natural Balance on Vimeo.

Video facilitado por Anahí ;) graciñas (esto do feisbuk...)

Seguimos actualizando a lista de pedidos de sudaderas no post anterior. A ver se chegásemos ás 50 para conseguilas máis baratas... :)

jueves, 19 de noviembre de 2009

www.surfcostadamorte.com

Xa está funcionando!
Fai xa un ano que meu pai me regalou este dominio, e sei que vai un ano porque xa me empezaron a cobrar a min jajaj. A cuestión era que, por moito que rebuscaba en foros, non era capaz de redireccionar o dominio .com ó blog. Así que, despois do tirón de orellas en forma de €, púxenme as pilas ata que averigüei falando cos de Arsys (os que me aloxan o dominio) que o único que tiña que facer era pagar máis... en fin..."echoquehai".

Desta forma, todos os que me tedes enlazados dende os vosos blogs non tedes que modificar nada porque esto sigue funcionando coma sempre, pero se eres un dos que cada vez que entraba aquí poñía a url enteira na barra de direccións, xa non é necesario. Afórrate o "blogspot" que xa non é necesario :)

E agora que a dirección é máis faciliña, podo poñerme con algo que levaba tempo camiñando polos meus miolos...
Farei camisetas e sudaderas con algún debuxo/logo que se me ocurra.
Agora, como xa me tardaba ver algunha prenda "customizada", fixen isto rápidamente co potochó para facerme unha idea :)

Photobucket
(finalmente o deseño non vai a ter nada que ver con este, qeu non me convence... fíxeno onte a altas horas da madrugada, cos ollos cerrados levantando moito a cabeza, sabedes? jajaja)

Quen estea interesado en unha prenda deste tipo que o escriba nun comentario indicando talla e o qeu queira (sudadera e/ou camiseta), xa que os presupostos varían bastante en función do número de prendas que pida.
Acéptanse suxerencias para o deseño!

incorporación de última hora
Photobucket (a Patricia de la curva propúxome algo máis minimalista, como unha liña cunha tabla, e despois ocorréuseme poñerlle a cruz, para xuntar "surf e morte" e gústame moito como quedou o resultado! graciñas Patri!)

Apertas para todos.. que teñas un bo día


pd... unha fotiña de propina

Náufrago
Photobucket

lunes, 16 de noviembre de 2009

Dormitorio nunha illa (reedit)

Tito, un amigo meu (o meu corresponsal de exipto/méxico/francia/EEUU...) quixo regalarlle a súa irmá un mural para que a súa habitación cambiase de look.
Photobucket
O que a rapaza quixo foi algo moi similar ó que estou facendo en Sanxenxo.
Un par de palmeras, praia, augas cristalinas... é dicir, ambiente de illa caribeña. Ía a facerlle os mesmos casetos que fixen no mural de Sanxenxo, pero considerei que quedaría moi sobrecargado e a miña irmá deume a idea de facer un papagayo para darlle algo de colorido
E así é como quedou
Photobucket

Nesta foto pódese apreciar un pouco qeu a rama dereita da palmera dereita é máis larga qeu a esquerda para que dera a sensación de que se ía para a dereita, e non de que se ven hacia a cámara xunto coa parede, non sei si me explico jajaja...vaia cacao acabo de liar. volvería a escribilo de forma que se entendese pero así faime máis gracia jaja
Photobucket

Aquí vese un pouco o que intentei explicar antes. Fixádevos na lonxitude da rama que se ve no borde superior da foto. Foi feita así de sobredimensionada para que, ó ver a palmera dende un punto de vista determinado, dese a sensación de qeu as ramas teñen o mesmo tamaño e de qeu non está "pegada" a unha parede, senon que engaña un pouco a vista facendo creer que está no lado oposto da rama esqeurda, e non en un ángulo de 90 grados. Mima, outro cacao jajaja.. hoxe non teño un día "explicador". Paso. Se algún superdotado o entendeu que me avise e mo explique de paso jaja
Photobucket

Photobucket

Me parece que isto dos murais está saíndo adiante...a ver se segue habendo sorte. Se coñecedes a alguén que teña falta de facer algo nas súas paredes, xa sabedes ;) Teño a costume de facer primeiro un boceto co photoshop para ensinar como quedaría. Ás veces aproveito para, en función da dificultade, propoñer distintos traballos con distintos presupostos, e despois mans á obra.

Apertas!

Monte louro

visto dende a parte norte da praia de Area Maior, a praia da lagoa, a praia de Louro ou, para saír de dudas, a praia de Venancio jejeje (ten a casa na mesmísima praia)
Photobucket

Billabong XXL 2009/2010


Auténtica animalada

viernes, 13 de noviembre de 2009

Ponte romana de Brandomil

Viña de Santiago... e non puiden evitar parar en Brandomil. A posibilidade de poder facer panorámicas abre tantas portas que che dan ganas de ir a tódolos sitios polos que pasaches para buscar novos encuadres.

Aquí van 3 fotos do sitio
Photobucket
(Si non a ves enteira dalle a "Ctrl" e a "-" ó mesmo tempo. Estou facendo probas cos tamaños, plantilla etc...)
Teñen moito ruído porque ó non ter disparador, tiña que xogar coa ISO e o diafragma tirando sempre a unha velocidade de 30'. E a conclusión á que cheguei, que non sei se é acertada ou non... é que case é preferible disparar a f8 cunha iso alta, que abrir o diafragma a tope para disparar coa mínima iso posible. Polo menos deume a sensación de que a diferencia de nitidez que da esta cámara a f8 compensa o correspondente aumento de ruído. Que algún canonista me corrixa se me equivoco.

Por certo, e falando de disparadores... tiven un disparador de control remoto que permitía disparar ata uns 9 m de distancia da cámara (perfecta para vacilar ós colegas nas fotos de grupo, autorretratos...), podíase disparar instantaneamente, ou con un retardo de 2 segundos (para esconder o mando e non saír na foto co mando apuntando cara a cámara)....Peeeeeero, non tiña a opción de bloquear o obturador tempo indefinido como teñen os disparadores por cable.
Pregunta: sabedes dalgún disparador de control remoto qeu teña esta última opción? Agradecería información ó respecto porque estiven buscando por internet e non atopei nada. Se alguén me di que non existe xa me quedo tranquilo e compraría o de cable.. e o do mando tamén jeje

Se chega a haber máis caudal, a onda que se forma despois desa pequena fervenza sería surfeable cun skimboard ou algo parecido
Photobucket
Non estaría mal que algún concello enrollado montase unha pequena ola artificial nun río non? O coste ía a ser parecido ó de montar un skate park con un par de halfpipes.

Photobucket

Apertas!

miércoles, 11 de noviembre de 2009

Noctambuleando por Rostro

Hoxe escapeime do traballo, (pintando máis palmeriñas, esta vez nun interior), para ver se había baño en Rostro. Para a miña sorpresa, había pouco mar. Non sei se vos pasa pero, dame a sensación de que canto máis surfeo, menos coñezo o mar.

Así que, collín a cámara e dispúxenme a sacarlle partido a esa gasolina queimada ata a praia.

Cando estaba chegando ó extremo do cabo onde tería unha boa visión da praia para facer unha panorámica, púxenme todo nervioso quitando cámara, obxectivo, trípode... porque por un momento a praia estaba sendo iluminada cunha luz moi alaranxada. Pero nesto, tal e como se notases unha presencia, deume o pálpito e dinme a volta. Unha raiola de luz saía do monte, e comecei a correr coma un tolo para chegar o alto do cabo e poder ver a nube de onde nacía o raio
Photobucket
Puxenme a disparar coma un tolo, con zoom, sen zoom, con pedra e sen zoom, con pedra e con zoom, con gaivota por medio... antes de que se fose o raio. Cando me da por mirar para a pantalla da cámara...."sin tarjeta cf" -AAAAHH! saíume un berrido como si me sentase nun mato de toxos. jajaja.. deume a risa, puxen rápido a tarxeta e saquei a foto que vistes. Que non ten nada, pero paréceme curiosa.

Non tiven que esperar moito para que a luz se comezase a ir permetíndome facer exposicións largas.

Baixei por unha zona pola que nunca me metera, que por certo é preciosa, e saquei esta panorámica
Photobucket
En realidade a panorámica "orixinal" segue pola esquerda ata atoparse de novo cos cantís, pero finalmente non a incluín porque non estaban ben enfocadas as pedras. Non sei como facer para enfocar ben algunhas zonas cando non hai luz suficiente nin para que o enfoco automático funcione nin para que eu poida mirar polo visor e enfocar a man. Se alguén que o sepa ten algún truco, agradeceríallo. Eu en ocasións así mandaba a alguén poñerse cunha linterna ou un mobil mesmo na zona escura para que o AF o collese, pero estando solo, e tendo as pedras entre as olas.... complicado.

Aproveitando a técnica de unir fotos, acordeime dun procesado dunha foto que fixera Dani, e púxenme a elo. Dúas tomas con exposicións distintas. Unha máis larga para a auga, e outra máis corta para as luces. Xuntámolas e non quedan nin as luces queimadas nin a auga escura. Non me gusta moito o encuadre da foto, pero chovía por momentos, facía moito vento, tiña que apretar o trípode contra o chan para que o vento non mo movese... vamos.. que non era momento para crear/buscar nada apropiado (con escusitas, que mal que mal jeje).Isto é máis ben unha proba.
Photobucket


Que teñas moi bo día!

martes, 10 de noviembre de 2009

Sesión en Montalvo

Gracias ó feisbuk, onde ás veces informo da miña situación "espacio-temporal", avisoume Dani (tamañero do Oeste) que ía a haber sesión en Montalvo. Ofreceume táboa e traxe por se me quería pegar un baño, pero as olas non é que abriran moito, eran o suficientemente fortes como para romper unha táboa (non me gusta arriscar a integridade das táboas alleas), e ó romper as olas tan cerca da orilla...case que aseguraba a posibilidade de sacar algunha foto interesante.
Así que, collín a cámara e púxenme a disparar. (Teño que mercar un tele 400, que o 200 quédaseme corto)
Dani estrenando a táboa como se merece
Photobucket
Photobucket

Un rapaciño que dominaba moi ben o body a pesar de ter 15 anos e ter empezado ós 14 Photobucket

As fotos máis curiosas e abundantes foron as dos wipe outs, xa que as olas caían con forza e só abría unha de cada 10.
Surfista anónimo amerizando en augas pontevedresas
Photobucket

A este rapaz, que andaba moi ben, cazouno esta ola de pleno. Vin como o labio lle caía na espalda e o espatarraba literalmente contra a táboa. Ata me deu a impresión de que rebotou e todo. Non puiden evitar alegrarme cando vin que na foto, cazara xusto o momento no que o labio entraba en contacto coas súas costas.
Photobucket

Abrían poucas,...
Photobucket pero as que o facían, eran espectaculares
Photobucket

Onda branca
Photobucket

Este é o típico "wipe out, que me quiten lo bailaut"
Photobucket

Algunha dereita tamén saía
Photobucket

Unha aperta!