miércoles, 30 de enero de 2008

Unha menos...

"Perry, a miña táboa tamén ten unha boa marca que a atravesa dun lado ó outro...temo que a miña sexa a seguinte.(en romper)

29 de enero de 2008 14:02"

Quen ía a imaxinar que, neste cachiño de comentario que fixen onte no post de "bañazos", se ía a convertir en realidade tan pronto.
Pois si señores, as NSP non son irrompibles
Photobucket

rompeume diante un olote dunha serie desfasada, fixen un pato profundo, pero a ola arrancoume a táboa das mans e rompeuna en dous no revolcón.


Hoxe houbo outro BAÑAZO en Mar de fora. Antes de marchar vin que a boia de cabo vilano marcaba 3,5 m polo que supuxen que estaría tirando a grande. De feito rompía peor que estos días atrás. Había seriotes que arrasaban a praia, rompían por encima do canal e todo. Pero seguían saíndo esquerdazas. De tamaño... pois máis ou menos os que marcaba a boia. uns 3 metros reais (Algo máis as máis grandes).

Marcos estívonos sacando fotos, pero non as podo colgar porque a cámara non era dixital, e aquí en cee tardan 2 días en revelar as fotos dende que a riada estropeou as máquinas de revelado. Pero espero colgar algunha en uns días.

Así que, xa sabedes, a falta de foto...
Photobucket
jeje, como vedes, o "lienzo" é un tanto orixinal. Tal é a pasión/obsesión por este deporte, que mentres limpaba a vitrocerámica...cada círculo que facía vía un tubo: Círculo-tubo, círculo-tubo. Así que, nun deles, pegueille uns retoques e dibuxei unha das olas que 2 horas máis tarde estaría surfeando.

un abraso!

seguinte proxecto?

Como socio do club de Surf "os tombos", dicir que a limpeza de Nemiña vai vento en popa. Xa está todo listo. había problemas cos permisos de costas pero está solucionado. Imos a montala :)

Dan nordés e 4.5 metros de ola. Tanto pode haber unhas olazas de impresión...como que teñamos que fuxir a unha praia máis resgardada. Aínda poden cambiar as prediccións...

Recordar que, os que queiran, poderán vir disfrazados para surfear pola tarde. Nos iremos :) Segundo información aportada polo presi do club...solo entre socios imos a ser unhas 30 persoas.

a comilona..penso que vos vai a gustar jeje...

se o primeiro proxecto resulta exitoso....témonos que lanzar eh
o próximo pode ser focos de campo de futbol nos montes cercanos á praia para surfear de noite :)

e o seguinte.....

martes, 29 de enero de 2008

bañazos

antonte en Nemiña, estaba un pelín "heavy" no pico do medio, ademáis de haber bastante corriente, pero unha vez no pico de enfrente do aparcamento, había algunha que saía máis amablemente e che permitía facer cousiñas na parede. Digamos que no pico do medio facías o que a ola quería (si eras capaz), e no outro, facías o que querías coa ola.

pero esta foi unha das consecuencias do baño
Photobucket

Suso atravesado pola dor dunha ruptura. Unha relación surfer-táboa acaba de rematar. Sentímolo moito Suso, esperemos que a táboa saia do coma, e non se convirta nun punto. (Perry, os anxos da garda non están en folga so para ti:)

O día seguinte estivo igualitoclavado, pero máis pequeniño. Os picos rompían da mesma forma, pero acabando o baño cunhas dereitiñas moi xeitosas

e hoxe....buf. un BAÑAZO. Esquerdas como churros, de 2.5 m moi cómodos, abrindo TODAS, maiormente rápidas, pero facilmente surfeables, e que te deixaban nun canal no que remontabas sentado. unha auténtica gozada.. Houbo, tubos, sifonazos, Ostións (presente!), gritos...de todo. e Saímos porque a ausencia de luz non nos permitía seguir, que si non.... .
Facían falta uns focos no monte, pero claro....non somos futbolistas, se non xa os tíñamos fai tempo gracias a calquer asociación ou concello. Moitas das esquerdas eran similares á da foto da cabeceira

a ver si mañá nun ratiño á noite fago algún dibuxiño, que teño moitas fotos mentais gardadas :)

Ah, queríavos comentar unha cousa...Ás veces, cando paso moitas horas na auga, ou varios días seguidos, doeme por encima da rótula. Teño como un pouquiño rozado, e se sigo bañándome, acaba por facerseme un bulto. Eu creo que é de facer os patos, ou de facer o impulso para levantarse... a alguén lle pasa?

apertass

viernes, 25 de enero de 2008

golfiño, delfín, dolphin,دولفين , delfino 海豚, golfinho

Xunto cos cabalos e os cans, un dos meus animais favoritos.
Photobucket

Pola súa beleza, pola súa intelixencia, pola súa simpatía...e porque comparten conmigo unha das miñas pasións...o surf! pero cunha diferencia, eles fano moito mellor :)
Disfrutando do surf


Neste hai secuencias nas que un surfista comparte a onda cunha bandada de golfiños


Podemos surfear olas co corpo (bodysurf), con kayaks, con bodyboard, con táboas, wavesky, kneeboards... O importante, é a sensación de surfear, de deslizarse polas olas. Se isto é así... o surf debe de ser o único "deporte" que foi practicado por animais antes que polos seres humanos. Se estou demasiado cegado, por favor, que alguén me faga vela luz.

Os golfiños non son os únicos animais que surfean ondas. Tamén o fan as focas, nutrias...Ata as gaivotas planean sobre a corrente de aire que a onda empuxa cara arriba ó avanzar cara a praia. Seguro que moitos as tedes visto. E todo isto, non o fan con ningunha intención que non sexa disfrutar. Porque si non o ían a facer? para pescar non é, e para avanzar sen cansarse tampouco (se non, non o farían unha e outra vez)

Os animais fan moitas máis cousas das que nos damos conta, e moitas, mellor que nós

Moitas veces teño visto a humanos loitando por intentar facer unha "O" co fume do tabaco, poñendo caretos e facendo unhas muecas que fan dudar da especie animal á que pertencen. Aquí, neste video, os delfíns xogan coas burbullas de aire que eles mesmos fan cunha destreza SOBREHUMANA

impresionante, non credes?

E aquí, humanos e golfiños danzando baixo a auga...


Por un lado sinto envexa... de feito teño buscado (por curiosidade) a forma de chegar a ter un traballo coma ese. Pero por outro lado, teño compartido momentos inolvidables con estos animais que non as cambiaría por ningunha coreografía de delfinario.

Cando un golfiño quixo compartir unha onda conmigo en Rostro, fíxoo porque lle apetecía, non porque quixese un premio.

Cando a manada de golfiños me perseguía mentres planeaba sobre a ría de Corcubión coa miña táboa de windsurf, eles facíano porque querían. Estaban sendo libres para decidilo.

Ese día sentín que me comunicaba cuns animais salvaxes... sentín que querían xogar, e xogaron conmigo...

Mentres navegaba a uns 45 km/h, e facía "eses" canteando coa táboa, eles imitábanme, seguíanme...cando eu saltaba, eles saltaban conmigo, á mesma velocidade. Escoltábanme un par deles diante, 3 ou 4 detrás, e 1 ou 2 por debaixo. Houbo un que mentres avanzábamos a toda velocidade, se puxo xusto debaixo da miña táboa branca boca arriba, como dicindo: "-eu tamén teño a panza branca!"...

Posiblemente un dos mellore momentos que vivín enriba dunha táboa de windsurf

jueves, 24 de enero de 2008

Pero esto que é? xD

Vaia carcajada que me entrou ó ver esta foto
Photobucket

jejeje...é algo tan esaxerado que da a risa. Imaxinádesvos ter esos músculos? bueno, ter témolos todos, aínda que non o pareza, uns máis escondidos que outros :) pero imaxinades telos así? para min que non chega ó cerebro toda a sangue que ten que chegar...

estouno imaxinando así, nesa pose, durante máis de 10 minutos, pensativo, despois de que lle preguntaran:-¿en que país está a capital de Francia?

ou ó mellor está pensando:
- ui! fáltame a rodilla esquerda! ou esa é a dereita? ah, non, é a esquerda, que coa rodilla dereita é coa que escribo.

Menos mal que non pode ser local de ningunha praia da zona...porque non hai traxes para el. jeje

Bueno, fora coñas... falando de persoas reais, posiblemente un dos máis "cachas" sexa o policía Ronnie Coleman. A ver quen racista ten os güebos de defender os seus ideais diante deste home/cabalo/rinoceronte/gorila :)


Un saúdo!

martes, 22 de enero de 2008

Auténtica animalada

Jose de Viveiro no "Berberecho" (Lugo)

Photobucket

Photobucket

Photobucket

Photobucket

Photobucket

Photobucket

Photobucket

Vaia ola! vaia tubo! e vaia aéreo!! para romper as costelas...
Como platos! me quedaron os ollos ó ver esta secuencia de fotos que me enviou Jose.
Impresionante. Este tio moito controla. tiven que ver a secuencia 3 veces para darme conta de que non é un invertido, senon un rollo amplíisimo....non?
O único backflip BEN feito que vin na miña vida, vinllo facer a este home nesta mesma ola.
E si vedes un tubo na mariña lucense, mirade para o seu interior xa que probablemente estea el dentro jeje.
Posiblemente a mellor secuencia do ano en España! Cando alguén atope algunha mellor que avise :)
Acaso non credes que merece perfectamente ser publicada nunha 360 ou surfer rule?

Unha aperta e gracias a Jose por enviarme estas fotazas!

lunes, 21 de enero de 2008

LU-540 Km 34

Alí...
Paro o coche o máis rápido posible, poño luces de emerxencia e baixo do coche a toda presa. Desfago 80 metros de camiño correndo costa arriba... e... Alí, inmerso nun silencio de oscuridade, onde atronaba o ruído do meu alento acelerado.... quedaba o corpo inerte. A luz da lúa permitiume atopalo, xunto ó gardaraíl, no frío e oscuro asfalto.
un corazón deixou de latir.
Si é que.... aaiiii!! xabarín xabarín....! non che dixo a tua nai que non se pode cruzar sen mirar? síntoo por ti, pero destrocei o coche e puidéchesme matar. De milagro non me empeñei demasiado en esquivarte o que me faría perder o control do coche... en tal caso podería acabar na cuneta... podería acabar dando voltas de campá, podería acabar ingresado...ou peor.

Polo menos non quedaches "mediomorto", parece que non sufriches.
Polo menos non pasaches os teus últimos segundos de vida correndo a morrer no monte. Menos sufrimento para ti, e menos gasto para min. Que xa que te quedaches aquí, a ver se polo menos o coto me paga toda a desfeita que me fixeches no coche, animal!!

viernes, 18 de enero de 2008

Casa con rodas

Supoño que moitos dos que pululamos por este tipo de blogs, soñamos algunha vez con ter unha boa furgo, ou , no meu caso, unha boa autocaravana. Moitos de vós posiblemente xa estaredes equipados con un trasto destes. Xa coñezo a varios...Pita de maruxíanorte, dani de surfinglife, barbakana, koko, Suso, Uxío, Zoilo...

Pois ben o meu "soño material" que espero conseguir algún día (cando aprobe as oposicións ou empece a facer sustitucións con regularidade) é unha autocaravana integral, cun bo garaxe, cama dentro da cabina pegada ó teito....etc etc

Un modelo que me enamorou é a Knaus Sun Liner (non o modelo novo, que parece unha nave futurista, senón o anterior)

Photobucket

E por dentro...
Photobucket

Aire acondicionado (para dormir fresquiños nalgunha viaxe a Marrocos), calefacción estática (para durmir quentiños ó pe dunha boa estación de esquí), cociña, baño, 6 plazas para levar a uns bos amigos, asientos de cabina xiratorios, garaxe para gardar todo o material de surf, kite, snow, monopatíns,cometas xoguetes varios...e/ou unha moto pequena ou bici eléctrica, un par de bicis por fora na parte de atrás, tele con parabólica e internet (xa as teño visto), e unhas boas bacas para levar un kaiak de travesía que carai jeje...

Parece só apto para ricos, pero de segunda man en alemania pode saír polo mesmo que un bmw normaliño ou un mercedes novo. Este modelo en concreto ronda os 40.000 euros con pouquísimos kilómetros.

Hai quen di que estou tolo por pensar isto, pero eu, nunha sustitución de 15 días nun colexo, aforraba de buscar piso tendo cacharro destes. E tan feliz! Aínda que si os alumnos ven a un profe durmindo no aparcamento do colexo, escoitando bob marley mentres se seca o pelo despois de pegarse un baño mañanero antes de entrar ó cole... igual me toman polo pito do sereno...jeje

En fin, soñar é gratis non? algún día chegará...
Ala, xa teño motivación para seguir chapando a cañón outras cuantas horas

Saúdos!

domingo, 13 de enero de 2008

(Reeditado) www.clubsurfostombos.blogspot.com

Boas!

Teño unha boa noticia para todos os que estemos concienciados co coidado do medio ambiente, para todos ós que nos guste coñecer xente, facer amigos, surfear olas, botarse unhas risas e comer churrasco!. Se eres unha destas persoas... atento á noticia!

Photobucket
(tedes permiso para copiar a imaxe e publicala por donde queirades... blogs, webs, foros...)

O Sábado 2 de Febreiro, realizarase a primeira actividade do novo club de surf e bodyboard "Os Tombos". Coa colaboración de todos os que vos apuntedes á iniciativa, realizaremos pola mañá unha limpeza da praia de Nemiña.

Ó medio día haberá comilona. Posiblemente empanadas, tortillas, ou churrasco (o menú aínda non está escollido creo). Para os socios será gratis, e para os que non, a comida so custará 5 euros (acabamos de empezar e non hai presuposto para máis ;). Por certo, se vos queredes facer socios do club mandade un correo a ostombos@hotmail.com (os socios pagamos 20 euros ó ano).

Pola tarde...o obxectivo é surfear, pero se non hai condicións en Nemiña moverémonos á praia que teña mellores condicións da zona.

Así que o que temos asegurado é: pola mañá limpeza e pola tarde surfeada. Pero esto non quita que adornemos o día con diferentes xogos ou actividades que se vos ocurran.(petanca, siesta despois de comer...jeje eu que sei)
Como o 2 de Febreiro é o finde de carnaval, podíamos surfear disfrazados para botarnos unhas boas risas por exemplo :)
Photobucket

Surfear con calquer tipo de obxecto...


En fin... ide pensando ideas tolas e divertidas para propoñer :)

Máis adiante, dende o blog de www.clubdesurfostombos.blogspot.com informarase máis ó miúdo de todo o que faremos e como o faremos.

Ós que vos guste a idea e queirades vir, mandade un correo a ostombos@hotmail.com para ir concretando o número de xente e así poder organizar todo o mellor posible. Só entre os socios xa imos a ser unhas 25 persoas, e cantos máis sexamos mellor :)

Unha aperta a todos!

sábado, 12 de enero de 2008

Hoxe, kite en Carnota

Hoxe fumos a Carnota.... unha tropa tremenda.
Nunca naveguei con tantas cometas... chegou a haber unhas 20 aproximadamente.
Uns 20 nudos de vento moi constantes permitíronnos gozar de boas navegadas entre olas de metro, metro e medio como moito.
Photobucket

Eu en canto vin un nubarrón gris oscuro que se aproximaba dende o horizonte.... baixei a cometa, unha waroo de 9 m que prestou zoilo, e recollín todo. Acordeime da alerta laranxa e os 40 nudos que predicían para a noite e puxéronseme de corbata. jeje

Onte ou antonte, mentres esperábamos a ver se comezaba a funcinar unha ola de pedra da zona, acercouse Tei con Ringo. Non sei se vos acordades, un mastín español moi xogueton do que vos falei no post de "rostro rostrón"
Photobucket

Pois ben... agora está así de grande, e pasaron un par de meses penso...
Photobucket

E aquí tedes unha instantánea que non ten precio jeje, Ringo mordéndolle a orella ó dono. jeje, a ver se impoñemos máis respeto eh Francisco!



Unha aperta!!

viernes, 11 de enero de 2008

Bañazo en Razo

Hoxe parecía día para ir a facer kite. Demasiado mar para esta zona pero tampouco o suficiente para algún recuncho, vento suroeste e chuvia "a pasto".

Peeero, un dos defectos máis grandes que ten o kite é que non eres independiente á hora de practicalo. Sempre necesitas alguén. A cometa pódese levantar un só, pero baixala.....tamén jeje pero so cando hai pouco vento. Cando hai moito vento, que pode ser o momento no que realmente necesitas baixar a cometa.... non hai forma de facelo (a non ser as que teñan quinta liña) ou eu polo menos non son capaz. A única forma para min é empregando o sistema de seguridade, pero é probable que a cometa empece a dar voltas e tes lío de liñas para dúas semanas. Pois bueno, a falta de acompañante e ...máis importante aínda, ante aviso de temporal e ventos de forza 8.... a idea do kite, queda abandonada.
(cando vexo próximas as palabras "kite" e "forza 8" son incapaz de non pensar tamén nun kitesurfista estampado no séptimo piso dun edificio próximo á praia)

Púxenme a mirar as webcams, e Razo tíñame boa pinta. E xusto cando estaba mirando a pantalla do ordeñador, os tios dun coche póñense os traxes, collen as táboas e corren para a auga. Así que eu fixen o mesmo pero corrín cara o coche.

Polo camiño estiven a punto de dar media volta arrepentido pola decisión... xa que me parecían moitos kilómetros (70) e saín moi tarde de casa. Así que estiven buscando para dar volta.... e buscando buscando... cheguei a Baio jeje. (chámase atención selectiva).

En canto cheguei á praia...dinme conta de que mereceron a pena os kilómetros. Para min foi un baño moi bo. Ó principio levaban moita auga ó estar a marea chea, pero despois foise quedando moi ben. na auga éramos 3 nun pico e 2 noutro. Juan de "Atako" (asociación de tamañeros koruñeses jajaj), Michi,Alex e Nacho. Un saúdo! e encantado de coñecervos.

O mar estaba ordenado, glassy, e unha brisa peinaba as olas á perfección. Dereitas e esquerdas.. as máis grandes sobre 2 metros e medio (reais) máis ou menos. Quedámonos os 5 ata a noite na auga. Saímos da auga concretamente ás 7.15. Literalmente non se vía nada. Eu a última ola que collín foi gracias a que viña rompendo de lonxe e dirixinme cara a parede da ola tomando como referencia a espuma, que era o único que se podía ver. Na ola, vía como subían pola parede as liñas dos reflexos das farolas...ata que me acabou tirando o labio porque non vin cando rompeu.Ía pola parede e derrepente.. pum! pabaixo jeje.

Ó saír da auga un cacaolat quentiño cos 4 novos amigos e pacasa


As olas parecíanse algo a estas (para o meu gusto eran mellores). Fotos sacadas por Bruno nunha praia de por aquí
Photobucket
Photobucket
Suso disfrutando
Photobucket
Mesi
Photobucket
Mesi e Felipe flipando mirando para un calderón. Mesi pensando:"ee.... o furado?" jajaja
Por certo, a "tabliña" que vedes ó lado do delfínido globicéfalo, é un 9 pes. :) aínda que eu o día que fun a esa praia nin o vin! (empanada que ten un)

(fotos do blog www.clubsurfostombos.blogspot.com)

Unha aperta a todos!

jueves, 10 de enero de 2008

Hugo Rosales bailando na rúa

Moi boas!

Eu e Salvia sempre dicíamos que molaba irse unha temporada de Galicia, a traballar nun sitio novo, coñecer "novas culturas", xente nova, facer novas amizades... É dicir, estes plans que sempre dicimos que estaría ben facer e casi nunca facemos.

Pois ben, houbo un verán (o do 2005) que se nos presentou a oportunidade e non a desaproveitamos. Fumos a Gandía (Valencia) a traballar nunha escola de windsurf e vela lixeira que se monta tódolos veráns na praia. Foi unha experiencia inolvidable. Pasámolo moi ben, coñecín moitíiiiisima xente (sobre 250 persoas solo en alumnos), fixemos moi bos amigos, vimos sitios novos, aprendimos moito sobre o oficio... e ademáis de todo isto.... curramos como negros. jejeje

Pero bueno, ó tema (como me enrollo, si me deixades nárrovos todo o verán..pff) unha noite que paseábamos por Gandía chamounos moitísimo a atención uns rapaces que estaban bailando breakdance na rúa cun radiocasette.

Non dudamos en acercarnos a observalo espectáculo de cerca. Eles estaban practicando/ensaiando/disfrutando, vamos, que non tiñan gorro para recaudación nin nada jeje.

Puxémonos a falar con eles, para preguntarlles si os podía grabar e eso e representáronnos unha coreografía e todo. Resultaron ser uns chavales encantadores.

Aquí vos deixo o video


Xa levaban horas machacándose, polo que estaban bastante cansados xa... pero aínda así...pff... mimadriña o que fai o rapaz


Neste video a camara non me enfocou, pero bueno, vese o que fai


E aquí o amigo que tampouco se queda corto..


Pois ben, a miña sorpresa foi cando, (dous anos despois) vendo a tele tranquilamente, vexo a un tio que me da a sensación de que o coñezo... e ó velo bailar... ato cabos.

Resultou ser o rapaz que coñecéramos en Gandía. Chámase Hugo Rosales, e é un dos concursantes do programa "Fama, a bailar!" de Cuatro. Xa vedes, casualidades da vida :)
Dende aquí deséxolle moita sorte e que disfrute da experiencia o máximo posible

Un abrazo!

martes, 8 de enero de 2008

kitesurf con 2cm de auga

Moi boas!

Antonte déronse condicións para facer kilómetros e kilómetros en busca de olas por medio Galicia para atopar pouca cousa. Así que, como case sempre que se dan estas condicións, e hai vendabal, fumos a Carnota a facer kite.

Cando cheguei, estaban alí Zoilo, David, Sara, Jose Guillén, Chakal, e algún máis que non coñezo. Pero cando se me estaba dibuxando un sorriso na cara ó ver as boas condicións de vento que había... pasoume o "peor" que me podía pasar para desdoblarme a personalidade como bo géminis que son, e sacar á luz a ese ser indeciso que me invade de vez en cando. Chámame Mesi decindo que recibiron unha mensaxe de un compañeiro de mar que poñía "playa &%&&%&% XA!". Neses momentos o único que tes claro é que si a praia estivese cerca, iría ás olas.Só nesos momentos te das conta do claro que tes as preferencias ante surf e kite. Pero aínda así, un mar de dudas comezan a pasar pola cabeza: E si chego alí despois de casi 1 hora de camiño e non está tan ben?... E si quedo aquí e alí está o baño do ano?....peorr! e si quedo aquí, monto a cometa e baixa o vento e non me da tempo a ir ó baño do ano!?...... e si vou alí e baixan as olas e aquí se queda o vento perfecto?....

Nun intento de aclararme....recurro ó "mamisferio". Chámolle así ó hemisferio cerebral que me di o que me diría miña nai acompañado dunha colleja a lo "Soledad Huete,viúda de Jimeno" de 7 vidas. E o que me imaxinei foi (ma, corríxeme si me equivoco): "Que olas nin que olas! vas a facer ahora ás 4:15 da tarde 60 kilometros pa ir ó mar cando aki tamén está ben!? vas a gastar gasolina podendo practicar deporte aquí tamén?! Ademáis, cando chegues vai a ser casi noite e seguro que vas a ir todo fostiao e aínda vas a ter un accidente!! Non podes estar en todos laos! Plas!! (colleja) Anda! Monta a cometa ponte a navegar e deixate de ostias..." jajajajaj estouna vendo.


Aproveitamos que a marea estaba alta e fumos á lagoa (coa marea baixa desaparece) e estivemos navegando con vento moi bo e auga completamente plana. Perfecto para practicar maniobras



Colgo este video porque me chamou a atencion a nova perspectiva dende a que está feita a grabación...imaxinade o chollo que debeu de dar a edición, porque a cometa non está sempre na mesma posición. Si vos fixades nas lineas da cometa, nótase que están rotando continuamente. Ademáis gústame porque aparecen unhas das poucas maniobras que me saen de vez en cando (o backloop). Cos leñazos tamén me sinto identificado jejeje. e o doble backloop aterriceino algunhas veces, pero o curioso é que ningunha das veces que o fixen foi de forma intencionada jeje.. Sempre foi intentando un backloop normal, pero que por motivos relacionados coa inexperiencia, descontrol, rachas fortes de vento, ou outros que lle deixo a Iker Jimenez... me dou conta de cando acabo a primeira voltereta estou a tal altura que me da tempo a dar outra jejej

Ó cabo de unha hora máis ou menos.. empezou a baixar a marea o suficiente como para que algunhas zonas da lagoa se quedasen con moi pouca auga. Había unha en concreto na que había tan pouco fondo que ibas durante uns 25 metros navegando cuns 5 ou 10 cm de profundidade. Había que ir moi cargado de vento, con velocidade, e totalmente co canto da táboa porque si a poñías en plano as miñas quillas de 8cm tocaban no fondo jejeje.Na estela, víase a area. É dicir, 2 ou 3 metros por detras da táboa, non había auga. Cando encallei un par de veces cos respectivos leñazos ... deixeime de aventuritas e solo navegábamos por donde había máis de 15 ou 20 centimetros :)

Cando xa era imposible navegar na lagoa, saímos á praia, onde había oliñas de metro e medio máis ou menos, pero o vento baixara un pouco en intensidade o que facía máis dificil remexerse entre as olas. E menos eu... que aínda non me sinto cómodo de todo coa cometa nas olas. Danme ganas de soltar a cometa, remontar, surfear e listo. jeje

E xa para despedirme, un video de kite coa mesma cámara subxectiva, pero esta vez con olas de por medio


Unha aperta!

sábado, 5 de enero de 2008

Intentando fabricar parafina

Moi boas!

Xa imos polo segundo intento e parece que nos aproximamos pero aínda falta un pouquiño.
O "sogro" e máis eu estamos intentando fabricar parafina. El aporta o material e experiencia con ceras, productos químicos...e eu próboa, colaboro un pouco, e trato de investigar os compoñentes que compoñen a composición, valga la compoñancia.
Photobucket
(método de fabricación algo rudimentario jeje)

Photobucket
Derretindo parafina en bloque para mezclala cos outros productos (a parafina pura en bloque é demasiado dura)

No primeiro intento, saiu unha mezcla moi oleosa. A dureza estaba ben, ulía a mel, pero era algo resbaladizo ó tacto, aceitoso.

No segundo intento probamos con 4 combinacións diferentes de proporcións. O que empregamos nesta segunda vez foi: Parafina (pura) en bloque, Parafina líquida, esencia de clementina e cera de abellas. A que mellor saíu das 4 que fixemos queda ben na táboa, crea unha capa menos resbaladiza que a superficie da táboa pero sigue sen ter a adherencia da "sex wax". Un dos fallos é que ule a aguarrás que tira patrás. Aínda que para usar con escarpíns con suela de goma podería servir.

Na foto, a pastilla azul é sex wax, a amarela foi o experimento, e a bola cocha é parafina usada.
Photobucket

Se saísen ben as probas... o gasto de facer pastillas de parafina do tamaño da amarela, serían máis baratas que as pastillas normais. Manda truco.

E o que si podemos facer todos...(eu aínda non o fixen pero farei a proba) é o seguinte:
cando "limpemos" a nosa táboa, e lle quitemos toda a parafina vella, sempre a debemos de recoller (porque contamina moito, coma o chapapote máis ou menos) e normalmente tirámola á basura. Pero cando se funde a parafina (ten un punto de fusión moi baixo) queda transparente como a auga, e toda a suciedade vai para o fondo do tarro. Vertemos a parafina líquida (limpa) noutro tarro, deixamos toda a suciedade no primeiro e cando a parafina reciclada volva a enfriar, volvémola a ter coas mesmas propiedades que ó principio e sen areas nin nada.

martes, 1 de enero de 2008

Despedindo o 2007

Moi boas!

Ó igual que moitos de vós, aquí despedímolo ano da mellor forma posible: A remollo

Unha chamada de Suso á unha da tarde fixo que saise para Arnela, encontrándome alí con el, Mesi, Bruno e Felipe. Pegámonos un baño tirando a decente; as olas tiñan un tamaño xeitoso, uns 2m ou 2 e medio, e algunha abría, pero non eran a maioría.

Ó sair, mentres nos cambiábamos, chegou Mario, e un cabalo que parecía un can. Mirade paí tamaño animal
Photobucket
Con el Felipe, Suso e Mesi

Despois fumos comer os 5 a Fisterra, uns bocadillos de calamares e un de polo (o meu) que sentaron de marabilla... e de postre...chámanos Marcos que está con Rueda e David en Rostro, que vaiamos para alí que hay baño.

Alí xuntámonos unha tropa, tamén estaba Uxío coa sua nova furgo, Manuel... e algún mais.
Photobucket
A ver se adiviñades cal é o meu jeje

Saía un pico xeitoso, dereitas e esquerdas. A dereita tiña un baixadón e volvíase fofa antes que a esquerda. Collimos algunha que outra ola decente.
Photobucket
Ó sair, visionado de videos co meu portatil na furgo de Suso, e para casa. Ben rebentadiños, estado perfecto para unha boa cea reconstituínte de noitevella... e despois a brindar e brindar e blindarrr, e blindaagg e glindadgg.. e iuuujuu.. glinglemos tods e goidadiño goa garredera, se guebes non gonduzas

Terra a dentro

Cando imos de visita á Terra cha, ó fogar da moza...
Disfrutamos dunha paz, fora do normal.
Cando te asomas á venta, hai máis silencio fora que dentro. Como moito escoitas uns paxariños e as árbores mecéndose. Rodeado de verde, e madeira, parece que o corazón comeza a latir cada vez máis despacio, nun lugar onde o estrés, non existe.

Aquí os gatiños, disfrutando desa paz ó aire libre
Photobucket

Que teñades moi bo ano