Unha tarde calquera, despois dun baño mañanero, achégome ata Rostro pola posibilidade de ter un segundo baño. Nestes segundos baños, tralo cansancio coa correspondente sesión de frío, aumenta a pereza/prejisa/vagancia/desazón/cansancio...que fai que inevitablemente suba bastante o nivel de esixencia con respecto á calidade das olas. Vamos, que ten que estar moi bonito de dios para botarse por segunda vez un día de frío :)
E cando existe a posibilidade de sacarlle unhas fotos a dous amigos, as posibilidades de quedar en terra aumentan. Aquí van unhas fotos que lles fixen a Dani Trillo e a Brais de Ézaro
Brais "cutbackeando" (sin enfuciñar, aínda que pareza o contrario)
Dani perfeccionando o seu botom
Secuencia (manobra rematada)
Si tivera que escoller unha foto que definise para min o surf, escollería esta:
Despois de un bo botom
Ven un bo xiro
Noraboa a Brais polo nivelazo que está collendo a pasos de xigante e a Dani por ese dominio con tan só un aniño de experiencia ;)
E de propina esta fotiña que describe moi ben como me sinto agora mesmo :)
Aterrizando me atopo. Aterrizando en casiña despois duns meses frenéticos, de curro, de coñecer xente, de kilómetros e experiencias... Pero diso mellor falo noutra entrada. Nesta surf e praia
Sesión en Vilar do 13/08/11
No seguinte enlace: VAN DE VERDE no minuto 13:30 entrevístanme polo tema do estado das praias, a súa limpeza etc... Un programa dos que fai falta, de concienciación ecolóxica. Unha aperta para Pablo Carballo (o presentador) e os seus compañeiros!
E a seguinte foto fíxena mentras pasaba a noite de cháchara co meu amigo Danix, en Sabón. Unha gran durmida na furgo para surfear o día seguinte ben cediño
Bueno, e vós que tal? ben? os fillos, a familia? :) que non me olvidaba de vós eh
Por aquí andamos despois deste mesiño de agosto pasado por auga. E non o digo polas chuvias, que tamén, (as plantas tamén teñen dereito a hidratarse, pensemos nelas), senon pola cantidade de persoas que este verán se animaron a aprender a facer surf, e por todas esas horas que pasamos na auga.
Uns repetiron de anos pasados, unha gran maioría comezaron de cero e algúns viñan de experimentar este deporte noutras escolas... en total unhas 55 persoas que cataron as ondiñas que a Costa da Morte nos foi regalando aos pouquiños.
Aprendimos en Mar de fóra, Carnota, Area Maior, Nemiña e Rostro. Ao non depender dun local fixo instalado na praia, collía a peaso furgo
(amigos... o meu prietomóbil, prietomóbil... amigos)
e quedaba cos alumnos na praia escollida...Alí onde as condicións fosen as mellores para iniciar aos rapaces. Bueno, rapaces e non tan rapaces, porque este verán tiven alumnos dende os 7 anos ata os 54, pasando por moito adolescente e por algunhas chicas majísimas que tamén rozaban a cincuentena
(Aquí Chelo e Victoria, dúas delas)
Un verán moi bonito, onde coñecín a unhas persoas estupendísimas, moito mar, moito surf, kayak, paseos, campamento de viveiro, windsurf, zodiac, xogos, veladas, rapazada, festas, furgoneteo para aquí e para alá, tamén bastante burocracia, amigos, mostra de teatro de Cee, pero sobretodo boa enerxía.
Ademais, a nivel interpretación tiven bastante sorte, porque ao acabar a rodaxe de Vilamor (a de hippies comuneiros), funme de campamento a Viveiro (que esto merécese outra entrada), pero en canto acabei o campa, o día seguinte funme a pontevedra a gravar unha curta; despois en agosto tivemos función de teatro con Volpone en Cee, e agora que estou acabando cos cursos de surf teño unha convocatoria para un micromicropapeliño na película de Jose Luis Cuerda ("Todo es silencio") e o 18 arrancamos a rodaxe dunha película na que estou como protagonista!! E incluso ao acabar a rodaxe da peli pode que teña algo máis pero isto xa o confirmarei cando poida confirmalo.
Vamos, que entre todo esto, as novas amizades, a furgo, e todo... pff, vamos, que estou que non cago, falando en plata.
Quero mandarlle unha apertaza tremenda a todos os que, por pouquiño tempo que pasárades comigo, formástedes parte do meu verán.
...despois dunha siesta destas largas que che deixan máis tonto e confuso do que xa estabas, púxenme a revolver no blog como quen mete a man ata o fondo do baúl dos recordos buscando non se sabe que.
A verdade, parece mentira que un puñado de ceros e uns, códigos html`s, e pixels colocados dunha forma determinada... poidan levarte a distintos momentos da túa vida, e transmitirche sensacións case como se fose un olor. É o que teñen as palabras, as fotos, e os videos. É o que agradezo de ter escrito tanto sobre a miña vida nestes xa catro anos de blog. Teño un baúl online de recordos non materiais. Que aínda que non teña a mesma maxia que un palpable e "ulible", algunha para min si que a ten. Podo preguntarme: ¿que facía eu no Outubro do 2009? e ir a velo :)
Recordo que cando comecei a sentarme fronte o orde a escribir tonterías varias, estaba preparando as oposicións de mestre, e supoñía para min un momento de liberación. Escapar dos apuntes e dun aturullamento cerebral para dar renda solta ás ideas, á imaxinación e charlar un rato conmigo mesmo e contigo ao mesmo tempo. Pero agora, por sorte, non teño nada de que escapar.
Unha, non teño uns apuntes ou traballo matador do que fuxir aínda que sexa mentalmente; Estou saboreando cada segundo da miña vida e non sinto a necesidade de compartila tanto coma antes. Que me segue gustando, compartir, pero non é para nada unha prioridade.
E dúas, que sempre teño traballo (que me gusta) acumulado (pero non me gusta que se me acumule). Agora, por exemplo, o photoshop está pasando un lote de fotos a B/N para non sentirme mal neste momento de "non eficiencia laboral".
Se non me puxen a escribir no que foi de mes foi porque pensaba: Antes de poñerme co blog teño que pintarlle o cuadro a Chus, ou o de Silvia, ou procesar estas fotos, ou entregar estas a fulano, ou o retrato de Aitor, ou ir a retocar tal mural, facer o cartel de cursos de surf, procesar aquel video...etc etc
É o que ten esta nova vida como autónomo. Que me permite o luxo de poder vivir de cousas que me gustan, pero as cousas non se fan solas. Fágase o que se faga, hai que traballar. Como se estás no paro, hai que traballar para buscar ou inventarse un traballo. E cando teño ratos libres gústame ir a surfear, ou coller a guitarra, ou o teclado, estar cos amigos...
Por iso actualizo menos (casi nada) e as visitas caen en picado mes a mes.
Por iso, non é que vaia cerralo blog, pero recoñezo que o estou deixando morrer.
Hai outro factor. Fenómeno facebook. Moito máis fácil e rápido compartir cousas, e ademais, moito máis interactivo no que se refire ás respostas da xente. Moitas veces currábaste unha entrada no blog e dábache a sensación de que escribías para ti e para as paredes. E despois autocollejéome dicindo: pero Rubén, se ti moitas veces visitas blogs, ves cousas que che gustan, e non deixas ningún comentario. Pero en fin, sómosche así de rariños.
E se algún está pensando: xa, pero co facebook so chegas a un número limitado de persoas, e cun blog chegas a todo o mundo. Pois por iso abrin o facebook (por se alguén me quere buscar: "Rubén Prieto Tomé"). Non poño cousas tan persoais como para que non poida ser público coma o blog. É máis, recoñezo que moitas entradas que teño colgadas no blog son máis persoais e íntimas que o que colgo no facebook...
Isto vai seguir aberto, pero supoño que o seguirei actualizando de pascuas en ramos. Por exemplo (porque sinto a necesidade de escusarme? jaja) agora veño de estar 3 semanas de rodaxe na Fonsagrada coa película de Vilamor (unhas paisaxes, experiencias e personazas impresionantes que me levo no peto), mañá temos función de teatro con Volpone en Cangas, despois quedan unhas semaniñas nas que recuperarei para rematar cursos de surf, cuadros, roupa surfcostadamorte etc... e o 17 marcho para Viveiro ao campamento de Area como monitor de windsurf ata o 28, e á volta xa empeza a temporada forte coa escola de surf.
Que por certo, aproveitarei este dominio (surfcostadamorte.com) para comezar a facer máis publicidade dos cursos de surf deste verán. Curioso. Mesma finalidade que a primeira entrada deste blog :)
Acaba de ocorrérseme un símil. Antes, retiña tódalas experiencias, fotos e anécdotas nun saco para contarchas aquí. E tamén para escribirmas nun minidiario (máis persoal) que tiña de "só cousas positivas" (recoméndollo a todo o mundo). Gardaba no saco, gardaba no saco, e despois dedicaba un tempo a quitalas do saco ordenadamente colocándoas nesta estantería.
Despois comecei a gardar, gardar e gardar, sen ter tempo a vacialo...ata que acabou rompendo o fondo do saco. E agora teño que esforzarme en non olvidarme das cousiñas que vou deixando no camiño, e de disfrutalas ese cachiño de tempo tan diminuto que tarda a experiencia en recorrer o saco dende a boca ata o chan. Momento tan efímero coma o presente.
Moitas moitas moitas apertas a todos os que estades lendo isto.
Aquí me tedes para o que precisedes
Pd: Merquei furgo!!
ç
(busco chapista bo e barato) :)
Sen máis rodeos, déixovos unhas fotos que sacamos onte María Ledo e eu en Nemiña. Graciñas! vas ter que facerte un blog María, que as últimas veces que actualicei foi con fotos túas! jaja
A Alberto, se o ves na praia na que estás, podes estar tranquilo, non hai mellor opción no que se refire a calidade de ondas :)
Rapaciños que andan como poucos dos grandes
Grandes que con pouco mar gozan como rapaciños
A última hora había sitio para que un gozase camiñando pola auga co seu sup.
Mamíferos como peixes na auga
foto: Maria Ledo foto: Maria Ledo Toño Casais perfeccionando día a día
foto: Maria Ledo foto: Maria Ledo foto: Maria Ledo Eu cada vez disfruto máis do longboard. Antes tiña a escusa de que tiña a táboa pequena a arranxar e non me quedaba outra que ir co tablón, pero agora que xa teño todo a punto..... parece que da pereza volver ao pouco volume. Minto, parece non. Dá pereza. O long para todo é máis descansado foto: Maria Ledo
Aínda que a esperanza de facer algún día algún xiro así, fai que un queira recuperar a manioabribilidade dunha short foto: Maria Ledo
foto: Maria Ledo Alégrame ver que cada vez hai máis rapazas na auga...
Falando de rapazas... Ela é Sabela Arán, a prota de Vilamor (www.vilamor.es) peli que xa estamos ensaiando e en nada comezamos a gravar.
Nela teño un personaxe moi pequeniño, pero por pequeno que sexa, hai que colaborar na caracterización! pintazas!
Apertas a todos e disculpade o abandonadiño que teño o blog! cuestión de traballo graciñas a deus
A semana pasada (ou fai dúas xa?) tivemos un par de baños en Nemiña.
Nun momento no que a marea baixara moito e as ondas eran rápidas e orilleras aproveitei para coller o meu pepino e disparar algunha que outra foto.
Sempre se agradece ter xente de nivel na auga porque collen calquer oliña e fan mil marabillas.
Aquí abaixo temos ao noso Moncho de Laxe facendo un floater
e acabándoo á perfección :)
Hoxe quero mandarlle un saúdo especial a Dani Trillo, un dos pupilos que comezou a surfear fai 4 meses escasos, xa mercou tablón, xa rompeu o invento en Rostro con 2,5m de ola, e xa parteu o tablón en Nemiña. Vas como unha moto!!
Apertas a todos e a disfrutar do que queda de Semana Santa!
Cando alguén di que en tal praia ou en tal outra houbo un "bañazo"... normalmente tratas de calcular as ondas que te perdiches facendo unha media entre: as olas que cres realmente que houbo en función das condicións meteorolóxicas e a fiabilidade do emisor.
Con isto non quero dicir que haxa "emisores" pouco fiables (que tamén), pero o que para unha persoa é un bañazo, para outros pode ser un baño mediocre. Eu penso que isto en parte vese influenciado polo nivel do surfista, xa que como ben di o refrán "cada un conta da feira como lle foi nela" e o que ten bo nivel disfruta ata na onda máis mediocre. Debe de ser por isto que son moi poucos os baños que califico desta maneira :)
Por outro lado, agora que o penso, hai moitos "pros" que se volven uns inconformistas e quéixanse de vicio cando teñen olas decentes pero non lles da para entubar ou para facer aéreos (teño escoitado a algún berrando na ola, ou máis ben, berrándolle á ola), e hai moitos que se inician no deporte que con calquer espumiña se van para casa máis felices que ninguén...polo tanto, o argumento citado anteriormente perde todo o sentido e podería eliminar estes dous parágrafos dun plumazo que a entrada quedaría exactamente igual. E ti non terías perdido dous minutos. Pero a vida éche así de dura amijiño xD
Conclusión? pois que hai que facer un esforzo e intentar ser obxectivos.
Obxectivamente, para min este foi un bo baño:
(Son eu intentando pillarlle o punto ao longboard. María graciñas pola secuencia!!)
Nun baño así estás agradecendo aos deuses ese regalo da natureza, pero dona Felicidade non é capaz de calar á señorita Avaricia cando a condenada comenta: Dios, se estivera un pelín máis grande sería un BAÑAZO!
E de alí a uns días chega isto
Dereitaza para un lado e esquerda para o outro
Tubo do portugués que se marcou en canto collín a cámara namais chegar. Como comprenderás, non aguantei un minuto máis coa cámara. As miñas pernas case me deixan atrás cando marcharon correndo a vestirse o traxe de neopreno para non perderse nin unha soa serie.
Na auga éramos tres e case nunca coincidíamos no pico. Sempre había unha ola que desexaba transportarnos ao ceo. E nós, encantados de deixarnos levar, por suposto.