miércoles, 27 de enero de 2010

Coche económico (900 €)

Daewoo Nubira familiar
2.000 cc 16 válvulas 137 caballos gasolina. Tiene 240.000 km.


Bueno, copio e pego o anuncio que colguei en "segundamano.es" por iso vai en castelán:

Coche ideal para beneficiarse del plan 2000. Si vas a comprar coche nuevo, adquiriendo este antes y entregándolo, te ahorras 1000 €.

Y si lo quieres para trote:
Nunca me falló de motor, es duro como una piedra.
Aire acondicionado y calefacción funcionan a la perfección.

Sigue andando perfectamente. Ideal como primer coche o coche para ir a la playa, meter las tablas de surf dentro o en la baca. (Dunha vez levei 14 táboas nsp 7`10``, 7 na baca e 7 dentro)

Es un coche de lujo. Si tenemos en cuenta que vivir de lujo es vivir sin preocupaciones, este es un coche para no preocuparse, por lo tanto un coche de lujo.

Coche para no preocuparse por si se rasca o no, ya que está bastante tocado de chapa.
Coche para no preocuparse por si le pasa algo o no, ya que cuesta muy poco.

Anda muy bien, coche muy potente. Hice viajes a la nieve, subiendo puertos de montaña con el coche cargado... y sube como la seda.

Con los asientos de atrás abatidos queda espacio para una cama de 2 m de largo. Dormí en él muchas veces de viaje. Viví tantas aventuras con él... lo voy a echar de menos.

Como lo que importa en esta vida no es lo material, sino lo referente a las personas y emociones... si ligais con este coche, podeis estar seguros de que la chica/o no se va contigo por el coche, sino porque le gustas de verdad, y eso, chicos, no tiene precio :)
Hablando de ligar, es un coche muy espacioso.

No os voy a engañar, el coche a nivel de "extras" está rebentado, pero tambien es cierto que yo llevo con él en este estado cerca de un año y todo tiene su truco... es como las personas, no todas somos perfectas, es cuestión de saber llevarlas.

Las ventanillas por ejemplo, cuando él está de buenas, suben solas con apretar el botón, pero otros días está más desanimado y hay que ayudarle a subirlas con la mano. Es decir, tiene EEAPM (elevalunas eléctrico asistido por momentos)

Es un coche muy libre, a él tampoco le gusta echar ancla en ningún sitio (como al dueño) por eso no quiere hacer funcionar el freno de mano. Pero si no quiere que lo matemos, tendrá que convencerse, ya que tiene que pasar la ITV antes de que acabe el mes. Y sin eso no creo que la pase.

A veces, solo a muy baja velocidad, hace un ruidillo en la rueda, pero no me quejo, yo cuando me levanto del sofá tambien lo hago y nadie me vende por ello.

2.000 cc 16 válvulas 137 caballos. tiene 240.000 km.
Su consumo obviamente, varía con el tipo de conducción. Lo mínimo que conseguí hacerle fue un 7,9... pero andando normal ronda los 10 l a los 100."

Se queres un coche de tralla, e non queres gastar moito carto, xa sabes. Contacta comigo a través do correo carpediemsempre@hotmail.com.

lunes, 25 de enero de 2010

Mi futura novia desnuda

Gústame conducir con boa música...
Momento especial, momento videoclip. E máis cando, estirando o meu brazo dereito, a atopo a ela. A man viaxa ata atoparse coa súa pel, aínda húmeda. Acarícioa de arriba abaixo sentindo as súas curvas...

Sinto a súa compañía aínda que non me mire. Sei que me vai dar moitas alegrías aínda que non mo diga. Coidareina. Mimareina. Protexereina para que nada nin ninguén lle faga dano.

Acompañarame a todos lados, sin protestar pola cantidade de kilómetros ou o frío/calor que pasemos. Sempre xuntos, nos mellores e peores momentos. Aportarame en cantidade e calidade placeres de todo tipo dunha intensidade incalculable. Placeres que moi poucos coñecen.

Posiblemente me salvará a vida nalgunha ocasión, e a súa alma resistirá todo o posible para non fallarme. Un gran vínculo nos unirá constantemente, e se se rompe, sen dudalo nadarei, correrei e loitarei o que faga falta para recuperala...

Observarei postas de sol con ela, abrazareina coas miñas pernas estremecido pola intensidade da beleza dos momentos, acariciareina, tumbareime sobre ela, notarei como se humedece...

AQUÍ está ela desnuda. Espero que vos gusten as súas curvas, a súa alma...

viernes, 22 de enero de 2010

Entubando teahupoo en kitesurf...

...(sin final feliz) é unha das cousas que se ven neste pedazo de video que me pasou Deivis.

Fixádevos no minuto 2.20 como as liñas da cometa atravesan o labio da ola. O resto do video non ten desperdicio.
É un recopilatorio digno de ver.

Se atopades algo pola rede que vos pareza interesante e queirades compartir non dudedes en enviarmo a carpediemsempre@hotmail.com

Unha aperta e sede felices!

miércoles, 20 de enero de 2010

O meu primeiro videobook

Onte FRAN ZEIBE rematou a primeira versión do meu videobook.

O videobook é unha ferramenta impresicindible para un actor ou para alguén que lle gustaría selo. Digamos que é o anexo ideal do currículum (xunto con un par de fotos). Trátase de un video-resumo no que se inclúen imaxes actuando en distintas situacións e diferentes rexistros para que o director de turno se faga unha idea dos perfiles que podes dar. Non debería durar moito máis de 2 minutos.



Retraseime moito na elaboración do mesmo porque sempre me atopaba nunha situación na que estaba pendiente de recibir algún material de algo que fixera. E cando ese material chegaba, xa fixera outras cousas das que aínda non tiña imaxes. Por iso dende que empecei, estiven esperando a "ter todo". Agora por exemplo, faltan unhas imaxes chulas do último anuncio que grabei e dun video cabecera dun programa no que empregaron uns efectos especiais chulos. Pero claro, se espero por eles...

Espero que vos guste

sábado, 16 de enero de 2010

Impresionante

Esta debe de ser a experiencia máis alucinante do mundo

wingsuit base jumping from Ali on Vimeo.


Como me gustaría poder chegar a facer algún día salto base...mimadriña. E con esas ás tipo esquío voador... xa nin che digo.
O que si que creo é que, por moito que puidese chegar a controlar, nunca me arriscaría a pasar tan cerca das pedras.
Máis que nada porque se non morro no intento, en canto chegue abaixo, un metro antes de tocar chan xa me mata miña nai co rodillo de amasar, esperándome cos ollos enroxecidos e ao grito de: "pasapacaaaasaaaaaa!!!!..."

lunes, 11 de enero de 2010

Meniña



Peza dun puzzle de emocións, nacendo do azar, gozando da cacería, irrumpindo no presente sen previo aviso, susurrando sobre o silencio, reavivando brasas, bicos salados dixeridos por bolboretas, alumando covas agochadas, bailando entre estalactitas, silenciando un futuro, conxelando un presente.

Perfectamente imperfecta, almofada de pensamentos, latido compartido, alento sentido...

equilibrando un vai ben que navega sen rumbo, mollándonos os pés...
Fabricando barco indestructible, viaxando polo tempo,finalizando a nosa búsqueda de persoas, axudándonos a observar, sentindo a vida, vivindo os sentidos. Permíteme protexerte, permíteme quererte, permíteme mirarte
... admirarte, escoitarte, ulirte, tocarte, sentirte

Cociñando mimos con sorrisos, saboreando bicos con salsa de agarimos...
Fonte de motivos

Permíteme atoparte
permíteme cazarte...

sábado, 9 de enero de 2010

Quad + neve + snowboard = ..... (reedit)

= a unha mañá ben divertida.



Un calzado co snowboard, o outro con un quad de 800, e unha corda como vínculo de unión (dios, flipoume Avatar...) remolcábamonos costa arriba e costa abaixo, por prados cortafogos e carreteras. Sendo estas últimas nas que pasamos a maior parte do tempo. Un espesor medio de 25 30 cm foron suficientes para que a máquina tirase todo o que quixese e máis, e esquiador puidese gozar facendo slalom na mesma carretera ou sairse á cuneta para coller máis neve.

A ver se repetimos mañá e collo os videos de hoxe, nos que se nos ve baixando por carreteras e prados nevados remolcados polo Atv de David. E isto a 10 minutos de casa!

Despois pensei que redondearía o día indo pola tarde a surfear, pero as olas non estaban como debían estar para compensar o frío, así que redondeeino sacando fotos como un mono ata que o dedo do disparador se me conxelou.

domingo, 3 de enero de 2010

Soños húmedos

Photobucket

Photobucket

problema co photoshop

Cando abro unha foto co photoshop, aparéceme cunha tonalidade distinta, pero ao exportala de novo a outro programa ou visor, parece que esa tonalidade desaparece. Vamos, como seo fotoxó usase gafas de sol amarelas para ver as fotos. Para ver ata que punto era paranoia miña ou non, fixen unha captura de pantalla e abrina con este programa. Volvín a facer unha captura da captura. Pegueina, captura da captura, pegueina... así sucesivamente e aquí podedes ver ata que punto se degrada a cor da foto.
Photobucket
Algún experto ten algunha solución ao problema?
Agradecereillo enormemente

sábado, 2 de enero de 2010

Unha de consellos

Fai 6 anos, estaba sentado nun banco dunha estación de autobuses, observando á xente que subía e baixaba, que chegaba e marchaba, que falaba e calaba, que miraba ou durmíaa (aquel "rapeiro" tira un papel na papeleira, a señora sacode o paraugas, o home gordo de xersei de rombos estase quedando durmido no banco, unha parella bícase e abrázase sen parar ¿chegaría ou irase?, a avoa agarra ao neto da man, unha señora baixiña ponse á cola do autobús...) intentando adiviñar a onde ían, que lles preocupaba, que os facía felices, e que demo se lles podía estar pasando pola cabeza. Os que máis me chaman a atención son os maiores. Canta experiencia, canta sabiduría, cantos consellos cheos de polvo porque ninguén se interesa en sacalos e buscar entre as follas cheas de vivencias, entre os anos cheos de palabras.

Rompendo a barreira da vergoña e do "que dirán", mirei para o vello duns 80 anos que estaba sentado ao meu lado, e pregunteille sen un "Ola" como aperitivo:

- Se tivese vostede 18 anos, que faría? (a miña idade naquel entón)

E pensando que me iluminaría cun par de consellos construídos de arrugas, callo, e un zume de arrepentimentos e alegrías, contestou:

- Pois esperar polos 19.
- .....


Entre que non era precisamente a resposta que me esperaba e que a súa expresión acusábame de ser un vivo exemplo de "a xuventú está tola"...non sabía moi ben que contestar, pero bueno. Serviume para ser consciente de que se hai xente nova que vive "esperando a que pasen os anos", como se non fosen envellecer...de vella seguirá pensando igual, esperando a morte. E dende logo que cada un é libre de vivir como lle apeteza, pero dame rabia cando vexo a xente que "desaproveita", ao meu modo de ver, a súa vida non vivíndoa a tope. Con isto non quero dicir que este vello tan amable (que non me pegou nin me contestou mal) fose un destes casos. Ao mellor era un paracaidista do exército americano que deu á volta 3 veces ao mundo, unha andando, outra en bicicleta e outra a cabalo...pero non lle apetecía contestar a aquel pipiolo da estación.

Aínda que, agora que o penso, ao mellor o vello contestoume intelixentemente e con humildade, porque os consellos hai que descubrilos por conta propia para que sirvan :) Como me rallo.

En realidade supoño que aquel Rubenciño que comezaba a saír do cascarón estaría esperando algo como o que se di neste video. (Vale moito a pena)


Unha aperta a todos e sede moi felices!