viernes, 30 de noviembre de 2007

Un día na Coruña

Hoxe tivemos que pasar o día en Coruña, así que aproveitamos para mercar un traxe de neopreno e facer esas cousas que fan os turistas cando chegan a esta cidade, e que nos nunca facemos porque estamos "cansados de ir A Coruña". Salvia e eu fumos a comer de bocata a uns bancos preto da Torre de Hércules, despois vímola por dentro (cousa que nunca fixera) e case para rematar o día visitamos o Museo do home.

Mentres comíamos, alucinei cando pensei que vira unha balea tremenda polo rabillo do ollo, pero era un submarino! impresionante. Nunca vira un
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
quedáronme ganas de ir ó porto para ver se nos podíamos acercar a velo... pero ó final pasamos.

Subimos á Torre...

e baixamos
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Despois visitamos o Domus. Xa fora de pequeno, de excursión co colexo, pero neses casos vas máis atento a tocalo todo e rirte cos compañeiros que a reflexionar sobre o que poñen "os montonciños de letras"

Aínda así pegámonos unhas risas vendo como nos quedarían uns quiliños de máis
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

e algún de menos
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

e vendo como quedaría a súa cara co meu nariz e a miña fronte :)
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Despois disto decidín non ter fillos por se acaso jejeje

De noite, despois de tomar un chocolate con churros, tiven quedarme un rato no coche escoitando música, e antes de quedarme durmido púxenme a garabatear nun bloc de notas que atopei. Por practicar. Despois de uns garabatos fallidos e non saber que dibuxar, mirei arredor para ver se algunha idea me entraba pola vista ata que me atopei no retrovisor. Empecei polo ollo e despois emocioneime e seguín, aínda que a boca me quedou algo rara, e non tiña sitio para acabalo todo. Igual un día si me da a venada intento autorretratarme en serio.
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
O que me coñeza xa me dirá si se me recoñece ou non... eu penso que aínda hai que pulir bastante :)

Ó chegar a casa non puiden evitar volver a probarme o traxe novo (penso que todos o fixemos algunha vez non? jej) e recordar a ..^¨erd^"-... de traxe co que me estaba botando ultimamente. Estreneino a finais do inverno e mirade xa como estaba. É certo que durante o verán co tema dos cursos (houbo semanas que estiven 6 horas diarias na auga)o traxe levou bastante tralla, pero penso que a pesar disto se deteriorou demasiado, non credes?
mirade o pescozo
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
e o agrietado que está
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

e este é o novo que comprei na tenda de Dani en Raz.
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Nunca tiven un oneill, a ver como me vai. Parece ser que é un dos poucos ou o único que ten termosellado por dentro e por fora ó mesmo tempo... ten uns detalliños moi chulos, a ver con que olas o estreno mañá :)

Con que sexan como estas xa me conformo
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Unha aperta a todos

miércoles, 28 de noviembre de 2007

Tai-chi

Será Tai-chi, será la sirenita? será un saludo al sol y ahora toca sacar el culo en pompa? jajajjaja pos no! Esta pose pertenece nada más y nada menos que a Occy. Para o meu gusto un dos surfistas con máis estilo do mundo...

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
jejeje, esto é para os que comentaban a postura "caricaturizada" que me saíu no debuxo que lle fixen a Pita. Vaia risas que me peguei no seu blog...

En fin. Cambiando de tema.

Onte parecía que había baño, pero estaba algo pequeniño e víase que había ventarrón. Decidín ir a facer kite, e creo que nunca naveguei con un vento tan racheado. Cando paraba a racha, era difícil manter as cometas no aire, e cando entraba a racha íbamos mangaos, por momentos casi pasados e eso que eu iba con 9 metros de cometa e Jose e Iván con 7. Houbo un momento que estábamos Jose e eu de pe, coa auga polo peito, aguantando a cometa no aire esperando a que chegara a racha. E dime el, "esto es como el surf, hai que esperar" ajaja e tanta razón que tiña. Estábamos esperando a racha como quen espera a serie sentado na táboa.

Por certo por se a alguén lle interesa, vendo a miña cometa de 12 metros a RRD Hypertype 12. É unha cometa do 2007 e usaríaa unhas 15 veces, 20 como moitísimo. Está en perfectísimo estado. Quen a queira ver ou probar que me chame ó número que está debaixo da cabeceira onde pon escola de surf ou que me escriba a carpediemsempre@hotmail.com.

Véndoa porque quero comprar unha máis pequena, porque vou empezar a navegar solo cando haxa ventarrón. Aquí nesta zona da costa da morte non hai medias tintas. Ou vas ou non vás. e os ventos que máis me molan son os fortes, para navegar con cometa pequena. Vendabaladas como a que vai a entrar este finde jeje. Comentáronme que pola zona de Coruña 12 m é unha medida bastante solicitada. Para quen non a coñeza é unha cometa con un rango de vento amplísimo. Teño navegado con ela cando xente ía pasada con cometas de 9 metros (tamén hai que dicir que casi chego ós 90 kilos, e tamén iba pasadete, o que quero é ir cómodo con esos ventos)...e cando sopla o suficiente para ir con calquer cometa, con esta tamén vas. A cometa ser é preciosa (para o meu gusto claro) e destaca moitísimo no aire. Para o que se queira informar en serio das características desta cometa que mire isto: http://www.spainkiters.com/phpBB2/viewtopic.php?t=38814&highlight=hypertype
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

un saúdo!

martes, 27 de noviembre de 2007

Baño a contrarreloxo

Hoxe tiramos para unha praia que con marea alta non funciona (a non ser que haxa moitísio mar) e como a marea hoxe subía sobre uns 4 metros polas mareas vivas, o baño estaba sentenciado de morte pola nosa lúa.

Cando me dirixía á praia, unha mensaxe fixo que o pe do acelerador me pesase cada vez máis (Pero dentro dos límites da cordura). Carlos xa chegara á praia:"hai baño, vou pa auga". Cando as mensaxes son tan cortas, significa que as olas son o suficientemente boas como para non perder un minuto mais en seco.

Cando cheguei á praia, víase que había tamaño bonito, máis de unha porta. Parecía que algunhas cerraban pero a que abría iba moi ben. Avisei a Dani de Raz (encantado de coñecerte) e tirei para a auga.

Pensando que o baño se ía a resumir en comer cerrotes para disfrutar de algunha que abra... a miña sorpresa foi que xusto cando pasei a última duna e cheguei a praia, vin unha pedazo de serie de película
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Carlos xa saltara dende as pedras á auga e eu corrín a todo trapo cara o canal.
Ó principio collimos algunhas boas. Saían esquerdas como churros e Carlos nos primeiros 20 minutos púxose morado. Eu collín unhas poucas das boas e despois xa tardaban máis. Facíanse algo máis tendidas polo que había que esperar á serie grande.

Despois de que subira demasiado a marea, nadamos cara o outro lado da praia, e despois volvimos a onde estábamos. Os rebotes que se facían por culpa da marea alta eran tremendos. Despois de comentarlle a Carlos que me molaban os 360´s que facía no labio, lentos e con estilo... mentres remontaba fixo un cerca de min e un rebote mandouno polo aire ata a base da ola. Deulle tempo a facer todo o tres sesenta polo aire. Estivo guapísimo. Eu pensei que o fixera apropósito pero dixome:" eu pensei que iba a ser un 360 normal..."

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Mañá baixa o mar... a ver que facemos...

Un saúdo!

lunes, 26 de noviembre de 2007

A falta de foto...

Bueno Pita, díxenche que che faría un intento de dibuxo daquela esquerda que pillaches con tanto estilo, e aquí está, espero que che guste :)

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

En realidade este dibuxo debería estar na entrada de "pitanaturalmystic en surfcostadamorte". Para o que non sepa do que estou falando, na entrada mencionada comentábamos que fora unha pena que a única ola que non foi grabada, foi "a ola" do baño. Unha esquerda que Pita surfeou moi ben.

E a falta de fotos, pois sempre intento plasmar as "fotos mentais", e eso máis ou menos foi o que vin mentres remontaba.

Un saúdo!!

sábado, 24 de noviembre de 2007

Pitanaturalmystic na costa da morte

Boas!

Onte tiven o pracer de coñecer en persoa a Pita de pitanaturalmystic.blogspot.com.
Chegou sobre as 11 da mañá, cargámolos trastos na súa peaso de Vito, e tiramos para Mar de Fora para ver o que se cocía.

As olas estaban bastante ben cando chegamos, pero liámonos un pouco a falar con Rueda (o novo fareiro dos faros Fisterra, Touriñan, Lobeira, Carrumeiro e Lariño... flipa!). E entre pitas e flautas metímonos na auga un pouquiño tarde. Aproveitamos unhas cuantas olas...
Este son eu

Unha pena que un esquerdón que pillou Pita fose das poucas olas non grabadas.
E dalí a unha hora máis ou menos, subiu a marea e as olas xa non tocaban fondo.

Recollímolos bártulos e tiramos para Nemiña todo pola costa, parando en Valentín a coller uns "bocadillos".Póñoo entrecomillado, porque realmente, non sei si o que nos deron eran bocadillos ou non. A vos que vos parece?

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Eu dicir díxenlle: -Mira, facedes bocadillos?

E en realidade penso que me entendeu:
- Mira, posme uns 500 jramos de xamón serrano en lonchas das jordas e en vez de envolvermo en papel poslle dous cachiños de pan un porriba e outro porenmbaixo?

Unha vez en Nemiña, intentamos comer os bocadillos como personas normales, (encántanme os retos) e despois collimos os tablóns
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

e tirámonos á auga, aínda que as olas eran algo máis pequeniñas que en Mar de Fora, chegaron para coller bastantes olas.
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Un abrazo!

jueves, 22 de noviembre de 2007

Onda de pedra

Onte surfeamos unha ola de pedra. Para os que non entendan do tema, que non pensen que me tirei por unha pedra con forma de ola nin nada polo estilo. Non me vai ese rollo; probei unha vez e rompín a táboa e perdín moito sangue polas rodillas....prometinme non volver a facelo... jeje é broma. Por ola de pedra referímonos ás que rompen sobre fondo de pedra, no lugar de facelo sobre area..

Ía a ser un día sen baño decente, pero unha chamada de Carlos animoume a ir ata xunto del. Máis concretamente fíxoo a mensaxe que me enviou:"a ola da pedra está rompendo mellor do que me parecía"

Aínda que vos podo dicir que esta ola está na costa da morte, non podo dicilo sitio exacto porque nun futuro quererei ter fillos, e para telos... sonme imprescindibles unhas partes que me arrancarían si desvelo o segredo.

Cando estaba chegando ó sitio de destino, supoñía que Carlos xa estaría poñéndose morado a tubos, pero sorprendeume unha chamada del: Coa emoción de que rompese esa ola, foi dende santiago a fume de carozo coa furgo na reserva dende Negreira, chegou onda o sitio secreto, púxose o traxe, colleu o body e marchou correndo a toda leche polo medio dos toxos ata que se lembrou de que lle faltaban as aletas (palmada na frente, plas!). Volveu correndo a furgo e cando a abriu deuse conta de que lle quedaran as aletas en casa (palmada na frente, plas!). Foi na furgo co traxe posto cagándose nas zapatillas dos que andan descalzos a fume de carozo para casa a collelas aletas. Cando ía arrancar para a praia de volta...a furgo íbao a deixalo tirado fijo por falta de combustible (palmada na frente, plas!) Foi á gasolinera e.... gasolinera cerrada (plas!). Foi aí cando me chamou. cando estaba pasando as súas cousas para o meu coche...deuse conta de que coas prisas se olvidou o body no lugar onde estaba a ola (plas!)pero tivo sorte, non llo mangaron.

Con todo este rollo, collimos a ola coa marea baixa de máis, pero aproveitámola algo.
Carlos colleu a máis grande e sería algo tal que así
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
(perdoade pola cutrada de dibuxo)
A ola foi impresionante. Tiña un tubazo coma un animal e un labio de medio metro de gordo. Ó haber tan pouco fondo, cando a ola pasaba por encima de algunha pedra fixo uns baches que fixeron voar a Carlos polo medio do tubo, pero aguantou ben e seguiu

Eu collín unha pequeniña de proba, e as dúas seguintes foron máis xeitosas, pero aínda así parece ser que casi nada comparado co potencial real da ola
As miñas supoñon que serían algo así
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Houbo unha sección dunha ola que pensei que as quillas me iban a tocar na pedra. Deberon pasar a uns 30 cm da superficie, en serio.

A marea continuaba baixando, e despois moitas olas rompían na pedra con esta forma (podíase esperar a ola desde a pedra)
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
A porta realmente non estaba aí, pero xa sabedes, póñoa para que vos fagades unha idea do tamaño. Non eran moi grandes pero tiñan moita forza

Houbo un momento no que eu, sentado na táboa, toquei cun pe na pedra. Púxenme de pe encima dela e dábame a auga por debaixo da cintura :) despois diso decidimos nadar cara unha praia cercana e seguir pillando olas aínda que cerraran algo máis :)

Foi un baño divertido, pero quedáronme ganas de probala co tamaño e marea adecuados....ten que ser a caña!

Unha aperta!

miércoles, 21 de noviembre de 2007

Visita ás Illas Lobeira REEDITADO

perdoade por tirar de "capítulo repe" pero é que me din conta de que non só no meu ordenador se vían as fotos cortadas pola marxe dereita :) e reducínlles o tamaño un pouco. Agora creo que se ven mellor. Tamén reducirei o tamaño de algunhas fotos de diferentes entradas por se queredes pegar un vistazo.

Nada de olas, nada de vento. O mar, coma un espello; o ceo, azul coma o mar, espello do ceo.

Non había ningún deporte "de risco" que practicar, así que Mesi, David e eu, decidimos ir ata ás Illas Lobeira remando. Era o día perfecto para ir.

-"vémonos á unha no peirao de Corcubión"
-"Perfecto,xa levo eu os bocadillos"

Despois de estar media hora esperando por eles dous, e eles dous media hora esperando por min, eu nun lado da lonxa do muelle e eles no outro, preparámonos para marchar.

Dúas piraguas, un kayak, sete bocadillos para os tres, cinco litros de auga, camara de fotos, e en marcha.

David e Mesi pasando por diante do castelo de Corcubión
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Primeira parada, o carrumeiro novo
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Subimos ata arriba, a pesar de ter os peldaños barnizados de color "branco gaivota" :)
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Fisterra dende o Carrumeiro
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Mesi e David co monte Pindo ó fondo
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Chegamos á illa. Esta é unha praia que en marea alta se queda nuns 6 metros cadrados.
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Dimos unha volta arredor da illa, mentres Mesi,(auténtico "local" da illa dende que era pequeno) nos ensinaba onde acampa cando vai, e nos contaba anécdotas das súas, como unha vez que foi 5 días cun amigo, sen campinggas e sen comida, comendo a base de pulpos e centolas e cociñando nunha pota; e tendo un palé de madeira para facelo lume para os 5 días...(este si vai a "supervivientes" arrasa jeje)
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

E como non, algo tiña que poñerme de mala leche.
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Non mo explico!! Tendo en conta que porcos hainos en todos lados, para min segue sendo unha contradicción tremenda. A xente que vai ata un sitio así, penso que é porque lle gusta disfrutar da natureza e das paisaxes que esta nos ofrece. E non sei como o estropea todo facendo esta merdallada! trátase de un antigo depósito de auga que se convertiu nun depósito de basura. Haberá que ir ó concello a poñer unha queixa. Aínda que seguro que non se fai nada ata que se inclúan estas illas no conxunto das illas atlánticas, xunto coas Cies...etc. Entonces, si que haberá multa para todo o mundo, ata para o que se acerque ata alí cunha piragua e se lle ocorra pousar un pe na area sen pedir permiso ó concello con 15 días de antelación.
En fin, corramos un estupido velo e intentemos seguir disfrutando da excursión...

Mentres Mesi e David foron a bucear para disfrutar do paisaxe subacuático aproveitando o transparente que estaba a auga...
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

...eu quedeime por aí sacando algunha foto
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Vedes a cabeza do bulldog?
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

un par de estratos de cuarzo partían a illa á metade
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

O faro das illas Lobeira
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

O Monte Pindo dende unha perspectiva pouco habitual
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

O piragüista invisible
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

A auga, máis que clara.
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

E chega a hora de marchar. Levantouse un pouco de vento do noroeste o que me dificultaba algo a remada xa que o kayak que levaba eu non cortaba a auga tan ben como as piraguas. Pero unha vez dentro da ría, a auga volvía a estar coma un plato.
A ruta feita foi esta. Uns 15 quilómetros entre a ida e a volta.
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Un bo día

lunes, 19 de noviembre de 2007

"¡Choca esas!"

Onte pensaba que ía a ser un deses días nos que a duda que ronda a miña cabeza é, kite ou surf? Se hai olas boas... non o dudo. Se hai olas regulares, e vento moi bo...non sei, pode que kite. En principio ía a haber olas en Rostro e vento en Carnota, pero ó final nin unha cousa nin outra. Quedouse como di miña nai en "día de croissant". Quedarse en casiña vendo unha película tapado cunha mantiña en boa compaña e comendo pastelada... mentres fóra chove a cántaros. Si amigos, hai vida fóra da praia e placeres fóra do mar ..jeje hai veces que me olvido.

Hoxe, cambiou o conto. Windguru marcaba 3 metriños xeitosos e non había case nada de vento. Rostro prometía.

Chamada a Rueda e rumbo a Fisterra.
Cando chegamos, víronse algúns olotes bastante bos. Víase que había un tamaño moi cómodo, pero parecía que había menos do que realmente había.

Solos na auga, disfrutamos de unhas boas olas. Co meu tamaño preferido e dereitas e esquerdas para tódolos gustos. Algunhas rápidas, outras non tanto.. Algunhas con tubazo...outras algo máis tendidas.. é dicir, Rostro.

Rueda colleu un dereitón bastante chulo, rompeulle unha sección por diante (moitas facían tubazo pero o tubo que fixo esta non era suficiente para menterse), pasouna por debaixo e despois esquivoume por arriba. (Vin as quillas algo demasiado cerca:)
a situación foi algo tal que así:
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Cando decidimos saír, houbo o típico parón de olas (Murphy está en todos lados) Pero non nos dimos por vencidos. Decidimos esperar e sair da auga "triunfando". Ó final, gracias a un seriote, saímos os dous collendo un esquerdón cada un.
Ó chegar á area, toda a felicidade que se nos acumula no interior a pesar do frío, exteriorizouse por parte de Rueda con un:

"¡Choca esas!"

sábado, 17 de noviembre de 2007

Escola de vela cataventos

Boas!

Onte as prediccións non prometían nada. Unha chamada de Rueda convenceunos a David e amin para que fóramos a Mar de Fóra a pesar de haber moi moi pouquiño tamaño. uns 90 105 cm de ola jeje. Collimos as táboas máis grandes e tiramos para alí. Pero unha idea que nos roundou pola cabeza fixo que parásemos no muelle de Corcubión a visitar a Noemí e a Marcos da escola de vela Cataventos.

Unha vez alí, fixemos un intercambio. Deixámoslles as táboas e puxemos (aínda non sei como) dous kayaks na baca do coche. Pensamos que con iso igual o pasábamos mellor nas microoliñas que nos esperaban... ou polo menos ía a ser algo diferente :)

Chegamos á praia, collímolos kayaks, e "pájua"
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Ó final, as olas non estaban tan mal, isto foi o que fixemos ;)

:) agora en serio, a parte plana dos kayaks cun lixeiro cóncavo aínda nos permetía coller algunhas paredes! pasamolo bastante ben para como estaban as condicións...pero unha duda non paraba de rondarme a cabeza: "¿como faran os "kayaksurfers" cando lles rompe diante dos fuciños un olote mentras remontan?" nin idea. Se hai algún lector que o sepa... si pode aclararme a duda agradézollo

Agora so me queda agradecerlle a Marcos e Noemí a súa paciencia. Se algunha vez visitades esta zona, que considero que é bastante bonita... propóñovos que disfrutedes da paisaxe das nosas costas dende o mar, e para facelo, nada mellor que alquilar algún veleiro (ou kayak) desta escola e disfrutar ó mesmo tempo doutro deporte moi chulo como é a vela. Claro que tamén podedes facer un curso!

A escola atópanse no peirao de Corcubión, e teñen bastantes barcos de vela lixeira, e algún outro con camarote e todo. Por moi pouquiños euros podedes pasar unha moi boa tarde. Se queredes poñervos en contacto podedes escribírlles ó seu e-mail: info@cataventos.net ou chamar ó Teléfono 666 36 93 24 ou ó 981745062
A súa páxina web é http://www.cataventos.net/

Un saúdo!!

jueves, 15 de noviembre de 2007

Viaxe a San Isidro Día 5 (parte I)

Moi boas!

Non sei si recordades uns videos que colguei sobre unha viaxe que fixemos a San Isidro...pois ben, faltábame o último día por colgar. E tardei tanto porque o video do último día duraba uns 13 minutos, e ó ser máis largo de 10 non sabía en que páxina colgalo, xa que casi todas teñen un límite de 100 megas ou 10 minutos.
Ó final cortei un cacho do video (esta parte), e cando teña tempo reeditarei a última parte, xa que teño un problema co sonido.

Si queredes ver, ou recordar os videos dos días anteriores a este, podedes atopalos na carpeta (etiqueta) que pon snowboard. E si non vos apetece pegarvos o atracón, recordo que o de mono vermello é Dani de Coruña, amigo e excompañeiro de piso, o esquiador de negro é Orozco, o esquiador de chaqueta beige é Ramón, a esquiadora de cazadora azul é Eva,o snowboarder de negro é Alex e o que non para de pegarse leches de cazadora laranxa son eu jejeje

Cambiando de tema, onte por falta de olas, fumos Iván, Jose (Guillén) e eu a facer kite. Vento algo racheado pero na racha íase ben. Os dous saímos moi contentos da auga porque Jose pegou chimpos moi chulos e controlados (un vinllo eu e subiu 2 metros e medio mínimísimo), Iván tamén pegou varios saltos e un saltazo de medo(que lle viu Jose), e a min saíronme un par de 360´s cambiando de sentido...

E hoxe, supuxen que habería olas, polo que aparquei a cometa e fun a Fisterra. Aproveitei olas chulas en solitario sobre as 3 da tarde, cando as máis grandes chegaban ós 2m (unha porta), máis tarde chegou Felipe (o presi) que se fixo un par de tubiños, e acabou subindo a marea demasiado provocando que nos fóramos. Pero foi un bo baño.

Un saúdo!

martes, 13 de noviembre de 2007

Castañazo de Mesi en Rostro

Moi boas!
a falta de olas, tiro de "fotos de archivo" para recordar baños e momentos vividos.

Neste video aparece unha pequena leche das miles que nos pegamos ese día os da panda. Resulta que as olas eran moi orilleras, pero chegaban para recorrer uns metriños (os que non saíamos voando por culpa do rebote) para finalmente estrellarnos o máis artísticamente posible.

O premio goya das caidiñas foi para..........Mesii!! por su interpretación en "todo lo que sube baja!"

jeje...
Ese día case houbo máis carcajadas que olas, que xa é dicir.
Unhas das máis grandes (carcajadas) foi cando sucedeu o seguinte suceso, valga la sucedancia:
Rueda, Mario, Bruno, Marcos e penso que algún máis, estaban na orilla, ríndose de nós, e coas mans aguantando das tripas máis tempo que da cámara...

Eu saín un rato da auga para ver un ratiño o espectáculo...(sin cambiarme o traxe nin nada)

a marea estaba subindo, e detrás dos observadores estábase acabando de formar unha pequena laguniña alargada, paralela á praia..Eles dábanse conta, pero non lle deron importancia (había saída polos laterais)

pero nesto que unha ola das da serie, rompeu con tal forza que fixo dudar se chegaría ata onda eles ou non. Case todos se deron media volta dispostos a escapar da ola que os mollaría por completo, pero, ó atoparse coa laguniña, tiveron que correr cun fogete no cu de forma paralela á praia ata rodear a laguna (non sei si me explico)..

... Pero Rueda, que tardou uns segundos máis en reaccionar pensando que a ola non chegaría onda eles... cando decidiu escapar, a auga do mar xa se unira coa lagoa por un extremo. Foi correndo cara o outro lado da lagoa e a ola tamén chegara onda ela, cambiou de sentido, volveu a dar a volta... estaba acorralado! a ola estaba uníndose coa lagoa dende os extremos cara o centro deixando a Rueda atrapao no medio... el, berrando coma un tolo, pasaba por min dun lado para o outro correndo sen saber que facer... dun lado para o outro.. tal cual coma un dibuxo animado.

As risas dos compañeiros impedíanlle fixarse no que lle decía eu entre carcajada e carcajada:" ven que te collo no colo! jajaja jajaja jajaja, ven que te collo! jajaja"

No último momento, saltou cara min cual recién casada e collino como bo marido. safou da molladura. Eu co ataque de risa que me estaba dando case non podía con el... pero finalmente deixeino na area seca. Cada vez que me acordo dame mal xD

En fin... esto é surf amigos...e non levar unha pegata de quicksilver na punta da táboa, non credes?

Unha aperta a todos e a disfrutar do surf dos amigos e da vida como se fose o último día

CARPE DIEM SEMPRE MEKAJINÁ (pero pensando en maña;)

domingo, 11 de noviembre de 2007

Tombos contra espigón

Non sei ata que punto será perigoso esto. Eu antes de colocarme ahí quedaríame un bo rato mirando o que fan as correntes arredor do espigón... pero se vise que non hai perigo... non o dudaría. Ten que ser impresionante non credes? Debe de retumbar o espigón enteiro! (falo de colocarme ó abrigo do espigón no que rompen as olas eh, non o de lanzarme á auga... que aí un falliño e ala, tetrapléxico)

saúdos!

sábado, 10 de noviembre de 2007

A ver se chega o inverno!

Xa me esta picando o mono!
A ver se acaba o verán e chega o inverno dunha vez! os embalses estanse quedando sen auga, e xa comezan as ganas de que chegue un temporaliño como poseidón manda. Un bo vendabal para surfear neses sitios nos que so se pode surfear cando windguru marca 8 metros... e sobre todo para ver se chega algunha nevadiña.

Cada vez que paso polo garaxe e vexo a táboa de snow chea de polvo... penso "tranquila que dentro de pouquiño...imos a disfrutar ti e eu xuntos...acordaste? que recordos!....momentos placenteiros... revolcóns pola neve....ui cando te collaa... voute a rebentar! a ver si eres tan flexible como din..." jeje (quitádelle tódalas connotacións sexuais, que non era a miña intención)

a ver se cae outro paquetón como o que caeu o 3 de Marzo do 2006
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

e nos pegamos unha escapadiña a Leitariegos a disfrutar da neve virxe dos forapistas
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Un saúdo e a bailar todos a danza da chuvia!

martes, 6 de noviembre de 2007

Club de surf "Os Tombos"

Moi boas
Comezou sendo unha idea que comentábamos algún día casi de coña algún sábado á noite, e acabou sendo unha realidade. Xa existe o Club de surf e bodyboard "Os Tombos".

É unha asociación de surfistas e corcheiros da Costa da Morte, coa que pretendemos promocionalo deporte e pedir algunha cousa como que arreglen camiños (como fixeron co de Rostro) que arreglen as entradas das praias (o que non chora non mama).... organizar barbacoas, quedadas, limpeza de praias...etc

Crearon un blog fai moi pouquiño para estar máis de cara ó público e colgar algunha que outra foto como esta
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Un dos da panda. Se vos fixades nótase que en realidade está acabando o aéreo, vese máis á dereita a salpicadura de por onde saltou hacia arriba

esta é a dirección www.clubsurfostombos.blogspot.com

Un saúdo e boas olas!

domingo, 4 de noviembre de 2007

Visita ás illas Lobeira