queda alguén por aquí? :)
Sen máis rodeos, déixovos unhas fotos que sacamos onte María Ledo e eu en Nemiña. Graciñas! vas ter que facerte un blog María, que as últimas veces que actualicei foi con fotos túas! jaja

A Alberto, se o ves na praia na que estás, podes estar tranquilo, non hai mellor opción no que se refire a calidade de ondas :)

Rapaciños que andan como poucos dos grandes

Grandes que con pouco mar gozan como rapaciños

A última hora había sitio para que un gozase camiñando pola auga co seu sup.

Mamíferos como peixes na auga


Toño Casais perfeccionando día a día



Eu cada vez disfruto máis do longboard. Antes tiña a escusa de que tiña a táboa pequena a arranxar e non me quedaba outra que ir co tablón, pero agora que xa teño todo a punto..... parece que da pereza volver ao pouco volume. Minto, parece non. Dá pereza.
O long para todo é máis descansado

Aínda que a esperanza de facer algún día algún xiro así, fai que un queira recuperar a manioabribilidade dunha short


Alégrame ver que cada vez hai máis rapazas na auga...
Falando de rapazas...

Ela é Sabela Arán, a prota de Vilamor (www.vilamor.es) peli que xa estamos ensaiando e en nada comezamos a gravar.
Nela teño un personaxe moi pequeniño, pero por pequeno que sexa, hai que colaborar na caracterización! pintazas!

Apertas a todos e disculpade o abandonadiño que teño o blog! cuestión de traballo graciñas a deus
7 comentarios:
¡Guau!. Que buena pinta! Y que pena habérselo perdido. Hay algunas fotos más en supgz: http://www.supgz.com/?page_id=376
Saludos!
Ó final entraches ehhh??
Ainda quedamos algún non che preocupes, por certo merquei un long pero de terra, con rodas vamos hehehe
sau2
Sabía que ti tamén caerías na tentación do longboard XDD se é que non falla, o que proba, repite. Por certo, onte ías gozala por aquí, houbo oliñas grandotas das que che gustan ;)
Unha apertiña desde o Noroeste, meu
Tony
Boas Ruben!
Boas fotos e boas ondas, o que non sabia era o do cambio de taboa Non sei, o que dice Tony xa o teño escoitado, vai a ver que probar un dia...jeje Por certo, quedache moi ben o novo lock!
Saudos pra tod@s e boas ondas!
grabar se escribe con B de BURRO
VALLA!!!!! PERDON EN VISTO QUE EN GALLEGO SE ESCRIBE CON V
Publicar un comentario