domingo, 8 de julio de 2007

PORCOS EN NEMIÑA

Tremendo! Hoxe en Nemiña éramos bastantes, polo que tivemos que aparcar os coches por un lado e polo outro pola pista hacia arriba.
Estábamos unhas 10 persoas, cambiándonos, coas táboas por alí, as toallas (evidentemente sen molestar a ninguén) e... ¡un tio que marchaba cunha autocaravana sun traveler costa arriba, empezou a vaciar o deposito de augas grises tan pancho!
Iba a dous por hora e vaciando o depósito deixando un rego de auga que cheiraba a cristo bendito, e mollándonos as táboas e toallas que tivéramos pousadas polo chan.
Desde ese momento si queríamos pasar dun lado a outro da pista tíñamos que saltar o rego de auga que deixou.

indignante!

A AUTOCARAVANA EN CUESTIÓN TIÑA MATRÍCULA DGV ERA UNHA SUN TRAVELER E A MATRÍCULA CREO QUE ERA 2079 DGV (DA LETRA ESTOU SEGURO)
Si alguén que os coñeza está lendo isto, que lle diga de parte miña e moi educadamente, que son uns auténticos PORCOS!

hai que ser sinvergonzas. ¿que lles costaría vacialo depósito 100 m máis arriba? Non, tivo que facelo alí, diante nosa manchándonos e salpicándonos todo.

Chegan a facelo en Ferrol e rompían a autocaravana en mil cachos a pedradas. Pero no, en Nemiña no, como en Nemiña hay muy buen rollo, y los locales son muy majos... que les den por ... En fin, cando mellor se portan uns peor os tratan. E eu que pensaba en facer un cartel de Benvida, e de bo rollo na praia de Nemiña...

22 comentarios:

Anónimo dijo...

¡Manda carallo!... o que tedes que facer todos os colegas que disfrutades da praia é falar cos porcos eses... igual volven, e cando volvan cantádelle as corenta!

}:(

Anónimo dijo...

O que hai que facer tamén é, que algún que ten un blog que se pasa a maioría do tempo conseguindo que os sitios se peten de peña, decirlle que estea calado e que se dea seus baños sen publicalos, que non por eso vai ser nin mellor nin peor.
Penso que daste conta de quen estou a falar... (non de ti)

Haberá un momento que a xente sexa unha peste, e logo a ver cómo os botas.

Boas ondas

Anónimo dijo...

doulle toda a razon o anonimo.os de coruña ke lles dedn polo cu,non teran praias ajodelas pora ala arriba.bou ter ke poñer o maza pulpos no coche.menudos porcos.un saudo meus

Anónimo dijo...

Amodiño.Penso que non deberíamos de mezclar os dous temas. Unha cousa e ser un porco e outra é que si a peña te dereito a vir a miña praia a e todo o rollo ese que xa é moi vello.

Hai 15 anos que me din o primeiro baño en Nemiña e xa era unha praia coñecida por moita xente, e se os fondos están ben, ten tanta calidade, que che aseguro que a noticia corre por toda Galicia a gran velocidade.

Por outra parte a min tampouco me gusta o estilo de según que blogs pero é o que ten a liberdade de expresión e o internet.

Na coruña hai porcos como en todas partes, xeneralizar é unha barbaridade casi tan grande como chear a praia de merda.

Rubén Prieto dijo...

Ei ei ei.. vamos a ver:

Este é un tema delicado e máis que debatido.

Estou seguro de que Koko non o dixo en serio de todo... (ou eso espero)

Vou por puntos, de feitos máis concretos a menos.

Que un autocaravanista fixese un xesto moi feo diante nosa (que rozou o recochineo e a burla) non significa, (nin ninguén dixo) que fose de Coruña. No caso de que o fose, non significa que todos sexan iguais. Non xeralicemos. Hai porcos, limpos , tontos, listos, maleducados e educados en tódolos sitios.

Que un autocaravanista fose guarro non significa que todos o sexan, de feito, as 3 autocaravanas que saíron detrás do "guarro", saudaron moi amablemente e foron educados.

Os limpos, respetuosos e educados, serán benvidos, sexan de donde sexan. Teñen o mesmo dereito de estar en Nemiña que nos.(inda que o sentimento non nos diga o mesmo)

Por outra banda.Algo que xa é evidente, é que gracias a internet, se facilitou ata límites insospeitables a búsqueda de boas olas.

Ó principio as protestas e queixas comezaron coa aparición de páxinas como windguru, que poñían demasiado fáciles, e á man de todo o mundo, unhas prediccións prácticamente perfectas.
Eu preferiría que todo seguise como fai 10 anos: cando tiñas que coller o periódico de dous días antes, mirar os milibares da borrasca que estaba no gran sol, e calcular o tamaño das olas... a súa dirección, e vento que iba a haber.
Daquela, era demasiado risco vir ata Nemiña dende Coruña ou VIgo só para ver si había olas. Se non as había eran máis de 200 km en balde, e a xente non estaba pola labor.Non viña nin cristo.
Pero cando Nemiña funcionaba máis de 3 días seguidos, alí presentábase todo kiski.O día que vin máis xente na auga foi fai máis de 5 ou 6 anos. Habería 50 ou 60 persoas. E non había ningún blog!

Eu apostaría, a que si ese blog do que todos falamos desaparecese do mapa... todo seguiría exactamente igual con respecto ó número de xente nas praias.

É un blog que ten fotos moi chulas, e que visito case tódolos días (sobre todo cando estou en Lugo) porque no lugar de estar falando media hora con Mesi mentras me comenta como estiveron as olas que me perdín... miro as fotos del, e punto (unha imaxe vale máis que mil palabras). En gran parte, foi un dos primeiros blogs que comecei a visitar con asiduidade e me motivou a crear o meu.

Volvendo ó tema de antes (a facilidade da información).. temos que entrenar un pouco esa capacidade de empatía e pensar un pouco nos rapaces/as que soen surfear en Malpica, Caion, Razo... e pensar como lles debe de sentar que haxa unha webcam enfocando as "súas" olas día e noite. Deben estar que bufan. Agora ben.. a nos, como nos conveñen! afórrannos unha viaxe ata Malpica ou Razo, que non é broma. cantas veces me ten levado miña nai a pillar olas ata malpica(eu con 14 aniños)...razo.. e chegar e non haber nin gota de olas. Esas webcams seguro que fan máis efecto que un blog e perxudican máis ós locales. E por ahora ninguén rompeu cunha pedrada as webcams.

A min, tamén me gusta surfear en praias diferentes, surfear por toda Galicia, probar as olazas que hai de pedra na mariña lucense...etc e trato á xente como me gustaría que me trataran. Non me gustaría que ninguén me dixeran: tes olas a jodelas na túa zona! pa que ves paquí!

bueno, é igual, non me enrollo máis. Deixo así esto un pouco no aire. Un día un tio díxolle a outro en Razo: Tio, hay gente porque hay olas! Así de simple.
O unico que nos queda é portarnos ben, respetarnos... non saltar olas, e non andar buscando a preferencia continuamente... respetar un pouco o turno no pico. Saudar, sorrir, e todo listo

hakuna matata

Anónimo dijo...

que asco...y encima en nemiña, mas pecado todavia,
yo no pondria cartel de bienvenida, el que quiera ser bienvenido que se lo gane respetando.

Anónimo dijo...

joder yo no entiendo porque la gente las toma tanto con los de coruña. Si vamos a ferrol... mejor anda con mucho ojo, si vamos a Lugo...uuu los de la coru, si vamos a costa da morte...siempre hay buen royito! la cuestion es respetarse entre todos. Y como en todos lados siempre hay personajillos que se creen los amos aya donde vayan (a esos ni agua) pero si algo caracteriza "vuestra costa" a parte de las pedazo de olas, son esas risas que uno se puede hechar en el agua y sentirse como en casa, nunca perdais eso!! Saludos a toda la panda. Good Berberechos!

Anónimo dijo...

Creo que non hai lugar a máis polémicas, xa que quedou bastante claro que no referente á boa/mala educación non hai rexionalismos... haiche de todo en todos lados! estaredes dacordo comigo, ¿non?

Quizais o comentario de koko foi un pouco desafortunado, pero non creo que o fixera por mal, así que ... collede aire polo "narís" e todos comigo: "..OOOOOOMMMMMMMMM..."

;) relax

Anónimo dijo...

COmo dixo o último Anónimo:
Good berberechos (e engado)..and great sentolos!

Rubén Prieto dijo...

jajaj Ahí ahí.
Good berberechos a todos
En nemiña hai moi bo ambiente. O que fora antonte sábeo. Entre nos collemos as olas xuntos.. saltamos dunha táboa a outra (antonte mesi saltou para a miña táboa e fumos un bo rato facento tandensurf :)

Eu cos de Coruña nunca tiven nin un solo roce. Teño ido a surfear a Caion con bastante xente e sen problemas...
e cos de Coruña na costa da morte moi guay. Unha vez, nun bañazo de semana santa do ano pasado, un tio tiña preferencia nunha pedazo de ola preciosa, e cedeuma... "venga, dale tu..vamos vamos!"
Despois devolville o favor da misma forma... e así, surféase moi moi a gusto.

Imaxinade que fose ó reves. que cada un collese a mesma ola pero por saltarlla ó outro.. dios que asco, que mal rollo.

Un abrazo a todos!

Anónimo dijo...

Qué triste!!

Desde luego, me parece vergonzoso, y más un sitio como nemiña... Bueno, en cualquier sitio.

Un abrazo y a cuidar entre todos ese precioso lugar.

aWaKaTe.

iago dijo...

1. non pode vaciar o depósito nin ahí nin 100 metros mais arriba nin onde non haxa ninguén. So pode vacialo en aquelas areas de servizo para caravanas onde xestionen dalgunha das amneiras eses residuos.

2. é totalmente sacionable. é un deber e un dereito de todolos cidadans denunciar actos contra o medioambiente coma este, contemplados na lexislación de montes, de conservación da natureza e de protección ambiental... e de seguro que ata incumple o código de circulación.
A zona de Nemiña, integra o denominado "LIC Costa da morte" (lugar de importancia comunitaria), proposto para a Rede Natura 2000 e ademais protexida pola "directiva aves" e a "directiva habitat" da lexislación ambiental comunitaria, ten unha importancia que a poboación non acada de entender.
Debería sair de nós, sen que tivese que ser lexislado nada pola Admón, o cuidar e protexer este de espazos e habitats tan delicados.
Neste pais o que falta é educación, e non falo de carreiras universitarias precisamente.

3. Eu recomendo tomar nota da matricula como fixo Ruben e chamada inmediata o SEPRONA (garda civil). Ademais eu sacaría unha foto e a publicaría (blogs, foros e nos xornais)

Anónimo dijo...

joder como anda o tema, e todo por un porquiño que soltou a mexada sen sacudila.
Estou totalmente dacordo ca malloria dos comentarios, Nemiña e unha praia especial donde o 99% da xente que por eiqui pasa e respetuosa cos demais e co medio.
E nos como habituais de nemiña non podemos permitir perder este bo rollo que hai con toda a xente que por eiqui pasa (ferrolans, coruñeses, alemans, etc). O unico que se ten que facer para pillar olas en nemiña e DIVERTIRSE e esa regla abarca todas as demais (respecto , bo rollo, risas, compartidas de olas, etc)
Con respecto os blogs; estes non son os que fan que na auga axa mais ou menos xente, a peña como di Ruben mira as prediccions noutras paxinas (windguru).
Aqui os malos da pelicula e gañadores dos oscar son: bili pistolas por mexada imprudente,
e anonimo (cobarde) por comentario penoso.
O mais bonito de Nemiña e que TODOS somos LOCAIS.
Un abrazo amijos e boas olas
Mesi

Isabel Tomé dijo...

Ru, xa cho dixen eu cando chegaches a casa. ¿NOn erades tropecientos vendo o asunto? Pois denuncia ó canto, que testigos había máis que suficientes. O que pasa é que sempre acabamos resignándonos, e lamentándonos... Xa sei que é máis incómodo tomarse a molestia de chamar a Seprona, ou ir ó cuartel persentar a denuncia... Non fagamos como os pequenos de dez anos que confunden o ser "acusica" co deber de denunciar un delito do que es testemuña. É máis, penso que non denuncialo convirte a un en cómplice. Xa sei que a veces non vale de moito. (Recordo cando eras un cativo e ¡tamén en Nemiña! che roubaran o traxe, a tina, as aletas, a roupa.. a ti e máis a Azara, que vos deixaron as chanclas de p. milagro.E a pesar de ir ó cuartel de Corcu e de Muxía... non valeu de nada, pero cando é unha porcallada como a que presenciastes... os autores teñen NOME E APELIDOS non nos interesa se eran de Cuspedriños de Abaixo, ou de Cuspedriños de Arriba. E a ese tipo de "xentiña" -non lles vou chamar PERSOAS,faltaría plus- o único que lles jode é que lles entren no peto. ¡Unha multiña mona! E se mandara eu... metíalles unha fregona entre os dentes e ¡a deixar a pista como los chorros del oro! e de castigo, levar a súa merda a cubos a pé ata a gasolineira de Bazarra. Vamos hombre!

Rubén Prieto dijo...

Iago, véseche moi posto no tema!

Gracias pola túa aportación. Como di miña nai, pensamos na denuncia, pero non estou seguro do número da matrícula. Pero supoño que sería cuestión de preguntar no cuartel ata dar coas características da autocaravana.
Aínda que supoño que si se cumprira ó 100 por cen toda a lexislación que mencionas..igual acabamos no cárcere por mexar no prado xunto coas vacas de manolo.
En fin, darémoslle unha segunda oportunidade. Pero ó próximo, ten por seguro que grabarei inda que sexa co mobil e irei directo ó cuartel de corcubión.

Mesi, os teus comentarios mátanme..jajaj bili pistolas por mexada imprudente... en fin. Pero ademais de estar un pouco tolo tes toda a razón do mundo.

e ma, tamen tes razón.Ben falado.

Gracias polas vosas aportacións a todos. Entre todos estades conseguindo darlle vida e color ó blog

Anónimo dijo...

Se ides ó Seprona ou ó cuartel, ainda que non esteades seguros da matrícula, sí poden coller os datos da autocaravana e VIXIAR mais a zona. Menos é nada, e estou de acordo co que di Isa, si non fas nada estalo consentindo.

Samuel mais eu unha vez fomos denunciar a un fulano que iba pola rúa agredindo a unha muller, e inda que non tiñamos todos os datos del, fóronnos ensinando fotos, e pouco a pouco deron con el.

anxo dijo...

Bos días, non podo aguantar sen dar a miña perspectiva.
Antes que sepades que sou caravaneiro e dende logo nemiña e un dos sitios que mais me gostan e mais visito dende ai mais de 15 anos, cando as condicions estan ben sempre que poida por razóns do traballo o cal me deixa pouco tempo a surfar non coma outros.
Dende logo doubos a razón a todos sobre que non é xeito o de vaciar o liquido dos lavavos pola corredoira, e mais enfrente ou no medio de vós.
Dende logo non perdoo ese feito pois eu coma caravaneiro non o faría, agora ben, creo que vos estadevos saindo dun marxe de convivencia, non digo que vola fagan e poñerlle a oitra meixela pero tampouco montar unha liorta xudicial por iso, eu o que faría e dende logo podedelo ter ben seguro e que pararia a auto no momento que o vise e darialle unha boa explicación para que se avergoñara do feito pedise perdón e logo todos a disfrutar da praia que pa iso está, dende logo se volvese a ocurrir outra vez e a mesma persoa logo si que pasaría a palabras maiores, logo si que se podría facer to o que dicides doubos a razón per bueno ise e a forma que da que eu me comportaría, se uns non teñen educación non e razón para que lle falte ós outros.

Tamén pensando coma vos dicir que valorar quen e máis local dunha ola o que a surfa dende 13 anos a cotio por proximidade ou o que a surfa dende ai 25 anos pero non a cotio pois vive a 100km e moi dificil e mais cando antes a surfaban nun domingo de agosto catro gatos e o que a surfa dende 13 anos ainda se mexaba nos pantalons, e cando aprendeu ía a praia e codeabase co anterior surfer, dende logo repito que dende o meu punto de vista e moi dificil consideralo ainda dende o punto de vista de "local" coma vos dicides.


Tamén dicir unha cousa que comprendo que non a compartades, sobre o que dicides dos localismos explicar que para mín non e mais que o significado de vivir nunha zona en concreto non lle da nin o mais mínimo dereito a considerar a praia dél, sobre os problema da auga eses estan sempre alí(saltadas,etc...), e resolvense sempre independentemente que vivas a 1 km do pico ou a 100, unhas veces mellor e outras peor, cando non se chega case as máns que xa ten pasado e dende logo é unha das cousas que faí que se ensombrezca a imaxe de este gustoso deporte.
Eu vivo a 10km de un bo pico e nunca dixen que sou local del pois pareceme unha criada e unha forma estupida de dicir que surfeo sempre alí e que a xente que vai alí a surfar te que terme "respeto", para min son babosadas o único te teñen que facer e non saltar ola e non faltar e unha das cousas mais importantes que vexo que sucede moito e que por ter tablón ou ser un maquinilla non te da dereito a surfar ó pico continuamente e collelas todas ahi que ser un bó veciño na auga pois ó fin unha onda e unha onda e dende logo creo que merece mais a pena o bo rollo e os colegas que podes facer neste mundillo que pillar unha onda e pelexarte por ela pois dentro de cinco minutos virá outra.
Vamos non sei se me entendedes , claro que tampouco presiono para que así o fagades , pois nesta vida cada un é quen quere ser e comportase como el mellor valore non podemos ser todos iguais, tamén pode ser que o que non teña unha boa concepción de esto todo sexa eu, estou de acordo pero e o meu punto de vista e expresoo, perdoade se alguén me entende polo camiño equivocado, boas ondas.

Rubén Prieto dijo...

Diola! estou alucinando! mesiii! non estamos tolos! hai alguén máis que pensa igual ca nos! jajaja

Anxo, primeiro, gracias por participar.. penso que é moi enriquecedor coñecer as opinións dos demáis.

Alégrome moito de leer o que lin, xa que a maior parte do que dis, e prácticamente o mesmo que o que pensamos algúns dos que por aquí pululamos. Polo que me parece que o que aquí pasa, é que ou te confundiches ti, ou nos explicamos mal nos.

Para que te des conta, vou a recortar algunhas frases dos comentarios aquí postos que defenden o que ti dis:

-"nos como habituais de nemiña non podemos permitir perder este bo rollo que hai con toda a xente que por eiqui pasa" (Mesi)

tratamos de falar de habituais, inda que ás veces se nos escape "locais" por comodidade ou convenio, pero non polo significado que por aí adiante se lle da á palabriña en cuestión.que poderíamos definir, así improvisadamente como "persoa que ten máis dereitos que o resto nunha praia só polo feito de ser habitual ou por proximidade"

-"O mais bonito de Nemiña e que TODOS somos LOCAIS" (Mesi)
xa o di todo

-"Os limpos, respetuosos e educados, serán benvidos, sexan de donde sexan. Teñen o mesmo dereito de estar en Nemiña que nos.(inda que o sentimento non nos diga o mesmo)" (Eu)

-"vivir nunha zona en concreto non lle da nin o mais mínimo dereito a considerar a praia dél"(ti) totalmente de acordo

O sentimento non o podemos controlar, pero aí está a razón para dominalo.Nós (os habituais de nemiña), sabemos que temos os mesmos dereitos. Aínda que haxa guías de surf como a de José Pellón que especifiquen que nas praias, con respecto ás normas de preferencia nas olas "los locales tienen preferencia" Hala, a tomar por saco.

-"A min, tamén me gusta surfear en praias diferentes, surfear por toda Galicia, probar as olazas que hai de pedra na mariña lucense...etc e trato á xente como me gustaría que me trataran." (eu) e esta forma de pensar non é coherente co localismo tal e como se entende por norma xeral

-"O unico que nos queda é portarnos ben, respetarnos... non saltar olas, e non andar buscando a preferencia continuamente... respetar un pouco o turno no pico. Saudar, sorrir, e todo listo" (eu)

-"o único te teñen que facer e non saltar ola e non faltar e unha das cousas mais importantes que vexo que sucede moito e que por ter tablón ou ser un maquinilla non te da dereito a surfar ó pico continuamente e collelas todas" (Anxo)

Estes dous párrafos penso que se semellan bastante. á túa forma de pensar é prácticamente igual á nosa Anxo. Alégrome de saber que non somos os únicos.

Só discrepo contigo nunha cousa. Discrepo se con isto que dis "se uns non teñen educación non e razón para que lle falte ós outros." te estás referindo a que nós nos estaríamos comportando como maleducados no caso de tomar tódalas medidas que falamos.

Nos avisamos ó autocaravanista, estaba prácticamente parado vaciándonos o deposito nos fuciños. (xa nos comentarás (ti que sabes) si se pode cortar o "grifo" unha vez aberto) Avisámolo, dixémoslle que non tirara eso aí, que cheiraba, que se fora, dixémoslle de todo. Non creo que recurrir á lexislación ou á "xustiza" para que o personaje en cuestión levase o seu merecido (unha multiña) sexa un comportamento de maleducados.

De todas formas, cando dixen esto:

"supoño que si se cumprira ó 100 por cen toda a lexislación que mencionas..igual acabamos no cárcere por mexar no prado xunto coas vacas de manolo.
En fin, darémoslle unha segunda oportunidade. Pero ó próximo, ten por seguro que grabarei inda que sexa co mobil e irei directo ó cuartel de corcubión."
supoño que estarei coincidindo contigo cando falas dunha "marxe de convivencia"
e cando dis que "se volvese a ocurrir outra vez e a mesma persoa logo si que pasaría a palabras maiores, logo si que se podría facer to o que dicides"

BUeno, nada máis

Moitas gracias por participar Anxo, e Benvido ó blog!

Anónimo dijo...

Alégrome que Rubén escribise esta última mensaxe, porque era o que eu estaba pensando... estades dicindo o mesmo.

Pero discrepo no tema do vertido. Creo que ese "marxe de convivencia" do que falades os dous, non é tal.
Sí é o máis cómodo, "...bueno, deixémolo pasar porque un día podo ser eu o que cometa unha falta e gustariame que me perdoasen".. Isto é o que interpreto do voso punto de vista.
Penso que posturas permisivas coma estas son as que facilitan conductas como as que estamos condenando.
Ademais, non estamos falando de mandar ó home aquel ó cárcere, estamos falando dunha multiña para concienciar de que non podemos emporcar o noso entorno.
E imaxinádevos, si corre a voz de que en Nemiña se vixía e se multa por ensuciar, non volveriamos a ver (como vin moitas veces) botellins de cervexa, pañales e latas tirados polo chan.

(Iba dicir outra cousa e fóiseme... que rabia. ¡Ah! xa, volveume o rego sanguíneo á cabesa!! jeje..)

Quería dicir que sempre me lembrarei do coidado e do limpo que estaba todo na Bretaña francesa, en Point du Raz, que é o Fisterra francés, non vin nin un miserento papel tirado no chan, nin un plástico .. nada! teñen unha conciencia ecolóxica tremenda. Gustaríame saber que pasaría se a alguén se lle ocorre soltar un vertido por alí.

¡Hala! boas ondas a todos e good berberechos como dixo o outro :-)

iago dijo...

con respecto o tema dos "locais" penso que somos xa moitos os que pensamos así e creo que se vamos sentando as bases, mediante o comportamento do día a día no pico, a cosa pode funcionar e mellorar moito (os tontos do cú sempre os haberá)

con respecto o de tentar falar có da caravana... pois que cada un faga o que queira, agora, eu chamo o Seprona, en 2'2 segundos xa teño o mobil na man e a matrícula apuntada. hai cousas polas que non paso. en custións medioambientais hai que ser intervencionista e se se consigue a base de multas pois é unha pena, mellor sería a concienciación e a educación e o respeto coma dixen, pero hai cousas polas que non paso.

Anónimo dijo...

Nonsei por onde empezar.primeiro pedir disculpas polas letras ke desei o outro dia,non pensei ke ia a formar"tato revuelo en el gallinero".non foi en serio nin muito menos os ke me coñecen xa o saben.Na Coruña teño grandes amistades,ke agora se estaran escarallando de risa,un saudo pra todos eles,e elas jiji.o sinto tamen por ruben.ruben xa sabes ke....non hai fallo, oooo. A verdade sea dita.o problema esta en ke axente non esta cocieciada,como di Rakele noutros paises non pasa por algo sera.a mais dun tuven ke chamarlle a tencion no rostro,no mar de fora,despois de todo o ke pasamos. Bueno iame a errollar pero penso ke xa esta todo dito. keria decirlle o anonimo(o do 15 anos o primer baño)ke non keria caer no tipico topiko e caiu no topiko tipico.Recorir muitas prais por ahi adiante e nunka tuben problemas o contrario foron moi boas esperiencias e teño casa en moitos sitios gracias a iso.como ben dixo non sei ken "as praias son de todos" pero agora ben,hai ke cuidalas tamen.como dijo el poeta robert frost:"o ke lle falta a felizidade en longituz,o ten en altura". sabedes o ke e o bautizo dos carallos na costa do meu.en castelan¡al mal tiempo buena cara!uha aperta jepeto.sinto ruben.dende o charco adeu

Rubén Prieto dijo...

non hai fallo meu! si aínda nos pegamos unhas risas o mesi e eu co do maza pulpos home jajaj
Eu xa supoñía que estabas de coña oh, e así o dixen.

Veña, unha aperta, a ver si nos vemos pronto. Oiches, mandarasme a tua dirección de correo oh, que non a teño. a miña é carpediemsempre@hotmail.com