jueves, 19 de julio de 2007

Escola lista!

Moi boas a todos!

Por fin! xa estou liberado por completo dos exames das oposicións de educación física! Balance? as dúas primeiras probas bastante ben, e a terceira... un pouco máis regular...Pero en xeral ben. Agora toca esperar pola nota, que solo me servirá para saber que posición terei nas listas de interinos...xa que a plaza é matemáticamente imposible conseguila inda que sacara un 10 (que vai ser que non).
A miña moza en cambio un 9,32! alucinante! por agora a mellor de todo o seu tribunal. Qué fará una rapaza tan lista comigo? jaja, creo que non sabe onde se mete. Me parece que o futuro que me espera é ser amo de casa e surfeiro jejej, non pinta mal :)

Por agora Samu (o mozo de miña irmá) e Salvia, axudáronme a desempaquetar tódalas táboas de surf. Montamos as quillas, colocamos inventos e deixámolas listas para estrenar.
Pedín 10 táboas, dúas 9,2 seis 7,10 e dúas 6,8. Teñen unha pinta increíble
Son marca NSP (new surf project). O que tiña oído destas táboas era que eran moi pesadas... para nada. Serían as primeiras táboas que saíron. Estas son MOI lixeiras. Son de Pvc (como as bic de plástico) pero é un plástico moito máis duro e máis lixeiro. As bic, inda que sexan duras, abóianse fácil. Só vos digo que o tablón 9,2 que é impresionante pesa menos que a miña 8,2. E veñen equipadas con grip, invento, quillas, destornillador, un chaveiro e unha pegata.

As tablas son estas
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Os tablóns non me cabían na foto, jeje
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

E esta é a escola en cuestión, con chiringuito de xelados incluído.
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Hala! queda inaugurada oficialmente a escola, así que xa sabedes, si sabedes de alguén que queira aprender, e que se mova ata a costa da morte (de Nemiña a Louro concretamente) que se poña en contacto comigo ou me mande un correo.
655 578 544
carpediemsempre@hotmail.com
(Rubén Prieto)

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Ueeee! q pasa loco! Tiene buena pinta esa escuela eh,con chiringo y todo,creo q me voy a instalar el campamento base x alli en vez de en muros jejejej xq los cursos los dare x ahi....eso es Maceiras?
Bueno tron ,un saludo y nos vemos pa la semana,el lunes ya andare x alli!!!
Alvaritooooo!

Rubén dijo...

jejej, pois vente, xa sabes!
Esta é a primeira entrada dende o sur. a entrada que está (para ti) despois da gasolinera, antes de ver a praia.ou antes, vindo de cee. Meténdose por unha pista que hai ó lado dunha casa branca.
Xa nos veremos logo"!

Anónimo dijo...

Ok,si eso es Maceiras creo...
A ver q tal vienen las previsiones xq no pinta muy alla la cosa...a ver si entra mar tambien y se sube algun coleguita mio a surfear x tu zona,asi q ya me iras informando si en Carnota no hay nada,tu vas a estar en Carnota en principio o tiras mas pa arriba sino hay olas?
Andará abel por alli? A ver si puedo probar de una vez esas Hyper!!!
Saludos!