domingo, 21 de noviembre de 2010

O que o ollo non ve...

Recordo que, fai uns 10 anos, había unha sección nunha revista de bodyboard que se chamaba así "lo que el ojo no ve" e tiña fotos do interior de tubos. Alucinábamos como monas. Eran as primeiras fotos dese estilo que víamos en ningún sitio. Nin internet nin porras. Desexábamos que rematara o mes para recibir a seguinte revista só por ver esa sección.

Bueno, isto a que viña?... ah, si. Gotas.

Fedellando no flash atopei a opción de poder disparar a alta velocidade, e recén comprado o obxectivo canon 50mm f1.8 púxenme a experimentar con gotas de auga.

Miña nai botoume un cable. Xa é unha goteadora profesional :)
A medida que me ía emocionando coas probas ía engadindo elementos á elaboración da foto. Algunhas delas quedaron tal que así:

gota panom r

zzz---zzz----gota_4

gota_5

sábado, 20 de noviembre de 2010

Nemiña. Non vos asustedes! esta entrada é sobre surf

Post "surfeiro" dedicado ao meu benquerido amigo Carlos el rojo.
En facebook hai moitos amigos, polo medio andan os de verdade (os suficientemente tanxibles como para poder darlles unha colleja ou unha aperta)e entre os tanxibles están os que che din: "Tio! en tu blog de surf no hai surf"

jeje Ole! e non lle falta razón.
Así pois... unha entradiña con fotos frescas polo temática pero medio murchas pola actualidade das mesmas. Pois son de fai dous findes. Concretamente do día 8 deste mes.

Aquí temos a Bruno longboardeando

Collendo carrerilla para...
bruno cerca

...Zas! floater perféustamente rematado
bruno floater

Aquí temos a Antonio de "el blog de nerio" surcando pequenas cavernas acuáticas :)
antonio tubo

Acabo de acordarme... Unha vez en Carnota, levamos a un amigo "Bato" (para quen o coñeza) a coller olas por primeira vez cun body. O fenómeno colleu o truco á primeira e surfeaba paredes como se o levase facendo anos. Dunha ola que rematou en cerrote, o moi animal meteuse no tubo ante o asombro de tódolos que sabíamos que era o seu primeiro día. Esperando a que saíse á superficie, esperando os seus berros de euforia e satisfacción pola visión do interior da onda..... O tipo aparece, tan pancho, colle o body e arranca cara o pico de novo sin decir absolutamente nada mentres os compañeiros aínda tíñamolas mans na cabeza. Cando lle preguntamos: "-pero tio!!! non flipaches coa visión do tubo!!??" contesta -"tubo? que dices? no se, yo iba con los ojos cerrados..." e segue remando.

Aquí temos a Suso disfrutando dunha esquerdiña...
suso boa

que parecía que ía a...
suso pretubo


pero...uiiishh case :)
casi tubo suso

Houbo ata peleas entre locais... xD
IMG_5500
(pasámolo tan ben burlándonos dese tipo de actitudes tan radicais e egoístas sobre o localismo...)

Para rematar... unha bonita posta de sol (está sen procesar, tal cual como saíu da cámara)
posta

Todo exercicio precisa unha sesión de volta á calma...

Calmar
IMG_5507
Porque me gustarán tanto este tipo de fotos? transmítenme tanta paz...

Unha aperta a todos e disculpas aos que entrades ao blog buscando ondas e nunca as atopades!

domingo, 14 de noviembre de 2010

Surfmarket.org

O noso amigo Kiko Campos de SurfGZ leva a cabo unha gran iniciativa que seguro será de moitísima utilidade a todo o panorama surfeiro galego. Trátase dun "mercadillo surfeiro online".

E podedes atopalo neste lindk: www.surfmarket.org

Copio e pego o que el mesmo nos comunica:

"SurfMarket.org xa está na rede! Unha nova web galega pra facilitar a compra e venda de material de segunda man de surf, bodyboard, longboard, kitesurf, windsurf, kayaksurf, paddlesurf, neoprenos, coches e furgonetas, material de fotografía e outras cousas. Esta web ten tres zonas de venta galegas: Rías Altas, Costa da Morte e Rías Baixas. Temos que destacar que inicialmente está en 6 idiomas (galego, catalán, euskera, castelán, inglés e portugués)"

miércoles, 10 de noviembre de 2010

Mañá actuaremos en...

Pontevedra, pasado en Laracha e despois de pasado en Ponteceso.

Por se a alguén lle interesa:

1ª xoves función escolar pola mañá
2ª xoves para todo o público ás 21:00 no teatro principal de Pontevedra
3ª venres funcion escolar pola mañá (again)
4ª venres función ás 21:00 na casa da cultura de Laracha
5ª Sábado función ás 22:30 na casa da cultura de Ponteceso

martes, 9 de noviembre de 2010

Ilustrar un libro

Este foi o que me propuxo unha filóloga que, tendo o seu libro de poemas prácticamente rematado, quería ilustralo cunha serie de fotografías.

Foi bastante sinxelo porque ela tiña moi claro o que quería transmitir con cada foto e unha idea aproximada de como as quería. Desta forma eu tiña a miña marxe para aportar o meu pequeno gran de area adaptándome aos medios dos que dispoñía para cociñar as miñas instantáneas. Ingredentes:

- Unha tea negra de 3x3
- Flash externo
- 2 focos
- Velas
- Cámara e trípode

"Constela" (o poema que acompaña esta foto non sei de que vai pero os títulos sempre me gustou poñerllos a min jeje)
constela
Propúxenme facela empregando únicamente a luz das velas. Para iso, o normal é usar un obxectivo ben luminoso e abrir diafragma a 1.4 (ou máis se se puidera) para tirar a unha ISO baixa e unha velocidade de obturación máis ou menos rápida para que non saíse trepidada a foto.

Pero dado a que a postura da autora semellaba cómoda (dentro do que cabe) e podería manterse totalmente quieta durante uns segundos, decidín tirar a ISO 200 para notn er moito ruído e cerrar moito o diafragma para conseguir que as luces das velas quedasen así de estreladas.

"Espiralda"
espiralda
Esta foi máis sinxela. Diafragma f5, velocidade 1/100 e Iso 100.

Un dos motivos polos que este proxecto me gustou dende o primeiro momento, foi porque misturaba dúas prácticas que me gustan. A fotografía e a pintura. Neste caso, o lienzo non foi unha parede senon ela mesma.
A pintura máis complexa foi no ventre, posiblemente colgue algunha foto máis adiante.
Fíxoseme raro pintar algo que ocupase menos de 10 metros cadrados jeje

Apertas!!

Sentimento sen nome




A túa presenza,
a túa mirada,
calafríos polas costas
sorrisos apretados.
Euforia

Cando te noto, escoito,
imaxino, vexo...
Aquí.
Cando penso en ti...
preto
Cando xogo contigo, valente...
rindo
Cando me bicas...
...Revivo.

Amor e odio.
Tócame pero non me leves,
Respétame pero non te vaias,
porque sen ti podo estar vivo
pero non podo VIVIR.

Respírame na caluga
e morro de gusto.
Abrázame, e morrerei

Sei con quen xogo,
xogo no teu terreo
na túa costa
Na costa da morte,
pero non podo parar

Antes morto que sen vida


Dedicado a ti: Morte

sábado, 6 de noviembre de 2010

WWW.RUBENSON.EU , a miña nova páxina!

Moi boas!

Preséntovos a miña nova páxina: WWW.RUBENSON.EU

ruben prieto

Foi feita polo meu gran amiguiño Carlos, que moitos coñeceredes polo seu fantástico e recoñecido blog WWW.ADESGANA.COM

Gústame o deseño, o esquema e a lixeireza da páxina! (Probade a acceder a ela dende un mobil e veredes o rápido que se carga!)

A opción que me propuxo Carlos de incluir unha secuencia de flicker en cada sección facilítame o ir actualizando a páxina dunha forma simple e automática a medida que eu vaia incorporando traballos aos meus albums.

Xa me diredes que vos parece. Agradécense críticas construtivas! :)


Un bicazo e abrazazo a todos!!

Pd. Comezan as formiguiñas no estómago, que se achega o MARETOOOOOOOOÓOOOONNN!!!

miércoles, 3 de noviembre de 2010

Morreu Andy Irons

Falece o 3 veces campeón do mundo Andy Irons. Ao parecer, a morte foi provocada por unha enfermidade chamada Dengue que se transmite pola picadura dun mosquito femia chamado Aedes aegypti.

Non teño por costume publicar este tipo de noticias, xa que tódolos días morren centos de persoas por traballar en condicións infrahumanas, sin medidas de seguridade por culpa de empresarios que queren abaratar costes...etc, etc... e nunca se sabe nada.
Pero teño que dicir que quedei impactado coa noticia.

Sinto moito polos achegados, e, sobretodo, pola súa muller que espera un crío.

Día oscuro para o surf

martes, 2 de noviembre de 2010

Barrañán

O xoves pasado andaba por Coruña facendo recados, e ocorréuseme chamar ao meu gran amijiño Carlos (de adesgana.com) para comer por aí. O seu plan foi máis que apetecible: Bocata, táboas e a Barrañán.

Eu non levaba táboa pero apetecíame ir a esa praia xa que non a pisara nunca.
Despois él ofreceume unha evolutiva súa, e ía decidido a botarme en bañadora a coller unhas ondas, así, "aloloco". Despois resulta que tampouco levaba invento e as olas non eran nada doutro mundo, así que quedei fora disfrutando doutra maneira ben distinta: afotando! :)

Por alí estaban os locais da zona disfrutando das ondas...
golfos blog

E ben preto, compartindo o pico, había uns humanos que exprimían as ondas a máis non poder cos seus bodyboards.

cerquiña
Nesta foto pódese apreciar como un dos golfiños que saen a respirar é unha cría pequena. Ou polo menos distínguese ben vendo a foto en grande. Sorpresa que acabo de levar agora :)

Outro ser vivo escapando da auga (moi majo por certo, un pracer)
aereo

Había un rebote na parte dereita da praia que de vez en cando formaba un codiño que semellaba moi divertido para os corcheiros
codo

O pico non estaba nada definido pero de vez en cando saía algunha aproveitable
drop

rollo!
rolaso

Outro!
rolo

E por último...(pero non menos importante!).... Carlos!!
carlos