jueves, 17 de noviembre de 2016

Entrevista completa da reportaxe "Les va sobre ruedas"

Bos días!

Fotografías por Jose Manuel Casal



Fai pouco fixéronme unha entrevista para o suplemento YES, da voz de Galicia, relacionada coa vida furgonetera e sobre como un elemento material pode condicionar tanto diferentes vidas.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/yes/2016/10/01/va-sobre-ruedas/0003_201610SY1P2991.htm


 Gustoume especialmente porque moitas veces fixera antes ese paralelismo "Vida-Camiño" e Ana Belenda fíxome preguntas moi ambiguas nesa onda. Por temas de maquetación o que publicaron foi unha décima parte da entrevista (é que tamén me enrollo que dá gusto) así que aquí vai a entrevista completa:


 Dices “fago surf e teatro dende pequeno, teño moitas táboas”. Eres actor, fotógrafo, empresario, maestro de ed.física, pintor y monitor de surf, entre otras cosas. ¿Da la vida para tanto? ¡¿cómo?!

“Digo que teño táboas porque teño una escola de surf non porque sexa bo actor eh jaja. A vida dá para moito oh! (¡e para menos do que me gustaría!). A ver, en realidade o de ver “tanto oficio” xunto nun mesmo enunciado pode parecer raro ou incluso un fraude jaja… pero hai que pensar que hai traballos que se fan moi puntualmente. Por exemplo: pinto, si, pero non me considero pintor; igual 2 cadros nun mes ou un mural en dous anos… hoxe non che diría que son pintor porque fai tempo que non pinto pero se me pillas subido a un andamio facendo un mural 15 días seguidos xa me meto no personaxe e igual si que me atrevo a dicilo jaja. Mestre de ed.física… vale, porque estudiei a carreira pero non exerzo de docente fóra da escola de surf. A interpretación tamén é un traballo moi irregular: tanto podes botar 3 meses nunha serie ou facer 3 películas nun ano coma botar ano e medio sen pisar un set de rodaxe ou un escenario.  A miña axenda tamén ten 7 días á semana así que simplemente hai que repartir e organizarse un pouco. E cando uns traballos se solapan… pois tócame rexeitar ou, se a natureza do traballo o permite, delegar no equipazo que me rodea. 

Ademáis, co paso dos anos fóronse ordenando os tipos de traballo por tempadas e comezou a haber certa regularidade e orde neste aparente caos laboral:
Este verán por exemplo, houbo moito traballo co chiringuito da praia que montamos, cursos de surf, rutas nocturnas en kayak, xestión dos bungalows… e os fins de semana tócanme os bolos de actor e traballos de fotógrafo/videógrafo, vodas… entón é cando Suso Lema, a miña man dereita, queda capitaneando “Surf Costa da Morte” na Praia de Nemiña co equipazo (este verán chegamos a ser 6 traballadores en total). En cambio no inverno toca relaxarse un chisco máis, traballar dende casa coa postproducción do gravado no verán, viaxar un pouco, pensar noutros proxectos que me rondan a cabeza, ensaiar un espectáculo teatral novo (o 15 de Xaneiro arrancamos cos ensaios dun novo espectáculo coa compañía "Talía teatro") ou preparala próxima tempada de verán.


-Podemos decir que tu vida va sobre ruedas. ¿Por qué, por quién, para qué te mueves tanto?... ¿y adónde te diriges?

Ás veces hai baches na estrada, como en tódalas vidas, pero son dos que pensan que se notan menos se se acelera jaja. A verdade é que non me podo queixar… as rodas van aguantando e estou contento co rumbo.


-¿Por qué circulas de esta manera?

 Porque me parece a maneira máis divertida de percorrer un camiño. Este paralelismo estrada/vida é moi acertado… porque para min, circular en furgo, é o exemplo perfecto no que se materializan esas típicas frases que recomendan “disfrutar del camino sin preocuparse por la meta”

-¿Por quién?¡Por qué te mueves tanto?¿A dónde te diriges?


¿Por quen? Por min. E se hai parella con quen compartila viaxe… por ambos. É unha pasada disfrutar dunha furgo viaxando en parella. Recoméndoo moitísimo.
Móvome tanto pois para disfrutar o máximo posible e intentar que cando sexa vello non pense que puiden ter aproveitado máis o tempo. Dise que “para poder vivir sen traballar hai que traballar no que a un lle gusta”... Ben, o traballo é traballo e haberá días nos que apeteza menos poñerse mans á obra… pero é certo que cando un loita por vivir das cousas que lle apasionan nunca ten a sensación de “perder tempo a cambio de diñeiro”.
¿A onde me dirixo? Pois a onde me leve a intuición! Non hai rumbo fixo. Teño feito viaxes Santiago-Madrid (camiño coñecido e pouco novedoso) e pegar un volantazo por ver unha luz chula para fotografiar, e coñecer sitios novos, xente interesante, quedar a durmir onde non contaba... e acabar facendo algo diferente a raíz dalgo cotiá. Coa vida igual… loito por consolidar determinados proxectos pero receptivo a posibles sorpresas.


-Vives con tu furgoneta desde... ??
2011
Cuéntanos cómo surgió esa amistad hombre-vehículo y cuál es hoy la fuerza de su vínculo.

Pois eu non quería furgo! Quería pasar de turismo a autocaravana directamente. Pero un problema era o diñeiro (son moi caras e non quería hipotecarme)… e outro que a escola de surf xa comezaba a funcionar ben e o número de táboas de iniciación que tiña que carrexar dun lado a outro era bastante considerable. Entón foi cando necesitei mercar a primeira furgo e comprendín que a gran ventaxa é cando a usas como vehículo único. Porque seeempre tes a casa contigo. Nunca precisas volver a casa pola noite.
O vínculo é brutal porque Candela (si, a miña furgo chámase Candela) non só é compañeira de aventuras senon que en gran parte é protagonista. Dende poñer un colchón no teito tapándose cun edredón para velas estrelas ata aparcar ao borde dun cantil para espertar con vistas. Dende lugar para reflexionar ou traballar ata habitáculo perfecto para escoitar música ou ver unha película. Dende ter que durmir unhas horiñas quentiño coa calefacción en noites de cero grados ao carón dun hospital por asuntos familiares a disfrutar da conducción por pistas de Portugal.


-¿Cómo surgió la chispa con Land Rover?

Sempre me gustaron os 4x4. E co aumento dos servizos de “Surf Costa da Morte” precisaba outro vehículo para o transporte dos clientes e máis para que os meus compañeiros puideran traballar, por exemplo, levando o remolque dos kayaks cando eu os deixase sen furgo ao marcharme a outros traballos. Entón pareceume idóneo restaurar un land rover do 1978 (ten 11 prazas) sendo a maiores unha inversión en imaxe, diversión e marketing… Máis que unha restauración foi unha reconstrucción do coche… que quedou perfecta gracias ao equipo de talleres Torrente en Cee. Eu encargueime do deseño e traballei na fase de pintalo cebreado.
Quería un “Taxi-surf” chamativo que invitase a subirse á xente. Conto con que se suba ata algún peregrino que non sepa nadar, só pola experiencia de ir polo monte neste cacharro dende Fisterra ata Nemiña jaja

 


-¿Cómo se ve la vida en la carretera?, ¿y a merced de las olas?

Pois dende a furgo, a vida na estrada vese dende arriba. Con perspectiva. Cada día es consciente de que a vida está feita para disfrutar do camiño kilómetro a kilómetro e minuto a minuto. A vida é hoxe. É este tramo de 100km e non o destino que teño marcado no Googlemaps. Pon música a todo trapo, canta (aínda que sexa mal) baixa a ventanilla e saca a man para xogar co vento… aínda que vaias traballar (verás como te vai imitar o coche que leves detrás). Porque o intelixente é buscar a maneira de enamorarse de cada momento. O vento e o mar de fondo guíannos aos surfeiros a unha praia ou outra… hai que adaptarse, unhas veces fastidiarse e outras gozar das ondas coma nenos. Bailar co mar ao ritmo das ondas coa única axuda dunha táboa… outra das maneiras de disfrutar dun ecolóxico parque temático onde outros “só” ven un lugar para o que mirar.


Carpe diem sempre. Tu lema...
-¿Qué mueve tu vida?

As ganas de rir e pasalo ben, o mar, aprender sobre ciencia e temas que me gustan, viaxar, a música e intentar facerlles a vida agradable aos que me rodean


-¿Has pinchado alguna vez?

Na furgo unha, nos coches bastantes e na vida moitas. Pinchazos sempre vai habelos, o importante é saber como se amaña pronto o pinchazo e se hai que chamala grúa ir a chistes co grueiro.


-¿Sueles perderte o te guian bien tu intuición, el mapa de Repsol o el navegador?

O google maps funciona xenial! Se me quedo sen batería ou cobertura toca tirar de guía ou preguntar a lugareños. Pouco romántico o da gmaps pero é o que hai. Como moito o que teño feito tras perderme é reorientarme a base de miralas estrelas. Gústame a astronomía así que resulta sinxelo, incluso en rúas de Madrid, localizar alguna constelación para non perdelo norte.
E si, flípame perderme. Non hai mellor cousa nas viaxes que perderse e topar con sitios chulos sen querer. Son un gran practicante do “volantazo inesperado”.


-¿Cuántos kilómetros puedes hacer al año y cuáles han sido tus últimos destinos? ¿Adónde te ha llevado tu furgoneta?

Podo facer entre 20 e 30.000km ao ano. Os últimos destino “lonxanos” foron para facer snowboard aos Pirineos e o último surfeando por Portugal onde baixei ata Lisboa.

Para min a furgo, ademáis de ser unha ferramenta de traballo, é un elemento indispensable para vivir de maneira imprevisible. O antónimo da planificación, o sinónimo da liberdade. Iso é… a furgo é o xoguete que me convirte nun neno libre.