sábado, 31 de octubre de 2009

Regálate minutos...

puesta de sol,sunset
Esta posta de sol presenciámola Nacho e eu, dende os cantís de Rostro, sentados nunhas pedras con forma de sofá, acompañados de Rula e comendo pipas. Son momentos tan bonitos que parece mentira que non sexan exclusivos de millonarios. E tamén parece mentira que algo tan sinxelo coma iso o fagamos tan poucas veces. Botámoslle a culpa a esta sociedade que non nos deixa respirar, que non nos da tempo, pero a culpa é só nosa.

cee,ruben,ruben prieto,prieto,pastor aleman,relleno
vagabundos
Photobucket
Morriña

Regálate minutos

jueves, 29 de octubre de 2009

O mar dende o monte parece unha fonte: Rostro XL

Chegando á praia comecei a comprobar que as miñas sospeitas eran acertadas. Marcando windguru máis de 4 metros... era difícil que Rostro aguantase o tamaño de forma ordenada e "razonable".
Photobucket
(primeira panorámica, dúas tomas)

A pesar diso, aproveitando que estaba completamente só na praia e escoitando boa música, regaleime uns minutos, collín a cámara e prepareime por si viña algunha ola digna de fotografiar. E tanto que veu.

rostro xl

Rompeu máis de un dereitón de película, pero o precio que había que pagar para disfrutalo, parecíame demasiado. Moi caro remontar atravesando barrotes grandes, ocos, arenosos, con pouco fondo e corrientada cara o norte, cara o mar de espumóns debido á orientación oeste do mar de fondo.

Pero canto máis esperaba, e máis olas vía, máis ganas tiña de pegarme un bo baixadón. A música non facía absolutamente nada por intentar frenarme. Xa disfrutei varias veces da sensación de estar completamente só, ninguén na auga nin en terra, rodeado de olas "rompebarcos". Incha o peito, parece que os pulmóns se che duplican de tamaño. A forza e a resistencia á dor aumentan. E cando me papa unha ola (non vos riades, probádeo) penso para min que son un superhome, que non me vai a pasar nada nin de coña, e xa está.

Imaxínome dende fora, un puntiño negro nun mar branco. Imaxino a unha gacela toreando a unha manada de leonas famentas, ríndose delas. Así me sinto por momentos. Anque son consciente de que un zarpazo en mal sitio, e podes quedar ferido. Ferido entre leonas, mal sitio.

x

Decidín entrar. Anque fose para probar, ver os olóns de cerca, e sair. Penso que os límites de cada un deben de romperse así, pouquiño a pouco. Primeiro unha toma de contacto, despois unha especie de familiarización con sesións dese tipo, e finalmente, a disfrutar.

Tomei un par de precaucións. Antes de entrar, mandeille un sms a Deivis, bo amigo, informando de que si en un par de horas non lle facía unha perdida ó mobil, que se pasase pola praia por se acaso (pagaría por que miña nai non lese esto).

Sempre penso que na auga, ao fin e ao cabo, un sempre está solo. Se o estivese pasando mal, papando olas sin parar, e sin poder saír.. o último que querería é que alguén estivese intentando chegar á mesma situación na que estou eu. O mellor é unha chamada a salvamento marítimo e xa está. E para iso non che fai falta ninguén na auga. Precisas a alguén en terra. E si vas a estar pendiente de sair e entrar á auga cada vez qeu hai ou non hai xente en terra, é ridículo. Hai deportes e situacións nas que hai un factor risco, e punto pelota. Igualiño que coller o coche tódolos días.

Outra precaución que tomei, que nunca vira en ningún lado pero ocorréuseme e pareceume boa idea, foi usar un invento adicional. Arrinqueille o cordón a un bañador, dobleino en seis e puxen por primeira vez o meu segundo invento :)
leash


O único que frenaba o ritmo no encerado da táboa, preparación de inventos etc, eran uns barrotes que caían de vez en cando arrasándoo todo. Houbo sifonazos que nin en pipeline :)
Photobucket
E sospeitaba (acertadamente) que a corriente e o vento tirarían cara esa zona.

Corrín ata a orilla e entrei á auga. Pronto comecei a atoparme espumóns que me arrincaban a táboa en cada pato. Vía o pico tan lonxe que por momento me parecía imposible atravesar a liña de barrotes que rompían con tubos nos que cabían coches e sobre pouquiño fondo.
Vin romper a uns 20 m de min uns pedazo tronchos con unha forza e uns tubos tan grandes (na metade da remontada aínda) que estiven a piques de abandonar. Pero xusto despois houbo unha pequena encalmada e remei a dolor para intentar chegar ó pico antes de que chegase a serie. Tiven que controlar o ritmo da remada porque a situación invitábate a deixarte os pulmóns, pero non era boa idea tendo en conta qeu non sabías con certeza se te ía a papar algunha ola da serie. Máis vale que te pape unha serie estando "descansado". Nadaba por un deserto de auga á espera de uns monstruos descoñecidos mentres escoitaba a banda sonora da miña respiración.

Cheguei ó pico e funme mar adentro uns 50m máis atrás para descansar e ver como funcionaban as series... pero a primeira que veu xa me sorprendeu. Comezou a romper máis atrás de onde estaba eu. Sorprendeume o tamaño, era algo novo para min. Dudei si soltar a tabla e bucear coma un cosaco, ou remar hacia a parede coma un tolo para intentar safar. Fixen un rápido procesado mental, que nin un pentium 8, e remei coma un cosaco. Pasoume o labio xusto por encima. Fixen o pato dentro do tubo. Había moitísmo espacio e moito ruído.

As seguintes non me colleron, esquivei ás leonas (non sabedes a seguridade que aporta o doble invento). Esperei un par de series, e sen darme conta, o mar xa me desplazara cara a zona de impacto. Evidentemente dinme conta cando chegou unha serie grande. Remei cara o sur para intentar safala, pero dinme de conta de que ía a pasar moi moi preto do punto perfecto para o take off, así que dinme media volta e remeina. Cando remas a ola e esta te levanta un par de metros, ou 3 sobre a zona plana da ola xa solemos pegar un pequeno "uuuhh!!" en falsete, medio gay, antes do baixada... Bueno, pois a min a partir dese punto seguiume levantando outro tanto. Ía remando pero xa a unha velocidade bastante grande, coa tabla case en vertical xa. Se intentase rajarme (que non foi o caso) penso que me tería papado a ola de igual forma por non dar frenado. Levanteime e comecei a baixar. O primeiro que se me pasou pola cabeza foi á altura dende a que me levantei. Estaba bastante alto. Desto que si saltas dende un trampolín desa altura abaixo, como coloques mal os brazos ou as pernas levas un planchazo de moito cuidao. O segundo que máis me sorprendeu foi a velocidade...
o ruído da tabla sobre a superficie....
o vento na cara...
Foi o meu momento de gloria, euforia, adrenalina, ego satisfeito, meta conseguida, concentración, diversión, sensacións puras, equilibrio, loita co mar gañada...
En situacións así parece que escolles os sentidos que queres que funcionen. Parece que para intentar non caer se apagasen as funcións corporais innecesarias para ese momento. Porque derrepente un ruído atronador comeza a sonar a pouquiños metros de min. O ruído de un tubo que crea a súa propia caixa de resonancia. O máis parecido a un trono.
Xusto despois do botom, no que case caio polos rebotes da taboa e a amplitude de xiro que acada a táboa a esas velocidades, despois de subir pola parede caín ó intentar xirar cara abaixo de novo. Eu inclineime e intentei cantear pero é como se tivese que terme inclinado menos porque a tabla non obedecía. Supoño que ou estaba moi adiantado na táboa ou que coa velocidade que levaba os radios de xiro son moito máis amplios e me inclinei máis do que a táboa podía xirar e caín.

Caín a rolos pola superficie da ola como se fose de auga sólida. Debín de dar como unhas 2 ou 3 voltas sobre min mesmo pola superficie (xa sin poder respirar) intentando sumerxirme dunha vez... ata que me papou a ola. Notei a sensación de caída libre, dentro da auga 2 veces. Foi un centrifugado forte, intenso, e bastante largo.

Cando saín a superficie xa tiña a seguinte cerca, expulsei todo o aire que tiña, deume tempo a inspirar e espirar un par de veces para osixenar un pouco o corpo, collín aire de novo e buceei, pero non me papou tanto.
En nada, xa estaba demasiado ó norte do pico, lonxe da dereita que abría. Xa toda esta semana era difícil remontar pola dereita do pico, así que, como xa "probei" a ola tanto encima como debaixo, decidín que xa estaba servido e era hora de saír.

Para chegar a terra, intentei coller algún espumón dos que me estaban caendo encima, pero era literalmente imposible. Viñan tan rápido que simplemente te engulían no lugar de empuxarte. Tiña que ser simpático visto dende fora: un tipiño remando, ven un espumón, non hai tipiño :)

A corriente seguíame levando cara o centro da praia, cara o mar de espumóns tubos e area, así que pensei que a solución sería intentar remar un deses barrotes, baixar a ola facendo un recto intentando que non me cazara o labio (caía moi lonxe da parede, mínimo uns 3m)e coa inercia seguir na espuma ata a beira.
Dito e feito, un barrote viña rompendo dende os dous lados deixando unha pedazo de rampa vertical que sería a última parte da ola en romper. Xusto aí, non sei porque, as olas collen unha forza sobrenatural pero decidín facelo porque non me quedaba outra. Dinme a volta, remei, e non me deu tempo a nada. Cando me din conta xa estaba voando incrustado no labio. Teño a foto mental de ver a caída dende a cúpula, dende a metade do labio. Collín aire e atalogo.
5 mangueiras de bombeiros na cara, no peito, as pernas que collen vida propia e fan o que queren. Golpes de auga violentos durante moito tempo, sensación de caída libre no medio puñetazos acuáticos... toquei fondo pero non me golpeei.Non sei canto estiven debaixo. Estiven bastante. Deume tempo a pensar que podería ser a última onda, pero iso non é nada grave, non te asustes mama, que tamén o penso cada vez que me subo ó coche. E aí si que o penso sempre. Posiblemente foi un dos peores centrifugados que vivín, pero curiosamente, non foi para nada a vez que o peor o pasei. Aguantei a respiración bastante ben. Outras veces, en olas moito máis pequenas cheguei a ter as típicas convulsións diafragmáticas; teño vivido momentos nos que o corpo despois de pedirme aire de tódalas formas posibles, literalmente me abreu a boca para respirar auga pero impendinllo cerrando o paso coa linga. E neste revolcón nin convulsions tiven. Igual que o centrifugado de mundaka, foi dos peores pero para nada descubrín ningún límite novo no aguante de respiración.

Cando saín á superficie, recorrera tanta distancia debaixo da onda que xa non faltaba moito para chegar á orilla. As olas xa estaban debilitadas e puiden coller un espumón para chegar a terra.

Cando volvía camiñando cara o coche... mirando o mar... sentía por un lado unha grande satisfacción por terme enfrontado así ó mar e saír airoso, sen cámaras, sen amigos, sen nada que demostrar a ninguén. Só eu e o mar. Recordando o baixadón e os momentos de "son un superhome" mentres recibía un bo centrifugado.
Pero por outro lado, coñecer o mar así, é unha dosis de humildade tan grande como a de adrenalina. O mar é forte. Baños así recórdanche que el manda e ás veces hai que baixar un pouquiño as orellas

Photobucket
Apertas!

miércoles, 28 de octubre de 2009

Outro video simpático

Por certo, o anterior pasoumo Peter P. de Mille, e este Maika Boquete.
Estas entradas son vosas! graciñas!

martes, 27 de octubre de 2009

viernes, 23 de octubre de 2009

Calibrate: pedazovideo de kitesurf




"Aaron Hadlow, varias veces campeón do mundo de kiteboard, e Andy Gordon, realizador e video-cámara, foron os responsables de Invent e Revolve, seguramente os dous mellores videos de kite feitos ata entonces. Este ano deron unha nova volta de tuerca á gravación de imaxes de kitesurf e temos xa a terceira entrega desta saga, Calibrate, que non ten nada que envidiar e incluso supera as dúas anteriores.

Andy Gordon é un realizador que se dedica principalmente a videos de kite. O curioso dos seus videos é a orixinalidade de estes e a incorporación de CFX e Motion nos seus films, dando ás imaxes efectos similares aos empregados na película "Matrix". Gordon utiliza dúas cámaras e morphings tipo RE: flex, rotoscopia e tracking, twixtor (slowmotion) e algúns trucos propios que non quere desvelar.
O resultado e a enorme producción que hai detrás de Calibrate, fano sen dúbida un dos videos do ano

Fonte: www.alaplaya.com

sábado, 17 de octubre de 2009

Prohibido ver este video...

(Non se me ocorre mellor título para que a xente o vexa)
É clara, explica moooooi ben toda esta farsa que estan montando diante dos nosos fuciños. É incrible que todo o que conta esta muller non tivese máis trascendencia nos medios. Pediríavos que o vísedes enteiro.. pero creo que non fai falla. Se empezades non poderedes paralo.

CAMPANAS POR LA GRIPE A from ALISH on Vimeo.




Fai uns meses colguei este que é máis corto, que se non o viches, tamén cho recomendo.

viernes, 16 de octubre de 2009

Impresionante posta de sol...

...a que vimos media Galicia este luns 12 de Outubro. Un ceo especial que presaxiaba o mellor dos espectáculos xa dende a tarde. Eu tiven a sorte de vela dende Mar de Fóra. Un marco incomparable.
Photobucket
Coa compañía da miña Rula, mentres observaba atontado a intensidade das cores, volvíame tolo disparando sen parar.
Photobucket
Foi un momento tan bonito que ata non me enfadei conmigo mesmo por olvidarme do trípode (só levaba un de 15 cm que levo sempre na funda da cámara, menos mal)

Fixen tantas fotos e cóstame tanto decidirme por algunha delas, que editei un video onde as metín todas, sen procesado de ningún tipo (a estas que colguei non lles fixen nada, bueno, nivelei o horizonte), e a ritmo dunha cancionaza de Ludovico Einaudi. Espero que vos guste

E se vos aburrides, decídeme cal é a foto que máis vos gusta indicando o minuto e segundo no que aparece.

Unha aperta das fortes!

jueves, 15 de octubre de 2009

Novo xoguete

O piano sempre foi un dos meus instrumentos favoritos xunto coa guitarra. Levaba moito tempo querendo un pero, por unha cousa ou por outra, nunca me decidín ata que me surxiu esta oferta.
Un teclado Casio WK-110. Perfecto para ir aprendendo o básico
Photobucket

En moitas ocasións teño escoitado algunha canción a piano, destas que te teletransportan ó séptimo ceo, e sempre pensaba: dios... o que ten que ser poder tocar isto. Ese pensamento xa foi motivación suficiente para intentar aprender algo sobre este instrumento.
Atópome coa limitación de que non teño nin idea de música, nin de solfeo, nin de nada.
O único que podo ir facendo por agora é aprender algunha canción a oído e/ou mirando videos de xente tocando. Algún día terei que poñerme a estudiar en serio para poder, nun lonxano futuro, chegar a leer unha partitura e estar xa escoitando a canción mentalmente. Eso ten que ser unha pasada.

Polo de pronto, metéuseme entre cella e cella aprenderme unha das cancións que máis me gustaban; unha canción que forma parte da banda sonora de Amelie: "Comptine d'un autre ete" de Yann Tiersen

O final ten coña...non sei si foi provocado pola desastrosa interpretación da canción, ou pola tendencia suicida de cada un :)

Unha aperta!

miércoles, 14 de octubre de 2009

Descansando no Miño

Unha raiola de sol comezou a abrirse paso entre os meus párpados. Froto os ollos antes de abrilos, antes de saber en que comunidade autónoma estou. Segundos inquietantes :) Miro ao meu arredor para identificar en que situación espazo-temporal me atopo.
Véxome tapado cun gorro de esquimal, abrigado ata as trancas, e un bo saco. Estou no coche, totalmente estirado sobre o asento do piloto reclinado a tope (os coches grandes son unha marabilla, pero necesito unha autocaravana). Vale, fácil. Estou en Lugo, e onte foi o gran sábado do San Froilán. Non penses mal, non é que sexa amigo do "grupo OH" e non recorde o sucedido, senon que poucas veces me esperto no mesmo sitio. Esto é unha rutina para min. Antes de almorzar, teño que averiguar onde me atopo jeje.

Miro a hora e doume conta de que durmín unhas 3 horas, pero o día xa comezou e hai que pórse en marcha. Póñome en busca e captura dunha cafetería con wifi para almorzar como Poseidón manda e miralo correo, feisbuk, comentarios do blog e esas cousas...
Ó pouco tempo chámame Tony, un gran amigo de Ferrol co que pasei parte da noite anterior. Quedamos e almorzamos xuntos.
Argallamos un plan para comer, e como somos de gustos parecidos, non nos resulta moi complicado (os dous che somos un pouco cutres/hippies/naturistas).
Decidimos ir a unha parte do río Miño (á que non fora nos 4 anos que vivín en Lugo) con media empanadiña, pan bimbo e paté pata negra. Un "manjar" nun sitio inmellorable para estar tan preto da cidade.
Photobucket
Cando chegamos era cedo para comer, así que pegámonos un chapuzón e saquei fotos a barrer.
Photobucket
A auga estaba fresquísima. Non fría; fresquísima. Foi unha renovación por dentro e por fora, de corpo e espíritu :)
Encántame bañarme en auga doce. A sensación de "casi poder beber" a auga na que nadas, é un gustazo. Poder pasar a lingua polos labios sen que a sede se multiplique por 3. O único que, bucear sin ver absolutamente nada, da un pouco máis de "yuyu".

Xusto na parte alta da pequena fervenza que se ve na primeira foto, hai como unha plataforma de formigón de 3 metros de ancho e uns 60? de largo, por onde a auga pasa cunha profundidade de uns 15 cm (dende onde se está tirando Tony). Aí me tumbei para sacar as seguintes fotos.

A mariñeira de auga doce


Photobucket
Por momentos, cando nos visitaba unha leve brisa, comezaban a chover follas dos árbores creando unha estampa preciosa, pero non me coincidiu de estar eu totalmente preparado para sacar a foto desexada. Confórmome con esta que caeu á auga moi preto de min.

Había unha zona na que había bastantes zapateiros (nome científico: Aquarius najas). E para min, acaban de gañarse o título dos animais máis difíciles de fotografiar, e eso que non tiven oportunidade de probar con moitos. Pero ó ser tan pequenos, tes que acercarte moito á auga, móvense moi rápido polo que hai que empregar unha velocidade de obturación de 1/400 para arriba, e para non quedarme sen luz na foto tiña que abrilo diafragma a tope, polo que a profundidade de campo é tremenda. Como resultado, ás veces enfocáballe o cú ó insecto, pero non a cabeza. E eso xa soe pasar cos insectos que están quietos, pero estes, a parte de pegar como impulsos supersónicos na auga, non estaban quietos nunca porque o vento arrastrábaos. Vamos, un show. Pero estou contento co resultado destas dúas fotos.
O zancudo


Photobucket

Ó principio limitábame a intentar fotografialos dende arriba, e telos enfocados xa era un logro. Pero despois propúxenme cazalos dende abaixo, para poder xogar cos reflexos na auga

Con pés de chumbo


Photobucket

Unha aperta!

martes, 13 de octubre de 2009

Fotos do San Froilán 09

Como che viña contando...
O Sábado fun de Sanxenxo directo para Lugo.
Cando cheguei, esperaba encontrarme moita xente, como de costume, pero unha vez máis sorprendeume o tráfico que había. Para que vos fagades unha idea, nos atascos que había ó entrar deume tempo a ir ó maletero, coller a bolsa coa comida, abrirme unha barra de pan, facerme un bo bocata de pavo, comelo, e xusto cando o acabei (a sorte coma sempre acompañándome) estaba pasando pola estrada que está máis preto da festa, e xusto pon o intermitente para saír un coche que estaba ó meu lado. Miro para arriba e sorríolle a quen me estea regalando estes detalliños cada dous por tres :) e aparco.

Saquei de trípode e fixen unha foto un pouco sosa.. pero que lle queres, quería quitarme a espiña da típica foto de tráfico coas liñas das luces converxendo
Photobucket

Como aínda non quedara cos amigos, tirei para a festa cargado coa cámara, obxectivos e trípode a ver se saía algunha foto.
Recién ceado, aforreime as tentacións, as colas e os cartos. Pero ter tiña unha pinta... mmmm
Photobucket
(quen dixo que o pulpo era a comida típica do San froilan?)

Fun directo para a zona das atraccións, que era á que máis ganas lle tiña para "afotar".
Pareime no saltamontes
Photobucket
Photobucket

A noria parecía antiga, e para meu disfrute, estaba instalada xusto ó lado de un edificio bastante vello
Photobucket
Aínda que non din sacado a foto que tiña en mente. Faríame falta un gran angular, pero bueno, das que fixen esta é unha das que máis me gusta.

Nesta festa, a parte baixa do parque de Rosalía, vólvese un miniparque de atraccións. Ata montan unha especie de atraccións de auga, con rápidos e balsas circulares que van baixando polos tobogáns. Pero a que máis me gusta é a Booster.
É como un muíño eólico pero con dúas aspas, e nos extremos das mesmas ten unha cabiniña basculante con dous asentos por cada lado. Cando vai a toda velocidade a forza centrífuga fai que a cabina non se mova practicamente e da a volta completa xunto coa aspa.
As fotos, feitas cunha exposición lenta quedaron moi curiosas, porque os brazos iluminábanse de mil maneiras, e os resultados non pararon de sorprenderme.
Photobucket
O que máis me gustou, este rosetón.
Photobucket
Eu non pasaba nada desapercibido co camarón e co trípode no medio da multitude. Ademais, para estas últimas fotos, estaba no medio de todo dios, e co trípode levantado ata 1.90 ou así. Escoitei algún comentario en plan:"que putada trabajar en fiestas" jeje
E fíxome gracia un rapaz dunha atracción que se me acercou a preguntarme:
-Para quien son? (suponse que as fotos)
-Para min...(silencio)
-Para ti?(silencio)
-Para min...(silencio grande)
O rapaz sorríu e foise alonxando coa cara de (este está tolo) jajaj.. pena que non lla fotografiase.

Despois chegou o momento de ir gardalo equipo, quedar cos antigos compañeiros de piso, da facultade, e pasar unha noite de risas e charlas como poucas hai no ano... e festa rachada.

PD.Non saber onde ía a durmir esa mesma noite dáballe un punto de emoción á situación. Aínda que xa me estou acostumando demasiado a esa sensación jeje.

Bo día!

lunes, 12 de octubre de 2009

Moi forte...

Este video non llo recomendo a persoas moi sensibles...
Non se ve nada desagradable pero si se oe, e o que se relata é heavy

domingo, 11 de octubre de 2009

De camiño ó San Froilán...

Onte despois de "acabar" un dos últimos debuxos que me quedan por facer no muro da piscina, tirei para Lugo coa intención de xuntarme cos antigos compañeiros de piso e facultade. E, de paso, pegarlle un vistazo á festaza do San Froilán ;)

Resulta que cando ía de camiño, despois de Arzúa creo que foi, vin un ceo cunhas nubes potentísimas e uns prados que se iluminaban por momentos e zonas.
Photobucket
(o meu tempiño me levou esperar a que o raio de luz pasase por esa árbore solitaria)
Pois ben, resúltame imposible pasar por un sitio que teña posibilidades e non parar. Así que, como de costume, aparquei e púxenme a disparar.
Photobucket

E sempre que me paro na estrada, intento practicar algún barrido. Xa que é unha técnica que cada vez me gusta máis.
Photobucket
Nesta foto non fixen unha cousa da que me din conta esa mesma noite. Ademais de intentar acompañar o coche, tiña que ter aberto o zoom. Cando algo se acerca, ademais de acercarse, tamén se está agrandando, e hai que acompañar esa "agrandación" cun movemento cordinado de cámara e de obxectivo (supoño).

Para variar caio co sono (en realidade non durmín gran cousa) e se sigo escribindo, mañá terei que levantarme cedo e mirar o blog medio acojonado por se puxen algunha cousa sen sentido, así que.. ata aquí chego.

Mañá máis fotos!
Apertas!!

sábado, 10 de octubre de 2009

Video da escapada aos Madriles

Pois aquí están todas esas fotos e videos que dixen que ía a colgar e non colguei... "quellequés"..."echoqueai". Os protas somos Tei, Rosi, Diego, Raquel, David (o comentarista deivis) e eu.
O video foi elaborado por Rosi. Grazañas! ;)

Debido á inmensa cantidade de fotografías que hai da viaxe (non sei quen sería o pelma que non paraba de disparar coa súa nova cámara), o video dura case 10 minutos, pero ten partes simpáticas: video da lanzadera, de como nos enchoupamos no "tutukisplash madrileño", do Xanadú, e fotos de todos en todalas posturas e lugares

jueves, 8 de octubre de 2009

Posta de sol en Rostro (Reeditado)

Fun a ver se rescaba algún baño... pero a marea estaba demasiado alta e impedíalle ás olas romper coma é debido.
Así que fun coa cadela, con Rula, a dar un paseo polos cantís de Rostro.
Photobucket

O sol comezou a sumerxirse nun mar de nubes facendo que o meu dedo se volvese tolo disparando sin parar. Un pouco máis e poño o modo ráfaga :)
Con tal ansia me puxen a disparar que cando o sol se escondeu, e volveu a aparecer por unha estreita franxa que había sen nubes xusto no horizonte facendo unhas formas e raios de luz incribles..... quedeime sen batería.
Empeceime a cagar en todo o cagable e non tirei a cámara co trípode polo acantilado de puro milagro. En canto me vin "desde fóra", fixen un rapido exame de conciencia, e dinme conta de que estaba nun sitio precioso, no momento estelar dunha impresionante posta de sol, coa miña mellor amiga non humana... e "malnomeando" a xente que non tiña culpa ningunha. Así que, senteime nunha pedra acompañado de Rula, relaxeime, respirei fondo e disfrutei das vistas mentres agarimaba á princesa da casa.
Photobucket
Ás veces penso (si, penso), que con tanta cámara, tanto mobil e tanto aparello electrónico capturador de momentos, olvidámonos de disfrutar a realidade tal e como é, pura, sen aparellos; Centrándonos en nada máis que disfrutar e intentar recordar as sensacións vividas.

Unha aperta!

miércoles, 7 de octubre de 2009

entrada número 365

Se as entradas fosen días, este blog tería hoxe un ano. Pero en realidade ten case dous anos e medio.

Os días de onte e antonte, paseinos na capital galega facendo un traballiño para un novo programa de televisión que se estreará este sábado (creo).
Sempre aparco no mesmo sitio, onde non hai que pagar e á vez tes o coche vixiado por cámaras. Hai un cartel que prohíbe o estacionamento pero faltan cousas como para que esa prohibición sexa legal de todo, por iso sempre hai sitio.. unha bicoca vamos.
E alí atopeime a este gatiño descansando nunha postura moi humana, aproveitando o calorciño do motor dun coche recén aparcado (suponse).
Photobucket
Photobucket
(Experimentando co fotochó) Anque sexa menos "correcta", a min gústame máis a supersaturada/luz intensa... a ti?


Bueno, pois o traballiño en si era un mural dunhas letras
Un mural moi simpliño pero complicado de facer á vez.
Photobucket
Photobucket

A súa dificultade radicaba no tamaño das letras (dous metros cada unha), e na superficie ondulada da chapa metálica sobre a que tiña que pintar. Tamén me tiña que currar as pinceladas para que non contrastasen moito o pintado a pistola da base co pintado a man. E encintar nesa superficie é cousa de chinos. Acabei por encintar cachiño a cachiño en cada ondulación...xa que, senon, pasabas máis tempo arreglando a forma rápida de facelo que facéndoo amodiño e con boa letra (nunca mellor dito).
Ademais, as poucas medidas que tiña no plano para facelas, fóronse ó garete ó modificar a inclinación das letras. Vamos, que o "ROB" foi feito totalmente a ojímetro, e o "LAND" coa axuda dun proxector da metade para arriba.

En total, unhas 12 horas de traballo un tanto...especiais. Rodeado de 50 persoas estresadas traballando a contrarreloxo, con probas de sonido continuas, probas de luces, fogonazos de focos que che impedían ver ben do que deslumbraban ou que che facían tolear ás pupilas de forma que non distinguía a miña cor da do fondo. Pero bueno... ogallá me chamen mañá para facer outro. Non me queixo :)

Por certo, e falando do mundo audiovisual, se queredes ver a última curta na que participei, podédela ver AQUÍ. Quero facer público o ben que o pasamos na rodaxe. Foi todo xenial, cun equipo moi eficiente, sen presións, sen prisa pero sen pausa, un trato inmellorable, boas palabras para todos todo o rato... Unha rodaxe que me deixou tatuado un sorriso e con ganas de ir a pola undécima curta :)

Apertas!!

lunes, 5 de octubre de 2009

Muller fatal

Photobucket
3 da madrugada, Ludovico Einaudi sonando no silencio, un flexo alumando na escuridade, un folio branco que sona a rasgado, un lapiz que disfruta bailando, uns ollos que me inspiran.... Enamorado dos momentos, enamorado da vida.

sábado, 3 de octubre de 2009

Stop motion - evolución do mural pintando a mona


mural indonesia
mural margarita pintura arte cuadro
Pois eso, para que digan que os homes non podemos facer dúas cousas á vez. Aquí estou pintando a mona e un mural ó mesmo tempo. :)
Espero que vos guste

Apertas patí!

jueves, 1 de octubre de 2009

Abordando un novo debuxo...

.. para un dos laterais do muro que rodea a piscina.
Photobucket
O único que está acabado daquí é a palmera grande e os tellados dos casetos. Aínda queda moito curre, pero para que se vaia vendo a evolución...

Se estades de frente á pasarela de madeira, á esquerda, está isto. Cando estea todo listo a ver si aprendo a xuntar as fotos co photochop e fago unha panorámica.

Vou a mercar máis pintura negra, que non me din conta de que a emprego en casi tódalas mezclas de cores e estáseme acabando...