lunes, 25 de mayo de 2009

Baño de onte en Nemiña

Ao final escapeime e algo collín, pero pouca cousa, a pesar do que poidan parecer as fotos.
O problema de Nemiña é que ten que funcionar no punto exacto de marea. Si te pasas uns 20 min ou media hora... por exemplo sacando fotos (como fixen eu). Pois xa pouco queda por facer.

Bruno recuperando a parede despois dun cutback
Photobucket

Rematando a ola con estilo :)
Photobucket

Era unha ola tabloneira, tendida, biplaza
PhotobucketAquí Alfonso e Luis

Aquí Alex
Photobucket
O rapaz que máis aguanta na auga de tódolos que coñezo.

Photobucket
Luis Más

A pesar do ordenado que parece que está, as series rompíain un pouco fora de lugar, e as normais, non tiñan forza suficiente.

Marcos...mellorando cada día o seu DK
Photobucket

Mario, estilaso
Photobucket

Experimento de foto... Bruno collendo todo o que se menea :)
Photobucket

Rueda colleu unha das olas grandes da tarde
Photobucket

Suso e Bruno, coma sempre, compartindo unha ola biplaza
Photobucket

Hai poucos momentos igual de bonitos que surfear unha ola, e un deles, é saber que estas colocado para surfear a ola que se achega polo horizonte :)
Photobucket

Esta praia meréces un mimo, e ímosllo dar o sábado.
Limpeza ás 10 da mañá. Quedades todos convidados

Apertas

domingo, 24 de mayo de 2009

En breves...

Perdona o retraso oh.. é quee... andiven un pouco liadiño esta semana e non puiden facerche moito caso. Espero que non te me enfades, blog. Ti non te preocupes que a ver si esta semana che quito as telas de araña.
Hoxe (espero) colgarei unhas "afotos" que saquei durante a rodaxe de dúas curtametraxes nas que participei esta semana. Unha en Coruña e outra en Muros.
Aquí vai un pequeno adianto...
Photobucket
Sheyla camiñando pola praia de San francisco (Muros)

Apertas!

Pd. Vou para a praia a ver se apaño algo...

viernes, 22 de mayo de 2009

Limpeza de Nemiña + video

Moi boas
Teño o gusto de anunciar que o 30 de Maio, ás 10 da mañá, xuntarémonos na praia de Nemiña para realizar a III Limpeza da praia de nemiña organizada polo clube de surf e bodyboard os tombos http://clubsurfostombos.blogspot.com/
Invítovos a todos a que vos pasedes por alí xa que nas anteriores limpezas o pasamos moi ben e foi todo un éxito.

E de propina, un video editado por Brais e gravado por Julián, do baño do 08-05-09. Do cal xa editara eu un video gravado por Liber, pero este está feito cunha cámara de video (e non de fotos) e con trípode, polo que é de mellor calidade. As olas, son case as mesmas que as do video que colguei eu fai uns días

Unha aperta!

miércoles, 20 de mayo de 2009

A necesidade de competir

A competición non é algo que me chame moito a atención. Non coñezo nin a cuarta parte dos que corren o circuito mundial de surf nin teño un grandísimo interese en aprenderme os seus nomes. Non sei, eu sempre comparei unha competición de "pillar olas" con unha competición de obras de arte. Como? que non é comparable?

Vale, que no surf pódese ver se unha maniobra está mellor feita que outra, ou nunha sección máis crítica que outra, ou se un escolleu unha onda mellor que o outro...Si. Pero nun cadro tamén se pode ver se un empregou unha técnica máis complexa que o outro, se lle dedicou máis ou menos tempo, se un controla mellor ou peor as proporcións, se un parece máis ou menos realista, se un transmite máis ou menos que o outro...

E un artista dirá.. pois eu emprego a técnica que me da a gana, uso a cantidade de pintura que quero, coa dificultade que me apeteza e transmitirá ou non en función do que me saia do mesmísimo.....corazón.

Un surfista dirá.. pois eu prefiro coller velocidade toda a ola e tirarme a unha manobra imposible contra o cerrote, ou non facer "nada" máis que acariciar a superficie cristalina coas xemas dos dedos mentres sintes como o mar che empuxa a un estado de felicidade indescriptible.

"Medir" o surf paréceme unha forma de desvirtualizalo. Unha forma de perder de vista a pureza, a esencia, a maxia da arte de deslizarse polo mar.
Non me gusta o feito de que o disfrute dependa da superioridade de un con respecto ó contrincante, porque penso que o disfrute é o propio surf.

Ollo, non critico aos que compiten, eu tamén o fixen no seu día e paseino coma un enano. Porque coñecín moita xente, fixen windsurf con amigos, nunhas condicións inmellorables, nun lugar novo e aprendín cousas. E o que chegou primeiro chegou primeiro, non fixo falta avaliar nada, só mirar.

Que quero dicir con todo isto...?
Simplemente sinto pena? non, sona moi forte; compaixón?...tampouco; simplemente non me gustaría estar nas carnes de alguén que necesita medirse con outros, ou verse superior para ser máis feliz

Isto é extrapolable ó mundo da competición en xeral, e incluso ós xogos. Teño xogado pachangas ó futbol (que non me gusta moito) con amigos e ver como algúns se enfadan porque lles marcan un gol. A ver rapaz, se non o pasas ben xogando, pasa de xogar non? ou polo menos sería o que faría eu. Que pasa, que ese é o precio que paga por ter, noutros momentos, a sensación de sentirse un campeón e rir satisfeito de si mesmo.

Despois, por outro lado, estarán os que disfrutan da competición como se fose un xogo, alegrándose polos que gañan e compartindo baños, carreiras, travesías, partidos... con outras persoas. Cousa que será complicada cando a túa vida depende dos resultados. Supoño que para a maior parte de surfistas (exceptuando a personaxes como sunny garcía) a competición é o precio que teñen que pagar para poder gañarse a vida e surfear nas mellores olas do mundo. O que pasa é que os baños libres, supoño que xa os enfocarán como unha especie de entrenamento. Eu, non transformo en entrenamento unha das actividades que máis me gustan na vida nin tolo.


Que si, xa sei o que estás pensando: "si Rubén, que si surfeases o suficientemente ben como para que puideras recorrerte o mundo surfeando as mellores olas do planeta, cos mellores surfistas e cobrando! igual dicías que non!! ja!"

pois si, evidentemente aceptaría encantado, pero anque o meu nivel fose tan bo, que máis ben é mediocre, non chegaría moi lonxe porque non sinto ese afán de ser o mellor.

Independientemente da filosofía coa que se tome Aritz Aranburu a competición, doulle a noraboa porque gañarlle a "eses" cos que tes empapelada a habitación debe de inflar o ego como para non caber dentro do corpo.
Aritz Aranburu vs Kelly slater (9 veces campeon do mundo)

lunes, 18 de mayo de 2009

Videos curiosos II

Aquí vai a segunda entrega de videos curiosos. Quería esperar a ter uns cuantos, pero vin o de "voca people" e non me puiden aguantar sen compartilo contigo.

Estes son unha panda de rapaces e rapazas que fan auténticas virguerías só, e únicamente coas súas voces

Videos tu.tv



E estes uns artistas/atletas da bici


Para rematar...Unhas imaxes preciosas de surf a cámara lenta


Espero que che gusten

Regateando de novo

E non me refiro ó fútbol, que nin me vai nin me ven, senón á vela.
Hoxe tivemos o 2º día do "trofeo de Torre de Hércules".

Comezamos con pouco vento, pero a medida que saímos da ría, á altura da torre de Hércules, o vento chegaba ós 20 nudos. Foi un día máis emocionante que o domingo pasado, con ondas máis grandes e máis vento.

Por momentos, o barco ía tan escorado que entraba a auga pola borda e as olas pasaban por encima da proa, mollándonos aos que alí andábamos a facer algo.

Houbo un momento, que foi un dos que saquei unha boa "foto mental" no que Pedro alertaba dende a bañeira que o tangón estaba solto. Co barco tan escorado que por momentos as velas tocaban a auga, corrín para proa para cerrar a uña do tangón facéndoo firme a cuberta. Digo corrín, pero máis ben poderíase dicir que se "escala" lateralmente, para non caer á auga. Despois de aseguralo, mirei á popa mentres me agarraba ó stay, e vin o bicharraco de 22 toneladas movéndose entre as olas como un cascaronciño. Unha vez máis, esta vez dende un deporte ben distinto, dinme conta do insignificantes que somos os humanos ante un xigante como é o mar. E iso que "non foi nada"

Hoxe quedamos algo mellor que o domingo pasado, quedamos, de primeiros outra vez, pero cunha ventaxa de 10 minutos con respecto ó segundo. Vantaxe que non é suficiente para quedar campeons. Polo que aínda estamos cuartos de Galicia, pero gústame que, a posición ou o resultado final, é un detalle que se comenta de casualidade, no medio da comida, sen importancia; como quen di:
- pois fulanito mollouse os pes...
- e ó final de que quedamos?...
- non sei, pero que ben nos saíu aquela trasluchada polo interior do "porcelanosa" entre o barco e a boia verdade?

Ó volver... a felicidade respirábase no ambiente despois dun divertido día de navegación. sacaron o viño, uns bocatas e un arsenal de chocolates variados. Mentres lle comentaba ó "compañeiro en funcións" Abraham que nin me dera tempo a sacala cámara polo movida da viaxe... pediuma para vela e disparou ó chou isto.
Photobucket
(eu sempre felís)
Véxome na obriga de poñer un comentario que me fixeron nunha rede social con respecto a esta foto: "a sua risada semallaba o orjullo k o rapas sentia polo mare.e antes e despois de saire del ,botaballe o seu aturuxo o mare en sinal de boas condicios ventis u ventaceas" Raposo Real (tremendo)

Despois, como de costume, comilona no Club náutico comentando as xogadas e para casa. Camiño onde saquei algunha foto na cuneta que colgarei maña.

Apertas!

miércoles, 13 de mayo de 2009

As mil caras dunha foto

O paso que máis quebradeiros de cabeza me dá dende que chego a casa cunha remesa de fotos ata que colgo algunha no blog... é decidir que fotos van a ser as escollidas.

Foi bo o consello de Peter, que di que o mellor é que escolla a foto alguén que non a sacou. Porque cando unha foto che da moito a lata, e costa o seu traballo sacala, témoslle máis aprecio... en cambio unha que saiu no momento, que disparamos ó chou, pode ser "a foto" do día.

Cando non tes a ninguén que te asesore, non sei en que cantidade de cousas te fixas para decidirte por unha ou outra foto..(encuadre, composición, equilibrio, simetría,enfoque, cores, exposición...) pero imaxínate que de 30 fotos escolles unha. Poste a procesala e, ó disparar en formato RAW, ves a cantidade de posibilidades que ten e vólveste mico para decidir qué matices darlle. Ó final, unha soa foto podes deixala de 20 formas totalmente distintas... e cando consigues un procesado chulo pensas..."- e como como quedaría algunha das outras fotos con este outro procesado? daríanme máis xogo?" entonces é cando te das de conta que se te puxeses a facer probas con tantas fotos... (poñamos que 20 combinacións de 30 fotos distintas, saen a uns 600 procesados) e se cada procesado leva mínimo 5 minutos, son 3000 minutos para colgar unha foto nun blog.50 horas. Máis de unha semana procesando fotos 8 horas ó día. Case que inviable.

E o peor de todo, é que moitas veces sacas unha foto pensando en conseguir esa foto que tes na cabeza, e cando o consigues e lle metes man no revelado, pode acabar totalmente distinta á idea preconcebida pola que naceu

Por exemplo, esta foto queríaa así, que é tal cual como a saquei da cámara. Nin a firmei
Photobucket

Pero cando a abres... comezas, e si lle dou máis forza ás nubes? e si a enfrío algo? e si lle poño ruído?... e si...
Photobucket
e acaban quedando cousas tan distintas á orixinal coma estas
Photobucket

Cal é a mellor? pois... supoño que para gustos colores.

Apertas!

martes, 12 de mayo de 2009

O meu paso pola vela

A miña pasión polo mar, vén dende moi pequeno. Recordo que cando era un renacuajo, unha vez levárannos de excurisón a Camelle (superexcursionaza...) a ver ó Alemán e as súas obras, e mentras todos ollaban eses círculos de cores e eses bolos formando minisagradas familias... eu quedaba apampado mirando como as olas estouraban contra o dique. Dende que recordo, sempre tiven ganas de practicar algún deporte de mar, e a primeira oportunidade que tiven foi a través da vela.

En Corcubión, o Club Marítimo Carrumeiro organizou no ano 1992 uns cursos de iniciación á vela. O primeiro, moi ó meu pesar, era só para adultos; e fora meu pai con un amigo. O amigo, volveu do curso con un par de puntos na cabeza por un botavarazo. E iso fixo que se eliminase a idea preconcebida que tiña de que era un deporte "demasiado tranquilo".

Pouco despois organizaron o curso para pequenos e foi a miña primeira oportunidade de disfrutar do mar a través dun deporte. Con 7 ou 8 anos anoteime ó curso, pero entrara un pequeno vendabal (mal tempo e ondas medianas) que fixo que se desapuntasen tódolos cativos que estaban anotados.. polo que o meu primeiro curso foi "particular"; dous monitores para min só. (Agora, dende o punto de vista do monitor penso... vaia putada jeje)

Eran Jorge e Noemí (que actualmente segue coa escola de vela os primeiros que me ensinaron cousas como barlovento, sotavento, ceñida, largo, amura, escota, driza, botavara...

A partir daquela enamoreime da vela, xunto con meu pai, e anotábamonos ós cursos que había de iniciación tódolos anos. Non porque fósemos "duros de mollera" cos principios básicos da veña lixeira, senon porque era a única forma que tíñamos de poder navegar. Recordo que eran dous fins de semana, mañá e tarde, por 10.000 pesetas cada un.

Todo valía, e se non había vento, entrábamos igual a facelo cabra, ou a intentar volcalo barco para volver a poñelo dereito. De aí a explicación desta foto...

Photobucket

Facendo banda por sotavento. Imaxino a situación... Rubén, cólgate por aí...vale! ó non haber vento inclinei o barco para o meu lado, e a botavara cae cara o mesmo sitio, golpeándolle na cabeza á miña querida irmá jeje. Vaia momento captado.

Anos despois, cando eu tiña 15, un amigo meu, que comenta por aquí de vez en cando "Deivís", dicíame que iso da vela que era un aburrimento...que co windsurf íbase moito máis rápido. Eu recordo que non o cría, pero canta razón tiña.
Nun deses cursos de iniciación á vela, ós que nos seguíamos apuntando tódolos anos, aproveitei para coller unha "barracuda" (táboa de 3 m e pico) e unha vela destas triangulares que tiñan por alí tiradas nun galpón. Collinlle o toque máis ou menos rápido, e encantoume. Engancheime ó windsurf.

Despois, "só" había que convencer ós meus pais para que se gastasen 150.000 pesetas nun equipo de windsurf. Pero, como teño uns pais que non os merezo, recordo que me dixera miña nai..."-prefiro gastar 100.000 pesetas nunha táboa para que fagas deporte que non 500 ptas nunha litrona" (recordemos que eu tiña 16 anos e xa era unha idade fina, no sentido de adolescencia/tontería)

Eu,daquela, cos meus aforros, merquei a miña primeira vela a Juan de Ézaro (25.000 pesetas me costara), que era con diferencia o mellor windsurfista da zona, o modelo a seguir, un crack. Víamolo como se fose un dios. Recordo cando chegaba coa súa táboa vermella, enanísima, e parecía que voaba (planeaba), e facía unhas trasluchadas perfectas sen deixar de planear. Era o rei. O seu blog é ézaro en fotos

Despois conseguín mercar un mástil, e meus pais compráranme o resto, a táboa, unha techno 273 (125.000 ptas) e a botavara. Pero o do windsurf xa merece outra entrada..

Polo windsurf, deixei medio aparcado o tema da vela, só íbamos a dar unha volta no "janter" de vez en cando, cando o vento non era suficiente para planear. Cargábamolo barco de pan bimbo, nocilla, cocacolas e íbamos a dar paseos pola costa, fondeabamos en calquer lado, e a poñernos como guarros.

Cando cumplín 18 anos, había uns cursos organizados pola federación galega de vela para formar monitores de vela lixeira e tdv (Táboa De Velocidade, windsurf). Costaban 75.000 ptas, pero estes, se pasabas unha proba de acceso, eran gratuítos. Pasámola Deivís e eu, fixémolo curso durante dous meses a cabalo entre Laxe, Fisterra e Malpica, sacámolo titulín para poder manexalas zodiacs et voilà. Monitores de vela :) Eu quixen estrenalo pronto, aproveitar para coñecer outros sitios e escaparme coa moza, polo que puxen un anuncio no que buscaba traballo en calquer punto de España. Acabei ese verán, con 18 aniños, traballando nunha escola de windsurf e vela lixeira en Gandía, Valencia.

escuela de currantess
Photobucket
Eu daba windsurf, pero cando había alquileres de veleiros, algún dos monitores tíñamos que ir de patróns se víamos que os clientes non tiñan moita idea.
trabajandoo
Alí foi onde aprendín realmente. A experiencia son as mellores clases. Divertidísimos os catamaráns. Aguantalos sobre un patín todo o rato que queiras, mentras vas voando a toda velocidade sobre unha auga cristalina que che permite ver o fondo (e as medusas) non ten precio.

Despois chegou o surf e o kite, polo que volvín a abandonar un pouco o tema da vela. Ata que un "bello" amigo de meus pais, me invitou a un "casting" veleiro, no Hansa. Un dos barcazos do Real club Náutico de Coruña. Pero disto xa había unha entrada....AQUÍ

Volvín un par de veces, algún día con moito vento e olas, e outro que se acabou anulando a regata por falta de vento. E o 3º ou 4ºdía (non me lembro), foi antonte. O domingo.

Participamos na regata "IX trofeo Torre de Hércules" a nivel autonómico (polo que acabo de ver na páxina do clube).


Photobucket

Anque as maniobras son momentos de tensión onde os 15 tripulantes do barco teñen algo que facer... os bordos largos como as empopadas, son bastante tranquilas, como podemos observar na seguinte foto.
Photobucket
Se non hai nada que facer, o mellor é tumbarse sobre algún spinaker e tomalo sol mentres te comes un bocadillo.
Pero cando hai que dar o callo, bótanse de menos uns bos callos na man
Photobucket

O domingo éramos 15 no barco, e aquelo parecía un chiste, porque había un australiano, un inglés, un americano e o resto galegos. Vaia jirigai que nos montábamos nos momentos complicados...
- Come on! joder! take the corda and pásama quickly!!
-take the corda with esta man gou gou!
- be careful with the botavara que la parió
... (poderíase escribir un libro)
-joderr, que me traigan a un traductor!!

jeje.. eu pásoo pipa. Encántame "currar" e estar seguido facendo cousas. Para min, o máis aburrido, é estar facendo banda, coas pernas colgadas, charlando cos novos amigos mentres observas unha paisaxe incrible...(e iso non é algo que me disguste precisamente)

Todo un placer poder disfrutar destas navegadas. Síntome na obriga de volver a darche as gracias "peter p. de mille".

E a tódolos tripulantes do barco, porque é difícil non aprender algo novo cada día, e os culpables son eles.

Aquí, media plantilla unha vez en terra.
Photobucket
de esquerda a dereita: Jhon, Peter, Abraham, Antón, Fran, Stewart e "llosh" (o australiano)

Ó final, pese a todo, chegamos de primeiros cunha diferencia de 8 minutos con respecto ó segundo. Pero non sei si compensando os tempos quedamos primeiros ou non, porque faise unha estimación da ventaxa que temos por levar as velas máis grandes (spi de 300 metros cadrados, maior de 195...etc) e creo que lle tíñamos que levar máis ventaxa ó segundo para quedar realmente de primeiros... pero non cho sei.

Tropa! vémonos o domingo que ven.. que eu repito :)

Apertas para todos

lunes, 11 de mayo de 2009

Ruta occidental extreme II

"Copio e pego"

SABADO 6 DE JUNIO 09
No esperes a que todos te cuenten lo Bien que
Lo han pasado. HG MOTOR´S con todo su equipo
organiza la II RUTA OCCIDENTAL EXTREME.
Si viniste a la 1ª, vente a la II.
La hemos perfeccionado aún más, para disfrutar
Más de la conducción en estos paisajes, montaña
Vado, pistas, cortafuegos, polvo......... y para
finalizar el evento, una muy buena cena, en un buen hotel y una buena cama.


LA DIVERSIÓN Y EL COMPAÑERISMO
ESTÁ GARANTIZADO


PROGRAMA:
8:30H Cita en HG MOTOR´S
9:30H Desayuno y entrega
Avituallamiento .
10:00H RUTA dirección a S. de
Compostela.
15:00H. Comida.
16:00H Iniciamos el regreso.
21:00H Fin de la Ruta en CEE.
21:30H Gran Cena.
DIFICULTAD MEDIA
KM: 150 APROX.
Photobucket
VEHICULOS PARTICIPANTES QUADS, ATVS, RANGERS Y MOTO ENDURO. PRECIO:95€PAX.
INCLUYE: RC, SEGURO DE ASISTENCIA, DESAYUNO, COMIDA, CENA,10L COMBUSTIBLE.
NO INCLUYE: ALOJAMIENTO. PRECIO HABITACIÓN INDIVIDUAL:28€,HABITACIÓN DOBLE:39€ HOTEL***.
IMPORTANTE: NECESARIO PRESENTAR DOCUMENTACIÓN ORIGINAL Y ULTIMO RECIBO DEL SEGURO EN VIGOR.
Photobucket
APUNTATE EN LOS TELEFONOS: 981706087•981760103• 661810099
Ultimo día de inscripción 4 de Junio 2009.

sábado, 9 de mayo de 2009

Video do baño de hoxe

Boas!

Editei un video con todo o que grabou hoxe Liber (Moitas gracias!).

Espero que vos guste...

E aquí, fotogramas sacados por Brais dos videos que grabou Julián. Graciñas tamén Julián...

Photobucket
Brais

Photobucket
Bruno

Photobucket
Aitor


Photobucket
Photobucket
E eu.

Tedes máis fotos deste estilo en www.clubsurfostombos.blogspot.com
E falando de "Tombos".. aproxímase a próxima limpeza de praia. Xa informaremos máis adiante do día, hora e lugar.

Apertas!
e boas ondas!

jueves, 7 de mayo de 2009

Auga cristalina

Os famosos "bañazos" non só dependen do tamaño e forza das olas...
Hai outros moitos factores que se nos olvidan.
Onte, a pesar de haber unhas olas que casi non chegaban á cintura (un metro real) e de ter moi pouquiña forza...

Photobucket
para min, foi un bañazo.

Porque había sol, boa temperatura, no aire e na auga, as olas abrían...
Photobucket

Porque anque ás 11 da mañá xa éramos 10 persoas (un mércores...mimadriña), había moi bo ambiente na auga. Todos de risas. Coñecín a tres rapaces de Coruña moi majos (da tenda Pure, que ben surfeaban os condenados). Intentei facer tandem surf con Alberto (un deles) e con Alex. Si é que eu sigo decindo que prefiro que veñan 10 persoas de fóra de bo rollo, respetando e cun sorriso na boca que un "estresado". Porque na auga, un está para desestresarse.

O único fastidio na auga era que ao teu compañeiro non lle dese tempo a coller a ola contigo...

...a auga estaba totalmente cristalina, parecía "jauai"
Photobucket

Houbo unha ola na que fun todo o rato embobado mirando para o fondo, porque vía proxectada na area a miña sombra e a ola dibuxaba na area unha sinfonía de brillos e sombras que hipnotizaba.

Ó saír, nada mellor que uns grolos de auga fresca para endulzar as bocas saladas
Photobucket

Porque o surf... está feito para pasalo ben. E punto pelota

miércoles, 6 de mayo de 2009

Flor de toxo

Se mira pero no se toca!
Photobucket

rapaces namorados... douvos unha idea que eu apliquei xa fai anos: se queredes sorprender á rapaza, no lugar de ir á floristería a pagar un par de euros por unha rosa... Regaládelle flor de toxo.

Iso implica ir ó monte pensando na rapaza, significa que tiveches que pincharte para conseguir algo que a contentase, daslle a entender que estás disposto a sacrificarte, tes que darlle á cabeza para pensar como entregarlle o regalo sen que se pinche ninguén e por último daraslle un toque de orixinilidade e factor sorpresa necesario en toda relación

Hala! a pincharse!

Imos comer unhas pipas ó faro...

En Corcubión, cando hai un tempo morto, cando se está sin saber que facer...Hai unha proposta que nunca falla:
-"¿pitillo no faro?
ou no caso dos non fumadores...
-"que,¿unhas pipas no faro?

E é que, moitas veces, estamos acostumados a facer cousas porque si, a piñón fixo, porque é o que se soe facer...Si se "toma algo" hai que ir a unha cafetería. Pois non.

Eu prefiro con moitísima diferencia mercar algo de beber nun super, unhas pipas, algunha trapallada (véxase donuts, palmeras, xelado...) e ir ó faro C (que non faro de Cee) a charlar, escoitar música e disfrutar das vistazas da nosa terraza particular.

Photobucket
..foto feita co mobil. Hai momentos no que non sempre tes o troncho de cámara á man.

Photobucket
(terraza) Nacho apañando cousas para xogar...

Certo é que, este sitio, é o típico "picadero" do lugar, pero alí, a única femia que había, non nos facía caso. Que perra.

Photobucket

Despois de comernos dous paquetes de pipas, unha palmera e non sei que máis... intentei facerlle un retrato a Nacho do estilo dos que fixera con Dani na cova. Non tiña para nada unha boa luz. Lorenzo regalábanos unha luz demasiado dura e intensa, pero reducindo a velocidade conseguín coller ese toque oscuro nun dos lados da cara.

Photobucket

Cando xa nos íamos, apareceu por alí Aitor. Tamén é un dos que disfruta deste sitio.
Photobucket

Dous paquetes de pipas: 2,20 € (que ladróns)
un aquarius: 1 €
palmera: 70 cnt
botella de auga da fonte: 0 €

Pasar unha tarde nun sitio precioso, cun bo amigo e escoitando boa música... non ten prezo.

Apertas!

martes, 5 de mayo de 2009

"Juíndous Xp toxo pawer wallpaper"

Bos días!

Esta foto foi sacada na ruta fotográfica que fixemos antonte Dani e eu...
Xa levaba tempo con ganas de sacar a típica foto "tranquila" con fondo profundo e campo verde ó típico estilo de fondo de escritorio de windows.

Pois ben, aquí vai a versión jalleja do "windows xp ualpeiper"

Photobucket

É incrible a forza e a intensidade de cor que tiña a flor de toxo que inundaba estes campos. Prometo que non retoquei a saturación ou a intensidade de cor no procesado da foto.

Mañán máis... (ou hoxe á noite)

lunes, 4 de mayo de 2009

1720 fotos...

...Paciencia...É o que tes que ter se visitas este blog con frecuencia e non ves actualizacións...
Non é que non teña nada que contarche, nin fotos que publicar. Todo o contrario.
Acumúlanseme as cousas, ideas, fotos... e non sei por onde comezar. 1720 fotos en cuestión de dúas semanas...

Cal proceso? cal escollo? que conto primeiro?...poño o nome da praia ou non?...bo! marcho a sacar fotos. E así sigo entrando nun bucle no que as fotos entran e non saen.

Polo de pronto.. un pequeno avance: Hoxe foi un día completísimo de olas (baño de 4 horas) e completísimo de fotos (7 horas disparando)

O baño en compañía dos de sempre. Que fortuna... Coller olas en común, entre risas, entre gritos, entre miradas cómplices, entre ánimos... Isto non hai quen o pague

E a tarde de fotos en compañía de Daniel Almeida (xa o coñecedes, www.surfinglifebydani.blogspot.com)

Photobucket


Todo un placer e un privilexio. É difícil non aprender algo novo de fotografía afotando con este home

En breves... (Que agora toca descansar)
Photobucket