viernes, 3 de agosto de 2007

Sin conexión

Moi Boas!

Estiven uns días sen conexión e por iso non puiden colgar ningunha entrada estes días. Sei que dende que rematei coas oposicións estou algo máis vago co blog, pero agora que teño escusa hai que aproveitala :)

A escola parece que empeza a funcionar. Ó principio había pouca xente pero foi chegar o 1 de Agosto, e boom!
Onte pasámolo como enanos, tanto eu, como os pequenos e os non tan pequenos :) Xa se me animou un dos pais dos rapaces que o fixo xenial. O primeiro día xa se levantaba de un salto e non collía parede por que non a había, que si non...
Estou moi contento en xeral, todos os que empezaron onte (6 rapaces/as) levantáronse o primeiro día, algún como Xaquín, de 10 anos, xa colleu unha parede ós 5 minutos de entrár á auga. Alucinante. Todos o fixeron moi ben. Non vou a decir tódolos nomes porque non lles preguntei si querían aparecer por aquí... pero para a semana, a ver si me pasan os pais dos rapaces fotos que fixeron e cólgoas por aquí.

As olas, estiveron perfectas para a aprendizaxe
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Con respecto ó surf, (fora do traballo) collín un bo baño ó principio da semana, ou o domingo, non me acordo. Foi en Rostro e estaba eu só. Saían unhas dereitiñas moi xeitosas de casi unha porta de tamaño(a partir de agora, unha "portiña" van a ser 3/4 de porta vale?:)
Fun con un dos tablóns da escola, un NSP 9´2 para ver como funcionaban en olas de verdade, e moi ben. Van moi ben estas tablas. E un día collín unha oliña solta en carnota coa 6`8 e é unha virguería. Teñen volumen pero xiran todo o que queiras e máis. Non teño fotos do baño de Rostro porque as borrei da cámara pensando que xa as pasara ó ordenador. Non é a primeira vez que me pasa.

Por outro lado, e rompendo un pouco cos meus principios ecoloxistas, fomos ALberto e eu a dar unha volta cunha moto acuática. Ó principio levoume el, para explicarme un par de detalliños que había que ter en conta (a moto non está reparada de todo), despois leveino eu, e para rematar fun dar unha voltiña eu solo. A verdade é que é unha gozada sentir toda esa aceleración, velocidade... ó ir tan rápido o vento que che pega na cara casi non che deixa pestañear..jeje mima. Estivo divertido. Pero cando penso no que consume, na gasolina, gastos, contaminación... pff estou confuso! pero en fin. Non me compraría unha nin de coña.

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Como autocolleja, colgo este video de surfrider europe: SI O MAR PUIDERA DEFENDERSE...


Bueno, déixovos que hai bastante nordés e a ver si facemos Tei e eu wind ou kite en Nemiña ou por aí.

Unha aperta e boas ondas a todos!

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Oi, achei teu blog pelo google tá bem interessante gostei desse post. Quando der dá uma passada pelo meu blog, é sobre camisetas personalizadas, mostra passo a passo como criar uma camiseta personalizada bem maneira.(If you speak English can see the version in English of the Camiseta Personalizada. Thanks for the attention, bye). Até mais.

Anónimo dijo...

Ola son Eines unha alumna deste super profe que é Rubén, mirade as caras de disfrute dos rapaces destas fotos pois como di Ruben o mais importante é sair da auga cun sorriso de orella a orella.Ruben, so que sepas que realmente fas que o surf sexa moi divertido ( a pesar do cansanzo e o frio) e que si saimos cunha sorrisa de orella a orella grazas a ti e o SURF!!!

Rubén Prieto dijo...

Jo eines!! moitas gracias! casi me emociono!
non será para tanto oh,xa verás que cando fagas surf pola túa conta, vas a saír cun sorriso de orella a orella e non vai a ser gracias a min, vai ser gracias ó surf :)
Alégrome un montón de que che gustara tanto o deporte.
É o que trato de conseguir...

un bicazo!