martes, 26 de octubre de 2010

Mencer forzoso

gurrr

Estase convertindo en costume. Cando conduzo pola autopista e o ceo comeza a chamarme máis a anteción que as liñas da carretera... collo a seguinte saída.

Comezo a vagar por carreteras sen saber a onde van, indo directamente a ningún sitio. Escapando do feo en busca dun encuadre.
Pero... ás veces, cando os ollos están amansados pola beleza, vólvense máis permisivos e tolerantes.
Independizándose do cerebro cando este di que "grúa=construcción=feo" e asimilando, case encaixando, no mesmo golpe de vista a antítesis do natural, e o natural.

sábado, 23 de octubre de 2010

Incrustado nunha peli

Para ver o video FAI CLICK AQUÍ

Unha desas noites santiaguesas, de risas, na casa do amigo FRAN ZEIBE, puxémonos a grabar unhas secuencias intentando copiar ao Ryan Gosling. Xa nos apetecía facer a segunda entrega de: Cromas chorras II

Pasamos un par de horas partíndonos de risa, porque, entre outras cousas, en tódalas secuencias nas que me vedes, estaba mirando e falándolle a unha persiana. E na última escena... bueno, mirádea e xa vos facedes unha idea xD

Grabando non estaríamos máis de un par de horas, pero despois o traballo de postproducción que se pegou Fran si que foi lindo. Non sei cantas horas traballou, pero...seguro que MOITAS.

Non é tan simple "eliminar" a un actor dunha imaxe, tapalo coa miña, facerme encaixar en voz e igualarme a cor ata que pareza que estou falando con Rachel McAdams.

martes, 19 de octubre de 2010

Funcións e articulillo

Moi boas!

Para non darvos a lata colgando unha entrada con cada función que vaiamos a ter... xa vos anuncio aquí as que nos quedan ata fin de mes:

- Mañá mércores, actuamos no Salon Teatro, en Santiago de Compostela ás 23:15
- Venres 22 de Outubro, en Milladoiro (Casa da cultura)
- Sábado 23 de Outubro, en Carballo (Pazo da cultura) ás 21:00

-Tamén vos recomendo moitísimo ir a ver "Palabras encadeadas" tamén de Talía teatro, o domingo 31 ás 20:30. Para min é a mellor obra que vin. Así, con un par. Será no forum metropolitano en Coruña

Mais información na páxina de Talia: taliateatro.es

Cambiando de tercio, o outro día publicaron un mini artículo na voz de galicia dunha minientrevista que me fixeron mentres acababa o último mural. Graciñas Eduardo! A entrevista non foi grabada polo que as respostas non son textuais. Sei que é imposible transcribir unha entrevista de memoria ou anotando nun caderno, por iso lle resto toda importancia e culpa ao entrevistador! que, por certo, foi super amable e agradable. Pero, por matizar, por exemplo, o titular non foi dito por min textualmente. Só durante a conversación comentei que vivir das afeccións era un luxo, pero é distinto a rematar a frase con un "que eu teño" non sei. "Cositas" sen importancia pero coas que non me sinto identificado.

Pero de todas formas, agradécese tremendamente o artículo. Toda publicidade é benvida ;) Podedes lelo facendo click AQUÍ

Untitled-1


E buscando este, atopei outro! (click AQUÍ ) do que non tiña constancia, dun concurso de fotografía no que quedei finalista coa foto de "pescando estrelas" e que se expuxo no faro de Fisterra :) O gañador foi Juan louro, do blog que teño linkado "ézaro en fotos"

pescando soles


Apertas forteeeeeess!!!

viernes, 15 de octubre de 2010

Volpone no Principal

Amigoos!!!

Hoxe desvírgome no teatro principal, en santiago de Compostela ás 21:00!
Teño un papel pequeniño de todo... pero mellor así!! chégame abondo jaja.

Xa empezan, por momentos, a cosquillear formiguiñas polo estómago, que guay... había tempo que non me pasaba.

Se alguén vai... por alí nos veremos! que despois haberá que tomar algo

apertaaaaaa!!!

jueves, 14 de octubre de 2010

Mural na fachada dunha floristería

mur

Un pracer para min presentarvos un mural que rematei hoxe e que pasa a encabezar a lista dos meus favoritos

Aquí unhas fotos dos detalles
asdf

asdff

Resultoume máis ou menos fácil facer os pequenos detalles, porque como o mural o fixen guiándome por unha foto que fixen eu, a resolución da foto era moi boa e podía aumentar a foto no ordenador ata ver unha gota ocupando toda a pantalla.

Outra ventaxa foi que, ao poder fotografiar á "cala" (así se chama a flor) coloquei o flash na mesma posición na que vai a haber un foco iluminando o mural. Polo que xa teño ganas de ver como queda este mural de noite. Cos brillos e sombras respondendo coherentemente á posición onde vai estar a iluminación real do mural.

Unha aperta grande!!

PD. Mañá venres estreamos obra en Santiago de Compostilla! Volpone (comedia) no teatro principal ás 21:00. Estades convidados!

martes, 12 de octubre de 2010

A de atráaaas!! a de atráaaas!!

Cantas veces escoitamos isto na auga?
A maior parte das veces serve para avisar de que a seguinte onda é mellor que a que imos a remar. Pero outras veces, é unha advertencia para que teñamos coidado. Para que rememos cara o horizonte coa esperanza de que non nos cace a grande.

No caso da seguinte foto. Máis que berrar, tocaría decir polo baixiño: "padre nuestro que estás en los cielos...." eso é o primeiro que se me ocorre e iso que non son relixioso xD

adatras r


Á foto seguinte penso que lle vou chamar:

"La Masa!"
LAMASA R

Este amole de auga rompe na parte esquerda de Rostro, nas pedras que tan fielmente me avisan de que se achega a serie. (Exceptuando os días nos que as olas rompen á mesma altura que as pedras...días nos que se agradecería unha alerta de ese tipo ou un helicóptero no caso de que veña "a de atraaaas!!" :)

E a última foto, trátase do meu primeiro intento de "tilt-shift". Un efecto no que se intenta miniaturizar cousas grandes coa axuda do desenfoque gaussiano de photoshop.
tator r
Acabo de acordarme agora: Meu sobriño de 3 anos (etapa dos "porqués"), é, como moitos nenos, forofo dos tractores. Cando a súa avoa lle regalou no cumpre un conxunto de roupa "la mar de chulo", dixo o pequecho: que boniitooo!........ e... porqué non é un tractor?
:)

Apertas fortes!

domingo, 10 de octubre de 2010

Amor ansioso...

...é o título dunha das últimas curtas nas que participei. Non sei se lembrarás, xa que non fai moito colguei o trailer do making off feito por Gutier Rolan (CLICK AQUÍ).

E agora comparto con vós o trailer da curta; dirixida por Sergio Pena.

Amor Ansioso Trailer from sergio pena on Vimeo.



Anda, por certo, acabo de lembrar que fai tempo mandáranos Gutier un cachiño do making off. Aquí volo deixo tamén :)

Making of Amor ansioso - Peza 01: Mimo from Gutier Rolán on Vimeo.



Que teñades un moi bo domingo, e se non surfeades, ide a ver o mar aos cantís que onte polo menos foi un auténtico espectáculo.

Unha aperta forte!

jueves, 7 de octubre de 2010

De risas...

Onte á noite, na casa do meu amigo Fran, fixemos unhas probas de video coa miña cámara e grabamos un par de cousas... pero por grabar. Sen sentido ningún. Nin intención de facer nada. Pero o rapaz, que saíu listiño coma un allo, graboume uns planos falando diante dun croma, e despois estivo xogando/editando no seu novo super mac pro de 8 nucleos ata que saíu isto:



Fran Zeibe, o que me editou o VIDEOBOOK e o que grabou/dirixiu e editou todos ESTES VIDEOS ten un pedazo estudio de postproducción en casa do que algún día poñerei algunha foto se me deixa. A unha imaxe normal e corrente grabada sen iluminación adecuada...cambioulle a apariencia de "Caseiro" a "serie americana tipo CSI" en dous minutos.
É incrible o que se pode facer coloreando unha imaxe e a cantidade de parámetros que se poden dominar. Vaia mundo por descubrir o da edición de video... Mimadriña.. o que me queda.

martes, 5 de octubre de 2010

Efecto Matrix no surf

Bos días!

Hoxe só quería compartir un par de cousas que vin por aí.
Primeiro, este video que me pasou Mario vía facebook, no que aplican a tecnoloxía empregada nas coñecidas escenas de Matrix. Despois, ese tipo de escenas víronse en infinidade de sitios... pero no surf nunca o vira



Se vos preguntades como fan esos pedazo de aéreos en esas oliñas artificiais... que sepades que ten truco! primeiro collen a velocidade remolcados por unha moto acuática.

E para despedirme unha cancionciña que me gustou moito que atopei no blog do meu amigo Dani and company VIENTOSURF



Apertas, bicos, saúdos, sorte, boas ondas e bo día a todos! :D

domingo, 3 de octubre de 2010

Mar do Rostro, me gustas tu!

Por fin!

Cando hai temporal con ventos de sur ou suroeste... sempre teño gardado un saquiño de esperanzas enterrado nalgunha duna de Rostro.


Xa me apetecía a min catar a miña querida praia coas súas típicas condicións de inverno.

Cando windguru marca máis de 3.5 metros... tendemos a crer que as praias máis abertas, as que recollen máis mar de fondo, non aguantan o tamaño. Pero non sempre é así.

A pesar de ver un mar de espumas en canto divisei a praia dende o coche...
espumas

Non desistín no meu intento de pegarme un bo par de lavadoras e quedei no coche esperando a ver algo que me dixese: "Ru.. .entraaa... Ruuuu.. entraaa!!" (léase con acento fantasmagórico)

E ese algo chegou!!
IMG_2989

Cando un ten casi tantas ganas de zapatearse nas olas como de surfear nelas... unha cousa así xa é escusa suficiente para ir dándolle a volta o traxe sen perder de vista o mar. Sifonazos e "tronos do mar" fan que de vez en cando aparezan esas formiguiñas no estómago que che fagan pensar: será posible namorarse dunha praia? :) estou namorado ou nervioso? jaja... Namorar non sei, pero o que si que se pode é amar o mar.

O precio que había que pagar eran uns barrotes deste tipo que ás veces rompían con moi pouco fondo.
cartel

Pero despois ves unha destas e volveste a acelerar
gaivota

Xogar coa posibilidade de coller un tubo así é un premio máis que suficiente para compensar as lavadoras e centrifugados que se soen papar en días coma este.
IMG_2925

Estes días, nos que non hai un pico moi definido (por non decir nada) e a probabilidade de comer é maior que a de surfear... apetece darse o baño de risas, en compañía. Así que por non botarme só, chamei a Brais de Ézaro:
-Vente a Rostro!
-Hai bo baño?
-bueeeeeno.... o pico non está moi definido pero de vez en cando sae algunha bomba chula.
-Pero non está desfasao?
-...mmm..no... ti ven e botámonos unhas risas.
-E non está grande?
- Que va... está pa ir entrando en calor.

Cando chegou, aínda non detivera o coche, e estaba rompendo un olón tremendo. A el quedóuselle a boca do tamaño do tubo que acababa de ver... e cando decidiu entrar dixo: "bueno, o corpo está pa rompelo"

E alá fomos

IMG_2974

bn

IMG_2921

Brais tiña o cordeliño do invento ao límite da rotura, así que, comentando a seguridade que me transmitira aquelo que se me ocorrera facer AQUEL DÍA... puxémonos (os dous) un invento adicional. Usease, dous inventos cada un xD. Ao volver... fíxome gracia un comentario que fixo:
-Fuá tio, levar un solo...é unha ocurrensia, un descubrimiento... pero levar dous, tio.. esto si que é un INVENTO! jajaja

Que teñades todos unha semana xenial, fóra do normal.
Apertas fortes e boas ondas!!