Bueno, estos días ando a mil por hora, facendo todo o que quería facer mentres estudiaba en lugo, e non me queda tempo nin para ir o baño..jeje pido disculpas ós que visitades o blog a miúdo por non actualizalo tódolos días como tiña pensado.
Teño pendiente facer unha entrada con fotos da feira medieval de Corcubión de este finde, de antonte que fumos a montar a cabalo e de algún baño, como o de onte en nemiña, onde meu pai se animou a desafialas olas! jeje
O martes fumos a Nemiña toda a familia, e o meu pai animouse a desafialas olas! O que pasa que era un día moi feo para empezar. Costaba algo remontar e na orilla as espumas non paraban de chegar e eran grandiñas. Pero si señor, téñoo convencido para volver a intentalo coas condicións oportunas. Jeje, si señor, case 50 aniños pero por dentro está feito un chabal.
Aí onde o vedes, cando eu facía body (e miña irmá tamén) aproveitou que miña irmá xa estaba cansada e colleulle a táboa, as aletas, e para dentro. Eu estaba algo preocupado por el porque as olas eran de máis de unha porta de tamaño, e había xente na auga. meteuse ata o pico sen problemas, e cando veu unha serie grande...eu fun mar a dentro e el aínda non dera chegado. Pasaron dous olotes, e eu esperando a ver si o vía pasar para atrás... (pensando: cazárono, cazárono..) e derrepente escoito: ¡iujuuu, uejeeeeee! jaaja, a súa primeira ola e a súa primeira parede ó mesmo tempo! Colleu un dereitón decente na súa primeira ola, jeje, a ver cantos poden dicir iso. antes eu explicáralle que se podía cantear coa táboa, dirixila, e colleuno á primeira.
Eu metinme co 8,2. Por certo, vouno rebautizar. Para os amigos é o "tóterreno".Sigo encantado con el. E o baño pintaba tal que así:
Non era gran cousa pero saían algunhas soltas de vez en cando moi chulas. (collín unha dereita que cando pensei que se me cerrara, miro para atrás e abríraseme de esquerdas; seguina e ó acabar volveu a abrir de dereitas, coas coñas fun dende o pico ata case a orilla jeje)
E pola noite, fun con Tei e Rosi a dar unha volta, e puxémonos a experimentar coa súa nova cámara de fotos. É unha dixital de 6mpx. Nada que ver co material fotográfico que se gastan expertos como Dani, Awakate...etc pero para levar no bolso tódolos días está guay. Puxémonos a buscar sitios chulos para intentar sacar algunha foto decente. E este foi o resultado:
Penso que atopamos o sitio e o momento adecuado, pero faltanos a técnica, o coñecemento, e o material necesario para sacar fotos decentes.
Gustaríame ver que fotos sacarían Dani, aWaKate, os de Contraola... vamos, tódolos compañeiros de blog que son uns auténticos artistas coa cámara.
Se quería facer unha exposición de 5 segundos, tiña que andar mirando polo menú para ver que "modo" se me acercaba máis ó que quería, que si o nocturno, que si o de posta de sol, ou o de fogos artificiais.
Ah! tamén temos que dicir na nosa defensa que non tíñamos trípode! jeje, imáxinádevos, exposicións de 5 ou 6 segundos e sen trípode. Nada que non se poida solucionar aguantando a respiración para non moverse e apoiándonos na baca do coche ou nalgún muro.
Unha aperta!
No hay comentarios:
Publicar un comentario