martes, 29 de abril de 2008

Kitesurf na Costa da Morte

Cando vin que se podían subir ó youtube videos máis grandes de 100 megas e de máis de 10 minutos levei unha boa alegría porque tiña varios videos que non podía subir por culpa destas limitacións.

Un destes videos era un que fixo "deivis" e que tiña na recámara á espera de ser colgado.

Penso que estamos case todos. David, Zoilo, Jose, Iván, Sara.... etc.
Tódolos videos son en praias da costa da morte

un saudo!!

Remeiras corcubionesas en Sestao!

Copio e pego:

Club de Remo Huracán
Club Marítimo Carrumeiro

NOTA INFORMATIVA
LXV CAMPIONATO DE ESPAÑA DE BATEIS
26 E 27 DE ABRIL 2008

batel amarelo=corcubión
Photobucket

Saída
Photobucket

(mundaka?jeje)
Photobucket

Este pasado fin de semana celebrouse en SESTAO (Bizkaia) o LXV Campionato de España de Bateis que se disputou o sábado 26 (semifinais) e o domingo 27 de abril(Finais) organizado polo C.R. Iberia.
Este Campionato determinou ós campións de españa nesta modalidade do remo de banco fixo ( 4 remeiros + patrón ) nunca embarcació de 7metros de eslora.
Bo nivel do remo galego en xeral xa que se fixo con 5 títulos dos 7 que estaban en xogo nas distintas categorías; e tres terceiros postos.
Estiveron presentes o C.R. Perillo, C.R. Chapela, C.R. Vilaxoan, C.R. Amegrove, C.R. Cesantes; C.R. Mecos, C.R. Cabo de Cruz, C.R. Robaleira, A.D. Esteirana, Náutico de Vigo, C.R. Samertolameu de Meira e C.R. Carrumeiro – Huracán de Corcubión en representación de Galicia; e en representación de Asturias, Cantabria, País Vasco e Cataluña: Tolosaldesaldea arraun, C.M. Castropol, Karmeleko Ama Arraun, Ondarroa Arraun, S.D. Astillero, Aita Mari, Pasai Donibane, Deustuko Arraun, C.R. Colindres, C.R Amigos de la Maruca,C.R. Orio, C.R. Luanco, Hondarribia Arraun, Mundaka Arraun, C.R. Camargo, C.R. San Pantaleón, C.R. Santa Cristina, Itsasoko Ama arraun, Arkote Arraun, Castro Urdiales, Kaiku Arraunaren e A.D. Castreña
As Finais do campeonato tiñeron lugar o domingo ás 10:00 horas na dársena La Benedicta de Sestao onde se disputaron as tandas A e as tandas de consolación B en cada categoría.
Coma xa indiquei antes foron os clubes do sur de galicia os grandes triunfadores da xornada, que xa amosaran un gran nivel no pasado Campeonato Galego de Bateis.
No que o clube corcubiones se refire a tripulación Xuvenil Feminina do Carrumeiro acadou o seu pase directo para as finais ( 1. Sabela Oca, 2. Antía Insua, 3.Alba Insua 4.Pilar Domínguez patrona Alba Trillo) acadando a quinta praza.
Boa regata das nosas rapazas que non tiveron opción ante o bo nivel das embarcacións vascas que se fixeron co ouro e prata na categoría, o bronce recalou en Chapela.
Os tempos na final xuvenil femenina . 1º Pasai Donibane Koxtape 10.00.31; 2º Ondarroa Arraun Elkartea 10.06.44; 3º C.R. Cahpela 10.39.94; 4º C.R. Cesantes 10.48.91; 5º C.M.Carrumeiro de Corcubión 11.12.44.
O grupo desprazado estaba formado polas integrantes do equipo, Jesús Elorza Presidente do Clube, Alfonso Pérez adestrador, Felipe Garcia monitor, Francisco Javier Domínguez Delegado e Moncho Dosil ( Construcions Dosil ) que aportou a súa furgoneta para levar o equipo e a embarcación.
Quedámonos ca boa experiencia de competir por primeira vez no campeonato estatal, onde as nosas remeiras poideron disfrutar do remo ó nivel máis alto e esperamos estar ahí en vindeiras ocasións.
O clubes de remo Huracán e Carrumeiro queren agradecer a colaboración do Concello de Corcubión e Ferroatlántica por subvencionar a viaxe, a aportación dos nosos patrocinadores nestas tempadas Reale Seguros, Marcos Canosa, Piensos Dumbría, Prodemar, Construcciones Barcia, Construcciones Dosil, Restaurante San Martín, Cafetería Alborada, Bar Suíza, Carnicería Antelo, E.F.B. Corcubión, Cataventos Escola de Vela...; así coma a tódolos remeiros , remeiras e colaboradores que pasaron polo clube nesta nova etapa, que fixeron posibles estes 5 anos dentro da competición e organización de eventos do remo galego GRAZAS.


Os Campións, subcampións e 3º postos foron os seguíntes
categoría club

Promesas femenino(1000m)
1º C.R.Vilaxoan 4.42.25
2º Ondarroa Arraun 4.46.78
3º S.D. Astillero 4.48.34

Xuvenil femenino(2000m)
1º Pasai Donibane Koxtape 10.00.31
2º Tolosaldea Arraun 10.06.44
3 C.R.Chapela 10.39.94

Absoluta femenina(2000m)
1º C.R. Chapela 9.34.78
2º S.D. Astillero 9.44.06
3º C.R. Cabo de Cruz 9.44.87

Infantil masculino (1000m)
1º C,R, Robaleira 4.31.51
2º Hondarribia Arraun 9.35.60
3º Mundana Arraun 4.42.18

Cadete masculino(1500m)
1ºC.R, Robaleira 6.38.47
2º Itsasoko Ama Arraun 6.45.78
3º Ondarroa arraun 6.46.72

Xuvenil masculino (2000m)
1º C.R. Mecos 9.22.09
2º S.D. Castro Urdiales 9.35.78
3º C.R. Cabo de Cruz 9.36.28

Senior masculino(2000m)
1º A.D. Castreña 8.50.88
2º S.D. Astillero 8.51.81
3º S.D. Samertolameu Meira 8.54.53
Resto dos tempos



Agradecemos de anteman a difusión desta nota informativa na medida do posible.
Un saúdo.
En Corcubión, a 28 de Abril de 2008



Asdo.: Francisco Javier Domínguez Traba.
O DELEGADO e Adestrador..

lunes, 28 de abril de 2008

Surf e PostSurf

PreSurf, Surf, e PostSurf

Só con estas 3 palabras lle podes facer entender a un matemático (ou á parella) o feito de que marches a surfear as 3 da tarde, surfees hora e media e volvas ás 9 da tarde.

Hoxe tiven o gusto de coñecer a Xigui (o fotógrafo do que che falei fai pouco) e ós seus inseparables amigos Bea e César.

Quedamos en Cee, fumos á praia, e aínda que o noroeste que se levantou lle pegaba fatal ás olas, tirámonos á auga.

A pesar das circunstancias, pasámolo bastante ben e púidose rascar algunha que outra "esquerderOLA".
E, por suposto, gozamos de ter a Xigui a pé de "Canon" sacándonos fotos dende as pedras. Recordo a dirección da súa web: www.tufotografia.es

Aquí temos a Suso
Photobucket

Brais collendo unha das mellores olas da tarde :) Vexo esta foto e non me parece que sexa de hoxe jeje
Photobucket
Photobucket

E aquí está o mesmo surfeiro, no mesmo sitio, pero o sábado. Collendo tódalas olas que perdemos os que en Nemiña estábamos pensando: "cando suba a marea seguro que funciona o pico de Teahupín, hai que esperar, hai que esperar..."
Photobucket(esta foto non é de Xigui)

Dunha vez, cando ía na ola, "tropecei" literalmente coa ola que estaba diante de min. Xa vos podedes facer a idea do caldo que había. Nesa sección a ola quedábase con moi pouca auga e facía cousas moooi raras jeje
Photobucket
e cando a ola se acercaba moito ó canal, había que andar volvendo cara á espuma. As dereitas tiñan máis forza pero cerraban algo máis e a remontada era moito máis "latosa", xa que había que remar ou camiñar paralelo á praia ata chegar ó canal e remontar de novo.
Photobucket

Despois da sesión de olas e fotos, tomamos algo en Cee e comímoslle tanto o tarro a Bea, César e Xigui sobre o que mola o mundo do surf, que aposto a que xa están mirando en internet algunha táboa de segunda man jejeje

Encantado de coñecervos!

viernes, 25 de abril de 2008

Maxia

No programa de "Tienes Talento" de non sei que país, fixeron o seguinte truco de maxia.

Alucinante!!!
pero despois de velo unhas cuantas veces, me parece que acabo de entender como fan este tipo do trucos xunto co da típica caixa que serran en dous cachos.

E para que non se lle esqueza a ninguén, volvo a colgar o cartel da limpeza.
Photobucket
3 de maio, limpeza, surfeada, churrascada, surfeada, xogos varios que se propoñan...

E aproveito para agradecer a tódolos blogs e webs que axudastes na difusión do cartel. E aos que o vaian a facer tamén! Graciñas!

martes, 22 de abril de 2008

Corcubión: Club de remo Furacán

Copio e pego:

Club de Remo Furacán
Club Marítimo Carrumeiro
Photobucket

¡¡¡¡ AS NOSAS RAPAZAS VAN Ó CAMPIONATO DE ESPAÑA EN SESTAO!!!!

Photobucket
Este pasado fin de semana celebrouse en Ferrol o Campionato Galego de Bateis XXIII TROFEO CONDE FENOSA que se disputou o sábado 19 (semifinais) e o domingo 20 de abril(Finais) organizado polo C.R. A Cabana de Ferrol.
Este Campionato mediu ás mellores embarcacións galegas na disciplina de bateis,sendo ademais a proba clasificatoria para o Campionato España de bateis que terá lugar o vindeiro fin de semanana en Sestao.
A nota predominante foi o dominio dos clubes do sur de galicia que se adxudicaron tódolos títulos autonómicos nas distintas categorías. Gran nivel en xeral do remo galego.

CAMPEONS DE GALICIA BATEIS 2008
categoría club
Promesas femenino C.R.Vilaxoan
Xuvenil femenino C.R.Chapela
Absoluta femenina C.R. Chapela
Infantil masculino C,r, Robaleira
Cadete masculino C.R, Robaleira
Xuvenil masculino C.R. Mecos
Senior masculino Samertolameu Meira

Polo que ó clube corcubionés se refire, participou no campeonato autonómico con 2 tripulacións baixo a dirección de alfonso trasmonte e francisco javier domínguez, un gran logro para nós pois é o cuarto ano consecutivo que participàmos no Campeonato Galego,
INFANTIL MASCULINO:
Tripulación: Sergio Pérez; Pablo Castro, Denís Rey, Sergio Quintela e Patrón Jose Manuel Castro.
Fixeron o seu papel nas semifinais do sábado 19 onde foron ubicados na segunda das tandas. Tan só poideron chegar ó 8º posto nunhas semifinais de gran nivel pagando caro un erro na execución da sua ciaboga onde xa perdiu tódalas posibilidades de pase para as finais de domingo. De tódolos xeitos representáronnos dignamente e estiveron entre os grandes de galicia

Infantil masculinos (1ª tanda)
1º Robaleira. 02'06''75 04'26''92
2º Mecos. 02'10''15 04'34''01
3º Cabo da Cruz. 02'13''44 04'35''83
4º Esteirana. 02'15''81 04'41''75
Infantil masculinos (2ª tanda)
1º Tirán. 02'06''42 04'32''09
2º Vilaxoán. 02'10''68 04'33''95
3º Narón. 02'11''46 04'39''41
4º Corcubión. 02'17''13 05'00''30

Photobucket
Nas semifinais disputáronse 2 tandas por categoría:
Tanda A 1º e 4º territorial sur 2º e 3º territorial norte
Tanda B: 1º e 4º Territorial norte con 2º 3º territorial sur
Pasaron para as finais do domíngo o 1º e 2º de cada manga da categoría correspondente e o mellor tempo dos terceiros.
categoría Xuvenil Femenino pasaron directamente para as finais ó haber só tres tripulacións clasificadas.
Nota: o resto dos tempos destas semifinais tédelos na páxina web de perillo remo.
FINAIS 20 ABRIL
Dende as 4 da tarde e con maís de 1000 espectadores e moita animación dende as aficcións con bandeiras, tambores, bombas de palenque que daban fe da gran festa do remo galego.
Gran dominio dos clubes da zona territorial sur que se adxudicaron tódolos títulos..
A tripulación xuvenil femenino de corcubión ( 1. Sabela Oca, 2. antía Insua, 3.Alba Insua 4.Pilar Domínguez patrona Alba Trillo) disputou a súa final acadando a terceira praza que ademáis dalle o pase para o CAMPIONATO DE ESPAÑA DE BATEIS que se celebrará os días 26 e 27 en Sestao.
Novamente un erro nuha das viradas privounos de loitar por un posto mellor pois a nosa patrona na 1ª virada non colleu a boia tendo que voltar atrás para executar a maniobra de xeito reglamentario perdendo moito tempo nesta rectificación. Vese aquí a importancia da boa execución das ciabogas que che poden facer recuperar postos ou deixarche fora da loita Así pois 3º posto e clasificación para o campeonato estatal, histórico para o noso clube.
Clasificáronse para cto España os campións e subcampions galegos e os terceiros da categoría xuvenil femenino e cadete masculino.

Final Xuvenil féminas.
1º Chapela. 02'23''35 05'00''71 07'44''42 10'22''06
2º Cesantes. 02'29''54 05'09''75 07'54''44 10'27''79
3º Corcubión. 02'59''29 06'15''45 09'13''61 12'03''66

Photobucket

O RESTO DOS TEMPOS DAS FINAIS:
Promesas féminas
1º Vilaxoán. 02'14''51 04'37''94
2º Chapela. 02'19''39 04'42''87
3º C.Regatas de Per02'18''31 04'45''13
4º Amegrove. 02'17''67 04'45''57
5º Ares. 02'21''42 04'51''36
Absoluto féminas.
1º Chapela. 02'10'' 04'30'' 06'55'' 09'12''66
2º Samertolaméu. 02'13'' 04'32'' 07'00'' 09'18''60
3º Cabo da Cruz. 02'18'' 04'42'' 07'14'' 09'34''81
4º Mecos. 02'14'' 04'40'' 07'14'' 09'39''03
5º A Cabana-Ferrol 02'24'' 04'51'' 07'41'' 10'11''64
Infantil masculinos.
1º Robaleira. 02'11'' 04'25''46
2º Vilaxoán. 02'16'' 04'33''79
3º Cabo da Cruz. 02'19'' 04'34''94
4º Tirán. 02'13'' 04'37''46
5º Mecos. 02'18'' 04'39''39
Cadetes masculinos
1º Robaleira. 2'02'' 04'21'' 06'33''54
2º Amegrove. 02'00'' 04'24'' 06'36''62
3º Esteirana. 02'01'' 04'24'' 06'38''01
4º Ares. 02'06'' 04'31'' 06'44''06
5º A Cabana-Ferrol. 02'06'' 04'34'' 06'53''27
Juvenil masculinos
1º Mecos. 02'02'' 04'16'' 06'34'' 08'46''30
2º Cabo da Cruz. 02'05'' 04'20'' 06'39'' 08'49''38
3º Vilaxoan. 02'06'' 04'21'' 06'41'' 08'53''80
4º Cesantes. 02'11'' 04'27'' 06'50'' 09'01''76
5º Puebla. 02'04'' 04'24'' 06'47'' 09'03''70
Senior masculinos
1º Samertolaméu. 01'59'' 04'12'' 06'25'' 08'33''43
2º Náutico de Vigo 02'00'' 04'14'' 06'24'' 08'34''69
3º Chapela. 01'58'' 04'14'' 06'28'' 08'36''14
4º Mecos. 02'02'' 04'16'' 06'29'' 08'37''57
5º San Felipe. 02'01'' 04'19'' 06'35'' 08'46''27


Agradecemos de antemán a difusión desta nota informativa na medida do posible.
Un saúdo.
En Corcubión, a 21 de Abril de 2008



Asdo.: Francisco Javier Domínguez Traba.
O DELEGADO e Adestrador..

Vai de tormentas.

E dirás, e a este que lle picou agora coas tormentas? se non hai temporal nin nada! Bueno, pois cando hai temporais, non os comento (ou fágoo tarde), e cando non os hai, falo deles. Este blog, máis que unha bitácora con reflexións serias, artículos interesantes e palabras "chachis" parece unha "plasmación" do que se me pasa pola cabeza no medio dunha tormenta de ideas.

Pois si, ás veces váiseme a pinza. Na entrada anterior, non ía a falar nin de barcos nin de tormentas....pero comecei pensando en que estaba chegando o verán, que ían a comezar os "platazos", a sequía de olas, que despedíamos ós temporais, e as esperanzas de surfear esas olas que solo rompen cando o mar se desfasa....pensando niso... acabei imaxinando temporais, acércanse as oposicións (temporal e nubarróns nos miolos), imaxineime no medio do mar, véuseme á cabeza a imaxe do barco de "capitan pescanova" mostrando a proa ó chegar ao cumio dunha montaña de auga...e ó final, acabei facendo a entrada anterior. E rematei a entrada sen poñer o motivo da mesma.

¿Nunca che preguntaron "¿en que pensas?" nun momento no que tardarías 3 segundos en explicar en que estás pensando, pero tardarías 30 minutos en explicar como fixeches para chegar a ese pensamento? A min pásame moi a miúdo.

Aquí vos deixo un video que me ensinou Tei. Falando de tormentas..... un "eólico" sen frenos que acaba rompendo.



Así, sin vir a conto, e sen ter nada que ver co título do post, tamén me gustaría decir que decidín "tutearte". Aínda que haxa máis de dous lectores diarios, a persoa que lee é unha. É dicir, ti. E igual o feito de que me dirixa soamente a ti, fai que esta bitácora sexa...máis persoal e acolledora? Ti que cres? ó mellor estou totalmente confundido e esto é unha tontería coma un piano.
Igual na seguinte entrada me olvido de todo isto e sigo falando de "Vós" no lugar de "ti".

Ui... como me estou rallando. Debe ser que cando se me acercan as oposicións e se intenta reactivar un maior número de neuronas na miña cachola para un maior rendemento, se me desordenan as ideas e non as dous transmitido dunha forma ordenada e coherente. Para que despois digan que o saber non ocupa lugar. Eu penso que, na cabeza, o saber ocupa o lugar da cordura jeje.

Agora que o penso, pronto vai a facer un ano que fixen o blog. Non sei como se me deu por crear esto a menos de 2 meses das oposicións. Será que cando hai que estudiar moito calquer cousa é escusa para deixar de facelo por un momeno. Como ir a cociña a buscar "non sabes que", mirar a nevera, mirar os chineros buscando algo que saberás o que é cando o atopes.


pffff

lunes, 21 de abril de 2008

mar ou montaña?

E montañas no mar?
Photobucket
Sempre quixen experimentar un bo temporal en altamar.
Surcar, afrontar e romper montañas de mar baixo a seguridade dun barco potente, forte e seguro. (Coa súa correspondete tripulación ben preparada:)
É unha espiña que espero quitar algún día...quen sabe cando, igual cando Alberto sexa capitán dun remolcador dos de salvamar me fai sitio na súa maleta jeje.

Claro que, ten que ser bonito e emocionante experimentar esas sensacións durante unha horiña ou unha tarde como moito. Pero admiro enormemente ós que teñen que vivir e traballar nesas circunstancias. E sobretodo aos que arriscan as súas vidas dende que poñen un pe na cuberta do barco para salvar a outras persoas. Porque iso non hai soldo que o pague. Bueno, si que o hai, pero xa me entendedes :)



E a falta de un bo buque, métome nun cachibache destes...


e hala, a dar voltas polo mar abaixo

jueves, 17 de abril de 2008

Fotos Xigui: www.tufotografia.es

Moi boas

Hoxe preséntovos a Xigui. É un fotógrafo de Rianxo que últimamente está sacando fotos de deportes acuáticos na zona da Costa da Morte.
Se queres ter por fin unha boa foto túa surfeando na túa habitación, chámao que vai a onde esteas practicando o teu deporte favorito. A súa web é www.tufotografia.es
Estas son unhas fotos que sacou en Carnota a uns amigos meus Jose Guillen e Iván Bueno.


Jose Guillen
Photobucket
Photobucket

Iván
Photobucket
Photobucket

Un saúdo!!

miércoles, 16 de abril de 2008

Graciñas a www.quepasanacosta.com

Gustaríame dar as gracias dende aquí a Ubaldo e compañía por poñer na súa web www.quepasanacosta.com un anuncio sobre a futura limpeza do 3 de Maio
Photobucket

os 60 kilos dos que fala eran de chapapote, xa que o peso das bolsas de basura que recollimos seguramente se mediría en centos.

Pero recordo unha cousa! a limpeza acábase en hora e media ou dúas. O resto é todo risas, churrasco, surf e algún xogo que se nos ocurra :)

Tamén agradecer ás tendas Risko, Carpe mare e imprenta paco por colaborar na producción dos 200 carteis que imos a facer dun tamaño considerable :)

Unha aperta!

martes, 15 de abril de 2008

Cartel da II limpeza de Nemiña

Preséntovos o cartel da 2ª limpeza de Nemiña

Photobucket
Difúndeo!

Cantas máis persoas se enteren de que se vai a realizar esta xornada, mellor que mellor. Así que, agradecemos enormemente que todos os que poidan colaboren coa difusión deste cartel (bloguers, webmasters...)
Por un día espero que non haxa onde aparcar en Nemiña ;)

Unha aperta!

jueves, 10 de abril de 2008

Fotos de Maika Boquete

Moi boas!

Había tempo que andaba buscando estas fotos... e é normal que non as atopara. Non estaban no ordenador no que as buscaba. psss que cabeciña

Son as fotos que nos sacou Maika Boquete (facede click no nome para entrar no seu blog) o día que a coñecimos, xunto co seu mozo Juancho, en Rostro. Xa fai uns meses.

Como quedamos coas ganas de ver as fotos e telas en grande, Maika intentóunolas mandar de diferentes formas... pero nada, non houbo maneira. Eran moitas fotos e pesaban moitísimo (650 megas todas elas) así que decidimos que o mellor sería grabalo nun cd e que no lo dera cando nos volvésemos a ver.

Peeero, atopei por casualidade unhas pouquiñas fotos que me mandou por correo, e vólvoas a colgar. (desta vez en grande)

Mesi buscando o tubo (creo que o acabou atopando)
Photobucket

Mesi a contrapico (con un par jeje)
Photobucket

Mesi descansando e Suso animando. O surf sen risas é como unha tortilla sin cebola...fáltalle algo
Photobucket

Este penso que foi o microtubito máis pequeniño no que din entrado. jeje Parece feito a medida non? (a miña flexibilidade non da para máis)
Photobucket

E por último, unha das que máis me gusta
Photobucket
Suso co seu ESTILAZO acariciando a ola

(Co permiso de Maika, experimentei un pouquichiño no procesado das fotos, a ver si che gustan! aínda me queda mooooito por aprender, acéptanse consellos!. Sei que antes de aprender a procesar debería aprender a sacar fotos!... pero que lle queredes, un que empeza a casa polo tellado)

lunes, 7 de abril de 2008

II Limpeza de Nemiña

Teño que comunicarvos unha moi boa nova:

A próxima limpeza de Nemiña xa ten data. Realizarémola o Sábado 3 de Maio e será organizada de novo por membros do Club os Tombos.

O plan será o mesmo que o da primeira limpeza. Quedaremos pola mañá, limparemos, algúns surfearemos antes de comer, comeremos un bo churrasquiño, volveremos a surfear, ou durmimos unha sestiña, volvemos a surfear e se sobrou algo podemos volver a comer churrasco jeje. Jobá.. ultimamente xa relaciono máis co surf a palabra churrasco que outras como "bilabon" ou "cuicsilver".

¿Vos sabedes o ben que se da pillar unha ola e que inmediatamente despois che veña á boca o sabor a criolliño e salsa de churrasco? jeje como dixo un cuñado meu, "¡mola a dios! é como comer dúas veces!"

Desta vez cambiaremos unha cousiña que aprendimos da limpeza anterior. Como da vez pasada nos fallou moita xente que dixera que iba a vir, sobrou moitíisimo churrasco e a perda foi importante. Así que desta vez, cando repartamos os guantes e as bolsas xusto antes de limpar, iremos anotando os nomes de todos para comprar a carne nese momento e así calcular ben a cantidade de comida e bebida.

E falando do club os Tombos... aproveito para facer un pouquiño de publicidade e colgarvos unhas fotos extraídas dun video que fixo Bruno. (Xa vos avisarei cando o video esté listo e colgado)

O baño non estaba como para tirar bombas, pero pasámolo xenial. Aquí temos a Suso
Photobucket
Photobucket

Mesi
Photobucket

Rueda
Photobucket

Bruno, o autor do video. Moitas gracias dende aquí polas túas reportaxes acuáticas!
Photobucket

Alberto (O rapaz de Arteixo da autocaravana verde) que non sei si é do club, pero como se o fose. Esperamos vervos na limpeza!
Photobucket
Photobucket

E aquí un servidor, nunha táboa de parafina moi limpa xD (xa a limpei e amañei eh.. que estos días de mar plato serven para algo)
Photobucket

Non están todos os que son pero son todos os que están.

Unha aperta!!

Proposta para hoxe: recorda a última vez que te partiches o cu de risa. Reviviralo momento.

viernes, 4 de abril de 2008

Graciñas Poseidón, tómate algo que invito eu

Teño que agradecerlle publicamente a Poseidón un regaliño que me fixo onte.

Construíme por uns segundos unha cova de auga espaciosa, ben iluminada, grande e moi ruidosa. Escolleu moi ben as cores porque a parede azul turquesa do lado esquerdo combinaba moi ben co blanco e turquesa da parede da dereita. Unhas cores que se fusionaban no teito. O teito era o suficientemente alto como para que me puidese reincorporar da miña pose de "rezar", pero o suficientemente baixa como para que non me puidese erguer completamente. Dende a posición na que estaba, penso que si levantara un brazo, podería chegar a acariciar a auga que formaba o teito. Pero nese momentos non pensas en nada. Os ollos ábrenseche como pratos porque non dan creto ó que ven.

Tamén hai que dicir que a cova estaba limpísima e ordenada, non había unha gota de auga fora do seu sitio. Ademáis púidena ver á perfección porque non tiña nin pelos na cara, nin gotas de auga nos ollos (como é de costume)

Photobucket
(Barbakana, vouche ter que enviar o debuxo para que mo pintes, que pintar non é o meu jeje, as cores son as que describín, non as que pintei)

Poseidón, para o meu divertimento, ordenou que fixeran xirar a cova conmigo dentro, ata que o moi simpático me acabou tirando, pero non me importou. Porque despois do cóctel de adrenalina e endorfinas que me tomei nesa bonita cova, quedei anestesiado para calquer centrifugado.

As vistas tampouco estaban mal; era unha "finca acuática" bastante chula. A foto é de antonte, cando todo estaba algo máis pequeno.

Photobucket

Tiven moitísima sorte/chiripa/chorra/potra de ser "o escollido" para recibir ese regaliño. E o bo é que non fun o único! Carlos de Camelle, e Felipe tamén tiveron os seus.

Agora fora metáforas, antonte tivemos un baño bastante decente (día da última foto) na que saían esquerdas solitarias moi maniobrables.
Onte estaba algo máis grande, perfecto durante unha hora e media, dúas, aproximadamente, na que disfrutei de esquerdas en solitario ata que, casi unha hora despois, se acercou Pana (Luis Enrique) e gozamos das olas sin parar. Máis tarde Felipe, Rueda and company uníanse ó festín. A medida que baixaba a marea as olas poñíanse algo máis brutas e ocas, pero tamén rompían peor.
E hoxe, xa sufrimos o cambio de dirección de mar de fondo (cambiou a nordés) e tivemos microoliñas de un metro (aínda que algunha era divertida). Para este finde xa non espero nada. Se polo menos se levantase o vento facíamos kite pero me parece que non vai a haber nin olas nin vento.

Intentei debuxar en forma de secuencia o que vin no tubo, pero resúltame moi complexo. Como son debuxos cutres, e fotografiados cutremente cun móbil, móstrovolos cunha calidade de imaxe cutre e a través dunha tele "retro"



Unha aperta a todos!!

PD: o debate do tamaño das olas segue aberto na entrada anterior e no foro de costasurf.com