lunes, 2 de julio de 2007

Por fiiiin.. Rostro!

Por fin!
Este finde baixe a casa despois de.. buf.. xa nin me acordo. Disfrutei na festa de San Pedro e collendo olas.
A pesar de que a festa de San Pedro (a mellor, e máis enxebre festa do mundo enteiro) duraba de Venres a domingo... pegueime unha escapada a rostro o sábado porque o mono que tiña non era normal.
As fotos son de moi mala calidade pero bueno..síntoo, é o que hai
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Estaban uns rapaces de Vigo que viñeran nunha autocaravana e dous coches, os que teñen un can de presa canario, e outro negro (e que os surfistas de Galicia coñecémonos case mellor polos cans que polas caras jajaja)

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Este can non paraba de ladrarme. Non sei por que; normalmente suelo caerlle ben ós cans :)

Cando entrei á auga, entraron dous conmigo (cans non, surfistas) pero fóronse para o medio da praia. Eu quedei no pico da esquerda porque pensei que ó baixar a marea e subir o mar como estaba subindo (maretón) quedaría algo decente. Estaría unha hora só no pico e despois veu outro rapaz.

As olas terían o tamaño dunha porta,e o pico non estaba moi definido, pero de vez en cando saía algunha moi boa. Pegueime bastantes leches, pero houbo unhas 4 ou 5 olas que me encantaron (desto que vas pegando miniberros mentras remontas despois de pillalas, e cunha sonrisa tan grande, que si chega a selo máis, uniríanse os extremos da boca por detrás da cabeza jeje)

Houbo unha esquerda que collín, que resultou ser bastante larga, e a alegría foi doble porque nunha sección que me caeu por diante duns 4 ou 5 metros, quiteime unha espinita que tiña clavada, unha asignatura pendente... porffin me saiu un floater de espaldas! era hora! pareceravos ridículo que me alegre por facer algo así...pero e que surfeando de espaldas son bastante patoso.

O rapaz que se meteu despois comigo, que aparece na segunda foto, fixose un tubo bastante bonito. Aínda mallaba o tio.. reentrys, tubo, xirazos, e casi acaba un 360.
Pero controla tanto que creo que o pasei mellor eu na auga que el.. coas olas que collín eu estaba mais feliz que un regaliz, máis agusto que un arbusto..
e cando lle din a noraboa polo tubo que se fixo diante miña (tubo co que eu estaría berreando media hora)díxome: bueno... no se... iba mal colocado..pss.. (vamos, como quen pisa unha merdiña). É normal que ó controlar.. te volvas máis esixente contigo mesmo.. pero creo que debemos intentar que non nos pase.

En fin.. un baño, aparentemente feo, con diluvio universal incluído, pero saín moi contento da auga.

10 comentarios:

koko dijo...

Enoraboa polo das probas aambolos dous,a miña moza a primeira proba non lle foi mui ben pero bueno.o mesi dixome ke tiñas esta pasina e esta mui ben.pra os ke estamos fora serbiranos un pouko de referencia e para enterarnos do ke esta pasando nas nosas praias.valla oliñas xa me gustaruia estar por ahi.kedame un mesiño,xa nos beremos polos camiños,a madeira e o ke ten.

Rubén dijo...

Benvido koko!
entonces... vou ter que aumentarlle o sueldo ó meu relacións públicas, tal como mo pediu...o rapaz trabállame ben. jeje
pois dille a túa moza que se anime, que inda queda o 60% da nota por conseguir, que hai moitas prazas! que non se desmotive!
Pois tamen teño ganas de que veñades home, e que vaiamos todos cos tablóns a pillar oliñas por aí.que nos, ó contrario que o resto.. cantos máis mellor.

Por certo, cando chegues xa terei tablón propio!jeje, o mesmo que usei aquel día que o pasáramos tan ben.
Un abrazo!

Anónimo dijo...

ei!!! cacho olas! aki non se sta collendo moito de vento sur asi q disfruta ti x min, compañeiro ;)

tony

Rubén dijo...

Ola meu! agora xa estou en Lugo. So collín olas ese día, o Sábado. O domingo foi buscar mesi por aí e dixo ke non había nada decente. Foron ata malpica e bañáronse pero parece ser que non merecera a pena.

Ti tranki que xa verás como che ven pronto o nordés e te fartas a olas
ten coidado cos empachos!
un abraso!

Anónimo dijo...

aumentarlle o sueldo o teu relacions pubicas (coño faltame a L!!!!), so comformarime con que trouxeras parafina a praia jejejej. Non se di a madeira e o que ten, dise o charco e o que ten, mellor dito o que non ten.
Un forte abraso os dous cabronasos
Mesi

Rubén dijo...

haii la eele la eele. Cuidame esa lingua.. non ves que este blog é para tódolos púbicos, digoo tódolos públicos.
Tranquilo que este verán non vas a ter que comprar máis parafina :)
Por certo, o pai de Salvia regaloume un taco de parafina (pura) de uns 2 kilos! probeina pero é demasiado dura, hai que fundila e mezclala con algo.
Vamos a ser os jefes, imos a facernos as tablas, a parafina.. ahora poñemos as nosas nais a coser neumáticos e facémonos uns traxes de goma caseiros... e un cordello no pe, e hala! pa auga

Anónimo dijo...

boas compañeiro, xa non levo mais parafina a praia!!! Mañan a nemiña, podese dar un baño tabloneiro, e tamen ver a Domingos e a Paco que xa fai ben de tempo que non os vexo, Xa che contarei como foi o baño.
Moitas felicidades para Salvia.
Un abraso, gaiteiro.
Mesi

Rubén dijo...

jajaja pois espero que tiveras bo baño en nemiña con Domingo e Paco jeje
ó mellor o domingo dame tempo a coller algunha oliña e collerlle o tablón a Suso! xk o luns teño que ir con Abel a amañar unhas cousaas da escola. Pois eso a ver se nos vemos o domingo.
unha apreso, digoo un aprazo, unha abreza, bo! unha aperta!

koko dijo...

ui ui ui¡os tablons pra eiki os tablos pra ala.ke pasara seran os anos,valla manada de vellos.ou sera a nova idade do longboard.jejeje o do charco ke cabron.xa e miña a furgo,agora falta areglar aespalda doume unha lumbajia levo catro dias na cama.ruben tes ke poñer unha taboa de estiramentos pra espalda.un saudo pra o anonimo o charco eo ke ten jepeto

Rubén dijo...

jajaja, o de que nos facemos vellos tamén será.. pero por moi novo que sexa un, se só ten unha shortboard e hai un baño como aquel de nemiña, con olas perfectas do tamaño de media porta (ou menos)...o único que pode facer é comerse os mocos sentado na súa short jejej.

Eu pensei moito eso! si me estaría facendo vellO! pero o longboard é unha ferramenta para surfear tódolos días! e esto dígollo a todos aqueles que inda asocian long con viejetes.

Cando a ola non ten forza... cunha short imos navegando e pisando como gorilas (menos os pros que farían aéreos)en cambio..cun long cóllese velocida e planéase. eu creo que antes que ter un cochaso, ou roupa billabong e quiksilver, pa ser un surfeiro completo hai k comprarse unha short e un long pa surfear tódolos días.jejej
xa che mandarei estiramentos po lombo meu"!
un abrasoo