Algúns creen que non podemos contar a altura dende a base da ola...e eu pregúntome... por que non?
tamén se di que a ola ten diferentes medidas dependedo do punto de vista.
Segundo o diccionario da real academia galega a altura é:
altura: .f. 1. Dimensión vertical [dun corpo], distancia vertical desde a base ó punto máis elevado ou a calquera outro considerado
Polo tanto, a altura dunha ola mídese dende a súa base, é dicir, dende a parte plana, ata a parte máis alta.
O que está claro, é que non podemos calcular á perfección o tamaño dunha ola, porque a nosa percepción vese modificada por multitude de factores. Hai unha marxe de erro, e dentro desa marxe case sempre tiro cara abaixo. Se está pequeno, para que a xente non leve decepción ó chegar á praia, e se está grande, para animar un pouquiño (con algo de trampa) a que os compañeiros se metan na auga. Por exemplo, eu si dudo entre 3m ou 3 e medio...pois digo 3. Ademáis, pode haber series de 3m e algunha ola de 4m nalgunha serie desfasada, polo que esa marxe se vería ampliada.
pero para min, unha ola de tres metros é a seguinte
Aplicado moi cutremente á realidade...
E para facilitar a tarefa do cálculo, imaxino a un home de 2m totalmente dereito dende a base da ola, ou, como xa sabedes, unha porta na mesma posición.
Se hai alguén na auga, ou se alguén colle unha ola, é útil para tomalo como referencia, porque podemos calcular que un home de 1,75 ó estar surfeando semiflexionado mide aproximadamente metro e medio (en realidade algo máis, pero tiramos un pouquiño para abaixo pola marxe mencionada) . Solo temos que esperar a que o surfista chegue á base da ola, (ou imaxinalo) para tomalo como referencia.
Os puntos vermellos que dibuxei púxenos para que a xente que di que mide a partir da parede, ou a partir dun grado de inclinación determinado, me sinale que punto sería.
as 3 marcas que fixen na linea vertical que vai dende a base á cresta, fíxenas a ollo (nótase) porque todolos calculos de olas se fan así, a "ojímetro". E representan aproximadamente un metro.
E vedes o cachiño que sobrepasa os 3 metros? pois para min esa é a marxe de erro que podemos "despreciar"
Hala, atacádeme, que me intentarei defender jejeje
Non, agora en serio, gustaríame que como fixo Chema na entrada anterior, me mostrárades os vosos puntos de vista e argumentedes os motivos que vos levan pensar así
Graciñas de antemán
un saúdo e a disfrutar das olas, midan o que midan!
14 comentarios:
eu creo que o millor e inventar unha nova medida para as olas.
poR exempLo ""POTEQUE"". QUE EQUIBALE A ALTURA QUE HAI DENDE O CHAN ATA A SUPERFICIE DA TABLA DE PLANCHAR.
ASI TODOS ESTARIAMOS DE ACORDO DICINDO QUE UNHA OLA TEN DOUS POTEQUES , E DICIR DUAS TABLAS DE PLANCHAR.
QUE DICIDES E BOA IDEA. VERDADE
¡E QUE O QUE ESTUDIA SE LLE NOTA!
JEJEJEJEJE UN SALUDO
DEIVIS
jajaja aí aí...que se nos noten os estudios universitarios...jaja a verdade é que unha versión da "porta" pero máis artística si señor, todo hai que dicilo jaja. Entre ti e eu xa está.. o dos poteques moloume. jeje non son capaz de dicir eso sen sorrir ...
"eestá glass, vento de terra, ordenado, saen dereitas e esquerdas de tres poteques." jaja si si
aínda que máis enxebre, quedaría algo en plan.. "coleiro" non?
"surfeei catro coleiros tuberos" jejej.. ui.. vou a parar que se me esta indo
Hello. This post is likeable, and your blog is very interesting, congratulations :-). I will add in my blogroll =). If possible gives a last there on my blog, it is about the Celular, I hope you enjoy. The address is http://telefone-celular-brasil.blogspot.com. A hug.
gracias pola tua opinión celular jejeje.
Estamos debatindo este tema neste outro blog: www.oestesurf.com/$weblog/2008/03/27/metros#Comments
eeeeeeeeh? ¿que dixo celular? a partir de que o encontra interesantin e que che da as congratuleixons, xa non entendo papa. ¿Dache o seu enderezo? ¿Ou non está dacordo cos "poteques"?
para mi habria que empezar a medir a partir del segundo punto rojo empezando por abajo...de ahi para arriba seria la altura de la ola....esa vision de lado de la ola no es real,eso no es lo que tu ves cuando esta perpendicular a la ola y pasa justo a tu altura....es como los muñequitos del loco gati(el programa de futbol..)..son muñecos,no es real boludo...(risas)....un saludo
chema
ma... o do celular non di nada jeje, é publicidade. Son mensaxes que se envían automáticamente para facerse publicidade.
gracias polo comentario Chema, Ok, pensei que medirías dende máis arriba. a marxe que deixas por debaixo é casi a marxe que deixo eu por arriba. Pero mídelas a partir de aí por algún motivo en concreto? polo grado de inclinación? porque sempre mides a partir dos 60?cm, ou é unha marxe de "duda" como fago eu? Dígocho porque eu teño surfeado olas que teñen a altura do segundo punto...
Sei que a perspectiva non é real de todo, pero por pouquiño non? home.. son muñecos.. pero cun pouco de imaxinación... mira isto:
http://s139.photobucket.com/albums/q314/velajrande/?action=view¤t=pipe2.jpg
jeje sería algo similar a isto.(por se non se ve póñoo na entrada.
unha aperta chema, a ver cando vos pasades por aquí e compartimos baño (acércanse nordestes)
Dun modo máis cientifico...
...a parte máis alta duna ola é a sua cresta, e a parte máis profunda da depresión entre dúas olas consecutivas chamase val. Á distancia entre dúas crestas se lle denomina lonxitude de onda (λ) e á diferencia de altura entre unha cresta e un val se lle chama altura de la ola. A amplitude é a distancia que a partícula se aparta da súa posición media nunha dirección perpendicular á da propagación. A amplitude vale a mitade da altura. A pendiente (δ) é o cociente da altura e a lonxitude de onda: δ = H / λ...
...como vedes, un completo rollazo...norabóa para os que o lograran descifrar...xa mo explicaredes...XD...
...se queredes pasade por wikipedia que aparece unha ilustrción que o explica...
...unha aperta...
Rubix eiiisss! mira este video en youtube, es una nueva camara de video que grabraba en tubos a 360º.Da jugo.
Pon esto:
360 immersive project
Dani.
Xa sabes que eu son da túa mesma opinión, e gustoume a obxetividade do carpinteiro.
Terías que levalo á praia...
Un saúdo
Matt...si xa parece un reto imposible poñernos de acordo en como medir a altura, se nos metemos neses berenxenais..nin che conto jeje
Daaniixx...xa vin o video! ta guay, pero prefiro o de "my eyes wont dry II" víchelo?
Perry, e que é verdade, uns estarán acostumados a surfear...pero os carpinteiros están acostumados a medir....e penso que si lles ensinamos a foto de clau do voso blog nos di: mide "tanto", 10 cm arriba 10 cm abaixo. E, obviamente medira dende a parte máis baixa á cresta.
ola rubén¡¡¡
O final vai ter razón demócrito, o filósofo griego (creo que foi este tio)quen dicia que o ser humán é a medida de todo o cuantificable. Acordádesvos da imaxe do griego barbudo que esta acotado de cabo a rabo.. jejeje ;-)
Xa que falades de portas e para humanizar esta grata controversia. Eu propoño outra medida máis humana, pero sen caer en egocentrísmos po-la parte que me corresponde...jejejeje
Eu propoño a medida do michi,
pero cando vaia na onda avisádeme.Non vaia a ser que estimedes a altura cando estou semiflexionado.
Non serei o mellor surfista de galiza, pero sen dúbidas; si que son o máis alto...jajaja casi mido dous metros..jejeje.
Xa sabedés, cando esteades nun bó baño e teñades problemas para cuantificar a onda. Chamádeme e eu a parte de compartir o baño, servireivos de referencia...jejeje.
p.d Non vos preocupedes moito con estas cuestións que có imparable avance da tecnoloxia, de seguro que para o proximo ano. As taboas veñen equipadas con un marcador multifución: metros remados, metros recorridos, velocidade maxima, maximo desnivel baixado...ect ect
un saudo para tod@s, michi.
hola Ruben.
.yo tambien tengo pillado muchos bañs tobilleros, hasta la rodilla.. si que mide 30 cm. ..es vrdad...pero para ti eso es medio metro ??
...solo queria darte mi punto de vista...no debatir sobre ello.....cada uno sus ideas...a estas alturas es dificil cambiarlas ya ....
estuve en semana santa por Carnota,pero no fui hasta Nemiña...xa coincideremos..outra aperta.
un saludo
chema
si, para min unha ola de 50 cm ten medio metro...para os que estades acostumados a medir en "metros surfeiros" pareceravos unha animalada, pero a mín, paréceme o máis lóxico e fácil. Claro que, tamén é o meu punto de vista. E unha pena, co que me gusta a min debatir.. jeje :)
Bueno pois, Chema, moitísimas gracias por mostrarnos o teu punto de vista. En serio...
Polo de agora se non hai máis debate é porque os que miden en metros surfeiros non se animan a escribir!...
Veña animádevos que aquí debatiremos ante todo con moi bo rollo e sen molestar a ninguén
Unha aperta!
Publicar un comentario