Tras 16 horas no autobús, chegamos a Andorra á 1 do medio día do Domingo. Ese día , Dani, Alex e eu dedicámonos a ver Andorra, xa que ía a ser o único día "libre".
É un espectáculo ver a cidade enterrada entre esas montañas tan altas e ver como os edificios escalan cada vez máis alto para poder atopar un oco
Tamén nos acercamos a ver por fora o balneario de caldea que visitaríamos o mércores
Un edificio precioso e orixinal. (Foto de Breixo, Moi boa meu!)
Alucinamos coa pila de tendas de snow e ski que había. É máis, casi en calquer tenda, fose do que fose, te podías atopar táboas de snow, cámaras de fotos tiradas de precio, alcohol, e tabaco. Para que vos fagades unha idea, vin unha cámara de 10 mgpixels por 120 euros, nos cartóns de tabaco os fumadores aforrábanse sobre 10 euriños, e o alcohol entre 1/3 e a metade de barato.
E tamén nos sorprendeu a cantidade de versións XXL de algúns productos
Pola noite, no hotel, despois de cear, rirnos, charlar, cantar e tocar algo a guitarra, houbo unha posta a punto do material. Axustamos as fixacións, merquei cofix para amañar os surcos que tiña na táboa, e despois encereina para correr algo máis.
Despois a dormir, e a pensar no día de esquí que nos esperaba o día seguinte...
4 comentarios:
DEIXATE DE LERIAS E PON AS FOTOS DOS BACLOOPS, DAS GRINDADAS DAS MESAS E DOS SALTOS DAS RAMPLAS.... SENON POR AQUI NON NOS CREOMOS NA DE NA.....JEJJEJE.
VVEÑA TIO A ER SI ESTE FINDE CENAMOS ALJO E XA ME CONTAS CON DETALLES TODO. UN BICO JUAPETON.JEJEJEJEJEJ
UN SAUDO
DEIVIS
Xa estas de volta, menos mal que escapaches, que por aqui, houbo mar pa dar e regalar, JAJAJAJA.
Espero que trouxeras algunha botella desas XXL, que nunha semana tes por ahi a nosa tropa, JEJE.
Un Saudo.
jajaja edu, traer non trouxemos ningunha, pero me parece que xa ides a vir ben cargadiños vos jejeje
Estou desexando coñecervos! sobre que día viredes?
David, backloops non houbo moitos a verdade jejeje houbo unhas 30 baixadas nas que nos decíamos antes de baixar: en esta hai que grabar ou sacar fotos eh!!... e despois chegábamos abaixo... e ... merda! non grabamos nada! Non nos daba a cabeza pa mais nesos momentos :)
Vemonos o xoves logo!
bisitoss :)
Supoño que estaremos por Nemiña/Rostro o Martes a ultima hora da tarde. Se non e posible, o Mercores pola mañanciña.
Sera un pracer, a ver si hay baño, que se sigue asi o tempo non sei nin se iremos.
Saudos.
Publicar un comentario