miércoles, 26 de marzo de 2008

video en Rostro

Aquí vos deixo un video que editou Brais e grabou a súa nai.

Foi un día dunha temporadiña na que Rostro tivo uns fondos aceptables... O que máis aparece, obviamente é Brais (madre no hay más que una), pero tamén aparecemos algúns dos de aquí. A ver se adiviñades quen, e en que momento...:) os traxes seeland son unha boa pista.. parece que o club os tombos está patrocinado por esta marca pero non é así. O conto foi que o da tenda Carpe mar de Muxía fai precio no material de surf ós socios do club. Así que xa sabedes...a facerse socios!! da igual de onde sexades! :)

Por certo, chamáronme uns locales do faro de Lariño medio mosqueados porque a federación galega de surf ía a organizar un campeonato na "súa" praia coa colaboración de un club de surf de vigo. E parece ser que dixeron que o ía a levar ese club porque na zona non había locales. Eu entendo que sería porque non existe ningún club da federación en toda a zona. E por iso nos pedían os locais que nos encargáramos nós da organización do campionato. Xa falei coa federación e tratáronme moi amablemente, en serio. Atendéronme uns rapaces moi enrollados. Pero dixéronme que vían dificil que nós nos encargáramos da organización dese campeonato porque xa estaba adxudicado un club dende fai tempo. Pero comentáronme que hai unha competición de surf e bodyboard junior na que aínda non teñen un club adxudicado, e seica o podemos organizar nós, e facelo na praia que nos queiramos.

Teño que falar co resto da pandilla a ver que lles parece. Non era a nosa intención meternos nestos berenxenais xa que nos molaba máis o rollo de churrascadas, limpezas, risas e cervexas....pero non é incompatible. Podemos enfocalo dende o noso punto de vista e facer o mesmiño (eso si, con cervexas 0,0) jeje
Parece ser que se a organización sae ben podemos entrar nunha bolsa de subvencións da xunta...gañar socios...
a ver como queda a cousa...vos que opinades?

unha aperta!

4 comentarios:

Anónimo dijo...

jajaja boas olas hay en rostro o dia do video eh jaja
vou ir eu o campeonato junior ese... =] que va que pa dar pena paso jaja veña sorte ca organizacion e a ver se nos vemos algun dia de estes(que raro que fale galego, daseme raro xD)

Anónimo dijo...

ah olvidabame, pasome para saludar xD

Anónimo dijo...

Muito gusto de ollar un bañu nesta fermosa praia.Boas ondas de dereitas colliches,surfeas moito ben Brais.Veña que veñen as series!!

dTrun!

Rubén Prieto dijo...

Obrigado trun! ;)

Martín...se organizamos o campeonato anímate! aínda que estes empezando da igual, ademais se se anima máis xente coma ti xa está. a cuestión é coñecer xente, ver como funciona eso dos campionatos, botarse unhas risas e ala. Podémolo enfocar como un "simulacro" de campeonato para que de menos "medo" e se anime todo dios...

un saúdo!