Despois de estar dous días nevando a saco, a cantidade e a calidade da neve caída en Soldeu e El tarter era impresionante. Nunca vira neve polvo de tal espesor...Por iso era moi común escoitar a expresión do título da entrada (que esperábades?)
O que vimos namais chegar, xa foi suficiente para sacarnos a todos un sorriso de orella a orella
Para min que había sitios nos que non facías pe jeje.
A paisaxe vólvese (para o meu gusto) espectacular.
A xente estaba eufórica. Nos restaurantes da estación notábase á xente moito máis alterada e a enerxía positiva esnifábase por todos lados. Se intentabas escoitar algo no jaleo xeralizado o máis común era oir: "que pasada!" "dios mio!" "buff que bajada!" "esto es impresionante.."
Si é que, a verdade, tivemos moita sorte de poder catar a nevada máis gorda do ano recién caída.
Unha das cousas que máis me gustou, foron as baixadas que nos pegamos entre os pinos, esquivándoos e tomando decisións no último momento sobre unha neve impresionante. Era tan blanda e suave que a táboa non facía ningún ruido ó avanzar sobre ela.
Ás veces era traballoso ata levantarse, a que si Dani? jeje
O último día, levei un trompazo bastante gordo. Caín co peito sobre un pequeno tronco cortado. Resulta que estaba grabando nese momento e, se vos fixades, pódese escoitar o grito de dolor :) Dende que levei o golpe ata que puiden dicir o de "non sei se me acabaría de romper unha costela" pasaron uns 5 minutos porque ó principio facíaseme complicado respirar o suficiente como para poder falar ben. Por iso tiven que cortar o video
10 comentarios:
Joder moi menuda sorte!!! Que pasada, encantoume o ultimo video con musica e xogando cos bordes peraltados da pista. Non te queixarás de forapistas non?? Alegrome que o pillarades así de bonito.
Un saudo
Eu opino o mesmo que Nestor Ruben,menuda sorte,ufff que navada non jajajja....estaba impresionante,eu aun non he estado en Andorra,só polas de Aragon,pero apeteceme moito ir a Andorra,e cando vaia irei a Caldea seguro tamen,encantoume polas tuas fotos,alegrome moito que o pasarades tan ben e con tanta neve un saludiño
Buff.. a verdade é que tivemos moita sorte. o primeiro día botaba de menos os forapistas por falta de neve, pero despoisda nevada non probamos nin a metade dos que se podían probar :) era imposible! :) alégrome de que che gustara o video...so tiña intencion de acortalo porque era longo e a cachos aburrido
Estrela, caldea é impresionante. vale a pena ir aínda que estes a 300 kilometros de andorra. Pero as fotos non son miñas ehh... pensei que xa se notaba. como comentei que nos fóramos denoite...as fotos saqueinas de internet porque as nosas eran maliñas (como a última)
Un saúdo!
Felicitacións ENXEBRE RUBÉN!
Gostame moito todas esas novas que contas no teu blog acompañadas de orixinais videos e fotos,sigue e así pero ten coidadiño coas costas.
Unha aperta!
Alégrome meu, graciñas :)
Ruben non tes pena pola camara non? Tes que mandar o video da ostia os videos de primeira que se cadra ainda lle sacas algo o golpe.
En canto as pistas, tes razón Andorra e unha pasada, podes baixar por pistas roxas sin problema por pouco que controles. Espero poder volver algún día.
Aaaai meu amijiño... que envexa.
Este ano non me tocou ir á neve, pero ainda coñezo a pista de debutantes e a loooooooga pista 14 que non te cansas de baixar.
Que sorte tivechedes... mira que coller o paquetón de neve polvo!!
Eso é potra!
Ah, esquenciaseme.
Se o ano que ven vas , avisa. Se coincidimos prometo facerche a reportaxe túa esquiando.
Ti deixame a cámara que o resto é cousa miña.
Xa acumulo algunha experiencia de baixadas ca cámara atada a unha perna... Como ves todos os tolos pasamos pola costa da morte
Joeeer, menudo cacho de telerealidade.
Eso é unha reportaxe e o demáis son contos.
Ah, non penses que todas as negras de Andorra son así.
En Pas de la Casa haiche negras que son paredes ,e máis se non tes neve polvo; a ver con neve dura onde carallo cravas os cantos???
Desde logo ,daslle cada desgusto a Salviña...
jeje.. sorte si que tivemos a verdade. para apróxima avísote que o da reportaxe non sona mal jeje.
aínda recordo como nos contabas a túa experiencia no halfpipe cos esquís.. xa choveu.
Publicar un comentario