Esta semana, despois de algunha cea cos amigos de sempre, e de pasar algunha tarde na praia con actividades como iniciación á escalada nas rochas de Rostro, ou presenciar o bautismo de Suso no manexo dunha cometa de kite... Tiven o gusto de recibir e coñecer en persoa a unha tropa de personazas/surfeiros/blogueiros de Ferrol. E no medio da semana recibo unha chamada de Iago, (surfercosmovisión), que trae a outros 3 máis...
Xa hai tempo que se estaba intentando planificar unha quedada entre autores de blogs surfeiros...buscábase un punto intermedio para todos que resultaría ser asturias... nunha praia coñecida... e mira ti por donde, así como quen non quere a cousa, acabamos 13 persoas cenando un churrasco cojonudo en Pereiriña. que carallo!
Como non recordo se algúns querían manter o anonimato...prefiro non decilos nomes :)
Os blogs fillos dos presentes na cea son:
www.desdelaorillaxabre.blogspot.com de Ricardo (Xabre) con reportaxe sobre a viaxe.
www.rockandlong.blogspot.com de Edu (kingmat) con reportaxe sobre a viaxe
www.afrikitown.blogspot.com de Toño (Perry) con reportaxe sobre a viaxe
e que colabora xunto con Iago (de surfercosmovisión.blogspot.com) na páxina www.oestesurf.com (con reportaxe sobre a viaxe)
Ademais tamén estaba Carlos (Pita) de www.pitanaturalmystic.blogspot.com
Raquel (Solana) e Victor de www.surfandturf.blogia.com que colaboran na coñecida páxina www.contraola.com
A verdade é que o pasamos xenial. Houbo risas, houbo fogueira, houbo pizzas, furgos, guitarreo, alma de pearl jam nun gran corpo, churrasco, charlas, "ajochos" risas e máis churrasco. Olas houbo máis ben poucas ata que marcharon, cando a dirección do mar de fondo comezou a cambiar e o mar comezou a bombear dereitas.
Pero cando unha "viaxe surfeira" se considera un éxito, a pesar de non ter casi olas, é cando hai que replantearse que é o surf. -"Profe yo me la see! el surf eeess cuaaandooo vas por una olaaa con una tablaaa.." non fillo non, o surf é moito máis
Unha aperta rapaces. Encantado de coñecervos.
Aquí estamos para a próxima
9 comentarios:
En este enlace, existe una entrada en la que defino lo que es el surf para mi..... pelín cursi, pero "heche o que hai"
Un saludo Rubén.
http://desdelaorillaxabre.blogspot.com/2008_01_01_archive.html
Viches rapas!!! Cambiei a foto..... karaio non podía parecer tan vello...... tiñas razón! je je je
Eso de parecer vello chegoulle o alma... (teño que admitir que eu pensaba o mesmo que Rubén, o bigote de mexicano faiche maior)
Voltei a casa sen pillar ningunha ola, pero cunha sensación coma se surfease todolos días.
Ruben como nas veces anteriores o pasei de puta madre, pero esta foi diferente o ir mais xente, e facer esa quedada ilegal coma quen non quere a cousa jejeje, en maio nos volvemos a ver!
unha aperta!
Así tas máis juapo meu rei! jejeje. a definición de surf boísima. Xa a leera. e de cursi nada. hai que ser poeta para definir cousas así..coma un tubo por exemplo...quen se atreve?
Perry, o churrasco do cruceiro e o arroz con bogabante eche o que ten... deixa satisfeito a un coma se se fartase a surfear jeje
pita, alégrome de que o pasárades ben. eu tamen gocei da vosa viaxe sen apenas moverme de casa jeje vaia lujo. Se non chega a haber tanto vento e frio quedaba a durmir con vós nunha tenda.
vémonos en maio!
Lástima que o mu blog non sexa surfeiro se non veleiro.
Contodo, o sindicato de proa tamén che é xente de moi mal viver...
Ah, para que aprendas a facer bodyboard como é debido:
http://es.youtube.com/watch?v=F1QUsYBmRVY
vale piteer aceptamos barco como animal de compañíaa...jejej... se para o caso da igual home.. como se tes un blog de filatelia. si che gusta a o churrasco o guitarreo as cervezas e botarte unhas risas xa está...
A pesar do frio e do vento, ainda nos mollamos, ((pouco)), pero rimonos un monton, JAJAJA.
Recordos a Suso, Felipe, e demais tropa. Por certo dille a Felipe que lea isto, pero cando estea sentado, JAJAJA. Na sua casa xa se fixeron campeonatos hay ben anos.
http://unaimagenymilpalabras.blogspot.com/2008/03/los-comienzos-del-surf-en-galicia.html
Saudos e Apertas.
un abrazo para Rubenin y Salvia que nos recibieron con mucho calor pese al frio que hacia chicos!
volveremos algun dia por ahi por donde se acaba el mundo y no os librareis...jajaja...os avisaremos!
Raquel y Vic.
Publicar un comentario