As condicións de neve eran prácticamente iguais ás do primeiro día. Estaba moi ben exceptuando algunha placa de xeo que había descuberta na parte alta. A boa noticia era que a ratos nevaba, e nevaba con sol. Se alguén mo explica... :)
Ó ser o segundo día de ski tampouco subimos ningún tipo de cámara. Subín o móbil, co que fixemos a maior parte das fotos e vídeos...pero pasaba o de sempre. Antes de baixar dicíamonos: "bueno, de esta hai que grabar ou sacar fotos eh..." Comezábamos a baixar, emocionábamonos, corríamos, saltábamos, animábamonos uns ós outros... e ó chegar abaixo... merda! non grabamos!! E así unha e outra vez.
Ó final da tarde, a capa de neve recién caída xa tiña un espesor considerable, arredor de 40 centimetros (unhas pistas máis e outras menos) polo que as últimas baixadas dese día convertiríanse nas mellores da viaxe ata o momento.
Tal foi a nevada que caeu en tan pouco tempo que puidemos ir esquiando polo aparcamento ata o mesmísimo autobús.
Despois, o autobús non daba saído do aparcamento. Tivemos que xuntarnos tódolos pasaxeiros na parte de atras (sobre as rodas motrices) para ver si podía saír... pero nada. Seguía patinando. Acabamos poñendo cadeas
Tardamos hora e media en facer un traxecto que normalmente leva 20 minutos. Imaxinade a velocidade á que tíñamos que ir. Era un espectáculo ver polas ventás do bus a tódolos coches patinando jeje. O bus inundouse de risas cando vimos a un tipo correndo detrás do seu coche cando se estaba preparando para poñerlle as cadeas. jeje. Foi moi simpático, tal cual videos de primera
Esa noite fumos a tomar algo en plan "relax", e ó final xa sabedes como acaban estas cousas... empezámonos a animar, entre bar e bar era inevitable verse involucrado nunha gran guerra de neve... con trincheiras, diferentes bandos, traidores, francotiradores agochados...
Non vos vou a especificar as cousas que fixemos, pero... dígovos cousas soltas, e vos atades cabos: "baixas presións en altas alturas que fan que calquer bebida, por lixeira que sexa, suba de forma especial..." "neve por un tubo" "oh! un carrito de compra!" "oh, unha costa abaixo!", "facía falta un casco....oh!unha pota!" "jajajaja" "sube! sube!" en fin...
Acabámola noite neste pub "la borsa"
que era orixinal polo seguinte: Os precios das cousas non eran fixos. As pantallas que se ven ó fondo imitan ás do mercado da bolsa, e nelas mostrábanse os precios dos productos que subían e baixaban. Cando a bolsa caía, e os precios estaban polo chan, saltaban unhas alarmas cunhas luces... e xa vos imaxinades a reacción dos consumidores non? :) unha boa táctica.
A frase que máis se escoitaba ó final era: bueno, hai que ir indo para ó hotel ehh, que en 3 horas hai que levantarse para ir esquiar, que para eso viñemos a Andorra! jeje
Por iso, cando ó día seguinte nos anuncian que non podiamos subir a esquiar porque está todo cerrado por temporal de neve... os que nos acabábamos de deitar había poucas horas, mirámonos... e puxemos cara de.. bueeeeeno..... e un leve sorriso xa o dixo todo :)
No hay comentarios:
Publicar un comentario