viernes, 4 de abril de 2008

Graciñas Poseidón, tómate algo que invito eu

Teño que agradecerlle publicamente a Poseidón un regaliño que me fixo onte.

Construíme por uns segundos unha cova de auga espaciosa, ben iluminada, grande e moi ruidosa. Escolleu moi ben as cores porque a parede azul turquesa do lado esquerdo combinaba moi ben co blanco e turquesa da parede da dereita. Unhas cores que se fusionaban no teito. O teito era o suficientemente alto como para que me puidese reincorporar da miña pose de "rezar", pero o suficientemente baixa como para que non me puidese erguer completamente. Dende a posición na que estaba, penso que si levantara un brazo, podería chegar a acariciar a auga que formaba o teito. Pero nese momentos non pensas en nada. Os ollos ábrenseche como pratos porque non dan creto ó que ven.

Tamén hai que dicir que a cova estaba limpísima e ordenada, non había unha gota de auga fora do seu sitio. Ademáis púidena ver á perfección porque non tiña nin pelos na cara, nin gotas de auga nos ollos (como é de costume)

Photobucket
(Barbakana, vouche ter que enviar o debuxo para que mo pintes, que pintar non é o meu jeje, as cores son as que describín, non as que pintei)

Poseidón, para o meu divertimento, ordenou que fixeran xirar a cova conmigo dentro, ata que o moi simpático me acabou tirando, pero non me importou. Porque despois do cóctel de adrenalina e endorfinas que me tomei nesa bonita cova, quedei anestesiado para calquer centrifugado.

As vistas tampouco estaban mal; era unha "finca acuática" bastante chula. A foto é de antonte, cando todo estaba algo máis pequeno.

Photobucket

Tiven moitísima sorte/chiripa/chorra/potra de ser "o escollido" para recibir ese regaliño. E o bo é que non fun o único! Carlos de Camelle, e Felipe tamén tiveron os seus.

Agora fora metáforas, antonte tivemos un baño bastante decente (día da última foto) na que saían esquerdas solitarias moi maniobrables.
Onte estaba algo máis grande, perfecto durante unha hora e media, dúas, aproximadamente, na que disfrutei de esquerdas en solitario ata que, casi unha hora despois, se acercou Pana (Luis Enrique) e gozamos das olas sin parar. Máis tarde Felipe, Rueda and company uníanse ó festín. A medida que baixaba a marea as olas poñíanse algo máis brutas e ocas, pero tamén rompían peor.
E hoxe, xa sufrimos o cambio de dirección de mar de fondo (cambiou a nordés) e tivemos microoliñas de un metro (aínda que algunha era divertida). Para este finde xa non espero nada. Se polo menos se levantase o vento facíamos kite pero me parece que non vai a haber nin olas nin vento.

Intentei debuxar en forma de secuencia o que vin no tubo, pero resúltame moi complexo. Como son debuxos cutres, e fotografiados cutremente cun móbil, móstrovolos cunha calidade de imaxe cutre e a través dunha tele "retro"



Unha aperta a todos!!

PD: o debate do tamaño das olas segue aberto na entrada anterior e no foro de costasurf.com

7 comentarios:

Isabel Tomé dijo...

Descríbelo dunha maneira que me dan ganas de aprender para "josar" eu tamén. ¿Sabes de alguén que dea cursos de surf? :D
(Non sei se con medo á auga, 50 tacos e un problemiña de sobrepeso será posible, pero soñar si que se pode).

Anónimo dijo...

Hahaha... que guai! eu tamén quero!!

O que non sabes, Ru, é que xa lle diches un pretexto a Ma para que che corte as guedellas, con ese comentario de "non tiña pelos na cara..." :-P

Bicos e abrasoss!

Xabre dijo...

Isabel: creeme, SE PODE!!!!!
Rubén, eres un cabrón, este sí que é un bo "ajocho"..... e a contramano!!!!! Paz surf.

Rubén Prieto dijo...

Ma, por intentalo que non quede! agora que xa eres unha experta nadadora...O que pasa é que se non che gusta o monitor...aguántaste, porque o fixeches ti jaja...

Ra... a ver cando píllalo body e recordamos vellos tempos! jeje...
E polo de cortalas guedellas... non é pretexto ningún o cometario que fixen, porque "murfi" sempre está aí. Se non tes pelos na cara, tes algún gotón nos ollos co que ves todo "empañao"

Xabre!, polo ajocho ese si que pajo eu o que sexa, jeje.

Pero, ¿crédesvos que non me acordo para nada de si a ola me tragou moito ou pouco tempo? E caer caín! que si o chego a saír xa me saen as tripas pola gorxa... Pero só me lembro do tubo, e do momento no que me faltaba 1 segundo para sacar a cabeza da auga porque me tardaba empezar a berrar da alegría.

Apertas patokiski

Perry dijo...

Noraboa! Mola a descripción.

Para mín, a diferencia entre unha "tapadiña" e un tubo ven dada polo sonido que escoitas dentro da onda.

(Xa sabes, instaurando standards de entendemento)

Rubén Prieto dijo...

jajaja... Perry... estou deacordo.
e que é verdade, o tubo é atronador. é un ruido que flipas. Date conta que unha ola que rompe forte, pode escoitarse a mooooita distancia 1 km? dous? e nos estamos na raíz do ruído e nunha cova que fai eco aínda por riba.

eu creo qeu si non fixeran ruido acojonarían a mita :)

Anónimo dijo...

¡Eh! Nunca me parara a pensar no ruído que ten que haber dentro da ola! é verdade, ten que impresionar...