jueves, 27 de marzo de 2008

O tamaño das olas (reeditado)

Esta misma entrada, en castellano aquí

Como xa pasamos dos 200 votos na enquisa que tiña á marxe esquerda que preguntaba:
"¿cantos metros dirias que mide unha ola que ten a mesma altura que unha porta?" decidín facer unha entrada comentando os resultados.

Copio e pego os cachiños que considero máis importantes da entrada coa que iniciei o debate:

"Eu penso que xa escoitei de todo:

-que as olas se miden por atrás: o meu punto de vista é que non están reflexando ben á realidade, porque unha ola pode ter un metro por detrás e 7 por diante como teahupoo. Ademáis, vós por onde surfeades a ola por diante ou por detrás? entonces que máis da o que midan por detrás?

-que se miden en metros reais desde a parte vertical da ola...: cousa que non acabao de entender moi ben porque hai olas que teñen 5 metros de alto e non teñen ningunha parte da ola totalmente vertical, as tendidas.

- que se miden dende o nivel do mar (que non é igual á base da ola) á cresta,

-e, posiblemente, a medida máis difundida (á que lle chamo "metro surfeiro") na que o primeiro metro ten o tamaño dunha persoa de pé, e a partir da cabeza se mide en metros reais... a pesar de que é a medida máis difundida, non acabo de entender moi ben o por que desta forma de medir. Así o primeiro metro non sería igual ó segundo? non entendo moi ben

Pois atopámonos coa situación de que o METRO, unha medida internacional, algo OBXECTIVO, relacionado coas matemáticas que É o idioma universal, que ata Zapatero e Rajoi estarían de acordo en que un metro son 100 centímetroosss..... pois non. No mundo do surf o metro é algo subxectivo e cada un ten o seu. Cada un é libre de medir como queira... pero tedes que recoñecer que útil, o que se di útil non é.


Pois ben...sorprendéronme gratamente os resultados da enquisa porque non sabía que había tanta xente que pensara coma min.

Resulta que de 221 surfistas....(que non son poucos)
Photobucket
110 son...........case a metade jeje

Photobucket

72 persoas (entre as que me inclúo) dirian que unha ola do tamaño dunha porta mediría 2 metros

outros 72 surfeiros dirían 1 metro. Pero a metade destas persoas pensan que deberíamos de dicir 2 m. Se sumamos estas 36 persoas ás 72 mencionadas anteriormente...resulta que 108 persoas dirían 2m se por eles fose. (case maioría absoluta)

Por outro lado tamén temos 4 persoas que dirían un cuarto de metro, 14 que dirían medio metro, 2 que dirían 3 cuartos de metro (en "others"), e 17 que dirían 2,5 m.

Agora....despois de ver isto....se un surfista vos di que colleu olas de 2m......con que cara vos quedades???


Dame como vergonza, que, nun mundo tan grande como o surf, con tantos surfistas como somos, que non teñamos unha forma común de medir as olas. Non me importa o tamaño das olas, eu podo pasalo mellor un día con olas de 50 cm que outro con 250 cm. O que considero que sería bo é que haxa un convenio para que todos nos entendamos e non teñamos que andar específicando que si metros reales, que si media porta, que si 2 metros dos de fulanito... Non sei si me explico.

UN EXEMPLO!:

Non vos daría a risa si presenciades o seguinte? (xa vou eu coas miñas comparacións):

Dous tipos pescando, e Manolo colle unha robaliza tremenda. Manolo di: "mira cacho robalo! esto pesa polo menos 7 kilos!!

e o outro (Pepe) dille:-" a onde vas animal!! que eso non pasa dos 3 kilos!
-"mecajuntal, que me apostas!"
-" o que queiras!"

Van a pesar o robalo e finalmente pesa 3 kilos

Pepe di: -"Veeess!? xa che dixen eu que pesaba 3 e non 7, animal!"
- AAH NO!, PERO E QUE PARA MIN 7 KILOS DE ROBALO SON 3 KILOS REALESS

En fin.. esto aínda podería seguir con exemplos do estilo:

-En canarias non pescan peixes de máis de kilo e medio, porke un kilo para eles son 5 kilos para nós...
ou
- si, mira, que che explico como mido eu.... o primeiro kilo pa min son 1800 gramos, o segundo kilo son 1300, e a partir de aí mido en kilos reales

Eu dou a miña opinión de como creo que debería ser a medida das olas... pero gustaríame que os que miden diferente tamén expoñan as súas opinións e argumenten os motivos polo que o fan... si o fan por convencionalismo, por lles ensinaron así, porque o consideran lóxico...etc

Sei que é dificil cambiar un convencionalismo tan extendido... pero tamén antes as mulleres non podían levar pantalóns...non?

Unha aperta!

7 comentarios:

Maika Boquete dijo...

Jajajajaja Rubenciño!! véxoche preocupado...pero dame a min que ese tema non ten solución: que todos vos poñades dacordo pra medir as olas??!!ademáis de que ben se sabe que algúns surfistas teñen medidas diferentes dependendo de se ese día se botaron ou non!eu tamén non teño moi claro como medilas, normalmente se me preguntan boto unha mirada rápida e digo unha medida un pouco máis alta dos cms reais, e normalente acerto!(non sei se isto che gustará moito...)
¿Qué tal foron as vacacións?Nos estivemos en Portugal, a ver se un día de esta semana colgo algunhas fotos, sobretodo dunha sesión moi chula en Supertubos.
Bikiños!

Rubén Prieto dijo...

jajaja preocupado non... pero ó empezar a escribir acórdome das discusións que tiven con amigos sobre o tema e embaríllome como si os tivera diante jaja.. pero acepto e respeto todo tipo de argumentos sobre outras medidas diferentes...

as vacacións guay..disfrutamos da visita de toda unha tropa como xa verías..

estamos desexando ver esas fotazas maika!

Isabel Tomé dijo...

Deixádevos de tamañossss e disfrutade!¿Non se decía que "o tamaño" non importa? Ademais todo é moi relativo. Xa sabedes como é o tema do medio metro -con respecto á distancia do bordillo da acera cando se aparca, dependendo de que o que aparca sexa un home ou unha muller-:D

Anónimo dijo...

hola ruben....
la base de la ola , el botton ,no podemos contar su altura..esta parte no es la pared de la ola,esta empieza mas arriba...bottom pared y labio..no?..no la ves con el mismo tamaño de frente que de lado...cuando la ves de frente siempre parece mas alta,cuando la ves de coostado parece mas pequeña,y cuando la ves por detras mas aun........cual es el de verdad ..el visto de frente de lado o de atras....por que tiene que ser el del frente??....deberiamos hacer una media de los tres....y en esa media sale una ola mas pequeña que la que realmente ves de frente....un calculo a ojo....a ojo de ser humano,no todos vemos lo mismo....
y sino habra que hacr trajes que lleven dibujado una cinta metrica y al sacar fotos los veremos..un saludo...

Anónimo dijo...

s me olvido firmar el comentario soy chema..un saludo

Rubén Prieto dijo...

jajaja o do traxe coa cinta métrica xa molaba.. Volcom non tardará en sacar algún modelo xa verás jeje

ahora en serio. MOITÍSIMAS GRACIAS por mostrarnos o teu punto de vista e os argumentos que che levan a pensar así. Eres a primeira persoa que me polo menos me argumenta o "metro surfeiro". De todas formas...aínda non caín da burra (sonche duro de mollera)

o teu comentario merécese unha entrada con debuxiños :) pero vou a intentar explicarme solo con palabras...
eu penso que dende a parte alta da ola á parte baixa, ou bottom, ou valle... hai a mesma altura vista dende frente que dende vista dende o lado. pero hai que medir ata a parte plana da ola. se según ti se mide a partir da parede e non da parte plana.... a partir de que grado de inclinación comezas a medir? e se hai unha ola de 4 metros que non supera ese grado de inclinación... non hai ola? eu creo que é máis complicado aínda... e o de facer media coa parte da atrás.. a do lado.. e ade diante.. buf. non sei... mirando a ola dende un solo punto de vista (porque non somos dios).. como sabes o que mide polos outros dous puntos de vista? por esa regla de tres mirando dende enfrente unha ola do tamaño dunha porta... non poderíamos decir canto mide porque non a vimos por detrás nin polo lado... buff.. estoume liando moito. farei cando teña un rato unha entrada con debuxiños :)

eu digo de facer igual que fai a ciencia. igual que fan as boias que rexistran a altura das olas. dende o valle da parte de adiante da ola ata á cresta.

gracias de novo por explicarnos o teu punto de vista Chema

unha aperta!

Perry dijo...

Moi boas Rubén!

Pasa por www.oestesurf.com e verás que levamos media semana discutindo do tema e non hai unificación de criterios.

Unha aperta!

(Por certo, eu estoy contigo na forma de medila)

Unha ola mide da base á cresta. Ese é o tamaño dunha ola.

outra cousa é o que un surfista considere ola aquí ou en hawai...
Pero a altura é universal: "Distancia do punto máis baixo ó punto máis alto".