jueves, 13 de marzo de 2008

Andorra 4º día: Relax

Se lestes a entrada anterior... non fai falta explicar con excesivos detalles como foi a xornada. Nunha palabra, foi tranquila. Ó estar a estación cerrada por temporal de neve e vento, preparámonos para descansar todo o cansancio acumulado nos primeiros días e na noite anterior.

Algúns volvéronse a deitar e outros quedamos de palique toda a mañá no salón do hotel.
Pola tarde dimos un paseo por Andorra, mercamos algunha cousa...e preparámonos para a visita a Caldea.

Ó ir en grupo, collimos unha oferta. Por 21 euros gozamos das instalacións dun dos mellores balnearios de Europa durante 2 horas e media. O suficiente como para quedar ben arrugadiños.

Fumos de noite, de 9 a 11:30. Moitos dos que viñan na excursión, fan a mesma viaxe tódolos anos, e polo que comentaban, parece ser que tivemos moita sorte porque normalmente o balneario está a tope de xente. Tanto é así, que tódolos anos que viñeran tiveran que facer cola para ir ós jacuzzis, saunas, baños turcos...etc. E desta vez, non había cola en ningún lado. Había moi pouca xente. Máis ou menos como nestas fotos. E eso que solo o noso grupo xa éramos 50 persoas.

Esta era a parte principal. Cada "cunca" era un jacuzzi que masaxeaba diferentes partes do corpo. Unha para o pescozo, outro para as pernas, outro para a espalda...
Photobucket

O baño indorromano tiña un encanto especial. Era moi acolledor.
Photobucket
Tiña unha pinipiscina coa auga a 14 grados. Un contraste bastante "jevi" jeje

E posiblemente, un dos maiores puntazos era o seguinte. Se ías nadando por unha especie de pasadizo e atravesabas unhas cortiniñas, aparecías no exterior.
Photobucket
Nós fumos de noite, e nevaba. Era unha sensación moi agradable estar bañándose en auga quentísima mentres che nevaba na cabeza e observabas as montañas nevadas. Só sacar o peito fora da auga era suficiente para notar os...¿20 grados? de diferencia de temperatura. Houbo máis de un que se animou a vir comigo a rebozarse na neve casi espidos para volver a meterse rápidamente no jacuzzi :)

Teño unha foto mental que vou intentar describirvos: Estaba nunha tumbona/jacuzzi, ó borde da piscina exterior, e o que se vía era a picuda pirámide de cristal do propio balneario, que se adentraba no oscuro ceo. Pero as distintas formas da peculiar edificación dibuxaban un montón de sombras poligonais na neve que caia iluminada gracias a uns potentes focos que estaban ben escondidos. Era tal cual unha escena dun storyboard de calquer película de ciencia ficción...unha pasada. Estaba esperando a que Spiderman aparecese polo aire pero non apareceu. Debía de estar no baño turco :)

Aquí estamos casi todos...
Photobucket

Se algunha vez pasades por Andorra, pasade por Caldea porque vale moitísimo a pena.

6 comentarios:

Tonylopex dijo...

Coño Caldea. Yo estube hace 4 años por esta fechas allí y el de la agencia de viajes nos recomendo ir el ultimo día para relajarnos, jejeje, salimos más cansados de los que entramos. Pero vale la pena, esta muy guapo.

Rubén dijo...

é impresionante. Eu alucinei. Parece que eres millonario e que estas vivindo 400 anos no futuro.

KingMatt dijo...

Pois vaia, o pasachedes mal de caqrllo!!!.

Ainda que non o probei nunca, a min isto da neve no me acaba de convencer, sobor de todo por cousas coma ese cepo nas costelas.
Ou ese slalon arboreo, no que eu acabaria estampado SEGURO, contra o pino mais jrande do monte.

Nembargantes, se repites a visita, avisa, que esa piscina de auga quente chea de moziñas, ten unha pinta caralluda, JAJAJAJA.

Vai facendo sitio, que nunhos dias tesnos por ahi. Vai avisando os veciños, que recollan o gando, e que escondan as mozas casadeiras, JAJAJAJA.

Un Saudo.

Rubén dijo...

jajajjaajaj tranquilo edu, as ovellas xa están fora de perigo. a grito de TOMA GOMA! marchan todas cun foguete no cu para o cortello, non sei que lles faríades.... jojojoj

a ver si temos boas olas...para esos días

Anónimo dijo...

Aínda lembro esa sensación de como se pousaban na miña testa as folerpas mentres estaba metido na auga quentiña... sen dúbida algo indescriptible...

Rubén dijo...

canta razón tes triskel, alégrome de verte por aquí meu.