martes, 11 de marzo de 2008

Andorra 2º día. Chegamos a Grandvalira!

O luns cando chegamos á estación, parecía que non había moita neve...
Photobucket

Pero as pistas estaban xenial. Parece ser que os cañóns de neve podían traballar tódalas noites porque non había unha calva. Só na parte de arriba de vez en cando atopábaste algunha placa de xeo que te tiraba ó chan. (nunca probara/vira/caera en ningunha). Son como esas zonas de aceleración dos videoxogos que hai que grindar :)

O primeiro día de neve, co frenesí, nin cagamos nin sacamos fotos. Así que poño esta de Breixo e de paso preséntovos a estos amigos que fixemos na excursión:
Photobucket
Son Delia, Breixo, Sara, Dani e Edu. Un abrazo moi forte!
Como vedes na parte media xa había máis neve por todos lados.
Ó fondo á dereita podedes ver as pedazo rampas do snowpark. Daban medo!
Photobucket
Non nos daban os ollos para mirar a todos lados... Non probamos nin a metade das pistas que estaban abertas. E non foi por falta de ganas eh..
Ó chegar ó hotel, estábamos rebentados. Unha ducha reconstituínte, unha boa cena (bufet libre, puxémonos como becerros) e a repousala comida xogando unha partida ó gran turismo 4 alí no hotel.
Photobucket
(Os volantes tiñan motor e ofrecíanche un montón de resistencia segun en que momento. Nunca xoguei dunha forma tan realista a un xogo de coches. Aínda que tamén é verdade que nunca tiven un aparato destes)

despois, charlas, risas, guitarreo e a mimir

1 comentario:

Anónimo dijo...

Moi boas as fotos jaiteiro, pero gustame mais os debuxiños que soias facer cando non levas camara. Alejrome que o pasaras ben. Nesta ultima foto parecedes Hamilton e Alonso.
Unha aperta e boas olas.
Mesi