Boas!
Cando as esperanzas de coller olas xa estaban perdidas, cando windguru marcaba 0,7 de ola sendo que sempre marca de máis... decidimos ir a Nemiña pero como domingueros totales. Levamos unhas raquetas, toalla para tumbarse na area... e esas cousas que soe levar a xente cando vai a praia. A min, ségueseme facendo rarísimo ir a praia sen intención de facer nada.
Peeero, por se as moscas, deume por meter o equipo de kite no coche, (non fora ser que houbera vento)... e... por se acaso, levei "o bicho" o tablon 8,2 por se asomaba algunha ondulación de 20 cm e batir o record de ola pequena batido por tony o verán pasado jejej(un saúdo!). E tamén, por se acaso, levei a cámara coa carcasa acuática. (ó final sempre vou co coche cargado ata arriba)
E ó final, inda me botei unhas risas co meu amigo Ignacio, de Corcubión, pillando micro olas e sacándonos fotos mutuamente na auga.
A primeira coña foi a seguinte:
Ó principio, eu entrei coa cámara para sacarlle fotos a el, pero como me olvidara as aletas de body no coche, e non podía nadar ben porque tiña a cámara na man, decidimos ir ata o pico remando os dous no tablón. Eu intentaba colaborar co brazo que me quedaba libre, o que facía que nos desviáramos para un lado, nos desequilibráramos... e o peor de todo, que a miña cara quedaba a unha altura do seu corpo que podía levar á confusión sobre o que realmente estábamos facendo jajaj (estábamos remando!)
A estampa en cuestión era a seguinte
Pero isto non é todo. Este "show" provocou as risas duns rapaciños que estaban collendo alí unhas oliñas. Pero a risa non era proporcional á sitación que estabamos provocando...pero comprendímolo todo máis adiante. Cando chegamos ó pico, ó baixarnos da táboa, xa cansados dos ataques de risa e da remada sin control que non tiña nin xeito nin maneira... comprobo que, non só facía pe, se non que a auga me daba pola cintura!. En fin, estivemos facendo un rato o ridículo cando eu podía ir andando ata o pico perfectamente jeje, pero que nos quiten lo bailao.
Este é Ignacio
(chicas... tranquilas todas que tiene novia!jeje :)
Cólgovos aquí un video de Nacho pillando unha oliña co meu bicho.
Unha aperta a todos!
3 comentarios:
jaja, como molan as fotos & videos. q ben o tes q star pasando XDD
noraboa pola nota das opos ;) 1saudo
Tony
Graciñas meu!
Estámonos pegando un bo descanso despois de estar tanto tempo encerrados. Hoxe foi unha tarde de relax en casiña... con este tempo.. mima, aquí estivo diluviando todo o día.
Fun co meu cuñao a Rostro, estaba un baño guarrísimo. Había moitísimo vento, o suficiente como para que a bic 7,3 se convertise en cometa se a agarrabas polo invento.
E o peor de todo, que lle pegaba ás olas desde un lado e un pouco desde atras.
As olas non pasaban o metro e 20 cm, e tiñan moi pouca forza. So se levantaban guay na orilla.
Ah, e por suposto, diluviando todo o día. tanto que casi facía dano na cara.
Pero bueno, algunha aproveitouse :)
Espero que o estes pasando ben dentro do posible
E noraboa polo curre profe!
Boas jaiteiro, que ben se sta de vacacions. Bonitas fotos e videos, parece que Ignacio non se olvidou de remar.
un abrazo, vemonos que alguns tamen empezan as vacacions este finde.
Mesi
Publicar un comentario