sábado, 1 de agosto de 2009

Borrador 9 de "bajo la piel"

Como di a propia definición do autor do video: ESTA PIEZA ES UN PREMONTAJE DRAMÁTICO SIN AUDIO, PLANTILLA PROVISIONAL PARA LOS DOBLAJES Y ENSAYO DE COLORIMETRÍA Y RITMO: Zeibia editing & Color filtering Zeibe...
Pos eso, cousas que van saíndo

A música é horrorosa así que recomendo apagar e desenchufar os altavoces (por se acaso) A serie está pensada para un público infantil :)

O que destacaría destas rodaxes? pois que o pasamos como enanos, e que me extraña que se puidese sacar algo de proveito porque no 97% das tomas acabábamos ou comezábamos cun ataque de risa. Ó non haber audio, podíamos dicir o que quixésemos, entonces dábamos rienda solta á nosa imaxinación e as cousas que saían pola nosa boca tiñan de todo menos sentido. Algo que complicaba o tema de intentar interpretar con seriedade. De feito, hai un momento na pelea que me da a risa; é facil atopalo.

Por certo, ese muro que rodea a piscina na que nos tiramos é o que vou pintar en canto remate cos cursos de surf.