Un muraliño máis para pintar...
Xa teño ganas de poñerme mans á obra.
Nos comentarios da entrada anterior, falábase que quedarían mellor paisaxes nosas, que as hai ben bonitas, en lugar de recurrir ás típicas fotos paradisiacas. Considero que hai gran parte de razón niso. Sempre fun dos que "critiquei" ós que se gastan auténticas fortunas en viaxes cando aínda non se coñece ben a costa galega e os rincóns tan bonitos que esta ten. É máis, apostome algo a que se lle ensino algún rincón que coñezo a algún "trotamundos", clasificarao entre os 5 sitios máis bonitos que viu na súa vida. O que pasa é que.. como están ó lado de casa.. pois non ten tanto mérito.
E con respecto a facer murais de paisaxes exóticas nunha piscina galega... pois mira, tampouco o atopo tan ridículo. De feito, cando alguén se casa e quere facer unha boa viaxe de mel, pois non se vai ós cantís de Rostro, á praia das Catedrais, á fervenza de Ézaro ou ó coto de Verdes... Vaise ó Caribe, Punta cana, Indonesia... E se se colga algunha foto por casa, seguramente sexa dalgún paraíso (extranxeiro) visitado, en vez de colgar unha do propio pobo no que se vive. (aínda que eu teño fotos colgadas de Lires e Ézaro)
É dicir, que si a praia que está ó lado dese chalet fose moi bonita, (que o é) non creo que tivese moito sentido dibuxarlla no muro que se ve dende a piscina. Porque precisamente se se quere ver esa praia, so hai que camiñar 20 metros ou levantarse e mirar por encima do muro.
E digo esto sentado debaixo dun cadro que fixo meu pai do mar batendo nas pedras da Virxe da Barca, en Muxía. E no pasillo hai un cadro de Rostro e outro das caldeiras do río Castro. Pero bueno tamén é por saber as vosas opinións ó respecto. :)
Unha aperta!
2 comentarios:
Normal que non haxa comentarios.. xa o digo eu todo! jejeje... nada rapaces.. o pouco que había sobre este tema está na entrada anterior :)
jajajjajaja pues si ruben ya lo dijiste tu todo..pero si, hay pa gustos y colores, sea cual sea el mural quedara muy bonito.
bikiños alis
Publicar un comentario