martes, 18 de agosto de 2009
foto do meu 1º día de surf!
Que alegría ó atoparme esta foto!
De cando íbamos tódolos corcheiros en tropa a encher picos vacíos...
Épocas de pandilla, cando o único importante era xuntarse e pasalo ben. Pero co paso dos anos xa sabedes como son estas cousas... traballos... emigracións... formación de parellas...van rompendo un pouquiño estas grandes pandillas ata quedarte con 2 ou 3 amigos de verdade. Penso que pasou ata nas mellores familias nonsi? :)
Anécdotas que se recordan unha ou dúas veces ó ano cando se xuntan todos nalgunha festa patronal :)
Ese día un amigo prestárame a táboa dun amigo... probei o surf... e zás! Enganchado de por vida.
Pódese dicir que ese día cambiou un "pouco bastante" a miña vida. O surf converteuse nunha pasión, nun deporte, forma de vida, traballo... que me permitiu coñecer moitos sitios e sobretodo moita xente da que vale pena coñecer
Por certo, ese día, acompañáronnos os delfíns. Acórdaste Nacho? que aínda levamos un susto o ver como saltou un a poucos metros de nós?
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
3 comentarios:
Vaia fotaza!Parece a foto das vellas glorias da antiga praza na republica do iraK de Corcubión.Molan os traxes de neopreno de submarinista.(Que valen para todo)daquela habia que pillar ondas a dedo.
Boa foto!
loer si ke akordo si,canto tempo eh.bueno haber si encontras mais fotos dos anos 60 jjajajaja.eña un saudo meu corason
Menuda panda de "mocosos"! E falando de acordarse, ¿acordádesvos daquela vez que cheguei a Carnota a buscarvos, xa era noite, e tiven que subirvos as cremalleras dos pantalóns? (Nunca vira tal colección de mans paralizadas polo frío)
Publicar un comentario