sábado, 29 de agosto de 2009

VIII Trofeo SAR Infanta Elena

Onte, hoxe e mañá, en Coruña me atopo, atopei e atoparei participando como tripulante do barco Hansa...
hansa Pictures, Images and Photos
Photobucket
...na clase Open desta competición de vela.

Photobucket(foto de sacada de masmar.net)

Onte tivemos unhas condicións divertidísimas. Rachas de vento de 32 nudos e ondas de 3 metros. Os pantocazos que pegaba o barco non eran normais. Por momentos penso que tiñamos medio barco no aire (e medio barco son 10 metros).

Houbo olas que nos pasaron literalmente por encima da proa cando ceñíamos, e en rumbos de popa ou largo surfeábamos as olas unha ou dúas esloras.

Con tanto vento, tanta ola, tanto pantocazo, tanto caos, tanta inclinación lateral, tanta molladura, tanto chan esbaradizo e tanta auga que nos pasaba por riba... facía de intentar desprazarse polo barco, ou "tirar por unha corda" unha tarefa case que imposible. É algo así como un toro mecánico de 20 metros e 24 toneladas. Mollado e esbaradizo.

Foi un estrago en xeral, xa que moitos barcos romperon velas, mastros, backstay e incluso houbo un home que rompeu un brazo.

Recorte de noticia:"El Telefónica de Pedro Campos es el líder indiscutible de la clasificación del mundial ORC 670 (6.99 puntos) tras la tercera jornada disputada ayer en A Coruña. En la Regata SAR Infanta Elena-Trofeo Caixa Galicia los llamados a ocupar el provisional primer puesto son: Corsario VII (ORC 570), Mirfack (Open 1) Rai Grass (Open 2) y Big Boy Náutica (J80), después de una primera jornada en la que predominó el viento (20 nudos y nordeste) y el oleaje en la ensenada herculina. B>Regata SAR Infanta ElenaUna manga completaron los Open 1 y los Open 2. Completan la clasificación el Pleissman Servicios, de Eduardo Mosquera, y el Marina Coruña, de García-Lago.. Dos heridos y varias retiradas, en las regatas Infanta Elena y en el mundial de 670"

Onte, con esas condicións, tivemos sorte xa que ninguén se mancou. Só que despois dunha saída "regular", cando estábamos achegándonos ós dous barcos que ían en cabeza... rompimos unha driza de génova (que estrenábamos). Houbo que baixar o génova, cambiala driza e volver a izalo. Con esa tontería, perdimos uns 150 metros. Cando recuperamos esa distancia perdida e volvíamos a loitar polo primeiro posto, rompeu o xénova (a vela de adiante). Un rachón de 1 m que amenazaba con seguir abríndose. Houbo que arriala, desgarruchala do stay, quitar escotas e driza, metela no tambucho, sacar outro génova máis pequeno, engarruchalo no stay, facer ás de guías en escotas, enganchar driza no puño de driza e izalo. Todo iso con olas de 3 metros pantacazos que nos mandaban polo aire, nun chan mollado cunha inclinación de 40º no que é imposible manterse de pe se non estás agarrado a algo. Anque pareza un inferno...para min son os momentos máis divertidos. Cando despois dese "caos" te das conta de que a maniobra saíu ben dentro do posible...da un gustirrinín... :)

Hoxe a regata foi bastante ben. Quedamos de primeiros con 8 minutos de diferencia con respecto ó segundo. Tempo insuficiente para manter un primeiro posto en tempos compensados. (Compensan favorablemente ós barcos que teñen menos superficie vélica entre outras cousas). Polo que quedaremos finalmente no segundo posto.
Non houbo nin tanto vento nin tanto mar coma onte, anque o pronóstico dicía o contrario. Foi menos "emocionante" pero compensouse coa satisfacción de ver que tódalas maniobras ían saíndo como tiñan que sair, e o funcionamento de equipo facía que o barco funcionase ás mil marabillas. Mantendo por exemplo velocidades de 14 nudos con ventos de 15, ou un bordo no que fumos a 11 nudos con vento de 11 nudos.

6 comentarios:

peter p. de mille dijo...

Joeeeer, que rapidez na crónica.
Eso é periodismo de última hora...
Lembrasme a película "Primera Plana"

ferdoesaro dijo...

BARCAZO!!o HANSA é un BARCAZO!! acojona cando ves o barco cas velas todas izadas! é enorme! afortunado és. eu estaba de socorrista na praia de Oza desde dnd vin as saidas de 4 mangas dunha regata e as seguín pola radio, pero non me parecia que puidera estar o Hansa, parecian J80...non sei pero vin romper un spi, e salin ca zodiak a pillar unhas oliñas pq si que había mar de puta madre, para o que suele haber dentro da bahía. o dito podo imaginarme todo o q contas e..... unha mescla de acojonante e divertidisimo!!

saludos

Rubén Prieto dijo...

jeje Peter, esto escribino o sábado antes de irme para o barco a durmir, no centro comercial de el puerto. Anque o final fun dar unha "voltiña" culpable de que durmira 3 horas antes da regata jeje.

Feer o spi que recolliches era dun j80 ou dun barco dos grnades? porque nos vimos como lle rompía o spi a un dos barcos que estaba cerca nosa, fóra, e comentábase a sorte que tiveran por que uns dunha zodiac lle foran a por el

Se fuches ti.. vaia casualidade.

E con respecto ó do hansa.. tes razón, eu á verdade é que teño ganas de navegar un día noutro barco só para ver ó hansa navegar.. porque un spinaker de 300 metros cuadrados vindo hacia ti ten que impresionar. E máis aínda pegando os pantocazos que pegábamos o venres.

En fin.. cando nos vexas por alí pásate a saudar jejeje e tira cabos diante dos outros barcos jejeje

apertas!

ferdoesaro dijo...

non fun o que recolliu o spi, a min non me deixaba o jefe asercarme a vela regata. pero casi sejuro que era dun j80. a vosa rejata sejuro que era mais fora da boia da guisanda, e eu estaba na plaia de Oza....asiq...pero o hansa teñoo visto en 2 ocasions, e para flipar.
os videos que puxestes ahora, impresionantes, eu quedome ca vela lixeira forzando a tope a escora... PUNTAZO! a vela de cruseiro faltanme muitas horas de navejasion.

saludos

ferdoesaro dijo...

nin j80 nin na, o final os que vin eran os 670

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,