Porr fiinn!
Un baño con olas "de verdade"!
Xa tiña ganas de coller algunha oliña que polo menos superase a miña altura. Necesitaba volver a sentir esas baixadas nas que tes que esperar un par de segundos baixando en linea recta para facer un bo botom mentres oes como a táboa zumba sobre a superficie desa auga tan lisa...
O surf de olas medianas ou grandes...para min é outro deporte distinto. Disfruto enormemente cando as olas son pequenas e as risas e os xogos nas ondas están á orde do día. Pero remar unha ola "decente", ver a baixada que che espera, poñerte de pe case polo aire e sentir en cuestión de décimas de segundo unha aceleración tan grande que te lanza a toda velocidade a disfrutar de unha "pista de auga" vertical...buff.. eso non ten nome. Non ten nome.
Por fin... xa tiña ganas de un baño como o de hoxe
1 comentario:
Yeah. :)
Publicar un comentario