sábado, 1 de agosto de 2009

Novos murais para Torrente automociones...

O dono do taller no que comecei a facer murais (Grupo Torrente Automociones) quere que lle faga outros murais para preparar unha exposición da marca Arctic Cat. A marca que ten no seu catálogo un dos quads máis "bicho" do mercado, 1000 cm cúbicos con catro rodas de monte. Vaia animalada.

Bueno, comecei a facer unha montaxe das miñas para que se vaia facendo unha idea de como pode quedar.
Antes
Photobucket
Despois (esperemos)
Photobucket

(o tigre vai de regalo) e que me apetece facer algo que non sexa inerte! E como o tigre é un dos animais que máis me gusta estéticamente, e a marca está relacionada cos felinos... pois aproveito.

Acabo de facer un pequeno cambio. Como o tigre e a moto de neve poderían estar na mesma paisaxe, invertín a foto da moto para que lles coincidira a luz dende o mesmo lado. Ó facelo, o tigre queda no medio, e gústame máis. A ti que che parece?
Photobucket


E este sería o barato. A ver cal escolle...
Photobucket

Apertas!
Que pases un moi bo finde