viernes, 21 de agosto de 2009

Guarrobaño en Nemiña

Cando porfín, despois de tanto platazo, entran algunhas olas...as furgos parecen gañar cabalos de potencia e parece que a todos nos ferve un pouco cu.

Todos os da zona comezamos a frotarnos as mans cando vimos que entraban dous metriños e vento nordés. Estas últimas cinco palabras resúmense en unha: Nemiña

Peeeeero....
Gran decepción a nosa cando se confirma a sospeita de que os fondos xa non son o que eran. A dereita de enfrente do aparcamento desapareceu, e a esquerdiña que a sustituíu... tamén.

Un barrote de lado a lado foi o que nos encontramos. Pero as ganas de mollalo traxe e de sentir anque fose unha baixadiña... fixo que nos metésemos.

As seguintes, son "fotos-engaño" sacadas dun video... onde parece que abren e todo.. pero non era así. As surfeadas consistían en baixar, avanzar uns metros e saír ou tirarse a algo.

Brais
Photobucket

Photobucket

e eu
Photobucket

Photobucket

Gracias a Dani por estar grabando. A ver se me pasan algunha foto máis dos 15 que estábamos alí surfeando e as colgo

APERTAS PARA TODO O MUNDO!

No hay comentarios: