domingo, 10 de febrero de 2008

Rostro 8 e 9 de Febreiro

Onte posiblemente fose un dos días nos que máis xente vin en Rostro. Seríamos unhas 15 persoas para un so pico pero que bombeaba dereitas e esquerdas.
O baño non estivo nada mal. Estaba glassy, olas de metro e medio (reais) unhas máis e outras menos e remontada fácil.

Brais pasoume uns fotogramas que quitou das grabacións que nos fixo a súa nai.
Aquí está el rompendo a superficie cristalina da ola
Photobucket


O pico que se levantaba de vez en cando
Photobucket

E tamén me pasou unha secuencia dun minifloater. Eu readaptándome á 6,3 que non a vexo moi cómoda con 90 kilos encima jeje

Photobucket

Photobucket

Photobucket

Photobucket

Na auga estábamos casi todos os de aquí: Mesi, Suso, Felipe, Rueda, David, Brais, Uxío, Bruno, Julián...(non sei si me deixo algún)

Tamén estaba Docal, un rapaz de Cariño, que o destinaron de profe para Fisterra ata Xuño; E uns rapaces de Vigo (os que teñen un mastín napolitano)que veñen con campers. Doulles as gracias dende aquí porque tiveron o detalle de recoller algo de chapapote ó saír da auga. O can que teñen é un bicharraco pero non tanto coma este outro mastín napolitano, o máis grande do mundo:
Photobucket
(o can é o da dereita, dígoo porque a foto pode levar á confusión jeje)


Pero gustoume maís o baño de antonte. As olas rompían algo mellor, sobre todo as dereitas, e estaba algo máis grande. E éramos 3 na auga. Ó mellor tamén me gustou porque non parei de coller olas e onte aínda que había boas olas, non foi o meu día. Non vos pasa ás veces?
Este é Felipe
Photobucket
Aquí temos a Uxío
Photobucket
Rueda
Photobucket
E eu
Photobucket

Estas fotos foron sacadas antonte por Manuel, Rebeca e Uxío, Graciñas!

unha aperta!

8 comentarios:

Isabel Tomé dijo...

Xesús, María e Xosé, cacho aniimal. É máis ancho que o cabalo... ¡anda que non debe comer o bicho! O outro can do que falas, ¿era o branco que estaba na praia? (Intentou "ventilarse" á nosa cadela catro veces, e eu veña a decirlle que fora refrescarse á auga un pouco.. e nada)

Maika Boquete dijo...

Boas Rúben!
Estou con Isabel, o que ten que comer ese can!!!
Nos estivemos por ahí, o Venres e o Sábado. Teño alghunas fotiñas do baño do sábado, en Mar de Fóra... a ver se as colgo póla noite! que ben se estaba, o tempo non puido ser mellor...

estrela dijo...

Jjajajaj menudo bicho jajjaja pos si que e jrande jajajaj o cabalo parece un poni o lado de el jajjaj un bico

KingMatt dijo...

Vaia OLASAS, e extrañaste de que houbera xente??, JAJAJA.
Tedelas ben merecidas, polo menos os que vades a praia, a facer outras cousas aparte de surf.

Un Saudo.

Anónimo dijo...

Hola rapaces!!!
Primeiro agradecervos o comentario por pillar chapamerda pero sinceramnete penso que e o minimo que podemos facer tamen espero que nos avisedes para outra recollida e facelo con tempo para avisar a peña ou por algun panfleto por vigo de iso encargamonos nos e o can branco voltou de rostro namorado da cadela bico! meu correo e doraemica@hotmail.com
Boas ondas

Isabel Tomé dijo...

e agora xa desconfío: ¿o can será auténtico, ou producto de "fotoxó"?

Anónimo dijo...

Caaacho caaan!! a ese en ves de mandarlle que se sente ( Sit!) hai que consultarllo: ¿pensa usté, señor mastín, que sería convinte sentarse....si quere eh?, si non deixa, que xa me sento eu!

jajajajaja...

Raquele.

Rubén Prieto dijo...

JAJAJAJAJA