É unha frase que soe dicir a miña avoa e da que me acordo bastantes veces.
Ela dicíaa referíndose maiormente ós xornais, pero penso que hoxe en día é extrapolable a calquer medio no que se poidan publicar textos, fotos ou videos.
Non é que acabe de descubrir que non só as noticias se poden modificar, pero o que non sabía era que as fotos se podían retocar tan facilmente. Aínda onte meu pai me dixo medio rindo: "acabas de descubrir o photoshop Rubén? jeje". A verdade é que sabía da súa existencia dende que naceu, pero nunca me propuxera "fedellar" nel ata agora. Pensaba que era moi complexo, so apto para profesionais. Pero que va! está ó alcance de calquera. Sobretodo coa axuda de centos de tutoriais que hai en youtube.
Eu aínda son un novato neste tema, pero xa se poden facer cousas que poden "colar".
Acordádesvos do pedazo de aéreo de Jose na Machacona?
(esta foto pasouma Jose, o que está no aire, pero se aparece por aquí o fotógrafo, que non sei quen é, que avise e facémoslle toda a publicidade que se merece; e se lle parece mal que publique a súa foto orixinal, coa correspondente modificación que me mande un correo a carpediemsempre@hotmail.com e retíroa inmediatamente)
Pois aquí vai a versión con efectos especiais
Non fai falla collela lupa para ver defectos, pero, con máis coñecementos, práctica e sen facer cousas tan esaxeradas , non credes que mirando a foto rápidamente podería pasar por boa?
Estas cousas fan que teñamos que dudar de todo o que vexamos ou escoitemos.
Pero penso que, as trucaxes que máis perxudican, son as dos corpos femininos. Porque xogan coa saúde mental e física de moita xente nova.
É sabido que a maior parte das rapazas que saen nas revistas, sobretodo en anuncios, están máis que retocadas. Sen imperfeccións na pel, sen celulitis, con máis peito, menos cu, menos brazos, sen poros nin pelos na pel, ollos con cores sobrenaturais...
E despois vemos na mesma revista unha reportaxe sobre a anorexia en España.
Como non se van a comer o tarro as rapazas si se miran ó espello e se comparan con persoas que nin se quera existen?? En fin, penso que é un tema bastante serio, e, ó igual que comezan a poñer límites de "delgadez" nas pasarelas, tamén deberían de controlar as fotos que saen nalgunhas revistas.
Con estos programiñas, podense facer bellezóns a partir da nada. Pero a min saiume a vena destructora e cólgovos esta foto de Mesi e eu no Carrumeiro, na Ría de Corcubión. Para dar un pequeno toque de humor :)
jeje mirade como Mesi presume de dedo gordo jeje
(se a alguén lle parece de mal gusto, que me avise e quítoa inmediatamente)
8 comentarios:
Jajajajajajaja, miña nai!!! que clase de homes son esos?? nas miñas fotos saídes mellor,debe de ser pola fotógrafa, que é boa...as fotos poñémolas hoxe sen falta, que xa vai sendo hora, non?
Bikiños Rubén, e encantada de coñecerte por fin!
que fui do dedo de mesi?sejuro que tíñades moita fame o quedares ahí atrapados e o bo del douche un cacho non? jajaja!!
jajajajj, o maquillaje e o que ten, sombra aqui sombra alla!! A javiota que me levou o dedo sejuro que ten unha indixestion.
Maika, esperamos esas fotos como ajua de maio.
Boas olas jaiteiro.
Mesi.
jajaja, esos son homes tolos Maika. Encantado de coñecerte igualmente!
estamos desexando ver esas fotos.
mesi, coidado coas gaivotas cando fagas autostop
Ruben a partir de ahora me voy cuestionar las olillas que pongas en lu blog jeje! Tranposete.
jajaja, eu apartir de agora vou a dudar de tódalas olas que vexa tio, en calquer revista ou páxina ... é flipante.
tranquilo que as que publique eu retocadas xa o aviso jeje
claro! al foam duro ya llegue, en la foto del despues se puede ver que el foam es bastante blanco, y antes el foam era tirando a dorado marron por culpa del sol, de hecho me esta kedando una tabla pekeñaja, pekeñaja, pero es eso, esto sirve de experiencia! y si a mi me es muy pekeña siempre puedo cederla a las nuevas generaciones!
la foto es brutal el cambio, no nos podemos fiar ni de las fotografias ahora! aunq la original de por si sola es ya una locura!!! haber esa nieve q dani esta escacharrado de la pierna haber si se recupera a tiempo para el viaje q os vais a pegar!
tu eres de los q se empadrono por lugo? xDXDXDXD
Dis que o Photoshop está ao alcance de calquera e non é certo meu. Manexar pode aprender a manexalo mínimamente todo o mundo (como calquera cousa todo se aprende) pero hai unha razón pola que ese programa non está ao alcance de calquera e é o prezo ¿sabes o que custa unha licenza de Photoshop? dígocho eu 1.042,84 €
¿Sabías que hai un programa que permite facer o mesmo e é gratuíto e o que é máis importante é LIBRE? chámase GIMP. Os que usades windows tedes unha versión para ese sistema operativo (si se lle pode chamar así).
Publicar un comentario